20090508
Hoxe, manifestación
Onte tivemos en Onda Cero como tema principal a crise do sector lácteo. Como soe suceder, dixéronse unhas cantas cousas, das que non podo reseñar todas, e aínda que sempre dende o apoio ó sector dende diferentes puntos de vista, quedaríame coa reseña de que polo momento non se vislumbra solución, que o sector vai a remolque da globalización e que a crise afecta a todos. É dicir, a manifestación considerouse non só normal senón tamén lóxica, pero testimonial e dunha efectividade dependente do impacto social non inmediato; a globalización afectou a competencia no sector cambiando calquera referencia anterior e trasladando a clave comercial de asuntos e poderes máis ou menos locais ó goberno de multinacionais, nun contexto no que a normativa deixa de xogar dun xeito que tenta ser democrático a outro que non considera tal cousa. E a crise que sofre a sociedade enteira (non só económica puntual deste tempo) colabora a facer as cousas máis difíciles.
Polo demáis, parece que nesta manifestación si estarán cerrados boa parte dos comercios de Ribadeo, despois dun apoio do pleno do concello trufado pola polémica pola súa convocatoria: a protesta do PP por non ser consultados antes e ter que acudir a unha xuntanza parte dos seus membros, acusando ó goberno municipal de querer capitalizar o apoio do concello.
A foto de hoxe, a Innovación xa abondo desmantelada no seu baixo.
Publicado por
agremon
ás
5/08/2009 07:52:00 a.m.
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en TwitterCompartir en FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
economía,
Fotos Ribadeo,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
EROSKI RIBADEO non pechou. Gostaríame saber quen é o director do supermecado.
Publicar un comentario