20090518

Un título desafortunado

    Onte foi festa por partida dobre: un domingo, e 17 de maio. E non publiquei por isa festa, pero non por iso deixei de recibir estímulos para publicar. Hoxe recollo algún. 
    O primeiro, chocoume que en Ribadeo ninguén se lembrara do cabodano de Hernán Naval (aquí unha ligazón das moitas que ten o blog a Hernán). Teño claro que os cabodanos rematan esquećendose, pero o ter un pasamento nunha data tan sinalada parece a priori algo así como un seguro antiesquecemento... Concorda co feito de que o mesmo 17, en Ribadeo, non houbera celebración (aínda que houbera diversas cousas ó longo da semana como deixei sinalado en 'actividade') máis aló do reparto duns tarxetóns en teoría co pan e na práctica coa prensa en castelán, e fóra festa de asueto. Festa á que xa digo que me sumei co blog non publicando. Entendín sempre as festas conmemorativas como festas activas. E, despois da experiencia de onte, experimentándoa como a maioría, sígoas a entender así. 
    Pero o título ven por unha celebración do día anterior: por mor dun enderezo cambiado atopei o comingo pola mañá unha invitación para un acto do sábado, a presentación do libro "La ría del Eo. Naturaleza entre dos aguas" // "A ría de Ribadeo. Natureza entre dúas augas", que supoño que se terá levado a cabo sábado ás sete da tarde en Castropol, co apoio da Asociación Ponte dos Santos (perdón, 'Puente de los Santos'). 
    Apeteceríame ter ido á presentación, e espero conseguir o libro, financiado dentro do Proxecto Eo-Natura, pois entendo que pode estar moi ben. Pero, tendo a Asociación 'Puente de los Santos' na súa directiva o 25% de votos representados polo propio concello de Ribadeo, non entendo como nunha presentación (e máis no entorno do día das Letras Galegas) aparece un título no que se fai resignación do nome da ría en castelán, como se a) a ría tivera diferente nome en castelán e en galego. b) tivera diferente nome nas dúas beiras. c) non se tivera emitido pola comisión xeográfica nacional correspondente un veredicto afirmativo e concordante coa historia, de que o nome que lle corresponde á ría é 'ría de Ribadeo'. 
    A cousa complétase co de natureza entre dúas augas, como remarcando que as dúas beiras manteñen realidades diferentes de vida e historia e mesmo son augas diferentes separadas pola natureza que hai no medio, cando coido que o que ocorre máis ben é algo así como o que deu idea ó título das xornadas 'Mar por medio', e a natureza está arredor dun único lugar, a ría de Ribadeo, e non de dous. En fin. Algo así como, con celebracións como ista, para que queremos os días de diario?

1 comentario:

ajaspino dixo...

Ollo... que eu tardei por culpa do render e que a conexións se me cortaba cada pouco e me caía de youtube.

http://ajaspino.blogspot.com/

Un 17 de maio, agora tamén con Mario Benedetti