20210521

Visítame! Un piso de Francisco Moreda non tan visitable

   Coa herdanza de Francisco Moreda Pérez estanse a dar situacións curiosas. A cousa comezou hai pouco, a pesar de que Moreda tivo o seu pasamento xa hai máis de dous anos, no 2019. E é que a primeira curiosidade é que se tardara tanto tempo en avaliar os bens e o seu monto. Se alguén recibe unha herdanza, ten seis meses para tributar, pero parece que neste caso as cousas son diferentes.

   Despois de saberse o monto e as propiedades, viu unha escaramuza polo seu control. A cousa suscitou unha moción para que se constituíse unha comisión de seguimento. Queda en baixo a acta do pleno:



É dicir, a modicón non seguiu adiante, e non hai comisión de seguimento.

   E, nestas, o concello quere desfacerse do piso legado para convertilo en cartos para invertir. O método, subasta, habitual. Pero no xornal sae que se poderá ver durante a próxima semana. Cousa certa: poderase ver un día, a unha hora... a próxima semana. 'Poderao ver quen queira'... se ten xa feitos os papeis e condicións para a licitación. Deixo a nota de prensa, primeiro, e o 'anuncio visita' que aparece na sede electrónica, despois:

Foto piso Moreda

EMPRESAS E PERSOAS INTERESADAS NA COMPRA DEBEN ANOTARSE

Visita colectiva

20/05/2021

O Concello organiza unha visita colectiva ao piso da rúa Reinante, que fora propiedade de Francisco Moreda e que se pretende allear. Será o 28 de maio ás dez da mañá.

Aquelas persoas interesadas en licitar deberá poñerse en contacto, a través do correo electrónico de contratación do Concello non máis tarde do día anterior ao determinado para a visita. E deberán aportar os seguintes datos: nº e título do expediente obxecto de visita, data en que se efectúa a solicitude, razón social da empresa ou nome do interesado, dirección de correo electrónico, nº de teléfono ou de fax, nome da persoa de contacto na empresa e nº de persoas da empresa que acudirán á visita, xunto cos seus datos persoais e fotocopia do DNI.

Toda esta información atópase colgada no perfil do contratante do Concello de Ribadeo. 

A visita realizarase ao segundo andar do inmoble nº20 da rúa Reinante e ao 50% do faiado dese edificio. A contía económica resultante da venda deses bens destinarase á reforma do Hospital Asilo, tal e como indicou Francisco Moreda ao deixarlle a súa herdanza ao Concello ribadense.


   É de esperar que pola situación e estado aparente, non quede deserta a subasta, como ten ocurrido noutros caso de subastas do concello, como varias veces en relación ó edificio en ruina da rúa Bispo Veres.




Ningún comentario: