Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta Sepes. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta Sepes. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20220629

As parcelas do polígono industrial poden alugarse

    É unha novidade: as parcelas do polígono industrial poden alugarse en troques de só mercarse. A máis, no que resta de 2022, os prezos dun terzo das parcelas que quedan por vender, 14 das 43, serán rebaixados ata un 35% para quen esté interesado.

    Aquí, a nota de prensa do concello:


 NA ACTUALIDADE HAI 43 PARCELAS DISPOÑIBLES

Polígono industrial

28/06/2022

O salón de plenos do Concello acolleu unha xuntanza entre o director xeral de Sepes, Fidel Vázquez, o seu equipo, o alcalde ribadense, Fernando Suárez, o concelleiro de Economía, Pablo Vizoso, varios empresarios e o xerente de Acisa, Jesús Pérez. O obxectivo do encontro foi que Sepes lles presentase as novas axudas comerciais ás empresas interesadas en instalarse no polígono industrial, a resolución de posibles dúbidas e escoitar as súas impresións.

O rexedor dixo na súa intervención que "para nosoutros é moi bo día porque tíñamos unha espiña con este polígono industrial porque era moi bo, está moi ben situado, pero moi caro. Era así porque custou moito a expropiación dos terreos, porque houbo que poñerlle unha subestación eléctrica, por un chea de cousas que non veñen ao caso. Os que estaban daquela en Sepes e os que viñeron despois o que nos dicían é que o prezo era o que tiña que ser, pero así non se vendía nada. Ata que, despois de moito intentalo, puiden falar con Fidel Vázquez e co seu equipo e de hai uns meses a esta parte puidemos avanzar o que non adiantamos en 10 anos. Abriron desde Sepes unha ventá de tempo e outra de oportunidade para poder ofertar unha serie de parcelas, non todas pero si varias, nun prezo razoable, segundo o momento que nos toca vivir, aparte da posibilidade de poder facer unha compravenda tamén van poñer de maneira experimental un dereito de superficie para que o que non teña cartos para pagalo poida alugalo con opción a compra de maneira asumible".

Suárez Barcia explicou que "entón eles quixeron vir aquí a explicarvos e a tomar nota dalgunhas cuestións, o que creo que supón unha oportunidade moi boa para que nos comenten aos que estamos nesta reunión e ademais para que a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos transmita aos seus asociados as posibilidades que ofrece o polígono industrial de Ribadeo".

O alcalde subliñou que "a celeridade e dar unha licenza de obra é practicamente inmediata porque non hai outros organismos aos que pedir informes. E nos parece moi importante que non se desaproveite esta oportunidade".

E engadiu que "Sepes abriu no seu consello de administración estes prezos durante todo o 2022 e vamos intentar que todo o que se poida facer sexa neste ano porque no 2023 igual cambian as cousas. Entón é moi importante que se aproveite esta ventá". 

Pola súa banda, o director general de Sepes, Fidel Vázquez, indicou que "Ribadeo es un municipio con una situación muy concreta, que es que tiene suelo ya urbanizado y que el precio, como decía el alcalde, parecía una barrera para la instalación, no de grandes empresas sino de todas las medidas". 

Para Vázquez, que leva cinco meses á fronte de Sepes, "esta es la primera visita que hago y por lo tanto para mi es especial porque hemos dado un paso desde Sepes. Además de poner un precio, nosotros queremos saber qué tipo de actividades se quieren instalar, los empleos que se van a crear, etc. No vamos solo a vender suelo, sino que queremos saber las actividades que se pueden llevar a cabo". 

Sepes puxo en marcha dúas novas fórmulas comerciais para axudar á implantación de empresas no polígono de Ribadeo: unha bonificación do 35% no prezo de 14 parcelas de distintas tipoloxías ata o 31 de decembro deste ano. E a adxudicación a través do dereito de superficie. Na actualidade no parque empresarial de Ribadeo hai 43 parcelas dispoñibles.

20090219

XUNTANZA DE VECIÑOS AFECTADOS POLA LIÑA DE OUTA TENSION

Nota de prensa recibida.
O pasado luns, 16 de Febreiro, celebrouse unha nova xuntanza de veciños afectados pola liña de outa tension que proxectan o concello de Ribadeo, BEGASA, a conselleria de Industria e SEPES. En realidade deberamos decir “presuntamente” afectados, porque o trazado da liña segue a ser un secreto.
Nesta xuntanza trataronse varios temas, cruzouse información e dedicouse un bo anaco de tempo a analizar o convenio subscrito polas catro entidades devanditas o dia 31 de Xullo de 2.008.
Imos comentar alguns puntos dos que ali se trataron en relacion con este convenio.

O convenio foi redactado na Conselleria de Industria, como se desprende do anagrama que encabeza o documento.
O punto primeiro expon que o concello e SEPES proxectan o poligono industrial, con unha “demanda enerxetica estimada de 5 MVA”.
O punto segundo destaca que BEGASA ten o monopolio no sector electrico, se ben manifesta “non ter capacidade suficiente” para o poligono industrial. Ademais requirese unha subestación electrica de 40 MVA e unha liña electrica “de alta tension”… cuxo custo total estimado e de 6 millons de euros.
Mais adiante recollense as seguintes “estipulacions”:
1ª…. Os proxectos, xestion de permisos e construccion das instalacions electricas iniciaranse no ano 2.008 e a execucion das obras levarase a cabo durante os anos 2.009 e 2.010.
2ª A Xunta de Galicia outorgara… unha subvencion economica “a fondo perdido” ata un 30 %...do custo real…
O Concello de Ribadeo comprometese a “facilitar” a tramitación administrativa das licenzas que permitan un rapido desenvolvemento do proxecto.
SEPES… aportara 1.400.000 euros.
BEGASA achegara o financiamento restante…
3ª … constituirase unha Comision Mixta de Seguimento …entre os catro socios do proxecto.
4ª BEGASA… realizara os proxectos… No caso de que variaren substancialmente as condicions inicialmente previstas para os proxectos, que poidan afectar negativamente as condicions de rendibilidade ou aos prazos de execucion, propoñeranse as actuacions alternativas na comision de seguimento.

Comentarios:

1º O poligono precisa 5 MVA, pero a subestación tera 40. Sobre o voltaxe do tendido non se di nada, pero o alcalde fixo declaracions falando de 136.000 voltios. Eso deberon decirllo tomando café, porque, oficialmente non sabe nada…

2º O convenio fala textual e repetidamente dunha “liña de alta tension”, pero o Sr. Alcalde ten escrito repetidamente que se trata dunha liña de “media tension” (vexase a paxina web do concello).

3º A Conselleria de Industria aportara o 30 % do custe real da obra. Ou sexa compromete, como minimo, 2 millons de euros, de fondos publicos, sen saber nada do proxecto, tal como nos respostou no escrito recibido o dia 31 de Xaneiro.

20080418

Xuntanza co alcalde


Onte tivo lugar a esperada xuntanza de membros da mesa de asociacións co alcalde. Foi ás oito, no concello. Non se pode dicir que fose moi numerosa polo número de asocións representadas, pero foi a primeira en varios anos. E un método xa caducado coa anterior administración non se improvisa, nin tan só contando co número.
O dito. Só acudimos representantes de O Cantal de Rinlo (2), Obe (1), A Atalaia (2) e O Tesón (2). Se todo sae como é debido, iráse estendendo o número, como xa foi previsto na xuntanza preparatoria.
Comecei eu tentando de facer un pequeno resume da xuntanza previa mantida no Parador, máis pequeno que o posto no blog. Despois de diversas discusións, internas entre os representantes, o alcalde tomou nota de cinco temas (os dous que orixinaron a xuntanza previa, o corte da luz e o PXOM, e de tres máis)
Os temas tratados:
A protesta polo corte de luz. A postura do alcalde foi enviar unha carta reclamando que non voltara a suceder (A carta da mesa de asociacións de protesta está aínda por enviar). Hai necesidade dunha nova subestación para subministro de Ribadeo. Esa subestación estará financiada por diversas aprtes, entre as que se atoparán BEGASA, a xunta, SEPES e o Concello, estando en negociacións aínda sobre cotas de aprticipación. A presencia de SEPES no grupo débese a que a subestación é fundamental para o novo polígono industrial, parado na súa xestación debido a non poder garantir na actualidade a potencia eléctrica necesaria. A colaboración de SEPES implica o aumento de prezo do solo no polígono.
PXOM. Admitiu que non se nos preguntara. O próximo paso en relación co movemento asociativo será unha xuntanza cos representantes que queiran enviar as asociacións, prevista en principio para o día 29 ás 17:30, con asistencia de presoal representativo de EPTISA, empresa redactora do plan. Esta xuntanza contémplase como unha das tres reunións grandes no auditorio, estando as outras dúas adicadas ó rural (o mesmo día, 20:00h) e ó núcleo urbano (día 6, 20:00h). A lembrar que está previsto algunha xuntanza de discusión por parte de asociacións.
Accesibilidade. Hai un proxecto da adoptado, con fondos do Plan de Dinamización Turística, ó que lle faltan detalles para a súa licitación, que estánse es espera de solventar, espera relacionada co sobretraballo que ten esta tempada o arquitecto municipal, algo que tamén está retrasando a concesión de licenzas de ocupación e apertura.
Depuradora. O tramo Rinlo-Ribadeo ten xa repisado e está comunicado para que non se reciba a obra mentras que non se amañe. Xa houbo contactos para a compra de terreos da depuradora, pegada á actual, nos que tras un primeiro momento no que parecía que estaba solucionado, houbo retrocesos e irase á expropiación, estando á espera de consignar cartos para realizala. A nova depuradora contará cos tres ciclos de tratamento (a actual ten só un), que irán nunha superficie aproximada duns 20.000m2.
Galpón do porto. Polo momento, aínda que o alcalde sabe do tema, non hai unha proposta en firme sobre da mesa. Ten recibido unha carta da Plataforma para a Defensa da Ría para abrir un debate (o que motivou a súa inclusión na orde do día), pero estima que non debe facelo sen ter papeis: facelo doutro xeito sería comer el o marrón do malo que houbera sen poder asegurar unha alternativa.
O alcalde, a proposta do Tesón (seguindo o que era común na anterior época da Mesa de asociacións de realizar unha nota de prensa) comprométese a enviar á prensa un naota informativa da xuntanza.
Tiña algún tema máis que tratar (mesmo citado, como a situación actual da traída de augas a traverso dunha tubería de fibrocemento e sen capacidade efectiva de almacenamento en relación co consumo actual nos depósitos dos que se dispón), pero coido que xa foron abondos. Outra vez será, tendo en conta que esperamos voltar a xuntarnos co alcalde en catro meses, cada catro meses, a non ser cuestións estraordinarias. Así quedamos: a convocatoria faráa o alcalde, estendida ás asociacións de veciños máis a asociación COGAMI, que comunicou a Soledad Rodríguez, participante na xuntanza previa, que estaba interesada no tema. Será feita a convocatoria cunha antelación ós plenos e con antelación tamén para que a alcaldía poda estar prevenida dos temas que convén tratar por parte das asociacións, que deberán ter unha xuntanza previa para acordalos.
Hora e cuarto de xuntanza deu para moitas cousas, se ben cabería apuntar que despois dun inicio no que parecía que a xntanza non ía co alcalde, este deu mostras dun bo manexo da situación, pero non se logrou pasar da información á discusión. Quizáis era moito pedir para unha primeira xuntanza en anos.
Aquí, outra versión.

20090102

Electricidade

Pasáronme o seguinte aviso, que reproduzo tal cual (máis adiante, noutra entrada, pode haber un comentario): " Na mañan do 31 de decembro rexistrouse no Concello de Ribadeo un escrito asinado por 163 veciños solicitando información sobre a línea de outa tensión de 400.000 voltios e a Subestación eléctrica de 40 MVA, que acordaron o Concello de Ribadeo, BEGASA, a Consellería de Industria e SEPES o pasado 31 de Xullo. Dende entón non se coñece ningún dato oficial sobre o trazado do tendido, as distancias ás vivendas, etc. e os intentos de varios veciños por conquerir información no concello non deron resultados positivos. Dos asintantes un 52 % foron homes e un 48 % mulleres. A distribución por lugares é a seguinte: Obe: 29; Frieira Nova: 23; Pastoriza: 18; Vilar: 17; As Anzas: 13; Reverte: 11; Frieira Vella: 7; A Capela: 5; Rio Pequeño: 3; Veiga d´Aira: 3; Alto dos Pinos: 2; A Pega: 2; Ribadeo: 2; Valín, As Aceñas, San Lázaro, Os Garitos e A Faxarda: 1; Sen localizar: 23. As sinaturas recolléronse no plazo de cinco días e non se intentou unha recollida masiva, senón un dato testimonial da preocupación social por este proxecto. Agora as administración consultadas teñen un plazo dun mes para respostar dacordo ca directiva comunitaria 2003/4/CE. Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Ribadeo Sr. Conselleiro de Industria da Xunta de Galicia. Sr. Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. Os abaixo asinantes, veciños de Ribadeo, expoñemoslle o seguinte: 1.- En distintos medios de comunicación do día 31 de Xullo de 2.008 recóllese a noticia do acordo asinado polo alcalde de Ribadeo, o conselleiro de Industria da Xunta de Galicia, o director xeral de SEPES e o presidente de BEGASA, para a instalación dunha subestación eléctrica de 40 MVA mais unha liña de outa tensión de nove km. Os mesmos medios informan que tamén hai un acordo sobre as aportacions económicas dos participantes no convenio, de onde se desprende que as liñas xerais do proxecto técnico xa estaban trazadas a mediados do ano 2.008. Nos últimos meses algúns veciños tiveron informacións sobre a posible ubicación dalgunha das torretas previstas para o tendido eléctrico devandito, perto dalguhas vivendas. Pola outra banda, outros veciños intentaron conquerir información sobre o proxecto no concello de Ribadeo, sen chegar a conseguilo. 2.- Os efectos nocivos da outa tensión eléctrica para a saude humana xa son ben coñecidos na actualidade, particularmente algúns tipos de cáncer como a leucemia infantil das poboacions que residen a cortas distancias dos focos de contaminación electromagnética. Outros danos sobre o medio ambiente e as terras de cultivo poden resumirse suliñando que as explotacións agrícolas ecolóxicas non están permtidas a menos de 500 metros dos focos emisores. Asemade debe suliñarse que o tendido que se proxecta afectaría á Zona de Especial Protección de Aves da Ría de Ribadeo, tamén incluida no Convenio Internacional de RAMSAR, na rede Natura 2.000 e na Reserva da Biosfera do Eo e Terras de Burón. 3.- No avance do PXOM de Ribadeo, exposto ao público nos meses de maio e xunio de 2.008, aparecen os terreos previstos para a ubicación da subestación eléctrica, pero non aparece o tendido da liña de outa tensión que chega á mesma subestación. O cal resulta especialmente sorprendente se apreciamos que nas mesmas datas de exposición do plan fíxose o primeiro anuncio público do proxecto (11,06,08), asinado un mes mais tarde (30,06). 4.- A Directiva Comunitaria 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, relativa ao acceso do público á información medioambiental garantiza o dereito de acceso á devandita información que obre en poder das autoridades públicas e, concretamente no seu artigo 2 di o seguinte: b) factores como sustancias, enerxía, ruido, radiacions ou residuos, incluidos os residuos radiactivos, emisions, vertidos e outras liberaciones no medio ambiente, que afecten ou poidan afectar aos elementos do medio ambiente… e mais adiante: a) tan pronto como sexa posible, e a máis tardar no mes seguinte ao da recepción da solicitud por parte da autoridade pública … b) no prazo de dous meses … se o volumen e a complexidade da información son tales que resulta imposible cumplir o plazo de un mes… En base aos puntos anteriores solicitamos que se nos facilite a seguinte información: a) Planos do tendido previsto para a conducción de outa tensión dende o punto de conexión con outra rede, ata a chegada á subestación. b) Distancia kilométrica exacta dende ese punto de conexión ata a subestación. c) Vivendas afectadas pola instalación ata un radio de de 500 metros, con distancias a cada vivenda ou grupo de vivendas. d) Terras de cultivos ou praderías afectadas na mesma distancia. e) Solos presuntamente edificables, por pertenecer a núcleos rurais previstos no PXOM de Ribadeo no mesmo radio de 500 metros. f) Se o proxecto do tendido eléctrico e mais da subestación conta ou pode contar no futuro con axudas económicas da Unión Europea. g) Normativa medioambiental aplicable a este caso concreto a nivel galego, español e comunitario. h) Estudos realizados para evitar ou reducir ao mínimo os riscos de contaminación eléctromagnética, neste proxecto. i) Medidas informativas adoptadas polas autoridades implicadas para facilitar a participación dos particulares, asociacións veciñais, ecoloxistas, etc. na tramitación deste proxecto concreto. (para contactar con Evaristo Lombardero 669752495)"

20100511

Pleno de 20100510

    Cun máximo de 16 asistentes de 9 ó comezo de rogos e preguntas, ás 10 menos 5 da noite, transcorreu onte o pleno de maio.
    Unanimidade nos primeiros puntos da orde do día: a aprobación da acta anterior, as resolucións da alcaldía (onde foi preguntdo por UPRi o motivo de poñerlle a un pub unha multa coa contía mínima dentro da gama dispoñible, de 60,01 € por manter as portas abertas deixando saír o ruído), licenzas de primeira ocupación, alegacións ó POL (polo menos eu, sigo sen saber cales son), e as bases do ARI (área de recuperación integral, para subvencións) de Rinlo para 2010.
    O punto nº 6 xa tivo discusión. Tratábase co convenio con SEPES para a xestión comercial do polígono industrial, onde houbo 11 a favor e a abstención dos dous representantes de UPRi. A base da pequena discusión foi que SEPES pasará ó concello un 3% sobre a venda para realizar a xestión, pero, se non se vende, o concello non recibe compensación por ter a alguén adicado. O PP apuntou que non se contratara a ninguén novo para facer as pertinentes xestións, senón que se contara ca axente de desenvolvemento local para o tema.
    O 7º foi a aprobación do RRI do Hospital, mantendo a redacción da aprobación inicial, despois de descartar en comisión as propostas do BNG (2 a favor, 4 en contra e 1 abst.) e O Tesón (6 en contra e 1 abst.). Resultou unha votación con resultado pouco frecuente: 7 a favor (PP e PSOE) e 6 abstencións (BNG e UPRi)
    Pasouse logo ó punto máis longo, a contratación dunha empresa para as obras da travesía. Aquí xurdiu unha discusión, non acalorada, pero si con aristas diferentes para cada grupo, comezando polas queixas de que, despois de dúas modificacións das bases para favorecer a presentación de empresas locais, istas non acudiran, e que se fixera retrasando a obra (de feito, xa se tivo que pedir unha próroga ó Mª de Fomento). Despois, pasouse á consideración de que a beneficiaria proposta fora Aquagest, que non aparece tendo como actividade principal as obras públicas, senón a xestión de augas, e sendo previsible que teña que subcontratar, mentras que foron descartadas outras empresas que si teñen como fin principal a obra pública. Por certo, que neste punto, se non entendín mal (a acústica segue deixando moito que desexar), o representante do PSOE Ramón López dixo que xa se sabía a quen ía facer a subcontrata, a pesares do que o pleno seguiu en calma por unha e outra beira. Falouse tamén de que as diferencias de puntuación son pequenas e a xustificación dos puntos non está desglosada nin explicada de xeito convinte, saíndo a relocer a competencia dos técnicos municipais.
    Así as cousas, e por propostas semellantes aínda que con base diferente por parte de cada grupo, optouse por deixar un tempo de estudo e consulta co que voltará a presentarse a pleno próximamente, 'no menor tempo posible', despois de suscitar un comentario do alcalde sobre que esperaba que a dilacción non fora para forzar a imposibilidade de cumprimento dos prazos concedidos por Fomento, nos que xa se leva retrtaso mesmo despois da ampliación pedida o ano pasado.
    O noveno punto, o expediente de desafectación para failitar a permuta e ampliar o acceso do camiño que conduce ó campo da festa en A Ponte de Arante, pasou con unanimidade e mesmo co recoñecemento do PP de satisfacción e agradecemento ós servizos xurídicos pola atención prestada.
    Chegados a este punto, presentáronse varias mocións, unha do PSOE sobre a transición á TDT, outra de UPRi sobre o paso bimestral dos recibos de luz, outra do PP en apoio do porto de Mirasol e outra de urxencia de UPRi en relación ó expediente sobre unha traballadora do piso tutelado, que serán tratados na segunda parte.

20240116

PLENO DE MAYO EN RIBADEO. José María Rodríguez Díaz (2010)

    Un pleno este, o de 10 de maio de 2010, que aparece no blog Ribadeando con anterioridade como crónica en dúas partes, I e II.

Sábado, 15 de mayo de 2010

PLENO DE MAYO EN RIBADEO

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 15:21

Escaso el número de público asistente. Unas 15 personas. Como suele ser habitual, se comienza la sesión con el equipo de megafonía, si se le puede llamar así, apagado. Subsanado el olvido, demostrativo de la poca consideración que el público goza en la estima de los concejales, dan comienzo las sesiones de un pleno que será modelo de orden y serenidad donde los haya, comparado con lo que suele ser habitual.

Se aprueba sin discusión el acta del pleno anterior, con unas matizaciones del concejal de URPI, el Sr. Rivas. El punto siguiente, relativo a las resoluciones de la alcaldía, transcurre con muy pocas intervenciones, sin nada especial que reseñar, pues las preguntas al equipo de gobierno fueron muy pocas, algunas sobre la sanción impuesta a un pub y por la jornada parcial de un trabajador social.

El punto siguiente, sobre dos licencias de primera ocupación, fue aprobado por unanimidad.

De las alegaciones hechas al Plan de Ordenación del Litoral (POL), materia del punto tercero que se aprobó por unanimidad, el público no se enteró de nada pues no se hizo referencia alguna a ellas. No sólo carecieron de la delicadeza de informar con anterioridad a los vecinos de Ribadeo sobre este aspecto fundamental del urbanismo, que afecta a muchos vecinos, (salvo el esfuerzo hecho por UPRI que dio charlas informativas en las zonas afectadas por este Plan), sino que ni siquiera en el pleno se dignaron explicar al público, ni el contenido del Plan ni las alegaciones hechas por el concejo en nombre de los ciudadanos. Esta es la fiel expresión del peso que tienen los vecinos en las decisiones de sus representantes.

El quinto punto sobre la aprobación de las bases para la solicitud de ayudas para las Áreas de Rehabilitación Integral de Ribadeo y de Rinlo, facilitando el acceso a las ayudas a obras de menor cuantía, fue aprobado por unanimidad.

Sobre la aprobación del Convenio de colaboración en la gestión comercial del polígono industrial, entre el concejo y SEPES, lo que constituía el punto sexto de la convocatoria, hubo varias intervenciones, como la del Sr. Rivas que anunció su abstención por oponerse a la asunción de unas competencias de conservación sin presupuesto económico. O la del PP que sugirió al equipo de gobierno que se aprovechara a la Agencia de Desarrollo Local para este fin.

El punto siguiente, sobre la aprobación definitiva de la modificación del Reglamento del Hospital-Asilo de Ribadeo fue aprobado con los siete votos a favor del PP y del PSOE y la abstención del BNG y de UPRI. Una grave injusticia que se comete con esta aprobación poniendo en pie de igualdad en su derecho de ingreso en esta institución a los emigrantes retornados con los residentes en la localidad. La injusticia está, en mi opinión, en que no debe tener el mismo derecho una persona que se pasó ciertos años de su vida en el extranjero, desvinculada del concejo, que otra que durante toda su vida residiendo en Ribadeo contribuyó con sus impuestos al sostenimiento de la mencionada institución. Sería curioso saber qué circunstancias movieron al PP a proponer esta modificación.

El punto octavo, sobre la adjudicación de las obras de acondicionamiento de la carretera urbana que va desde la rotonda de Piñeira a la de la Vilavella, transferida por Fomento al concejo, que goza de un presupuesto muy importante, dio origen a varias intervenciones que, finalmente, acordaron que quedara su tratamiento para un futuro pleno. Su adjudicación a Aguagest, frente a otras empresas señeras en la ejecución de obras públicas, fue puesta en duda por varios grupos, principalmente por el PSOE que calificó esta adjudicación como de “un traje a la medida” y que, ante la ausencia del apoyo de los técnicos jurídicos, reclamó un estudio más profundo del tema antes de su aprobación, llegando incluso a insinuar la existencia de una posible y grave prevaricación por considerar que esta empresa pudiera cobrar por duplicado algunos contenidos de la obra que viene obligada a ejecutar por su contrato con el concejo. Una muy grave sospecha, sin tener en cuenta que es precisamente ese grupo político quien se distingue por ver la paja en el ojo ajeno, ignorando la viga en el propio.

El punto noveno, sobre la desafección y permuta de un camino en A Ponte (Arante), fue aprobado por unanimidad. En el punto siguiente se trataron diversas mociones presentadas por los grupos políticos. Una del PSOE, sobre la TV, que fue tachada por todos de extemporánea por haber sido presentada antes del cambio. Otra de UPRI sobre el cobro irregular de los recibos del consumo eléctrico. Y otra del PP sobre una mejor atención al puerto comercial por parte de Fomento. Finalmente, otra de UPRI, sobre el expediente abierto a la trabajadora del piso tutelado de mayores, en la que pedía su retirada. Fue aprobada en los términos de solicitud al alcalde.

El pleno continuó con el espacio de Ruegos y Pregunas, al que no hago referencia por no poder asistir.

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.

20210924

LO QUE PERDIÓ RIBADEO. José Mª Rodríguez Díaz (2006)

   Traído do blog de José Mª, O Cargadoiro.

Sábado, 16 de diciembre de 2006

LO QUE PERDIÓ RIBADEO

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 21:53

Los errores forman parte de la condición del ser humano. Pero, como sucede con todo, también tienen su lado bueno, pues dicen que se aprende más de los errores que de los aciertos. Los errores suelen servir de acicate y de advertencia para estar más atentos, para no repetirlos. Como dice un axioma, 'es propio del hombre equivocarse, pero sólo de los estúpidos perseverar en el error'.

La experiencia de estos tres largos años, con este gobierno local, nos descubre hasta qué punto nos hemos equivocado en la elección de los gestores municipales. El tiempo ya transcurrido nos pone en disposición de establecer una comparación entre la labor del equipo de gobierno de la anterior legislatura, y la del gobierno actual. Un breve recorrido por las gestiones realizadas por unos y otros nos dirá hasta que punto nos hemos equivocado.

Durante el gobierno anterior, pagábamos los contribuyentes 46 000 € al año por dirigir la gestión municipal. Esa gestión cuesta hoy a los ribadenses 76 366 €, sin contar las cotizaciones a la S. Social. Más de 30 000 Euros de diferencia. Ciertamente, que no se ha ganado en el cambio La imagen de consideración, respeto y dignidad de la que siempre disfrutó Ribadeo y que el gobierno anterior supo mantener frente a los concejos vecinos, se vio deteriorada por las constantes trifulcas habidas a lo largo de este mandato, tanto en las salas de los juzgados, como en los propios plenos del consistorio. Como consecuencia de esto, la imagen de Ribadeo está hoy por los suelos. ¿Quién tiene la culpa?

De los objetivos alcanzados por el gobierno anterior, con edificaciones tales como la Estación de Autobuses, el Auditorio Municipal, las ochenta viviendas sociales, el Polideportivo, el Centro de día, el Albergue de Peregrinos, el aparcadero municipal, la Casa da Xuventude, el Centro de Estudios Hispanoamericanos, además de otras muchas rehabilitaciones en otros enseres, se ha pasado con este equipo actual a la inactividad más completa. ¿En qué han ocupado su tiempo? En cuanto a las infraestructuras realizadas por el equipo anterior, se puede hablar del paseo del Faro, del Puerto Pesquero, de las escaleras de San Miguel, de la rehabilitación del Parque, de la Plazuela Concepción Arenal, de la Ronda de la Cárcel, o de las nuevas iluminaciones en la villa y en el rural, del asfaltado de pistas, colocación de señales, etc. ¿Y qué deja, como recuerdo, el equipo actual? Unos monicacos, mal emplazados, una ridícula fuente y la rehabilitación de unas calles peatonales. !Sólo faltaba que en cuatro años no hicieran ni eso!

Y en cuanto a las actuaciones del gobierno anterior en los servicios, se puede hablar de la Escuela Oficial de Idiomas, la fundación Leader Plus, la Escuela Taller, la oficina de información al Consumidor, los pisos tutelados, el convenio con SEPES para el Polígono Industrial, etc. ¿Y qué hizo el gobierno actual? Continuar con algunos de los proyectos que había heredado, como las calles peatonales, la circunvalación o el polígono, pero sin aportar nada nuevo en estos tres largos años.

Con el gobierno anterior, Ribadeo adquirió fama por el cuidado de sus calles y sus entornos, con actuaciones modélicas como: el programa de recogida selectiva, el sellado del vertedero, el Aula de la Naturaleza, las banderas azules que siempre obtenía para sus playas, el cuidado del entorno y de los parques y áreas recreativas. Hoy se ve tal dejadez, en la falta de ornato y de limpieza, en el descuido de sus calles y aceras, que todo el mundo se queja del abandono y la suciedad que se ve por todas partes.

Estamos frente a un gobierno, que nos cuesta mucho más caro a los ribadenses que el anterior, mientras que el concejo permanece totalmente inactivo, dedicado a trivialidades, como la de simular un ridículo castro celta junto a la oficina de Turismo en vez de recuperar el de As Grobas, organizar cursos de tapas, gimnasia de mantenimiento, talleres de risoterapia, colocar monecos de adorno o ascensores absurdos en la Atalaya. Desde el momento en que se sentaron en las poltronas municipales, comenzaron, ávidos y hambrientos, a hacer prolongadas succiones en los flácidos y exhaustos pechos del presupuesto municipal sin abordar ninguno de los grandes temas pendientes. Todas sus actuaciones no fueron otra cosa más que un puro espectáculo dirigido a colgarse medallas y dar una falsa imagen de dinamismo en la actividad del concejo. ¿Qué quedó de sus cuatro años de gobierno? Una tremenda subida de impuestos y el escandaloso incremento de sueldos de algunos funcionarios, que más parece un soborno. Ciertamente que Ribadeo ha tenido tiempos mejores.

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María. 

Comentarios (1)

• Fecha: Jueves, 21 de diciembre de 2006

• Hora: 15:54

Autor: a333

Los votantes, ciudadanos perdimos la verguenza. Desde el gobierno anuncian construccion un ascensor, bajando Amando Pérez el muro está destruido. Anuncian sendas peatonales, carretera al faro cortada desde hace tiempo. Y asi sucesivamente.

20090227

Sobre a liña de alta tensión. Unha nota con sinatura.

RESPOSTA DO SR. ALCALDE
Mes e medio despois de rexistrar no concello de Ribadeo un escrito asinado por 163 veciños, solicitando información sobre o tendido de outa tension e a subestación electrica, os primeiros asinantes de cada folla de sinaturas recibimos unha escrita do Sr. Alcalde, de aproximadamente medio folio, onde ven a confirmar o que xa ten declarado aos medio de comunicación, que o concello non ten información e que nos remite ao periodo de exposición publica.
Sin embargo, pesie ao retraso e a brevedade a nota, e moi interesante tanto polo que di como polas formas de expresión, como polo que omite.
Na primeira linea xa empeza con manipulacions ao facer referencia ao escrito “de alegacions” que supostamente lle presentamos os veciños. Debemos crarexar que e falso. Ninguen presentou ningun escrito de alegacions porque non ha lugar. Non estamos en periodo de exposición ao publico, polo tanto esta fora de lugar falar de alegacions. Pero e un xeito de engañar e manipular ao lector desinformado.
Na segunda linea fai referencia a “unha pluralidade de veciños”. Unha expresión estrambotica para non recoñecer que eran 163 firmas, simplemente pedindo información ao alcalde do noso concello. Nada mais que eso.
Na mesma terceira linea temos outra verdade a medias, ou sexa unha mentira a medias, cando di “dunha liña de alta tension para abastecer a subestación prevista en Folgosa”. ¿Pero non quedamos en que o concello non sabia nada? Agora resulta que a subestación esta prevista en Folgosa. Pois e unha sorpresa, porque no PXOM a subestación figura a 300 metros de reverte a 1200 de Folgosa, no monte comunal de Piñeira que non e de Reverte nin de Folgosa, pero si agora o Sr. Alcalde di que vai estar en Folgosa, poñanse ao loro os veciños deste lugar.
Na quinta linea aparece a novedade, mais suliñable, algo asi como o miragre de Fatima. Unha nova empresa que ate agora era descoñecida nesta zona, que non participou para nada no convenio asinado polo Concello, Begasa, Conselleria de Industria e SEPES entra na escea. O escrito do Sr. Alcalde di exacatamente : “prevista en Folgosa, por parte de E.on Distribución S.L. de Santander”… ¿Quen e E.on? ¿Qué pinta neste asunto? ¿Quen trouxo a E.on? ¿Cales son os dereitos de E.on sobre as propiedades, as casas, a saude , os montes?. Folga engadir que de todo esto o Sr. Alcalde sabe moito, pero loxicamente non di nada. E.on e a nova imaxe de Electra del Viesgo e actualmente esta controlada por unha multinacional alemana. Como se vai vendo estamos absolutamente globalizados, italianos por un lado e alemanes polo outro e non faltan os caciquiños domesticos para facerlles o traballo sucio.
Pero volvamos a onde iamos. ¿Por qué mete o Sr. Alcalde a E.on polo medio sen dar ningunha explicación, sen que figurase no convenio?. ¿Significa esto que BEGASA ten un acordo con E.on? ¿Esta contemplado este acordo na letra pequena do Convenio?. Nos non temos resposta para estas e outras preguntas. Por exemplo ¿Cómo repercute a presencia de E.on nos custes finais do proxecto? ¿Cal vai ser a tallada que van sacar E.on e BEGASA desta operación por decilo abertamente? ¿E quen vai controlar o destino dos cartos publicos nesta confusa, oscura e misteriosa argallada?. Polo momento deixemos constancia de hai un novo socio do orixe cantabro-xermano e naturalmente o Sr. Alcalde de Ribadeo non sabe nada.
Non sei, pero osmo que esto de E.on vai dar moito xogo.
E.Lombardero

20180214

“When you light a candle, you also cast a shadow.” ― Ursula K. Le Guin

Cando acendes unha vela, tamén proxectas unha sombra.
Coincideume no tempo o enterarme de que ía a ser a inauguración da subestación eléctrica de Piñeira e o atoparme coa cita que deixo arriba. De aí esta entrada, con fotos, a nova, ligazón a historia e algunha reflexión (pequena).
 A estrada 'do monte' dende a entrada á subestación.
Vista xeral da subestación:

 Detalle do perímetro.
Acceso secundario. Estado actual.

 Zona de transformación.
Terraplén á estrada.

 Perímetro cabo do terraplén anterior.
Vista dende a zona da entrada:
 Detalle á entrada.
E a posición:

A nota de prensa do concello de onte:
BARCIA DIXO QUE HOXE É UN BO DÍA PARA RIBADEO
Nova subestación
13/02/2018
O alcalde, Fernando Suárez, asistiu esta mañá á inauguración da nova subestación eléctrica que Viesgo pon en marcha na parroquia ribadense de Piñeira. O rexedor agarda que Ribadeo “acade a autonomía enerxética, que non tivo ata o de agora”. Tamén espera que o polígono industrial quede blindado para que calquera empresa de gran consumo enerxético poida traballar con total normalidade.
O rexedor dixo que "por fin podemos inaugurar hoxe esta subestación eléctrica aquí, en Ribadeo, despois de hai xa varios anos que se asinou o convenio inicialmente co conselleiro de Industria do bipartito, Fernando Blanco, xunto cos representantes de Sepes, da empresa pública de solo que xestionou a construción do polígono, como tamén cos representantes de EON e Viesgo, naquel momento".
Suárez Barcia sinalou que "por fin despois de todos estes anos vamos poder traballar con seguridade enerxética aquí, en Ribadeo. Despois de que tantas e tantas molestias teñan causado aos veciños, aos usuarios de sistemas eléctricos aquí, en Ribadeo, por ter un mal subministro de electricidade, por ter tantos apagóns, microcortes, etcétera".
O alcalde agarda que "hoxe deamos carpetazo a todo isto, porque o subministro eléctrico é algo moi necesario que habitualmente non se ve pero só se bota de menos e se valora cando falta. E aquí, en Ribadeo, podemos dicir que temos cum laude en que nos falte o subministro eléctrico".
E engadiu: "polo tanto esperamos que a partir de agora xa haxa estabilidade no subministro e que Ribadeo acade unha autonomía enerxética que non tivo ata agora. E non só para el, senón que agora Ribadeo tamén subministrará a unha parte importante do concello de Barreiros. E ao mesmo tempo o polígono industrial de Ribadeo queda preparado, queda blindado para calquera iniciativa industrial, empresarial que requira do consumo de grandes cantidades de enerxía eléctrica".
Para Fernando Suárez "hoxe é un moi bo día para Ribadeo".
E algún comentario:
-Autonomía enerxética? Coido que está mal usado o termo. Máis ben, subministro adecuado (o que depende do estado da liña, e por un tempo supónse que será bó, e se se mantén en bo estado, seguirá a selo...)
-Coido que habería que sinalar algo da historia do proceso nesta nota. Queda coxa ó dicir só que 'é o remate de varios anos'.
-A redacción parece indicar que os cortes e en xeral, mal subministro era por falta da estación. Coido que quedou demostrado en diversas circunstancias que non era así. Que agora se poda substituír a liña vella e ter mellor subministro non implica que a culpa fora de que o subministro era insuficiente, como apuntei antes.
-Fálase do concello de Barreiros como dependente da subestación. Se se fixa un nas fotos, hai unha saída rotulada 'Mondoñedo'.
--
Sobre a subestación eléctrica de Piñeira.

20090112

Nota de prensa sobre contaminación electromagnética e BEGASA-Ribadeo

CONTAMINACION ELECTROMAGNETICA O pasado 31 de decembro presentouse no concello un escrito asinado por 163 veciños pedindo información sobre o proxecto de subestación eléctrica e tendido de outa tensión promovido polo Concello de Ribadeo, a Consellería de Industria, BEGASA e SEPES. Ata esa data a única información disponible procedía dos medios de comunicación. Na nota dos veciños non hai o mais mínimo comentario contra o proxecto en si. Simplemente se pregunta polo trazado, distancias ás casas, normas de protección, etc. A nota vai dirixida ao Sr. Alcalde de Ribadeo, ao Sr. Conselleiro de Industria e ao Sr. Conselleiro de Medio Ambiente. A directiva comunitaria 4/2.003 obliga a tódalas administracións a dar a información no plazo de un mes e si moi complicada no plazo de dous. Ata ahí os feitos moi resumidos. Ao cabo de poucos días o Sr. Alcalde de Ribadeo da unha nota de prensa da que suliñamos os puntos seguintes: 1.- O concello non ten información sobre o proxecto nen pensa facer ningún esforzo por conseguila. Ao Sr. Alcalde parecelle normal que BEGASA e a Consellería de Industria leven varios anos negociando e manexando información sobre as casas, as persoas, as propiedades, o catastro, etc. e os veciños teñan que estar caladiños, agardando a que se publiquen os acordos secretos dos gobernantes e as grandes empresas eléctricas. E a eso chámalle defender aos veciños. 2.- As primeiras noticias, non desmentidas por ninguén, falaban de que se proxectaba unha linea de 400.000 voltios. Agora o Sr. Alcalde fala dunha línea de 136.000. Despois menciona un punto de conexión que non concreta e dunha línea de media que irá soterrada. Todas estas noticias eran descoñecidas ate o momento actual. Ou sexa o Sr. Alcalde sabía moito mais do que decía e que agora empeza a soltar por contagotas. A saber o que sigue ocultando. 3.- A nota publicada na páxina web do concello menciona por duas veces a tensión media e unha vez a outa tensión, referíndose ao tendido de 136.000 voltios. Non sabemos se intenta confundir aos veciños ou o confundido e el. En todo caso é gravísimo que o Sr. Alcalde de Ribadeo, que asina este convenio cunha das grandes empresas do sector eléctrico non saiba distinguir entre media e outa tensión. Compre suliñar aquí que o devandito convenio con BEGASA nunca se fixo público e ninguén o coñece. 4.- O Sr. Alcalde de Ribadeo considera que BEGASA non se pode equivocar e ven a proveernos de corrente eléctrica por unha especie de altruismo ata agora descoñecido. Algo así como a nai Teresa de Calcuta da electricidade. Por eso perdeu un xuicio no Tribunal Supremo pola Subestación de Mondoñedo, que viña funcionando sen licencia de actividade dende moitos anos atrás. En realidade BEGASA ven chantaxeando ao concello de Ribadeo dende hai varios anos, exixindo unhas condicions draconianas para reforzar as líneas e retrasando a posta en marcha do polígono industrial co silencio cómplice do noso rexedor e o seu equipo. 5.- A nota do concello afirma que se vai cumplir a legalidade pero non recoñece a obriga de cumplir a Directiva Comunitaria sobre información ambiental 4/2.003, que exixe a tódolas administracions, incluida a municipal, facilitar información no plazo dun mes ou de dous se é moi complexa. 6.- O dia 1 de marzo de 2.008, nun mitin electoral celebrado no Valadouro o Sr Fernando Suárez denunciou o trazado da linea de outa tensión Boimente-Pesoz e afirmou literalmente non nos podemos fiar de quenes calaron ou quen definiu este trazado…e mesmo criticou a boa parte dos concellos da zona que non alegaron ao proxecto. O dia 6 de decembro de 2.008 o voceiro do BNG no Congreso dos deputados pedia a retirada do proxecto de trazado da linea de outa tensión entre Boimente e Pesoz, polo seu grave impacto medioambiental, ganadero y turístico. Observe o lector obxectivo cómo nos tratan só por pedir información e calcule a onde chegarían se seguíramos o seu exemplo pedindo retirada do proxecto. 7.- O Sr. Alcalde Ribadeo utiliza a páxina web do concello, que pagamos todos os veciños, para lanzar insidias venenosas contra os que pretenden azuzar a rio revolto, sin decatarse de que son el e BEGASA os únicos que aquí están manexando métodos goebelsianos, insultando, ocultando e negando información ao vecindario. Evaristo Lombardero Rico

20170326

SENTENZA DA SUBESTACION ELECTRICA. Evaristo Lombardero Rico, 22/3/2013

   Nos próximos días vaise coñecer a sentenza do contencioso administrativo promovido polos veciños de Piñeira contra a ubicación da subestación eléctrica promovida BEGASA- EON ca colaboura do Concello de Ribadeo, a Consellería de Industria e a sociedade SEPES que o día 31 de xullo de 2008 asinaron un convenio, sen que houbese nengunha documentación oficial, como declarou o Sr. Alcalde en xaneiro de 2009. Un pouco antes, na exposición pública do PXOM en maio-xuño xa figuraba unha reserva de solo no monte comunal de Piñeira para edificar esta subestación. O prantexamento dos vecinos é moi doado de entender, non se opoñen á subestación en si, senón en concreto á ubicación, pola proximidade aos núcleos de Folgosa, Reverte e á área industrial prevista na mesma zona, prantexando unha ubicación alterntiva, no mesmo monte, desplazada a uns 400 metros ao sur.
   De tódolos xeitos o sustancial deste asunto non é a protesta da veciñanza senón a falla dun debate democrático e dunha documentación técnica que xustifique non so a ubicación, senón a propia necesidade desta infraestructura e mesmo as reformas do proxecto que os promotores foron introducindo ao longo do tempo.
   Empezouse anunciando unha subestación de 400 000 voltios (xullo 2008) para pasar a 136 000 voltios (xaneiro 2009), sen explicación de nengún tipo. Presentouse un “proxecto” en marzo do mesmo ano que ocuparía 3 500 metros cadrados, para retiralo deseguido e presentar outro en maio de 2010, nunha superficie de 11 800. A única xustificación dos promotores resúmese na seguinte expresión “…nuevos estudios topográficos exigen ampliar…”. En xullo de 2011 a Delegación de industria de Lugo remite aos vecinos unha resposta de EON ás alegacións que di “… no es objeto de la memoria ni del proyecto técnico la justificación de la elección de la ubicación donde pretende implantarse esta infraestructura…” Despois xustificabase co PXOM (daquela xa suspendido) e ca aprobación do concello e seguía ca seguinte pérola, referíndose á necesidade da subestación “… ha sido holgadamente difundido en distintos medios de comunicación…” .
   Despois de tramitar os permisos pertinentes as obras de explanamento dos terreos comezan en febreiro de 2013 e paralízanse ao cabo de tres meses, sen nengún tipo de explicacións. No mes de decembro seguinte a Comunidade de Montes de Piñeira formaliza o contencioso que mencionamos ao comezo e a empresa xustifica a paralización das obras por este motivo. Ou sexa seis meses mais tarde, nos que puido negociar ou tramitar o cambio de localización. A mais de que sería o único caso na historia no que unha multinacional como EON (nº 44 do mundo por volumen de negociado nunha listaxe publicada en 2008) paralizase unha obra pola iniciativa dos veciños. De feito a sentencia do Tribunal Supremo obligando a trasladar a subestación de Mondoñedo segue incumplida dous anos mais tarde.
Ao longo destes anos puidemos comprobar que o Sr. Alcalde de Ribadeo e mais os conselleiros de Industria (primeiro do BNG e despois do PP) seguiron ao pe da letra as indicacións da multinacional, apoiaron entusiásticamente unha subestación sen proxecto técnico documentado e publicitado, sen formar parte de nengún plan enerxético debatido democráticamente, aplaudiron a campaña mediática, colaboraron á manipulación informativa e sempre vendendo a ideoloxía desenrolista que sustenta a estafa que chaman crise.
--
Encadre centrado (aprox.) no lugar previsto para a subestación eléctrica:

20090604

Nota de prensa sobre a alta tensión

QUE VEINTE AÑOS NO ES NADA Ao longo das últimas semanas comentamos repetidamente a extrana decisión do Concello de non incluir no PXOM o tendido da liña de alta tensión entre Couxela e Reverte, mentres que si se inclue a localización da Subestación eléctrica nun monte comunal próximo a Reverte. Tamén comentamos que en xaneiro de 2.008 BEGASA presentou un proxecto de tendido da devandita liña e dado que non foi incluido no PXOM, no mes de Maio do mesmo ano presentou unha alegación solicitando a sua inclusión. Posteriormente, o 31 de Xullo asinouse o convenio para construir a liña e mais a subestación entre o Concello de Ribadeo, BEGASA, a Consellería de Industria e SEPES. Para ser mas exacto deberamos decir “escenificouse a sinatura do convenio”. Nese convenio acórdase, entre outras cousas que o concello dará todalas facilidades a BEGASA para acortalos trámites administrativos. Do anterior despréndese que as relacións Concello de Ribadeo-BEGASA, son, como mínimo fluidas. Hoxendía tamén sabemos que antes da sinatura do convenio houbo polo menos duas xuntanzas en Santiago para debatir as condicions finalmente acordadas e tamén sabemos que nesas xuntanzas participaron representantes do grupo de goberno municipal. Ou sexa no mesmo periodo de exposición pública do PXOM, ou ben en datas moi próximas o Sr. Alcalde tivo duas xuntanzas cos representantes de BEGASA. Dado que as devanditas xuntanzas foron secretas e os contidos do que alí se falou non se fixeron públicos nin se informou ao pleno municipal non se pode afirmar rotundamente que o tema do tendido no PXOM fose obxecto da negociación entre o Alcalde e o representante de BEGASA, pero tampouco hai que ter unha imaxinación desbordante para supoñer que a estratexia sobre este asunto foi consensuada entre as duas partes. No momento actual o PXOM está en fase de estudio das alegacións. Neste periodo de varios meses vaise decidir si se acepta a alegación de BEGASA solicitando a inclusión do tendido eléctrico no PXOM. Parece de caixón que se vai aceptar, dado que a localización da Subestación xa figura no PXOM, e a rexeita desta alegación suporía deixar ao tendido sen cobertura legal, dende o punto de vista urbanístico. Agora teñamos en conta que o PXOM sairá ou non a exposición publica, nun futuro según se considere que no periodo de alegacions houbo “cambios sustanciais” ou non. ¿E quen decide se houbo ou non cambios sustancias?. En resumen podemos atoparnos con que o tendido de alta tensión que BEGASA proxecta en Ribadeo non vair sair a exposición pública no PXOM, gracias á hebelenciosa xestión do partido do goberno que sigue ao pe da letra o criterio de dar todo tipo de facilidades á empresa promotora e poñer todo tipo de dificultades aos veciños das parroquias afectadas. Agora ben, xogar con lume nestas cousas é moi perigoso e facer reviricoques de dudosa legalidade pode provocar a suspensión do PXOM via contencioso administrativo e na mesma tacada irían PXOM e Polígono. E xa levamos mais de vinte anos con esta historia e non aprendemos. Evaristo Lombardero Rico

20180208

SUBESTACION ELECTRICA. Evaristo Lombardero Rico

   Polo que din as obras da subestación eléctrica de Ribadeo xa están rematadas, e séguese repetindo o mantra de que houbo un retraso por culpa do contencioso administrativo prantexado polos veciños de Piñeira. Convén crarexar, máis unha vez, e sabendo que non chegará, que esa información non se axusta a secuencia dos feitos.
   Sen entrar agora nas fases anteriores, os datos concretos dos últimos anos son os seguintes:
- O día 3 de xaneiro de 2013 o concello de Ribadeo concedeu a licencia de obras.
- A mediados de febreiro comezaron os movementos de terras, desmontes e algunha obra.
- A mediados de abril a empresa paralizou as actividades sen dar nengún tipo de explicación
- Só a mediados de decembro do mesmo ano se formalizou o contencioso pola Comunidade de Montes de Piñeira.
- Ainda tardou seis meses a empresa en anunciar que estaban as obras paralizadas por mor do contencioso, pero non fai falla ser un lince para entender que os tempos non casan. Non é o caso do Sr. Alcalde de Ribadeo que tamén se apuntou á mensaxe da eléctrica.
   Non nos preguntes porque foi este retraso nen os anteriores, eso sábeno eles se o saben. O único que podemos contar é que primeiro iba ser unha subestación de 400 000 voltios e despois de 132 000, naturalmente sen explicacións. Tamén se sabe que o proxecto foi moificado polo menos duas veces dende o anuncio inicial en xullo de 2008, cando se asinou o convenio entre SEPES, EON, a Consellería de Industria e o concello de Ribadeo, como tamén é sabido que polo medio andiveron EON, ENEL, BEGASA e VIESGO. De algunha cousa hai documentación e por ahí están es hemerotecas. Dos intríngulis nin se sabe, nin saberá pero quede claro que, no tocante aos retrasos os veciños non tiveron a mais mínima intervención. ¡Ainda quen cas eléctricas!
--
Electricidade de calidade, sobre a subestación eléctrica.
+ da subestación (a modo de historia).

20090203

Nota de prensa sobre a nova liña de alta tensión / Plataforma Defensa da Ría

CONTAMINACION ELECTROMAGNETICA: UN MES DESPOIS O pasado 31 de decembro de 2.008 rexistrouse no concello de Ribadeo un escrito solicitando información sobre o proxecto de linea de outa tension e mais de subestación electrica promovido por BEGASA, SEPES, a Conselleria de Industria e o mesmo concello non convenio asinado en xullo do ano pasado. O escrito estaba asinado por 163 veciños e ia dirixido ao Concello, a Conselleria de Medio Ambiente e a Conselleria de Industria. Transcurrido o plazo dun mes que concede a Directiva Comunitaria 4/03 para respostar as administracions, imos ver as respostas recibidas ata o dia de hoxe. 1.- O Sr. Alcalde de Ribadeo non deu nengunha resposta. Deixou ben claro que tiña mais infomacion, pero remitiu aos veciños ao periodo de exposición publica. 2.- A Conselleria de Medio Ambiente remitiunos un escrito moi breve, con data de saida do 15 de Xaneiro, dando conta da recepcion da carta dos veciños e notificando que : A solicitude foi remitida a Direccion Xeral de Industria… por considerar que e da sua competencia. 3.- O Director Xeral de Industria, con data de saida do 26 de xaneiro, remitenos un escrito onde notifica que recibiu a petición de información dos veciños, procedente de Medio Ambiente -ou sexa o Concello nono remitiu a Industria ou ben perdeuse no camiño- e que : a dia de hoxe non esta presentado nesta Direccion Xeral o proxecto de execucion nin de impacto ambiental, polo que non dispomos da información que solicita. Deseguido remitenos ao periodo de exposición publica. 4.- O mesmo dia 31 de Xaneiro El Progreso de Lugo, pax. 22 de A Mariña publica un amplo reportaxe co seguinte titular: Industria maneja tres opciones para la nueva linea de alta tension. La que menos efecto tendria pasa cerca del monte Mondigo y las otras irian casi paralelas a la linea existente en la actualidad. Medio Ambiente ya emitio un informe valorando los trazados, pero la conselleria de Fernando Blanco todavía no hizo publica su posición. 5.- Nun mitin electoral do BNG celebrado en Ribadeo o dia 1 de Febreiro o Conselleiro de Industria, Fernando Blanco, afirmou que xa resolvera o problema da subestación electrica (La Voz de Galicia 2/2/09). En resumen, dando por feito que nin El Progreso vai inventar os trazados devanditos, nin La Voz de Galicia ten motivos para dar conta dun mitin imaxinario a unica conclusión razonable que se desprende e a seguinte: 1.- O Concello de Ribadeo, a Conselleria de Medio Ambiente e a Conselleria de Industria teñen moita mais información sobre o proxecto do tendido de outa tension e da subestación electrica –esta xa esta resolta, xa non e un proxecto, según palabras do titular do ramo- que non queren dar aos veciños, por razons que eles saberan, pero cando hai tanto secretismo por algo sera. 2.- O Sr. Alcalde de Ribadeo perdeu unha ocasión unica para preguntarlle ao Sr. Conselleiro do seu grupo politico polo tema que nos ocupa, pero ca!. E mellor estar caladiños e agardar a que BEGASA (ou sexa a multinacional EDEL) teña todolos cabos ben atados e despois facer o paripe da exposición publica e o impacto ambiental. 3.- As tres administracions consultadas pasan de aplicar a Directiva Comunitaria 4/2.003 de información medioambiental que lles obliga a dar a información solicitada no plazo dun mes. Evaristo Lombardero Rico

20210929

SOBRE A RESTAURACION DA TORRE DOS IRMANS MORENO. Evaristo Lombardero Rico

SOBRE A RESTAURACION DA TORRE DOS IRMÁNS MORENO

    Hai poucas semanas o Sr. Alcalde de Ribadeo anuciaba que xa estaban moi avanzados os trámites e o proxecto para a restauración da Torre e que proximamente sería unha realidade. Sin embargo as súas declaracións seguen rodeadas dun tépedo escurantismo e deixan moitas dúbidas no aire. Véxamos algunhas delas:
    Non se coñece o suposto proxecto de restauración, o que contrasta ca publicidade que se dá en outras ocasións. Non se sabe nada de cando vai comezar, nin hai unha data aproximada, polo menos, de cando se pensa rematar. Non se sabe nada de cales son as actuacións previstas, a que elementos do edificio vai afectar; se se trata de un proxecto de restauración integral e polo tanto definitiva ou estamos diante dunha actuación parcial de limpeza de fachadas e unha man de pintura. Tampouco hai ningunha información sobre os investimentos previstos, que darían unha orientación aproximada da entidade da intervención. En fin non se sabe nada de nada,
    Pola outra banda compre lembrar que o convenio subscrito polo Concello de Ribadeo e mais a empresa Paisajes de Asturias en setembro de 2019 segue sendo un documento secreto a día de hoxe. Por aquelas datas o colectivo “En Marea” de Ribadeo dirixiu varios escritos (o último deles o 4 de novembro do mesmo ano) solicitando copia do devandito convenio pero a gracia non foi concedida. No mesmo escrito solicitábase información sobre o taxación final do 21 % do edificio propiedade do concello, pero tampouco se nos deu unha cifra concreta. Recórdese que o concello permutaba a súa parte por un edificio restaurado (tampouco se sabe para que ano) na Praza de Abaixo, que aportaba a outra parte.
    En segundo lugar, por non entrar en mais miudezas, convén suliñar que no Pleno do 1 de Xullo de 2015 tomouse o acordo de delegar na Xunta de Goberno as competencias para xestionar este tipo de convenios e dese xeito eludir a publicidade propia do pleno. Obsérvese que a opacidade deste proceso non ven da semana pasada. En realidade debéramos remontarnos a xaneiro de 2010 para poñer ao día as “xestións” do Sr. Alcalde cara aos antigos propietarios dalgúns dos pisos que acabaron vendendo á empresa devandita, pero ímolo deixar ahí para non extendernos.
    Non entraremos polo miúdo no historial de convenios tácitos ou escritos, pero sempre rodeados de oscurantismo, nos que participou o actual alcalde de Ribadeo ao longo da sua dilatada carreira política. Por exemplo o convenio asinado o 31 de xullo de 2008 con EON, SEPES e a Consellería de Industria para promover a Subestación eléctrica e presentado ao público como decisivo para o polígono industrial e eliminar os cortes de luz. Lembrar que os cortes de luz seguen igual ou parecido e os prezos das parcelas son os mais altos da comarca. Ou o convenio con Castropol a través da Asociación Puente de los Santos que forneceu unha plantación de Arandos en Arnao e outra de Froitos do Bosque en A Devesa das que nunca se recolleu un kilo de producción pero se evaporaron mais de 880 000 euros. Ou lembrar os Convenios Urbanísticos asinados con tres grandes construtoras, sen mención á afección ao Camiño de Santiago en dous de eles e metendo no PXOM a edificabilidade para un edificio mastodóntico no terceiro, de baixo e oito alturas a costa de reducir a eficabilidade dos colindantes (Rúa Rosalía Castro, xunto do Gadis). Ou o exemplo da concesión a unha determinada empresa da obra da travesía dende o Instituto ao Parador, aprobada definitivamente no pleno do 3 de setembro de 2009, cuxa acta, por certo non figura na paxina web, para rexotar na instrucción do caso Pokemon en forma de petición de favores a familiares. Ou o convenio co Sr. Feijoo para inaugurar unha conducción de residuais que deixou sen entroncar unha gran parte das baixantes do casco urbano e rematou de destragar o Río de Vilaselán. Ou o acordo co Ministerio de Fomento do Sr. Rajoy polo que se decidiu privatizar a Illa Pancha, “un premio para Ribadeo” e rexeitar a esixencia do Defensor del Pueblo de realizar un Estudo de Impacto Ambiental Simplificado dacordo ca Lei de Avaliación Ambiental. Ou por non ir máis lonxe o acordo ca Deputación e Florentino Perez para concederlle a explotación dunha gran parte da residencia da terceira idade e despois transferirllo a outra firma descoñecida. En fin, non nos estenderemos, so suliñar que a ao longo de estes anos,en todos estes casos e outros que poderíamos lembrar o Sr. Alcalde de Ribadeo sempre contou co consenso do Partido Popular.
    A partir de aquí só nos queda facer un chamamento ás persoas que poidan estar interesadas en promover un seguimento de este proceso e presionar a nivel social para conquerir unha restauración integral e definitiva da Torre de Os Moreno que polo camiño que vai ten moi poucas posibilidade de acadarse.

20090211

... algo sobre electromagnetismo, contaminación, INFORMACIÓN

A DIRECTIVA COMUNITARIA 4/03 DE INFORMACION MEDIOAMBIENTAL

DI O SEGUINTE:

Art 1: Os obxectivos da presente Directiva son:

a) garantilo dereito de acceso a información mediomabiental que obre en poder das autoridades publicas e de outras entidades no seu nome (1) …

b) garantir que, de oficio, a información mediomabiental se difunda e se poña a disposición do publico…

Art 2: Definicions

1.- Informacion medioambiental: Toda información en forma escrita, visual, sonora, electronica ou en cualquera outra forma material sobre:

b) factores como sustancias, enerxia, ruido, radiacions, … emisions…e outras liberacions no medio ambiente…

c) medidas (incluidas as medidas administrativas) como politicas, normas, plans, programas, acordos…e actividades que afecten ou podan afectar…

f) estado da saude e seguridade das persoas…

2.- Autoridades publicas:

a) o Goberno ou calquera outra Administración publica, nacional, rexional ou local…

c) calquera outra persoa fisica ou xuridica que … preste servizos publicos relacionados co medio ambiente…

5.- Solicitante: toda persoa fisica ou xuridica que solicite información…

Art 3: Acceso a información medioambiental previa solicitud

2. …a) a información facilitarase tan pronto como sexa posible e ao mais tardar no prazo de un mes…

b) no prazo de dous meses … se o volumen e a complexidade da informacion son tales que resulta imposible cumplir o prazo de un mes…

Ata aquí a reproducción literal dalguns parrafos da DC 4/03. Recomendamos ao lector interesado que baixe a directiva e comprobe que non engadimos nen adornamos unha letra ao que ten lexislado a UE e lembramos que as directivas comunitarias son de obrigado cumprimento para os paises membros, incluida a administración local, aos dous anos da sua publicación. Tamen de desprende claramente do texto que as entidades, como BEGASA, que actuan en nome da administración e prestan sevizos relacionados co medio ambiente estan incluidos nesta norma. Non o di literalmente, pero resulta de caixon, que os veciños deben dirixirse as autoridades publicas para requerir información e estas xestionala … tan pronto como sexa posible… que para eso estan. Ou sexa levantar o telefono que leva apenas uns segundos.

A esto conven engadir que a exposición publica dos proxectos foi un invento da dictadura de Primo de Rivera, ala polos anos vinte do seculo pasado. Este modelo de participación veciñal e o que hoxe nos ofrecen o concello de Ribadeo, a conselleria de Industria e a conselleria de Medio Ambiente. Ningun parecido co que eles piden cando estan na oposición. Para presentar unha alegación hai que contratar abogados, enxeñeiros e tecnicos expertos en medio ambiente, o cal leva moito tempo e costa moitos cartos, simplemente para demostrar o que entra polos ollos da cara. BEGASA xa ten eses equipos entre o seu persoal, pero ademais conta con fondos publicos e subvencions. As consellerias tamen contan con persoal especializado, pero a sua funcion e asesorar aos gobernos e non aos veciños, e buscar os intríngulis da lei para darlle todo tipo de facilidades as grandes empresas. ¿Porqué, se non, se negan a dar a informacion que despois filtran aos medios?.

Finalmente debemos informar que temos unha copia do convenio secreto asinado o dia 31 de xullo de 2.008 polo Concello de Ribadeo, BEGASA, o Conselleiro de Industria e o Directo Xeral de SEPES e non hai unha sola letra que faga referencia aos veciños nen as distancias as casas. Ese era o momento de poñer as condicions, negro sobre blanco, ben claras e por escrito. E non sair agora, como fai o alcalde, con dixome dixome…

(1) Nota do autor: Lease BEGASA (ou sexa a multinacional EDEL).