20090505

De visita

O traballo dos políticos é curioso. Feijóo estivo en Ribadeo para ... os actos en homenaxe a Calvo Sotelo ou á inauguración dunha feira de queixo, pan e viño? Para ambos, pero non coinciden na mesma noticia.
En canto á homenaxe, coido que quedaría moito que dicir, pero que, ó tempo, xa está todo dito: 'O importante non é crer ou non crer, senón pensar ou non pensar' (Norberto Bobbio; cambiar neste caso 'crer' por 'simpatizar' e 'pensar' por 'analizar'). En canto á feira, sen estar nela, chámame a atención que un mesmo xornal varíe de 5 a 6 000 os asistentes dun día para outro (os cómputos nas manifestacións teñen diferencias porcentuais abondo maiores). Sempre, un éxito. Así o espero, para todos, visitantes, expositores e organizadores. Aínda que coma sempre, hai voces críticas co despilfarro, o sitio (supera xa de novo 1/4 dos días o tempo ocupado este ano polas carpas no parque, a parte doutras exposicións), etc.
Mentras, foi convocada unha folga en favor do sector láteo para venres, saíndo o IES Dionisio Gamallo ás 12 do medio día. E atopo xusto debaixo no xornal electrónico, a pesares da crise e nun contraste patente, o chamamento do Bispo a austeridade nas primeiras comunións, pedindo que 'se alonxen da espiral consumista na que están inmersos estas festas'. Crise? que crise?. Tempos revoltos, que dirian algúns, ou signo dos tempos, doutros, ...
Queda ahí unha foto de dúas persoas maiores, subindo unha rúa vello estilo cara a cima, ó seu paso. De visita pola vida.

1 comentario:

agremon dixo...

Como xa me preguntou alguén pola foto, só dicir que non é de Ribadeo.