Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta polígono. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta polígono. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20220629

As parcelas do polígono industrial poden alugarse

    É unha novidade: as parcelas do polígono industrial poden alugarse en troques de só mercarse. A máis, no que resta de 2022, os prezos dun terzo das parcelas que quedan por vender, 14 das 43, serán rebaixados ata un 35% para quen esté interesado.

    Aquí, a nota de prensa do concello:


 NA ACTUALIDADE HAI 43 PARCELAS DISPOÑIBLES

Polígono industrial

28/06/2022

O salón de plenos do Concello acolleu unha xuntanza entre o director xeral de Sepes, Fidel Vázquez, o seu equipo, o alcalde ribadense, Fernando Suárez, o concelleiro de Economía, Pablo Vizoso, varios empresarios e o xerente de Acisa, Jesús Pérez. O obxectivo do encontro foi que Sepes lles presentase as novas axudas comerciais ás empresas interesadas en instalarse no polígono industrial, a resolución de posibles dúbidas e escoitar as súas impresións.

O rexedor dixo na súa intervención que "para nosoutros é moi bo día porque tíñamos unha espiña con este polígono industrial porque era moi bo, está moi ben situado, pero moi caro. Era así porque custou moito a expropiación dos terreos, porque houbo que poñerlle unha subestación eléctrica, por un chea de cousas que non veñen ao caso. Os que estaban daquela en Sepes e os que viñeron despois o que nos dicían é que o prezo era o que tiña que ser, pero así non se vendía nada. Ata que, despois de moito intentalo, puiden falar con Fidel Vázquez e co seu equipo e de hai uns meses a esta parte puidemos avanzar o que non adiantamos en 10 anos. Abriron desde Sepes unha ventá de tempo e outra de oportunidade para poder ofertar unha serie de parcelas, non todas pero si varias, nun prezo razoable, segundo o momento que nos toca vivir, aparte da posibilidade de poder facer unha compravenda tamén van poñer de maneira experimental un dereito de superficie para que o que non teña cartos para pagalo poida alugalo con opción a compra de maneira asumible".

Suárez Barcia explicou que "entón eles quixeron vir aquí a explicarvos e a tomar nota dalgunhas cuestións, o que creo que supón unha oportunidade moi boa para que nos comenten aos que estamos nesta reunión e ademais para que a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos transmita aos seus asociados as posibilidades que ofrece o polígono industrial de Ribadeo".

O alcalde subliñou que "a celeridade e dar unha licenza de obra é practicamente inmediata porque non hai outros organismos aos que pedir informes. E nos parece moi importante que non se desaproveite esta oportunidade".

E engadiu que "Sepes abriu no seu consello de administración estes prezos durante todo o 2022 e vamos intentar que todo o que se poida facer sexa neste ano porque no 2023 igual cambian as cousas. Entón é moi importante que se aproveite esta ventá". 

Pola súa banda, o director general de Sepes, Fidel Vázquez, indicou que "Ribadeo es un municipio con una situación muy concreta, que es que tiene suelo ya urbanizado y que el precio, como decía el alcalde, parecía una barrera para la instalación, no de grandes empresas sino de todas las medidas". 

Para Vázquez, que leva cinco meses á fronte de Sepes, "esta es la primera visita que hago y por lo tanto para mi es especial porque hemos dado un paso desde Sepes. Además de poner un precio, nosotros queremos saber qué tipo de actividades se quieren instalar, los empleos que se van a crear, etc. No vamos solo a vender suelo, sino que queremos saber las actividades que se pueden llevar a cabo". 

Sepes puxo en marcha dúas novas fórmulas comerciais para axudar á implantación de empresas no polígono de Ribadeo: unha bonificación do 35% no prezo de 14 parcelas de distintas tipoloxías ata o 31 de decembro deste ano. E a adxudicación a través do dereito de superficie. Na actualidade no parque empresarial de Ribadeo hai 43 parcelas dispoñibles.

20160813

Competencia: Barres e Ribadeo

Polígono industrial en obras. Ribadeo? Non, Barres! Algunha nova fala do tema? Se a houbo, pasou desapercibida.
Mais aí están as obras xa avanzadas (a imaxe está tomada de Google maps e reformada coa 'actualización') para dotar ó polígono industrial de Barres, onde teñen emigrado empresas que se instalarían en Ribadeo de non levar moitos anos de retraso o polígono ribadense, dunha vía directa á autovía. Algo que o estaba lastrando fronte á boa posición do polígono ribadense, que non remata de despegar. E aí está, a redución de uns 2 km de distancia, cun cruce intermedio, a menos de 600 m directos da rotonda de saída do polígono á rotonda de acceso á autovía. Ou sexa, adeus a esa vantaxe do polígono ribadense.
E na actualidade (as fotos 'non son de hoxe', pero si abondo recentes como para manifestar a actualidade), os dous polígonos pintan así, en fotos do sigpac á mesma escala:
Ribadeo:
Barres:
As diferenzas son visibles.



20090531

Para unha historia do polígono industrial ribadense




Hoxe descóbrese unha placa polo douscentos cabodano da batalla de Arante (en realidade, xa feitos a finais de xaneiro). Hai regocixo oficial por como está a saír a fin de semana coas novas representacións de batallas e en xeral da época das loitas napoleónicas por parte da asociación napoleónica coruñesa, adicada a facelas. E unha fin de semana máis, os actos manteñen a Ribadeo ocupado. Mesmo, nunha contribución extra, o venres houbo por parte da igrexa unha charla sobre San Paulo.
Para dar máis realismo, xunto coa farola rachada na representación do Cantón co disparo dos canóns, quedan as fotos no forte de San Damián, 'esperando a batalla', 'canón preparado' e 'mortos despois da batalla' (pode substituírse o de 'mortos' polo de 'rendidos')
Historia. A historia tamén pode usarse de moitos xeitos, como ferramenta, como arma, como turismo, como comercio, ...
As celebracións desta fin de semana poñen de relevo ou ilustran algún deses aspectos. Un artigo da Comarca desta mesma fin de semana, "El polígono industrial de Ribadeo", asinado por Carlos Parga López, pode dar conta dalgún outro uso. Nel expónse unha pequena historia dun polígono ribadense que poido ser e non foi. Despois dunha introducción onde sae a relocer un anaco da biografía do autor, entretelléndoa co lamento e a necesidade de que Ribadeo non teña/teña un polígono industrial aínda hoxe, expón que aló polos anos 90, a través del, púxose a disposición do concello de Ribadeo unha finca de 30Ha nunha zona na que era factible o montar o polígono: parte dela, 18 Ha, están agora ocupadas polo aeroporto/aeródromo de Vilaframil. (na foto, do Sigpac, as instalacións máis ou menos como están na actualidade, cun anaco de cantil costeiro na parte superior).

A historia ten dúas partes. Na primeira, en realidade houbo só tanteos previos por non tratar direitamente o autor co alcalde de entón, Eduardo Gutiérrez, non chegando a presentarlle direitamente a oferta, e conformándose coa opinión de dúas 'cuartas' persoas, Andrés Tojal e Toto Mera, quenes lle dixeron que o alcalde quería facelo en Vilaselán. Nada máis que tratar.
Co cambio de alcalde no 1995, e os terreos xa co aeródromo desgaxado (pagado por Rafael del Pino polo que parece a 300 pts/m2), houbo un segundo intento e J.C. Rdguez. Andina, segundo o autor, foi visitalos e ponderouse a compra. Pero non se voltou saber máis do interese do alcalde. (o certo é que, vista a foto e usada a ferramenta de medida de áreas do sigpac, non teño idea de que a que parte dos terreos se podería referir, pois cádranme terreos non conexos...)
Remata o articulista: "Y esta es la breve historia de un Polígono que, hace años, pudo haber sido y no fue."

20120215

Luz no polígono, artigo de Evaristo Lombardero

LUZ NO POLIGONO

Se, por unha vez, se chegan a confirmar as promesas de BEGASA-EON, a partir do xoves, 16 de Febreiro, haberá suministro de corrente eléctrica no polígono industrial de Ribadeo. O Sr. Alcalde de Ribadeo ven declarando aos catro ventos dende 2008 que a subestación eléctrica é imprescindible, urxente, decisiva, etc. para dar luz ao polígono. Os feitos poden revelar que a subestación nin era urxente – ben se ve pola prisa que se toma BEGASA-EON- , nin moito menos imprescindible. O polígono pode funcionar perfectamente sin a subestación porque so vai recibir o 5 % da potencia instalada neste equipamento. Este é o no gordiano das falacias do Sr. Alcalde. Dende xuno de 2008, que se aprobou a ubicación da subestación perto de Reverte, no avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal pasaron casi catro anos. Se se chega a facer, van pasar outros tantos ou mais. ¿Onde está a urxencia? ¿Porqué non se pode discutir a ubicación como solicitan os veciños afectados? Nesto vai pasar como na autovia. Non se podía discutir o cambio de trazado, porque había que rematala antes de 2006 – Areces dixit – so pena de perder os fondos europeos.

OUTRA SENTENCIA XUDICIAL

Recentemente comentamos a sentencia judicial que declaraba ilegal a subestación de Mondoñedo. Sentencia que naturalmente BEGASA-EON non acata nin ten pensado facelo. Agora a sala 3ª do Tribunal Contencioso Administrativo de Asturias declaraba ilegal, hai tres semanas, a subestación eléctrica construida por EON no barrio de Santa Marina, no concello de Mieres. Motivo: a proximidade das casas, como no caso de Mondoñedo. Dase a circunstancia de que neste caso as vivendas están a 400 metros da subestación, mentras que en Reverte hai un núcleo rural a 300. Ainda mais, a potencia instalada en Mieres é moi inferior da que nos queren poñer aquí.
Hai outro paralelismo entre o caso de Mieres e o de Ribadeo. Alí EON contou ca palanqueta do alcalde (ex) do PSOE, aquí quen lle fai o traballo sucio é un alcalde do BNG. Sen comentarios.

Evaristo Lombardero Rico

20220415

Aire no futuro de Ribadeo

Ribadeo no Sigpac

 

Aire no futuro de Ribadeo

    O venres 15 de abril, o día seguinte a que se celebrase o aire novo que representou o advenemento da II República, apareceu na portada da Comarca del Eo (datada o sábado 16) un artigo co título 'El futuro de Ribadeo ya no está en el aire', sen asinar. En tempos pos-covid, cun entorno completamente cambiante, resulta raro un título así. Foi o que pensei ó velo e sigo pensando tras lelo. Por iso quero deixar aquí algún comentario a dito artigo.

    Evidente: Ribadeo afronta cambios. Fíxoo sempre, seguirá a facelo, e non diminuíu a taxa de cambio no comezo da pos-pandemia. Pero, nun mundo interconectado de múltiples xeitos, por influenzas máis externas que internas, dependendo o futuro do turismo ou a inflación (por non falar directamente de cambio climático ou estrutura enerxética), máis que doutras circunstancias máis locais. E máis aínda, se a palabra 'estruturais', que aparece no artigo aplicada ós cambios, lle ven demasiado grande.

    Din (di o artigo) que chega a revolución industrial porque baixan os prezos das parcelas no polígono (supostamente) industrial. Deixando aparte a xa longa historia da revolución industrial, celebro unha baixa de prezos que non comprendo, pois, se levan os prezos das parcelas altos máis dunha década (o polígono é de 2010), a baixada ven con retardo. E, o seu efecto a futuro, despois de chegar atrasado e perder a competencia con Barres (que ten unha extensión dobre e está abondo máis poboado) e outros polígonos (unha poboación semellante, Vilalba, ten un polígono catro veces máis extenso e ocupado), está aínda por ver. Sen ir máis lonxe, non sei que se fixera ningún estudo que apoie a afirmación da próxima 'revolución industrial ribadense'. Evidente, mal non lle ven, pero o polígono, polo momento, sinxelamente deixará de estar no aire para pasar a estar no vento.

    Din que o centro de saúde lambe as súas feridas, e que o solar que deixará o vello ó trasladarse 1 km máis aló será ouro puro. Coido que para a sanidade ribadense a ferida principal neste momento, a necesidade máis perentoria, é a falta de persoal médico, e que o mero feito do cambio de lugar non vai suplilo. Nese sentido, terá que seguir a lamber as feridas en troques de curalas de xeito efectivo máis que coa saliva. O cambio de situación, se ben vai supoñer a mellora de acceso para algúns, para a maioría da poboación vai ser o contrario: xeografía e servizos cantan claro. Non sei o que custaría poñer o centro de saúde ó día, pero dubido que sexa máis do que custará un novo. E, non dá que pensar que o lugar do vello sexa cualificado de 'ouro puro'? Se ten tan boa situación, para que facer que se marche de aí?

    Din 'cambio de urbanismo' cando coido debera dicir 'máis do mesmo'. Ou as últimas aprobacións urbanísticas cambiaron o futuro do que xa hai? Saltaron por riba e estableceron liñas diferentes en relación ó PXOM?

    Un casco histórico e unha torre dos Moreno que xa non asuste? Ribadeo, por sorte, leva máis dunha década rehabilitando o seu casco vello. Pode verse como estaba hai algo máis de quince anos no documento 'Ribadeo Falls. Presentación sobre as casas caíntes en Ribadeo'. Pode apreciarse a diferencia. E nun paseo, pode verse o que lle falta. Seguirá a mellorar. A torre tamén, esperemos.Pero polo momento, desde que chegou Paisajes de Asturias, os amaños vense compensados co desgaste, e non creo doado dicir se o balance é positivo ou negativo. De feito, o mesmo artigo citado, entre outras cousas, ten escrito 'hace ya tiempo que su nueva propietaria mayoritaria, Paisajes de Asturias, tendría que tener listo su proyecto de rehabilitación del edificio'. Ou sexa, foi polo vento, veu polo aire...

    Remata con algo no que estamos, máis ou menos, de acordo: garantirase un 'pulmón verde' entre o formigón. O proxecto inclúe pistas, que farán que o verde se vexa sobrepasado por outras cores. Benvida á nova dotación. Fai falta unha zona de calistenia (ver a nota de prensa do concello) aínda que na parcela veciña, rúa Daniel Cortezón por medio, haxa elementos de ximnasia que non se potenciaron. Iso si, o proxecto non mellora as traseiras dos edificios nin a súa beleza.

    Benvidos os cambios? Parte deles, si. Pero, mentres vexo voar as gaivotas sobre a ría, lémbrome do vello son 'Pousa, pousa': fun polo vento, vin polo aire...

20060910

Unha nota de prensa de Adega respecto á piscifactoría (2ª de hoxe)

Reprodúzoa enteira:
Santiago, a 10 de Setembro do 2006
ADEGA PIDE QUE A PISCIFACTORÍA DE PESCANOVA DESPRAZADA DE CABO TOURIÑAN A RIBADEO SE APROXIME AOS LINDES DO POLÍGONO INDUSTRIAL EN TRAMITACIÓN

O chamado Plan Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria que o governo anterior, -da mán do exconselleiro de Pesca, D. Enrique López Veiga, nos deixou en herencia-, non consistía máis que nun mapa cos lugares elexidos polas empresas do clúster de acuicultura, sen outros criterios que os de fácil acceso á auga do mar e reducidos costes de expropiación. Nada importaba que se tratara ou non de espazos protexidos ou de paisaxes singulares e así resultou que dun total de 23 parques iniciais, 13 afectaban a espazos protexidos ou que mereceran ser considerados como tais. Entre estes estaban, a piscifactoría do Sr. Alvárez-Cascos en Rinlo-Ribadeo (hoxe paralizadas as obras por decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza) e a piscifactoría de Pescanova en Cabo Touriñán, ambas as dúas en idéntica situación administrativa: estudo de impacto ambiental favorábel e proxecto sectorial aprobado no último consello da Xunta de Galiza presidido por D. Manuel Fraga.
Aínda que a actual Consellería de Pesca, de forma incoerente, tén acordado, -a pesares das múltiples irregularidades do Plan (fáltalle avaliación de impacto ambiental e informe urbanístico da consellería de Ordenación do Territorio)-, continuar adiante co Plan de acuicultura do Sr. López Veiga, hai consenso entre Pesca e a Consellería de Meio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel en facer respetar os espazos protexidos da Rede Natura, obrigando así a Pescanova a buscar outra ubicación para a piscifactoría de cabo Touriñán e a Stolt a buscar outra para a piscifactoría nos lindes do Parque Natural de Corrubedo.
A nova proposta de ubicación para a piscifactoría desprazada de Cabo Touriñán ven a ser agora a punta de Pena Corveira ou Pena do Corvo en Ribadeo, nun área de apenas un quilómetro de ancha entre o LIC de As Catedrais e o LIC e tamén ZEPA da Ría do Eo. Trátase dun área dentro da rasa costeira cantábrica á que aínda non tiña chegado a presión urbanística do litoral e de importante valores paisaxísticos na que, ademáis, podemos contemplar un castro no que aínda son ben visíbeis os seus muros perimetrais. Dende o punto de vista ecolóxico, esta área comparte a mesma xeoloxía, edafoloxía, condicións climáticas, etc, dos LICs colindantes nos que se constata a existencia de valiosos hábitats prioritarios: o *4020, Uceiras húmidas atlánticas de erica ciliaris e erica tetralix, ou o *4040, Uceiras secas atlánticas costeiras de erica vagans e Ulex maritimus. A escasa presencia destas especies nesta área na que está prevista a ubicación desta granxa mariña de engorde de peixes planos non é debida máis que a tratarse de parcelas aínda traballadas para uso agrario, cumplindo cos criterios do anexo III da Directiva 92/43 para a selección dos lugares de importancia comunitaria. E, en tal sentido, tanto dende ADEGA como dende a Federación Ecoloxista Galega, vimos solicitando reiteradamente a conexión destes dous espazos protexidos que só se entende que quedaran no seu día desconectados non polos seus valores ecolóxicos senón por, máis que seguramente, por intereses da especulación urbanística.
En base a isto, ADEGA pide da Consellería de Meio Ambiente que se atenda a solicitude de ampliación da Rede Natura que se tén presentado xa no principio desta lexislatura conectando estes e demáis espazos da Rede Natura do litoral de Lugo e pide da Dirección Xeral de Recursos Mariños que se lle propoña a Pescanova desprazar esta instalación ata os lindes do polígono industrial que se está iniciando en Ribadeo, de forma que, -ademáis de aproveitar os servizos propios do polígono-, permita dar coerencia a estes espazos da Rede Natura e preservar os valores paisaxísticos e ecolóxicos de toda esta zona costeira. Para facilitar isto, ADEGA propón que, dos fondos anunciados pola Ministra de Meio Ambiente para a adquisición de espazos protexidos no litoral, se solicite, por parte da Consellería de Meio Ambiente, a recompra das parcelas adquiridas por Pescanova a cambio tamén de facilitarlle a cesión de terreos necesarios dentro do polígono industrial.
Noutra orde de cousas ADEGA pide a redaccción por parte da Empresa dun nov Estudo de Impacto Ambiental que subsane carencias tan importantes como a falta dun estudo sobre o patrimonio, sobre o impacto dos vertidos ao mar ou da escombreira que resulte de rebaixar a cota do solo dende 15 m. ata os 7 m. sobre o nivel do mar.
Pide tamén ADEGA que, en todo caso, se proceda á apertura dun novo período de exposición pública para cumplir a lexislación de avaliación ambiental no que respecta a que o Estudo de Impacto Ambiental ten que facerse de forma conxunta coa exposición do proxecto, cousa que, -como xa se anuncia na publicación do DOG-, non se fixo coa exposición pública da documentación na Delegación Territorial de Pesca de Cervo onde só estivo a exposición pública o estudo de impacto ambiental.

20060807

2ª: un esquecemento, sobre a prevista piscifactoría de Pescanova / Insuíña en Ribadeo

Adxunto unha nota de prensa xa vella... corrixida.
SOBRE A UBICACIÓN DA PISCIFACTORÍA DE PESCANOVA EN RIBADEO

Ante o acordo do Consello da Xunta de declarar a incidencia supramunicipal do proxecto de piscifactoría de peixes planos en Pena do Corvo (Ribadeo), dende ADEGA e dende a Coordinadora de defensa do litoral da Mariña Luguesa, -á espera de coñecer con máis detalle o proxecto-, queremos facer as seguintes precisións ante a opinión pública:
Unha.- A ubicación desta piscifactoría que agora se propón en Pena do Corvo (Ribadeo) é o resultado das negociacións entre a Administración e Pescanova para reubicar a piscifactoría prevista en cabo Touriñán e que o actual goberno decidiu non autorizar por afectar a un espazo protexido da Rede Natura.

Dúas.- Valoramos moi acertada e positivamente que a protección dos espazos da Rede Natura deixe de ser unha virtualidade de papel e empece a adquirir rango de realidade; por isto, manifestamos que sería inaceptábel que dita piscifactoría puidera, nesta nova ubicación, afectar aos nosos espazos protexidos. Temos que facer constar que, por un lado, a esta zona de Pena ou Penedo do Corvo (Ribadeo) chega o espazo protexido de AS CATEDRAIS e, por outro, existe na mesma zona un castro no que aínda son perfectamente identificábeis tres dos seus fosos e muros de protección e, para o que a Lexislación prevé un perímetro de protección a 200 m da súa parte máis exterior.

Tres.- Entendemos que este tipo de instalacións industriais de cría de peixe, -de enorme impacto paisaxístico sobre o litoral-, caben perfectamente dentro dun polígono industrial. Polo tanto, nun momento, no que se está a tramitar un polígono industrial en Ribadeo cunha reserva de solo de 1 000 000 de metros cadrados, consideraríamos máis acertado que esta instalación se ubicase no polígono industrial, onde ademais podería beneficiarse doutros servizos do polígono, como as comunicacións, a enerxía eléctrica, etc, de forma que ben se compensase o sobrecuste que puidera resultar desta maior distancia do mar. En todo caso agardamos da administración o máximo rigor na avaliación e corrección de todos os impactos ambientais, especialmente no que se refire á depuración de residuos.

En Ribadeo, a 1 de Agosto do 2006

20090112

Con data de saída venres

Recibo con retraso unha nota de prensa do concello. Resulta que non a vin nos papeis: haberáseme pasado. O tema, o polígono industrial. con máis precisión, que na primavera comezarás as obras.
Isto do polígono parécese ó do pastor e o lobo. Despois de tanto tempo dicíndonos que xa ven, pode vir na realidade en calquera momento, que non o creeremos. Menos mal que ista volta o lobo non comerá as ovellas, só veremos como constrúe o polígono. Na primavera ou cando sexa.
En principio, polo aviso, o prazo de execución serían 15 meses. Iso implicaría rematar antes do final do verán 2010. E os criterios de concesión de parcelas non admitirán intermediarios, o que retrasaría a implantación de empresas e incrementaría os custes dos terreos. Pintan bonito.
Voltando o conto do pastor e o lobo, a realidade soe ser algo menos bonita cando as persoas andan polo medio.
Mentras, están aprobadas as obras urbanas do 'Plan Zapatero'. A comparar coas propostas polo Tesón (ou aquí).
De paso que se comparan as propostas, pódese mirar nas mesmas ligazóns a proposta de O Tesón para o regulamento do Hospital, que tería que ter entrado xa en vigor o 1 de xaneiro... porque así estaba aprobado de xeito provisional. Pero parece que houbo outro retraso sen avisar.

20100717

Un polígono para pasear

O polígono foi entregado. Queda o reparto, e algo que se soe obviar: a acometida elećtrica coa construcción dunha liña de forza e unha subestación, algo sobre o que non se fala dende hai tempo, coas protestas de fondo a fror de pel por se hai que voltar moverse.
Mentras, o polígono está listo para pasear por el ... se non hai vixiantes, que ás veces hai xente que impide o paso a algo que é terra e asfalto, mentras que outras hai liberdade.

20180214

“When you light a candle, you also cast a shadow.” ― Ursula K. Le Guin

Cando acendes unha vela, tamén proxectas unha sombra.
Coincideume no tempo o enterarme de que ía a ser a inauguración da subestación eléctrica de Piñeira e o atoparme coa cita que deixo arriba. De aí esta entrada, con fotos, a nova, ligazón a historia e algunha reflexión (pequena).
 A estrada 'do monte' dende a entrada á subestación.
Vista xeral da subestación:

 Detalle do perímetro.
Acceso secundario. Estado actual.

 Zona de transformación.
Terraplén á estrada.

 Perímetro cabo do terraplén anterior.
Vista dende a zona da entrada:
 Detalle á entrada.
E a posición:

A nota de prensa do concello de onte:
BARCIA DIXO QUE HOXE É UN BO DÍA PARA RIBADEO
Nova subestación
13/02/2018
O alcalde, Fernando Suárez, asistiu esta mañá á inauguración da nova subestación eléctrica que Viesgo pon en marcha na parroquia ribadense de Piñeira. O rexedor agarda que Ribadeo “acade a autonomía enerxética, que non tivo ata o de agora”. Tamén espera que o polígono industrial quede blindado para que calquera empresa de gran consumo enerxético poida traballar con total normalidade.
O rexedor dixo que "por fin podemos inaugurar hoxe esta subestación eléctrica aquí, en Ribadeo, despois de hai xa varios anos que se asinou o convenio inicialmente co conselleiro de Industria do bipartito, Fernando Blanco, xunto cos representantes de Sepes, da empresa pública de solo que xestionou a construción do polígono, como tamén cos representantes de EON e Viesgo, naquel momento".
Suárez Barcia sinalou que "por fin despois de todos estes anos vamos poder traballar con seguridade enerxética aquí, en Ribadeo. Despois de que tantas e tantas molestias teñan causado aos veciños, aos usuarios de sistemas eléctricos aquí, en Ribadeo, por ter un mal subministro de electricidade, por ter tantos apagóns, microcortes, etcétera".
O alcalde agarda que "hoxe deamos carpetazo a todo isto, porque o subministro eléctrico é algo moi necesario que habitualmente non se ve pero só se bota de menos e se valora cando falta. E aquí, en Ribadeo, podemos dicir que temos cum laude en que nos falte o subministro eléctrico".
E engadiu: "polo tanto esperamos que a partir de agora xa haxa estabilidade no subministro e que Ribadeo acade unha autonomía enerxética que non tivo ata agora. E non só para el, senón que agora Ribadeo tamén subministrará a unha parte importante do concello de Barreiros. E ao mesmo tempo o polígono industrial de Ribadeo queda preparado, queda blindado para calquera iniciativa industrial, empresarial que requira do consumo de grandes cantidades de enerxía eléctrica".
Para Fernando Suárez "hoxe é un moi bo día para Ribadeo".
E algún comentario:
-Autonomía enerxética? Coido que está mal usado o termo. Máis ben, subministro adecuado (o que depende do estado da liña, e por un tempo supónse que será bó, e se se mantén en bo estado, seguirá a selo...)
-Coido que habería que sinalar algo da historia do proceso nesta nota. Queda coxa ó dicir só que 'é o remate de varios anos'.
-A redacción parece indicar que os cortes e en xeral, mal subministro era por falta da estación. Coido que quedou demostrado en diversas circunstancias que non era así. Que agora se poda substituír a liña vella e ter mellor subministro non implica que a culpa fora de que o subministro era insuficiente, como apuntei antes.
-Fálase do concello de Barreiros como dependente da subestación. Se se fixa un nas fotos, hai unha saída rotulada 'Mondoñedo'.
--
Sobre a subestación eléctrica de Piñeira.

20080502

Chan rústico de protección de augas


Si, haberá que protexelas: na imaxe de O Valín- A Capela- a Pastoriza, o S.R.P.Ag que aparece, atravesando a imaxe dende a parte superior dereita ata o centro de abaixo, inclúe o depósito de residuos, prácticamente onde está sinalado o rótulo.
Engado tamén o polígono industrial. Non porque teña nada de especial (quizáis o que ten é que sexa un polígono pequeno en comparación co de Barres ou o da Cruz do Lobo, e para a entidade de Ribadeo, tendo conta que necesitará ademáis unha subestación eléctrica), senón porque ó estar nun recuncho entre varios planos diferentes, hai que reconstruílo para velo claro xunto coas súas beiras.
A min resúltame curioso o pico que lle queda á esquerda, limitado por un vial en curva para o entronque coa glorieta da autovía e a circunvalación. Como nó de comunicacións, moi bó, ...
Na mesma imaxe, na esquina superior dereita, o matadoiro, que polo tanto quedará fóra do polígono. E na parte inferior dereita, a protección do río de Vilaselán, que comeza despois da zona de resguardo da vía, incluíndo a zona que está cuberta polo Voar e non véndose claro as desviacións por mor das tajeas e os diversos outros soterrados que sofre na zona.
Por último, a zona das fontes do Lobo, que aparecen reseñadas a bastante distancia da súa posición, fan chamar a atención non do zig-zag da rota polo momnte (en trazos amarelos), senón, de novo, pola zona correspondente de portección do río de Vilaselán, que deixa a primeira parte do curso sen protección, e coido que sen ter motivo.

20070906

Mirando para atras ou aprendendo do pasado?

Estamos afeitos moitas veces a non mirar atrás, o pasado, pasado. Pero o voltar a vista atrás, sabendo eso, que o pasado está pasado, pode dar unha fonte de aprendizaxe excelente, ó igual que cando se di eso de coñecer a historia para tentar non repetila (a parte mala). 

Neste caso, trátase de pasado próximo: hai uns días poñia nun artigo o horario da biblioteca de Burela en referencia ó reducido da de Ribadeo. Hai menos días aínda foi reclamada unha ampliación de horario no acto do cincuentenario da 'Viejo Pancho', que reduce o seu horario e aínda solía pechar neste mes a pesares do aumento do sue uso como sala de estudio polo de setembro. O caso é que non vexo previsión dese aumento horario, así como tampouco vin movemento ningún á hora de protestar polo canon de biblioteca (ver barra lateral) que temos que pagar todos, vaiamos ou non alí, e ó meu parecer, imposto dun xeito inxustificado. A repasar tamén o caso do parque contraincendios de Barreiros: servicio para todos, leva anos construído e non funciona por pelexas políticas. Houbo protestas antes do verán, pero no verán, todos caladiños, que pode asustar o turismo. Sobre retrasos, en Ribadeo sabemos de máis: o polígono industrial, que ía estar en marcha o ano pasado segundo o alcalde pasado segundo declaracións feitas á prensa, aínda non vai desta porque hai que pagar un transformador para polígono e pobo (aínda sen polígono o que hai xa é pequeno) e a empresa (Begasa) di que ela non o fai. Búscate a vida, Ribadeo! 

Lendo o libro (que lle deron en chamar revista) da biblioteca, entérome das vicisitudes que leva pasado no século XX. E, ó tempo que lembro tanto o lugar nos baixos do cantón, sigo a pensar na promoción da lectura mentras vexo o funcionamento das atraccións nas festas e o comportamento da xente nova. Por certo, boto de menos no libriño unha semblanza dos bibliotecarios anteriores a Mª Jesús Rañón Ríos: Pilar Reimundez, Leonardo Fernández Reinante (que na realidade parece ser que non era bibliotecario, aínda que facía algunhas labores do estilo), etc.

Os comerciantes non están contentos con este verán. Dentro da campaña de aparicións en prensa do CCA, toca a de fin de verán facendo ese comentario e o de que hai unha decea de establecementos que queren logra o distintivo de calidade. O certo é que o comercio ribadense está cambiando e o CCA/ACISA ten abondo que ver, e non só na aparición na prensa. Pero, o de calidade, quedarase na obtención dun certificado? É un perigo que vin hai tempo a conta doutro certificado de calidade: unha cousa é ter papeis que documenten todo e outra o que o cidadán de a pé soe entender como calidade, e non sempre van parellos. Diría que o periódico insistía na primeira faceta e cumprimento normativo máis que na segunda de ter contento ó cliente. 

O Porta da Auga (o CIFP, non o IES, que xa non son o mesmo por decreto) mantén as xornadas de automoción, e antonte revisaron o sistema educativo (de FP) alemán, que leva funcionando moitos anos, mentras aquí cambiamos e cambiamos de plans de estudos, sen chegar a centrarnos en ningún. Pode que sexa esa falta de centrado unha das causantes de rendemento educativo. De feito, estou convencido de que ten algo que ver. En fin, son varias as novas comentadas, ningunha de hoxe, e todas entendo que pasaron no seu momento sen moita atención. Non embargantes, en xeral, requírena porque son as pequenas cousas as que constitúen a base vital, tanto das persoas como dos pobos.

20091013

Novos contrastes en Ribadeo

Foi un fin de semana tranquilo relativamente, para a cantidade de xente que houbo.
Di a prensa que se marcaron plenos na hostalería, e é de crer, alomenos para a noite de sábado a domingo. Pola noite de domingo a luns, abondo menos.
Así, foi a nova destes días, algo que máis ou menos en Ribadeo se esperaba, se ben estas cousas mentras que non se comproban sempre queda o temor (ou a esperanza).
Aproveitei para tomar algunhas fotos. As primeiras, do novo polígono industrial ribadense. Aínda que todos sabemos que o de novo sobra, tanto porque non hai outro como porque a súa xestación xa o fai vello abondo. Amósanse a rampa de conexión coas estradas e a zona de servizo do polígono, vistas dende a autovía (a lembrar que ambas fotos se poden aumentar). A terceira imaxe é unha toma do sixpac da zona, encadrando todo o futuro polígono e a estrada de conexión; como referencia, a autovía e o hipermercado ribadense na parte inferior.
As obras seguen en Ribadeo. A outra foto é dunha casa na rúa peonil Rodríguez Murias, e ven só a conto de lembrar que non se deben descoidar os pavimentos e o paso de camións por eles. Unha foto complementaria, dun solar con silvas altas e cancilla aberta prácticamente fronte á obra, polo momento non a poño, aínda que se permanece así, sairá tamén.
A outra máis, un pequeno reclamo dun local que xa leva pasado por uns cantos nomes, e que é o primeiro que lembre de apertura nouturna en Ribadeo que pon en sitio visible, externo e destacado, o horario de apertura. Isto, ó tempo que ademáis inclúe unha nota sobre o que se podería chamar 'política empresarial', dista volta en relación ó ruído, con sinatura da dirección incluída a modo de compromiso.

Non ten por que significar nada, pero falando cos veciños o caso é que parece que si que se cumpre dita 'política'. Tamén é unha foto ampliable.

20110722

Unha ollada ó pasado

Para procurar un dato sobre Hernán (co que rematei poñendo algo máis na rede sobre el), andiven mirando vellas Comarcas e Mariñas. Atopei cousas moi curiosas vistas da perspectiva de hoxe. Un par de exemplos:
"El Ayuntamiento de Ribadeo comprará la vieja aduana", nova na Mariña de La Voz o 19940316, axustando como subtítulo unha frase que se atribúe a Eduardo Gutiérrez, alcalde daquela ó que lle quedaba un ano de rexidor: 'Se non pasa a titularidade pública é case imposible de amañar'. Hoxe a aduana está remozada para que non se caia e presente bo aspecto, non pasou a titularidade pública durante aquel mandato nin nos seguintes, pero aplicáronsese resortes legais e o tema está máis ou menos sulucionado, despois de estar moitos anos á venda en internet. Algunhas cousas no blog sobre o tema (2, 3, 4, e fotos). O que está sobre o tapete hoxe que a Torre dos Moreno poda seguir a verse enteira, sen derruír.
Na beira da nova anterior: 'Invertirán más de mil millones en recuperar edificios'. Abaixo aclara que serían 1270 millóns de pts -algo máis de 7,5 M€- en 12 anos. E aclaro eu que, 17 anos despois, séguense a esperar os millóns que se daban por feitos.
Ano 1995, unha acusación: o goberno municipal anterior (presidido por E. Gutiérrez) deixou unha débeda de 100 Mpts, sengundo o novo alcalde, J.C. Rodríguez Andina. Oito anos despois, os de mandato de Andina, a débeda elevárase abondo. 4 máis, mandato do PSOE en coalición con BNG e chegara ós niveis actuais, que se ben non hai acordo sobre o total (tampouco o había daquela, e hai quen acusa ó BNG de aumentar a débeda no seu mandato, cousa que eles negan), poden cifrarse entre 5 e 9 veces aquel importe que deu lugar a un desmentido por parte de E. Gutiérrez e a un ataque sobre o gasto...
O 21 de abril do 94 a Mariña da Voz recollía 'Evaristo Lombardero acusa al BNG de distribuir folletos en los que se ataca a su familia'. Daquela estaba E. Gutiérrez no BNG, e no ano 94 a causa sería 'debido a la oposición que presentan a la construcción de un polígono industrial en la parroquia ribadense de Vilaselán'. Segundo a nova, sería tamén atacada a familia do representante dos veciños de Vilaselán. Ano 94. 17 anos despois, o polígono non foi a Vilaselán, está feito, pero non hai nada aínda nel ...
Non está escrito aquelo de que 'o pobo que esquece a súa historia ...

20120629

En que quedamos? De luz, crise e taquígrafos

Os paxariños cantas nunha mañá con nubes sen frío nin calor. España xa ten rival nunha final de europa á que se aproximan os perdedores na economía, como naquel conto de 'agraciado en el juego, desgraciado en amores', contra unha Italia que derrotou claramente a Alemaña mentras Paña tivo que aquilatar penaltis contra Portugal. Coñecemos que no polígono industrial ribadense xa hai luz, e esperamos que, como se dicía antes, haxa tamén taquígrafos que, entre outras cousas, nos expliquen o tema da subestación elétrica se xa hai luz abonda para o polígono, e a outros niveis, parece estarse a reducir o consumo eléctrico, ou o retraso na concesión de luz.
Mentras, a nivel estatal, hai quen nos explica que a crise está a punto de finalizar para nós, pero non para os banqueiros. Alomenos iso debera deducirse das verbas do presidente da patronal bancaria, Miguel Marín (ver remarque na ligazón), cando anuncia que os soldos teñen que baixar durante 5 ou 10 anos para superar a crise. Coido que levan baixando alomenos 5 anos para a maioría da xente (un caso particular que coñezo moi ben: aprox. 25% reais do 2007 ata hoxe), mentras para algúns, como os mesmos banqueiros, non se aprecia unha diminución, cando por ser de maiores cantidade deberan ser os que baixaran máis tempo ...
Pero hai máis. Aí estáun grupiño gobernante dicindo que hai demasiados funcionarios, e reducíndoos dende educación a sanidade, pasando por prisións, e resulta que agora hai poucos funcionarios de prisións e por iso, 'para aforrar', 'contémplase' o emprego de axentes privados para 'certas funcións'. Ou sexa, cara ó sistema americano, demostrado máis caro e peor, pero iso si, privado, dando beneficio público a bolsillos particulares.
Mentras tanto, a raíz (parece ser) dun bloqueo de España en Italia en Bruxelas, o fondo de rescate convírtese en axuda direta á banca. De non haber letra pequena, é unha noticia que alivia a España. Unha gran noticia. Ocórreseme, de calquera xeito, que, por exemplo, se Bankia está xa nacionalizado (ou NGB), o estado é propietario, logo subsidiariamente seguirá a ser o estado quen corra co seguro de devolución e pago do correspondente préstamo, que por outra banda, haberá que devolver, a pesares do que dicía hai non moito o presidente de Bankia no sentido de que a intervención do estado faćiase en capital do banco e polo tanto non habería que devolvelo.
Así pois, en que quedamos?

20210924

LO QUE PERDIÓ RIBADEO. José Mª Rodríguez Díaz (2006)

   Traído do blog de José Mª, O Cargadoiro.

Sábado, 16 de diciembre de 2006

LO QUE PERDIÓ RIBADEO

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 21:53

Los errores forman parte de la condición del ser humano. Pero, como sucede con todo, también tienen su lado bueno, pues dicen que se aprende más de los errores que de los aciertos. Los errores suelen servir de acicate y de advertencia para estar más atentos, para no repetirlos. Como dice un axioma, 'es propio del hombre equivocarse, pero sólo de los estúpidos perseverar en el error'.

La experiencia de estos tres largos años, con este gobierno local, nos descubre hasta qué punto nos hemos equivocado en la elección de los gestores municipales. El tiempo ya transcurrido nos pone en disposición de establecer una comparación entre la labor del equipo de gobierno de la anterior legislatura, y la del gobierno actual. Un breve recorrido por las gestiones realizadas por unos y otros nos dirá hasta que punto nos hemos equivocado.

Durante el gobierno anterior, pagábamos los contribuyentes 46 000 € al año por dirigir la gestión municipal. Esa gestión cuesta hoy a los ribadenses 76 366 €, sin contar las cotizaciones a la S. Social. Más de 30 000 Euros de diferencia. Ciertamente, que no se ha ganado en el cambio La imagen de consideración, respeto y dignidad de la que siempre disfrutó Ribadeo y que el gobierno anterior supo mantener frente a los concejos vecinos, se vio deteriorada por las constantes trifulcas habidas a lo largo de este mandato, tanto en las salas de los juzgados, como en los propios plenos del consistorio. Como consecuencia de esto, la imagen de Ribadeo está hoy por los suelos. ¿Quién tiene la culpa?

De los objetivos alcanzados por el gobierno anterior, con edificaciones tales como la Estación de Autobuses, el Auditorio Municipal, las ochenta viviendas sociales, el Polideportivo, el Centro de día, el Albergue de Peregrinos, el aparcadero municipal, la Casa da Xuventude, el Centro de Estudios Hispanoamericanos, además de otras muchas rehabilitaciones en otros enseres, se ha pasado con este equipo actual a la inactividad más completa. ¿En qué han ocupado su tiempo? En cuanto a las infraestructuras realizadas por el equipo anterior, se puede hablar del paseo del Faro, del Puerto Pesquero, de las escaleras de San Miguel, de la rehabilitación del Parque, de la Plazuela Concepción Arenal, de la Ronda de la Cárcel, o de las nuevas iluminaciones en la villa y en el rural, del asfaltado de pistas, colocación de señales, etc. ¿Y qué deja, como recuerdo, el equipo actual? Unos monicacos, mal emplazados, una ridícula fuente y la rehabilitación de unas calles peatonales. !Sólo faltaba que en cuatro años no hicieran ni eso!

Y en cuanto a las actuaciones del gobierno anterior en los servicios, se puede hablar de la Escuela Oficial de Idiomas, la fundación Leader Plus, la Escuela Taller, la oficina de información al Consumidor, los pisos tutelados, el convenio con SEPES para el Polígono Industrial, etc. ¿Y qué hizo el gobierno actual? Continuar con algunos de los proyectos que había heredado, como las calles peatonales, la circunvalación o el polígono, pero sin aportar nada nuevo en estos tres largos años.

Con el gobierno anterior, Ribadeo adquirió fama por el cuidado de sus calles y sus entornos, con actuaciones modélicas como: el programa de recogida selectiva, el sellado del vertedero, el Aula de la Naturaleza, las banderas azules que siempre obtenía para sus playas, el cuidado del entorno y de los parques y áreas recreativas. Hoy se ve tal dejadez, en la falta de ornato y de limpieza, en el descuido de sus calles y aceras, que todo el mundo se queja del abandono y la suciedad que se ve por todas partes.

Estamos frente a un gobierno, que nos cuesta mucho más caro a los ribadenses que el anterior, mientras que el concejo permanece totalmente inactivo, dedicado a trivialidades, como la de simular un ridículo castro celta junto a la oficina de Turismo en vez de recuperar el de As Grobas, organizar cursos de tapas, gimnasia de mantenimiento, talleres de risoterapia, colocar monecos de adorno o ascensores absurdos en la Atalaya. Desde el momento en que se sentaron en las poltronas municipales, comenzaron, ávidos y hambrientos, a hacer prolongadas succiones en los flácidos y exhaustos pechos del presupuesto municipal sin abordar ninguno de los grandes temas pendientes. Todas sus actuaciones no fueron otra cosa más que un puro espectáculo dirigido a colgarse medallas y dar una falsa imagen de dinamismo en la actividad del concejo. ¿Qué quedó de sus cuatro años de gobierno? Una tremenda subida de impuestos y el escandaloso incremento de sueldos de algunos funcionarios, que más parece un soborno. Ciertamente que Ribadeo ha tenido tiempos mejores.

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María. 

Comentarios (1)

• Fecha: Jueves, 21 de diciembre de 2006

• Hora: 15:54

Autor: a333

Los votantes, ciudadanos perdimos la verguenza. Desde el gobierno anuncian construccion un ascensor, bajando Amando Pérez el muro está destruido. Anuncian sendas peatonales, carretera al faro cortada desde hace tiempo. Y asi sucesivamente.

20110508

Candido Pazó

Actuou anoite no cine teatro e convenceu ante unha entrada da metade de público. Tratábase do colofón das xornadas de tapeo desta tempada. Pola mañá houbo marcha a favor da Asociación Española contra o Cancro, e tamén a segunda sesión de iniciación ó atletismo. Por agora non se move moito, despois do mítin do venres, a campaña electoral, aínda que o pobo está de exposición carteleira. Comparación de programas non se fai moito, tanto porque aínda non se coñecen (repito que PP e BNG teñen os seus programas xa en Publicado en Ribadeo) como por outras cousas, como que non se creen. Un día destes, unha comparativa dalgunha cousa dos programas.
E a parte da campaña e outras acividades que dinamizan Ribadeo, o polígono industrial comeza a marchar cunha primeira licenza de obra. Parece que despois da inauguración do polígono as cousas deberan ir máis rápido, pero é o que hai. Na foto da nova na Voz vese claramente a vocación de ampliación cara á esquerda, que parece que polo momento non vai ter lugar, pero no futuro, calquera sabe.

20180216

O gran irmán, cada vez máis grande

Xa levamos varios anos nos que nos van chegando novas da vixiancia total en China, con millón de cámaras de vixiancia só en Pequín, e a experiencia de control biométrico a traverso de cámaras nunha rexión enteira máis extensa que España 'para control terrorista'. Aquí non chegamos a tanto, pero as cámaras instálanse para control, mesmo con subvencións da Xunta. Un alicerce máis para contar coa última tecnoloxía de detección en Ribadeo. Non evitará un roubo, nin servirá para esclarecelo, pero poden controlar se saio ou entro da casa. Literal.
Agora estou esperando a ver a nota de prensa do concello (se a saca) na que dea conta do mesmo que pon a Voz hoxe, "O Concello considera que o número tan importante de vehículos que circulan polas nosas rúas fai insuficientes as tradicionais formas de regulación e control presencial do tráfico, e que estas circunstancias aconsellan a incorporación dun apoio tecnolóxico sobre as funcións de vixianza que ten encomendadas a Policía Local". Precisamente cando se trata de 'humanizar' máis rúas, e aínda que o recurso a bici non sexa moi promocionado, os vehículos de dúas rodas sen motor van facéndose un oco pouco a pouco na xeografía urbana. Instalarase un conxunto de cámaras, con recoñecemento de matrícula agora que se vai poñer unha gasolinera no polígono... si, para recoñecemento dos vehículos que circulan polo polígono mesmo. Pero dende o concello falan de rúas... O dito, espero a ver a nota de prensa.
Cámaras de vixiancia. KRoock74, CC BY-SA 3.0, collida de https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/4/45/Dome_CCTV_cameras.JPG
Sobre cámaras de vixiancia en Ribadeo: http://ribadeando.blogspot.com.es/2016/02/fora-dos-focos-con-liberdade.html

20240118

Comunicado da plataforma 'Eólicos, así non'

    Adxunto o comunicado que recibín onte sobre a actualidade dos eólicos na provincia de Lugo e algunha relación que se pode observar. Os destaques no texto son meus: 

Solpor nun parque eólico en Abadín. Collido de Commons, feito por iamato, lic. CC BY 2.0

Eólicos, Alcoa e Rock and Roll

    Os pasados días 7, 8, e 9 de decembro publicáronse no BOE as resolución do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (MITECO) nas que se formula a declaración de impacto ambiental dos Polígonos Eólicos “Ventisca”, “Boura”, Monzón”, “Borrasca” e “Levante” e as súas infraestruturas de evacuación. Estos Polígonos Industriais Eólicos, afectarán aos seguintes municipios da provincia de Lugo: As Nogáis, Becerreá, Triacastela, Baralla, Baleira, Pol, Ribeira de Piquín, Meira, A Pastoriza, Abadín, Mondoñedo, Lourenzá, Foz, Alfoz, Cervo e Xove. Todos eles foron promovidos por sociedades unipersoais do Grupo GREENALIA

    Esta avaliación ambiental do MITECO é positiva aínda que esixe cambios na maioría dos muíños no caso do polígono “Borrasca”. Sorprende que, nas propias resolucións do MITECO, se indique, que a avaliación de impacto ambiental está realizada sobre a documentación presentada polo promotor. Esta documentación non aporta ningún traballo de campo detallado senón que se limita a fórmulas estereotipadas. Sorprende tamén a desidia de moitos concellos afectados polos proxectos que ao seren consultados, nen sequera se molestaron en dar unha contestación, foron máis da metade nalgúns dos casos.

    Trátase duns polígonos eólicos que están fora do plan sectorial eólico de Galicia, é dicir, en áreas nas que non está permitida a construción destas infraestruturas. Este é o motivo polo que a empresa promotora paralizou en xullo do 2022 os trámites xa iniciados á espera de que a Xunta de Galicia lle concedera a excepcionalidade “por tratarse de proxectos con clara incidencia territorial pola súa entidade económica e social, e por ter unha función vertebradora do territorio”. Esta excepcionalidade baséase ao parecer nuns supostos contratos para abastecer de enerxía barata á fábrica de Alcoa de San Cibrao.

    Desde as Plataformas asinantes queremos destacar que: Os estudos de impacto ambiental son claramente insuficientes e sesgados, xa que están realizados pola propia empresa promotora e avaliados posteriormente polo MITECO sen tempo nin persoal suficiente.

    Estanse valorando como catro (cinco con”Levante”) polígonos eólicos distintos o que claramente é un único polígono eólico coa súa vía única de evacuación, dándose así unha fragmentación artificial e ilegal dos mesmos.

    Os prazos e os procesos son cada vez máis rápidos sen dar ningunha opción de participación ás persoas e comunidades afectadas, vítimas de decisións que teñen máis a ver cós intereses dos grandes grupos industriais que coa situación da xente que vive nas zonas afectadas.

    Estamos a falar dunha grande afectación a zonas rurais con grande potencial agrario e turístico (no caso da costa) que de feito, están a vivir un rexurdimento poboacional, que quedaría, senón truncado, seriamente danado coa instalación destes polígonos.

    Dado que o motivo de permitir estes polígonos en zonas fóra do plan sectorial é o abastecemento de enerxía a Alcoa, hai que dicir que Alcoa está incumprindo sistematicamente todas as promesas feitas tanto aos seus empregados como ás Administracións. A propia Alcoa comunicou en varias ocasións que non ten intención de cumprir cós compromisos de inversión pactados coas Administracións Públicas e cós traballadores, e non vai retomar a produción de aluminio ao ser inviable por carecer de clientes e ter unhas moi importantes perdas acumuladas que se acrecentarán nos próximos anos. Ao que hai que engadir que chegou ao final da súa vida útil a xigantesca balsa de lodos tóxicos que ocupa 90 hectáreas e que unha hipotética rotura do dique de contención podería provocar unha catástrofe medioambiental de dimensións inimaxinables. Somos moita a xente que estamos a pensar que Alcoa está xogando con nós, para atender en exclusiva os seus millonarios intereses.

    Por todos estes motivos e máis, as organizacións ambientais, asociacións, veciños afectados, a sociedade civil e os seus servizos xurídicos xa estamos traballando e mobilizándonos para tentar frear este despropósito que só busca o enriquecemento duns poucos, sen unha auténtica planificación do territorio que permita a coexistencia pacífica das enerxías renovables co respecto á biodiversidade, ao territorio e á poboación, e conte coa participación de todos os afectados.

    Gustaríanos propoñerlle un xogo a quen nos está lendo. Recorte e garde este artigo, e volva lelo pasados dous anos, ou catro como moito. Repase todas as novas dende hoxe ata entón en relación con estes “Parques” eólicos, e observe a quen beneficiaron e quen saíu danado, mire onde se atopan nese momento cada un dos protagonistas, e saque as súas sus propias conclusions.

    Plataformas asinantes;

Plataforma “ Eólicos na Mariña. Asi non”

Plataforma “Alto Miño. Eólica Así Non”

20100219

Plans

Da web do concello pode obterse hoxe información sobre dous temas puntuais. Un, xa anunciado a bombo e platillo, o custe de instalación no polígono. O outro, o plan de mobilidade que aínda está por redactar e que, segundo a información, reclamará a participación cidadá.
Así, o primeiro implica o financiamento e o segundo a mellora da calidade de vida. En ambos queda moito por recorrer: no polígono dixéronse os prezos, pero queda por saber do subministro eléctrico, que se prevé estea en marcha aínda para comezos do 2012, e fíxose unha exhortación á venda de parcelas, mentres que na nota do concello non di nada sobre o número de asistentes ó acto de presentación da pre-venda (encheron o salón de plenos).
No caso da mobilidade, hai 30 000 € para realizar o plan no 2010, algo que se encargará a Novotec, vella coñecida no concello, pero polo momento non hai máis que intencións de mellora nos desprazamentos non motorizados e no transporte urbano. É de supoñer que se de para adiante ós carrís de bicicleta no casco urbano, algo que leva sendo pedido dende hai tempo, e quizais fora tamén conveniente unha especie de bus circular que fora pola costa ata as catedrais e volvera polo interior e/ou viceversa, ou un que fixera un recorrido pola costa ata as catedrais, para o que habería que avaliar o número de posibles viaxeiros entre outras cousas.
Polo momento, todo futuro por facer.