20090511
Control
Onte, en 'segue o folclore' din nota do último comentario de José Mª sobre o goberno municipal. Hoxe, a primeira nova que leo en 'La Voz' (complementada por outras dúas), lémbrame unha das faltas de actuación do goberno municipal de Ribadeo sobre a que levo insistido moito dende hai tamén moito, o control de ruído nouturno e o horario de cierre e de peche dos locais. Tamén chegará aquí ese control por parte das autoridades, ata agora realizado a medias, forzado polos veciños. Polo momento, frases que aparecen no artigo como 'os controis que o concello fai periódicamente' fan rir en Ribadeo a pesar da xa longa loita mantida.
Como outros luns, despois da fin de semana, non hai moitas nova por Ribadeo, pero pódense atopar algunhas por fóra: a nova de que Pascual, para cerrar a planta de Outeiro de Rei terá que devolver axudas non é que sexa unha boa nova, polo significado de peche das operacións, pero si que representa o feito de que tamén en economía, pouo a pouco, pode estarse voltando a unha situación normal non que os cartos de todos non sirvan só para subvencionar a algúns.
E, despois de poñer o outro día a foto dun dos novos hoteis en Ribadeo, o Rolle, na confluencia entre Viejo Pancho e Schulz, hoxe tócalle ó outro, a Casona de Lazúrtegui, na rúa do mesmo nome.
Aproveito asemade para deixar algunha foto máis, correspondente ó estado actual da estación do tren mineiro, cun recheo e preparación para ... continuar a rua? Coido que a estacío sería un deses símbolos do ribadeo antigo a preservar polo que significa e PXOM, no seu caso, os os cartos que se poderían adicar, etc.
Publicado por
agremon
ás
5/11/2009 07:28:00 a.m.
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en TwitterCompartir en FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
arquitectura,
Fotos Ribadeo,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario