20090515

Natureza e home, fotos e outras imaxes

Cara ó faro, a imaxe de Pena Furada preséntase sempre cambiante e sempre bonita. Esteña como esteña a marea, ou como se mova o mar. Un dos puntos de referencia para tomar fotos e lembrar unha e outra vez. Alí pódese centrar a xente na natureza sen máis. Vela dende o paseo ou achegarse polo sendeiro e as rochas. Unha especie de parque natural en miniatura dentro da ría de Ribadeo.

A continuación unha foto, borrosa na distancia, da zona do porto das Figueiras. Industria á esquerda na foto, no centro a confraría reutilizada para restaurante e cafetería, e, agora, unha liña que se ve na foto en primeiro termo: As Figueiras apuntouse ós peiraos deportivos e está na primeira fase do seu desenrolo neste campo, retirando o Tesón.

Despois, o ascensor da Atalaia. Recortei a foto para encadrala e centrala na vertical. A beira pelada do cantil fai un contraste coa ría que en breve desfará a obra ó achegarse a unha certa altura. Pero non podo parar de pensar no mantemento e o custe de afear o cantil.

E unha foto máis. Unha obra que leva xa tempo en marcha. Perdón, parada. Pero á que por fin lle sacaron da parte de diante materiais diversos que tiña acumulados, permitindo o paso normal. E iso que xa hai tempo que a xente do local que ten debaixo se queixou. E queixouse tamén porque o abrasivo empregado fastidiuolle os cristais das portas, pasando a parecer perennemente cochos. Un cartel neles así o dí tamén dende hai xa meses. Pero iso aínda está sen amañar. E así seguen.
Mentras, volta Ribadeo de tapeo, de mañá ata o próximo domingo, a bombo e platillo e con premios, como o pasado ano. Iste ano aínda non teño o libriño (ver o do ano pasado) para deixar aquí. Xa sairá. De momento, vai o cartel. 31 establecementos participantes e o éxito case asegurado a xulgar polas anteriores edicións (dou fe de que os locais estaban a tope) pídenno.

As tarxetas de Pan e letras 09 repartirase o vindeiro 17 de maio, día das Letras Galegas, nas panaderías, librarías e quioscos de prensa de Ribadeo xunto con cada produto que se compre. O deseño de Mauro Leivas acompaña un texto tirado das memorias de R.Piñeiro sobre o papel fundamental que o grao de presenza do noso idioma no ensino ten para o seu futuro.

Ningún comentario: