Amosando mensaxes organizadas por data para a consulta COVID-19. Ordenar por relevancia Amosar todas as mensaxes
Amosando mensaxes organizadas por data para a consulta COVID-19. Ordenar por relevancia Amosar todas as mensaxes

20250129

Loktudi

     Loktudi (en Bretón) ou Loctudy (en Francés) é un concello da Bretaña irmanado con Ribadeo, situado ó sur de Quimper.

      Recollo as verbas de Anxo Martíns, actual presidente da Asociación de Irmandade, a quen agradezo me corrixira diversos aspectos que eu consideraba:

    A razón última da irmandade poderíamos situala nas seculares relacións entre Galiza e Bretaña, desde as históricas (substrato celta común, chegada de Bretóns ao noroeste peninsular fuxindo das invasións anglo-saxonas), similitudes musicais e culturais, interese mutuo polo coñecemento e a relación entre ambos países (Castelao, Cunqueiro, Manuel María…)…

    En base a iso fóronse xestando distintas irmandades entre concellos galegos e bretóns, chegando até máis de vinte, número que no noso país supera o de irmandades con calquera outro país.

    Como promotor deste, e doutros irmandamentos na Mariña de Lugo, figura Philippe Le Goff. Como froito dese traballo unha comisión de ribadenses, encabezada polo alcalde da época, Balbino Pérez Vacas, viaxou a Loktudi en 2005 para sentar as bases da relación. No 2006, un grupo de Loktudi, que nos visitaba por primeira vez, foi acollido por familias ribadenses. Durante esa visita foi asinada a carta de irmandamento entre ambas localidades. A relación quedou en estado de letargo por diversos motivos, sendo un dos principais a inexistencia de asociación de irmandade en Ribadeo (si a había en Loktudi)

    Coa creación da Asociación de Irmandade de Ribadeo en 2016, retómase ese mesmo ano a relación coa visita dun grupo de familias de Ribadeo a Loktudi, que entra nunha dinámica de intercambios anuais. Coincidindo coa visita do noso grupo á Loktudi en 2018, asinouse a carta de reafirmación de irmandade polos representantes das asociacións de Loktudi e de Ribadeo, pola alcaldesa de Loktudi e polo alcalde de Ribadeo na época, Fernando Suárez Barcia.

    Durante os anos 2020, 2021 e 2022 as visitas como grupo de familias quedaron interrompidas como consecuencia da Covid-19. No ano 2023 recuperouse esta actividade coa visita do grupo de Ribadeo a Loktudi, ao ano seguinte a visita correspóndelle ao grupo bretón, e este ano tócalle ao grupo galego viaxar á Bretaña.

    Como actividades ou feitos paralelos que teñen que ver con este irmandamento figuran exposicións como “A Bretaña que hai en nós: as cruces de Pedra na Bretaña de Castelao”, existencia do barco e da rúa Ribadeo en Loktudi, ou do miradoiro Loctudy/Loktudi (posición) en Ribadeo. O Concello de Ribadeo apoiou e apoia todas estas actividades.

    No capítulo de intercambios escolares, as dúas asociacións mostraron interese e mantiveron contactos con ese motivos. Felizmente, en 2023 un grupo de estudantes de francés no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo foi acollido por alumnado do instituto de Pont-l’Abbé/Pont-n’Abad (localidade a carón de Loktudi), para recibir eles ao grupo bretón en 2024.

    Noutra orde de cousas, Ribadeo ten mantido a principios de século  conexións diversas dos centros educativos ribadenses con outros franceses (comezando entre o IES Porta da Auga cun proxecto Comenius, Science Fairs Throughout Europe -SFTE- co Notre Dame de Bourgenay en Les Sables D'olonne (Vendée, a 350 km de Loktudi), e posterior a iso, Ribadeo foi porto da Regata Transgascogne, con saída en Port Bourgenay, perto de Les Sables. Peza común ós intercambios educativos e á irmandade foi Julia Gallego, unha das catro persoas asinantes da carta de irmandade no 2006, representando ao “Comité de Irmanamento Ribadeo-Loctudy”, nun momento en que non había asociación constituída (cousa que si tiñan os bretóns…)

    O caso é que está a seguir a facerse historia, a piques de reeditarse a viaxe anual de galegos a Loktudi, e por iso a asociación sacou o seguinte cartel anunciador:


20240929

EMOJIS MUTANTES. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

Composición a partir dunha captura de pantalla de www.emojitranslate.com

 

EMOJIS MUTANTES

Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    O día 17 de xullo celébrase o día mundial do emoji, agora que hai días mundiais para todo. A súa orixe é xaponesa e nela “e” significa debuxo e “moji” signo, carácter ou personalidade. O termo emoji foi escolleito palabra do ano no 2019 por facilitar a comunicación non verbal para matizala, completala, suavizala ou enfatizala. Os seus antecesores na década de 1980 foron as emoticonas, creadas a partir dos signos de puntuación. Así, un sorriso representábase :), a tristura :(, unha chiscadela de ollo cómplice ;-) etc. Na década seguinte fixeron a súa aparición os emojis propiamente ditos para definir obxectos cotiáns (en sentido real ou figurado, como é o caso das froitas asociadas a significados sexuais) e sobre todo sensacións e emocións. O máis empregado de todos eles é sen dúbida a cara con bágoas de escachar a rir.

    Houbo varias campañas de usuarios a prol de engadir outros novos e para que os xa existentes foran máis polisémicos, inclusivos e adaptábeis ás características de cada país ou cultura. Ás veces algún deles leva a confusións ou a interpretacións erradas. Para iso mesmo existe unha web de consulta (www.emojitranslate.com), un verdadeiro dicionario de dúbidas desta linguaxe gráfica tan universal como os sinais de tráfico ou os códigos marítimos. A actualidade tamén exerce os seus condicionamentos sobre eles como sobre calquera outro sistema de comunicación. Así, a pandemia da Covid-19 deulle protagonismo ao pictograma da xeringa como símbolo da recén descuberta vacina.

    A auxe dos memes (elementos satíricos estáticos) e dos stickers (elementos satíricos en movemento, é dicir, animados) entre os membros da xeración Z (alcumados tamén centennials) obrigou á actualización dos emojis, dado que xa os ven un chisco anticuados e típicos de xeracións anteriores como a Y (ou milennial) e a X (ou da crise do petróleo de 1973, aproximadamente). A actual xeración, a Alfa, naceu con eles. Tanto é así que, por exemplo, a filla de 5 anos dunha amiga miña xa mos manda por whatsapp perfectamente combinados (como un xeroglífico exipcio) para que eu poida interpretar perfectamente o seu significado.

20240512

104 anos Pintando. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

Escola de Artes de Vigo, onde trballou Luis Torras. Lic. CCBYSA 3.0, obra de HombreDHojalata en Commons.
 

104 ANOS PINTANDO

Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    O pasado 15 de xaneiro finaba en Vigo o pintor máis lonxevo do mundo en activo. Tiña 111 anos e comezara cos pinceis aos 7. Uns meses antes morrera tamén, xusto centenaria, a súa dona e musa. Luis Torras tiña o costume de conceder unha entrevista todos os 29 de decembro (data do seu nacemento) ao xornal da cidade, do que era o subscritor máis antigo.

    Gozou sempre dunha saúde excelente. A chamada gripe española de 1918 colleuno sendo neno, na guerra civil ficou xordo dun ouvido e, até hai só uns meses, non deixou de pintar até notar que comezaba a perder mobilidade, xa que vivía só aínda que perto da súa familia. Nin tan sequera o Covid 19 o amolou. Polo seu propio desexo, non haberá ningún tipo de homenaxe pública.

    Home enxoito, austero e de hábitos férreos apagouse o mesmo día que a cidade olívica desconectaba as súas, xa máis que famosas, luces de nadal, que mesmo representou nun dos seus cadros. Pintou, sempre figurativamente, naturezas mortas, paisaxes das súas localidades preferidas (o barrio vigués do Berbés, A Guarda ou Combarro), escenas náuticas, un Cristo de grande formato e retratos de familiares até producir unhas 500 obras, saídas do seu obradoiro na casa da súa nai da rúa Emilia Pardo Bazán. Algunhas destruiunas e só ficou coas que considerou aceptábeis. A Casa das Artes (na que foi mestre de pintura moitos anos) conserva a súa colección persoal permanente. Tamén o concello de Vigo conta cuns 50 dos seus lenzos, todos eles dunha elegancia harmoniosa de cores frías e neutras. Na derradeira obra (que deixou inacabada) un tiovivo era o único que figuraba.

20230509

Fin oficial da pandemia. Pablo Mosquera

Fin oficial da pandemia

A OMS indicou que rematou o estado de alerta sanitaria que declarou na agonía do inverno de 2019. Agora teremos dereito á información científica. Aínda que os primeiros brotes de datos epidemiolóxicos móvense en cifras moi pouco convincentes. Entre uns sete e vinte millóns de mortos pola pandemia.

Serei prudente. Espero ter un estudo a través da revista LANCET. Como antigo profesor asociado da Universidade Pública Vasca na disciplina de Saúde Pública, non é a miña intención pontificar sobre a orixe do virus causante nin o número total de mortes, enfermidades, secuelas crónicas e danos multidisciplinares. Pero si quero poñerlle título. A nosa civilización occidental comportouse como un Xigante con pés de barro.

Quero compartir co meu antigo compañeiro de OSAKIDETZA Rafael Bengoa que, premiado na Gala do 50 aniversario da Sociedade Española de Médicos de Atención Primaria, dixo: "Nunca houbo tanta desconexión entre políticos e profesionais da sanidade". Referiuse tanto á forma de abordar a cadea epidemiolóxica do COVID-19 como ás consecuencias que se están a vivir, sobre todo na atención primaria, que cómpre reforzar con urxencia, xa que hai que ter en conta como foi e será ese vínculo, ser a "porta de entrada ao Servizo Nacional de Saúde", de tal xeito que se xa estaba obrigado, coas esixencias da pandemia os problemas estruturais aumentaron.

Debemos prepararnos para novas pandemias. Hai que mellorar dotándoa de máis recursos humanos, investigación e formación continua do cadro de persoal, e iso é o que falta é un Plan de Recursos Humanos, unha mellora das condicións laborais nos equipos de saúde máis aló destas consultas telefónicas, así como reforzar o concepto de audiencia para o sistema de asistencia cunha visión de polo menos 10 anos por diante.

Pero dúas leccións son indispensables. Recoñecer mediante análise científica os erros cometidos na pandemia. Poñer dunha vez por todas unha liña divisoria entre o espazo da política e o da sociedade civil, neste caso saíndo e consultando con expertos en saúde.

Por último, ter en conta que o investimento no espazo sociosanitario é garantía de saúde, eficiencia no gasto -evitando secuelas irreparables- e riqueza por ser un nicho de emprego de calidade.

Moitas veces non se quere admitir que nunha Rexión de España a mellor empresa é o hospital coa súa rede de centros de saúde.

Pablo Mosquera

20230108

A pandemia que nunca se foi. Pablo Mosquera

A pandemia que nunca se foi

Sabémolo. Hai dúas nacións. A que pintan os que mandan. A que sofren os que obedecen. A que paga IRPF sen rechistar. A que tras virguerías contables ou financeiras escurre o vulto e paga o mínimo. O peor é que a esquerda xa non é tal. Agora só importa estar e gozar. Para iso páctase co diaño. Agrándanse as diferenzas entre pobos e persoas.

A mentira e a manipulación son ferramentas comúns á dereita e á esquerda. Xa ninguén se acorda daquel anuncio dos cen anos de honradez. A verdade faríanos libres. Por iso ténsella vixiada. A última fazaña. Miguel Sebastián, que non é sospeitoso de ser caste derechona dixo: "COVID 19, balance de decembro 2022: forte repunte". Supoño que de inmediato será proscrito. Se existise o Santo Oficio faríalle como a Galileo. Ou abxuras, ou queimamoste...

Sorpréndennos con datos que non proceden de China, proceden do outro xigante asiático: a India. E ademais lémbranos que no culto e tecnolóxico espazo de occidente o virus matou a máis de cinco millóns de persoas.

Pero introduce unha terrible disxuntiva. A libre circulación do virus sen restricións. A pesar das ocultacións voluntarias para evitar "o pánico e os seus efectos sobre a economía", pasamos dos 12,5 millóns de infectados en novembro aos 17,1 millóns de infectados en decembro. Os novos casos diarios, novas mortes por día -agora xa non se publicitan nos informativos- e a porcentaxe de vacinación con pauta completa, permite afirmar alto e claro que a pandemia non terminou.

E o máis importante para os que dedicamos unha parte das nosas vidas á saúde pública como profesionais -asistencia, docencia e investigación- o ritmo dos contagios ten moito que ver coas aglomeracións festivas, a climatoloxía que convida a compartir espazos pechados e a mutación no xenoma do axente causal. Que problema hai en volver recomendar as máscaras en espazos pechados?.

O noso sistema de asistencia sanitaria, sempre por estas datas que coinciden coa alza dos brotes gripais, tende a colapsarse. Co que a mortalidade por outras doenzas pode verse aumentada. Non esquezamos que hai clara relación entre o tempo que se tarda en atender determinadas patoloxías como os tumores e o prognóstico para coas devanditas entidades nosológicas.

    Pablo Mosquera Mata

20220831

Por Nuestra Faro agarda novas do Defensor del Pueblo

 AVV Por Nuestro Faro

Nota de prensa

31 de agosto de 2022


Por Nuestra Faro agarda novas do Defensor del Pueblo


 O pasado 22 de Agosto a AAVV “POR NUESTRO FARO” dirixiuse de novo ao defensor del Pueblo solicitando información sobre a situación da nosa queixa remitida. O motivo desta última queixa foi a falla de Estudo de Impacto Ambiental no proxecto da cafetería que ven funcionando na Illa Pancha dende Agosto de 2021.

Os antecedentes son os seguintes: O 19 de maio de 2020 o concello de Ribadeo aprobou o proxecto de obra da cafetería despois de tramitalo no segredo dos despachos en plena pandemia do Covid 19. O 20 de xullo seguinte, a AAVV “POR NUESTRO FARO” presentou un recuso de reposición pola falla de Estudo de Impacto Ambiental no devandito proxecto. O noso argumento era sinxelo: Se os apartamentos tiñan que estas suxeitos ao Estudo de Impacto, con mais motivo o tería que esixir o proxecto de cafetería engadido ao anterior. A resposta do Concello tamén foi sinxela: Agora non procedía o Estudo de Impacto. Xustificación xurídica: ningunha. Deseguido o noso colectivo presenta unha queixa ao Defensor del Pueblo que nos resposta o día 2/XI/21. Da sua resposta resumimos os dous puntos mais significativos:

1º E preceptivo que os Estudos de Impacto Ambiental se realicen ANTES DE DAR AS LICENZAS.

2º O Concello resposta con evasivas ao Defensor sobre o Estudo de Impacto. (Comentario noso: Resulta obvio que non existía, dado que eso foi a sua resposta ao noso recurso).

O paso seguinte do Defensor é solicitar informes da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, pero esta aínda non respostara en marzo de 2022, polo que a oficina do Defensor vese obrigada a reiterar a petición de informes naquela data. Agora, seis meses despois da última comunicación desta oficina ao noso grupo, temos que dirixirnos de novo ao Defensor para tentar actualizar esta información tan sinxela: ¿Hai Estudo de Impacto Ambiental ou non o hai? ¿Que está sucedendo? Que a Xunta de Galicia e o Concello de Ribadeo están toureando ao Defensor del Pueblo e desautorizando a súa función para dar largas e consolidar a privatización ilegal da Illa Pancha.

Xa temos demostrado en numerosas ocasións que non hai unha soa denuncia presentada polo noso grupo que non se axustase a verdade e á normativa legal vixente en Europa e no Estado Español. Hai un mes que a Autoridade Portuaria, despois de darlle mil voltas durante sete anos e de tramitar un expediente de todo punto ilegal dende o primeiro día, obrigou a abrir as portas de acceso dentro de un horario limitado.

O Concello de Ribadeo non fixo mais que abeirarse aos criterios (e intereses) da Autoridade Portuaria poñéndose de costas aos informes xurídicos do Defensor del Pueblo. Debemos suliñar mais unha vez que non existe ninguna xerarquía administrativa entre os concellos e as autoridades portuarias, polo tanto o concello de Ribadeo é libre e independente á hora de conceder as licenzas e se decide abeirarse á Autoridade Portuaria é por unha decisión puramente política da sua exclusiva responsabilidade.

Quedamos na agarda da resposta do Defensor e anunciamos que haberá novas frescas nos próximos días.

20210815

Coronavirus en Ribadeo, domingo 20210815. Tres máis ca onte



   54. Metade de agosto. seguimos subindo. Onte saia na Comarca unha nota de prensa coa mellora de datos sobre a Covid 19 en Ribadeo. Dende que se xerou esa nota de prensa todos os días os datos marcaron números máis grandes. Hoxe, 54, 3 máis ca onte.
   Anterores da serie.

20210804

BROTE DE COVID NA NOVA RESIDENCIA DA TERCEIRA EDADE DE RIBADEO. Evaristo Lombardero Rico

Pasquín para a manifestación da residencia.

 

 BROTE DE COVID NA NOVA RESIDENCIA DA TERCEIRA EDADE DE RIBADEO

O domingo, dia 1 de Agosto, pola tarde, os familiares dos usuarios foron informados de que había tres positivos entre as persoas internadas. O luns a Deputación deu unha nota “infomativa” sen crarexar nada máis e engadindo que “todo parece apuntar a que o contaxio podería estar relacionado cunha visita externa”. O luns púxose en circulación o bulo de que este contaxio podería estar en relación con outro exterior xa coñecido. Hoxe, mércores, os medios publican outra nota da Deputación ca “nova” de que ademais dos tres casos coñecidos está afectada unha persoa da equipa asistencial. Mentres tanto o Sr. Alcalde de Ribadeo cala como un afogado.

Obsérvese a forma sibilina e manipuladora de dar esta “información”. As preguntas do millón son as seguites: ¿Porqué se fixeron as probas ás persoas que resularon afectadas? ¿Cando se detectaron estes catro casos? ¿Cal foi o primeiro? ¿Cal é a responsabilidade dos xestores neste proceso?.

Véxase o paralelismo entre este brote e o que sucedeu na Residencia de San Sebastián e San Lázaro (antigo Asilo) no mes de decembro pasado. Daquela unha persoa non autorizada accedeu ás instalacións provocando (presumiblemente) perto de 30 contaxios dos que tres residentes resultaron falecidos. O mesmo que agora, agochouse cal foi o primeiro caso e según o Sr. Alcalde non había que facer caso da rumoroloxía. Ou sexa botar fume sobre os feitos para eludir calquer responsabilidade.

Pola outra banda en La Comarca del Eo do día 19 de Xunio o Sr. Alcalde de Ribadeo publicaba un artigo autolaudatorio celebrando os dous anos da nova residencia e de vagar esquecendo a laboura decisiva da Plataforma Pro Residencia e concretamente de José María Rodriguez (q.e.p.d.) na consecución de este servizo, sen a cal nunca se houbese chegado a conquerilo por razóns que son de sobras coñecidas. E nese mesmo artigo do Sr. Alcalde dice expresamente: “(…) unha xestión pública e directa por parte de duas administracións, o Concello e a Deputación, para xestionar a vida, a longa vida diría eu, dos seus moradores (…)”

A cuestión é moi sinxela: ¿Porqué, hai mes e medio, a xestión era do Concello e a Deputación e agora o Concello non ten nada que dicer cando hai catro persoas infectadas e claros indicios de neglixencia?.

A falla de información e o manexo partidista da mesma é unha constante dende o comezo deste goberno municipal. Mesmo a participación da veciñanza rexeitase sistemáticamente ata chegar a esquecer iniciativas tan determinantes como a xa citada da Plataforma Pro Residencia. O modelo recorda aquela práctica dos dictadores que borraban das fotos ás persoas que lles quitaban protagonismo ou resultaban molestas ou desafectas.

Para rematar lembraremos que nos tres últimos anos houbo varios intentos de constituir unha asociciación de familiares, usuarios e veciños para participar na xestión dos servizos sociais en Ribadeo e concretamente da nova Residencia da Terceira Edade sen que por parte do concello se dese nengún tipo de apoio e ainda ben se chegou a poñer dificultades. Na mesma línea temos proposto, en varias ocasións, a necesidade de crear un Consello de Saúde Municipal onde tivesen representación todas as asociacións e colectivos interesados para en primeiro lugar transmitir información, coordinar actividades, propoñer proxectos, etc. O novo brote de Covid-19 na Residencia da Terceira Edade e a falla e manipulación da información por parte dos xestores é un exemplo da prioridade deste obxectivo.

Evaristo Lombardero Rico

20210330

Normas Covid a día de hoxe

   Hoxe, 30 de marzo de 2021, aparecen no BOE as normas de contención da COVID. Como cadaquén destaca nelas o que máis lle afecta ou impresiona, eu destacaría, por ser responsablles cada un de nós, a regulamentación sobre o uso da máscara (art. 6, p. 10 do documento)

20210318

Este venres, Ribadeo polo clima


   Todos sabemos que non hai planeta B, un planeta de reposto. Pero, somos conscientes?

   Este venres, 19 de marzo, día do pai, día de San José, tamen é un dos venres polo futuro, #fridaysforfuture, o día de Acción Global polo clima, e Ribadeo unirase a Galicia, e ó planeta enteiro, nesta lembranza global. Lembranza que é para cada un de nós. Para interiorizar que necesitamos (todos) cambiar ante unha ameaza que nos afecta a todos. Pero tamén para loitar (si, é unha loita) por accións conscretas,, por fondos para elas, por unha distribución máis xusta... e é que necesítase unha revolución global, que ten que comezar nas nosas cabezas. Pedindo cousas como que os fondos europeos beneficien -como está proposto- unha transición económica cara a unha economía máis amigable co planeta e con nos, participativa, transparente... e non sexan recolectados para facer o paripé pero aumentando a desigualdade e o desequilibrio ecolóxico. #nonmaispromesasbaleiras.

   E lembra: estamos en era Covid, e o mesmo que unha pancarta non necesita máis que un cartón que se recicle, a máscara e a distancia social tamén son marca de colaboración e participación.

   Cartel do Movemento Galego polo Clima. Comparte e difunde!

20210305

UN DESAHUCIO EN CHAMBERÍ. Diario de un confinado en Olavide. Ángel Alda

Pareja de ositos de peluche abandonados en la calle Cardenal Cisneros

 

   UN DESAHUCIO EN CHAMBERÍ

   5 de marzo de 2021

   Fijaos un momento en la foto. Y pensad en el sentimiento que os despierta la imagen del enorme oso de peluche y su criatura abandonados en la puta calle.

   ¿Ternura?

   ¿Tristeza?

   A mi me despierta la imaginación. Veo a un niño disfrutando con sus osos en una casa del barrio. El niño ha crecido con los peluches acompañando sus juegos y sus sueños. Seguro que les ha puesto nombres y ha inventado con ellos historias y aventuras. Los ha humanizado. Y los osos le han devuelto su amor y su cariño. Ha compartido cuentos y familia. Pero por alguna razón los pobres peluches han empezado a sobrar. Llevaban ya mucho tiempo guardados en el fondo de un armario, en un trastero. Y les ha llegado el tiempo del desahucio. Una reforma, una mudanza. Vaya usted a saber. Ignoramos si aquel niño ha estado presente en el duro momento del abandono. Quiero creer que no. Seguro que hubiera encontrado la forma de rescatarlos de ese triste final. O no. Nada sabemos. Solo podemos especular.

   El caso es que los pobres peluches han terminado en la esquina de Cardenal Cisneros con Olid, justo al lado de la tapia donde años atrás estuvo el enorme frontal de azulejos de la fábrica de gaseosas El Gallo, único elemento sobreviviente de aquella vieja instalación fabril y que un día alguien, posiblemente del Metro de Madrid, dueño del solar, se llevó a algún almacén perdido o vertedero.

   Muy cerca, también, de la vieja taberna Los Molinos, desaparecida en los setenta y dónde se rodó una película mítica del cine madrileño: El Tigre de Chamberí.

   Ni siquiera la simbología madrileña que tiene dedicado al Oso la representación de la ciudad junto con el madroño ha podido salvar al pobre animal del desahucio. Tiempos de mudanzas, de limpieza, de destrucción los que vivimos. Si se nos han ido, informaciones del día, setenta mil vecinos hacia los campos de la muerte en este último año y solo por el efecto de la pandemia, como vamos a llorar por esta familia uniparental o unimaternal de ositos de peluche. Deberíamos.

   Dicen que el primer oso de peluche estuvo inspirado por el presidente de los EEUU Teodoro Roosevelt. El primer Roosevelt, el policía de Nueva York que parece que era un cruel cazador de osos. Luego hubo otro Roosevelt, Franklin Delano, al que le tocó resolver la gran crisis financiera y social de finales de los 20 y al que muchos admiramos como el gran reformador del capitalismo de entreguerras. De cómo una pieza de caza pudo convertirse en un objeto de juego infantil no tengo constancia. Me imagino que alguna derivación simbólica como las que en su día dieron nombre a las tribus de cazadores de nuestra antigüedad. Un oso totémico. Como el Gallo de los azulejos o el Tigre de Chamberí.

   No sé qué cosa harán los servicios de limpieza municipal con estos restos. Si permanecerán íntegros en algún depósito municipal o irán a un vertedero para ser enterrados con otros miles de objetos formando montañas de restos para estudiosos arqueólogos del futuro.

   No hace mucho tiempo tuve noticias de un revolucionario investigador que se propuso conocer nuestra actual civilización a través de las basuras. Inventó la arqueología del presente. Se llamaba William Rathje. Tenía un impresionante currículum como arqueólogo de las viejas culturas mayas de Centroamérica y por alguna razón, por alguna inspiración genial, pensó que aquellas técnicas que buscaban conocer aquellas viejas culturas podrían ser utilizadas para conocer la vida doméstica, las costumbres, hasta las más secretas, de sus contemporáneos. Para sus investigaciones utilizaba una máquina similar a una perforadora de petróleo. El aparato recogía muestras con un cilindro  que iba mordiendo el vertedero hasta 30 metros de profundidad. Luego recolectaba los objetos y los clasificaba. Databa los mismos gracias a que siempre encontraba periódicos o facturas. Los restos de comida le servían para conocer las dietas y las prácticas culinarias. Podía determinar cómo la sociedad cambiaba sus hábitos. Como alteraba sus consumos. El porcentaje de plásticos, la tipología del mobiliario. Tenía pensado el buen hombre excavar un vertedero histórico de la ciudad de México por el que se podía llegar a remontar hasta épocas precolombinas. También pensaba en un terreno de Londres donde cientos de generaciones habían depositado sus basuras a lo largo de un milenio como objeto de su investigación. Este genio era capaz de inventarse unas ruinas de Pompeya para sus particulares hallazgos. Parece que su escuela arqueológica no ha tenido seguidores y es una pena.

   No me puedo imaginar como los arqueólogos del futuro interpretarán el hallazgo de los ositos de Chamberí. Como asociarán la coincidencia de encontrar miles de restos de mascarillas en el mismo nivel o como relacionarán a los peluches con los nuevos juegos infantiles de la era digital.

   Para ayudarles, o para complicarles la vida definitivamente, he pedido al poeta de guardia que me acompaña a veces que dedique a los ositos un pequeño romance.

ROMANCE DE LOS PELUCHES
Dedicado a Manolita, gran cuidadora de peluches


Una osa y su bebé
en medio de una pandemia
se quedaron en la calle.
Qué pena me da de ellas.


Por Chamberí las dejaron
en el cruce de una esquina,
solas y desamparadas
sin ropa y sin mascarillas.

La osa se llama Ramona
y la osita Margarita.
En la calle desahuciadas
viniendo de casa rica

Nada dijeron al niño
de la marcha de los osos
no fuera a ser que el zagal
se opusiera al desalojo.

Por la esquina de la calle
pasaron muchos vecinos,
unos llorando de pena
otros clamando al destino.

Pero ninguno con ganas
de rescatarlos del frío
o de sumar sus tristezas
o compartir bocadillo.

Un anónimo poeta
de amanecida con niebla
las recogió con cuidado,
sabe Dios dónde las lleva.

Y aquí se acaba el romance
de Ramona y Margarita,
las dos osas madrileñas
de la pandemia sus víctimas.

   Bueno. Ya estamos más cerca del despertar de esta pesadilla.

   Besos para todas.

   Ángel

   POSDATA

   Hoy me sentí obligado a escribir una nota necrológica para un vecino del barrio muy querido que ha muerto por la infección del virus maldito del Covid. Somos Chamberí, el periódico del distrito, ha tenido la amabilidad de publicarlo en la red.
   Carlos, en la memoria.

https://www.eldiario.es/madrid/somos/chamberi/noticias/carlos-paz-ultimo-chamarilero-chamberi-muere-victima-coronavirus_1_7275028.html

Addenda:

Ángel Alda foi entrevistado o día 17 de marzo na SER-Madrid a conto da nota necrolóxica anterior. A partir do minuto 19 aquí.

20210211

Coronavirus onde non debera haber

   E onde debera de habelo?

   A nova residencia de Ribadeo está no aleiro a conto dun positivo nun testeo. Hai dúas notas de prensa -actualización, 3-, da Deputación e do Concello - + outra do concello-. Antes de deixar as dúas -3-, nesa mesma secuencia, dicir que ata o de agora a residencia ribadense mantívose limpa da enfermidade, mentres o hospital asilo, a vella residencia, sufriu un episodio que a decimou. Co comezo das vacinas, esperemos que non sexa equivalente.

 

Lugo, 10 de febreiro de 2021. O cribado periódico realizado polo SERGAS no Centro de Atención a Maiores (CAM) de Ribadeo arroxou este mércores un positivo entre as persoas usuarias, momento no que a Deputación de Lugo procedeu a illar a esta persoa e á súa acompañante de habitación.

Así mesmo, a Deputación de Lugo decidiu realizar, hoxe mesmo, probas de diagnose con recursos propios, tanto a esta persoa, como á súa acompañante de habitación e aos usuarios e traballadores que tiveron un contacto estreito con ela, co obxectivo de corroborar o resultado, dada a elevada posibilidade de tratarse dun falso positivo, tendo en conta que todos os demais residentes deran negativo no cribado periódico do SERGAS, e que o centro está pechado, polo que non se reciben visitas, nin os usuarios saen o exterior, como medida de prevención da Covid-19.

Realizadas as probas nun centro de diagnóstico lucense autorizado pola Xunta de Galicia, que consta inscrito no Rexistro de Centros Sanitarios, TODAS DERON NEGATIVO. Polo tanto, tratouse dun falso positivo.

Á vista destes resultados, a Deputación de Lugo solicitaralle ao SERGAS a realización dunha segunda proba PCR a esta persoa usuaria. Ata obter o resultado, esta persoa e a súa acompañante de habitación continuarán illadas como medida de precaución.

Así mesmo, a Deputación de Lugo informa de que toda comunidade do Centro de Atención a Maiores de Ribadeo completou a pauta de vacinación da Covid-19, excepto esta persoa usuaria que resultou ser un falto positivo, quen non puido ser vacinada por desexo expreso dun familiar, que é o titor legal, un feito que a institución provincial xa puxo en coñecemento da Fiscalía. Sendo a vontade da institución protexer á totalidade dos residentes e persoal do centro, reiterará de novo a comunicación ao Ministerio Fiscal para que a autoridade xudicial decida o que corresponda con respecto á súa vacinación.

 


DEPUTACIÓN E CONCELLO PIDEN UNHA NOVA PROBA AO SERGAS

Cribado na nova residencia

10/02/2021

O alcalde, Fernando Suárez, agarda que o Centro de Atención a Persoas Maiores siga libre do covid19 e que a única usuaria que non foi vacinada, por expreso desexo do seu titor legal, reciba as doses canto antes.

O rexedor subliñou que "non administrarlle a vacina a esta persoa supón un risco moi importante para ela e un perigo para os demais usuarios e usuarias da residencia ribadense, que ata o de agora estivo libre de covid19 e agardamos que así continúe".

O alcalde de Ribadeo agarda que o Sergas realice un novo cribado neste centro, que confirme que se trata dun falso positivo o caso detectado este mércores. Ata que esa nova proba sexa realizada tanto esta usuaria como a súa compañeira de habitación permanecen illadas, "segundo acabamos de saber  por parte dos responsables da Deputación. Quedamos á espera de poder confirmar a boa nova de que ese posible positivo se quede nun susto sen mais", engadiu. 

A Deputación de Lugo comunicou esta tarde que tras o cribado periódico realizado polo Sergas no CAM de Ribadeo arroxouse un caso positivo entre as persoas usuarias. A institución provincial decidiu encargar, hoxe mesmo, probas de diagnose a esta persoa, á súa acompañante de habitación, así como aos residentes e traballadores que tiveron contacto con ela. Todos os resultados deron negativo.

Foto residencia

BARCIA CUALIFICOU DE DESESPERANZADORA A SITUACIÓN

Petición á Xunta

11/02/2021

O alcalde, Fernando Suárez, manifestou que "o negacionismo non casa coa nosa sociedade". Así se referiu ao caso da usuaria da residencia de maiores, que non recibiu a vacina contra ao covid19 por expreso desexo dun familiar. O rexedor pregúntase ¿qué primamos os dereitos fundamentais individuais ou a saúde pública colectiva?. Suárez Barcia demándalle á Xunta que promova, á maior celeridade posible, a adaptación lexislativa necesaria para que a saúde pública impere sobre os posicionamentos individuais, egoístas e negacionistas.

O alcalde ribadense dixo que "é moi desesperanzadora esta situación. Á vista de que na nova residencia de maiores xa se puxeron as dúas doses da vacina, só unha usuaria non a recibiu por expreso desexo dun familiar. Onte esta usuaria deu positivo en coronavirus, logo revisado cunha nova PCR semella que foi un falso positivo, o cal valorámolo como unha moi boa noticia, pero é certo que a actitude do familiar entendemos que é intolerable".

Suárez Barcia considera que "o egoísmo e o negacionismo non casan coa nosa sociedade. Debo dicir que, ademais do comportamento impecable nesta actuación por parte da Deputación de Lugo, desde o Concello de Ribadeo consideramos que non é axeitado que as persoas que convivan nunha residencia municipal non apliquen a vacina, ben por desexo propio no caso de que teñan a vontade intacta ou ben por desexo dos seus familiares no caso de que estes teñan a tutela".

O rexedor sinalou que "o certo é que vivimos nuns momentos moi complexos e desde os Concellos, como é o caso do noso, abondo temos con xestionar o día da día das residencias públicas, e aquí dáse unha pregunta que hai que resolver inmediatamente, ¿qué prima primeiro se os dereitos fundamentais individuais ou a saúde pública colectiva?. Polo tanto, sendo competencias galegas como son o caso da saúde pública e máis dos servizos sociais, eu vexo necesario que a Xunta de Galicia promova, á maior celeridade, a adaptación lexislativa necesaria para garantir que a saúde pública impere sobre os posicionamentos individuais egoístas e negacionistas. E polo tanto, poida ser de obrigado cumprimento, para ter acceso a un servizo asistencial como é unha residencia de maiores, a aceptación da vacina contra o covid19".

20210128

Do pleno do día 26 de xaneiro

   Do pleno do martes día 26 de xaneiro, xa teño comentado algunha cousa. Por unha beira, o monto do orzamento de 2021, e por outra o comentario sobre a nota de prensa da convocatoria do pleno. Sen a convocatoria e sen acta, deixo unha nova nota de prensa do concello, que trata do pleno sen que te enteres moito de que é así polos titulares e comezo. De novo, insisto, non é acta, senón nota de prensa, con todas as diferencias que leva consigo. O que si fixen esta vez foi variar a puntuación numérica para adaptala ás normas de uso legal en España.

   Como apunte posterior, engado a nota de prensa do PP.


A INVESTIMENTOS DESTÍNASE 1 500 000 DE EUROS

Axuda para o asilo

27/01/2021

Aprobado no Concello de Ribadeo o orzamento municipal para 2021 que se aproxima aos 10 millóns de euros. O presuposto increméntase nun 8,25% con respecto ao do pasado ano e inclúe, por primeira vez, unha axuda directa de 25 000 euros destinada ao Hospital Asilo para seguir mellorando o servizo integral dese centro. O alcalde ribadense, Fernando Suárez, subliña que se trata dun orzamento serio e solvente e agarda que dea a mellor resposta posible aos retos marcados para este ano.

O rexedor explicou que "neste pleno do día de onte, aprobamos os orzamentos para este ano 2021, que chegan case aos 10 millóns de euros e que soben un 8,25% con respecto ao ano anterior, sen que se vexan incrementados os impostos e as taxas que son de competencia municipal. Como xa dixemos nos días anteriores prevemos manter o nivel elevado de actuacións e servizos nas diferentes áreas nas que vimos traballando. Tamén se eximen as taxas pola ocupación de terrazas, como unha medida de apoio á hostalería, e mantemos as axudas para o tecido asociativo, tanto comercial como educativo, deportivo ou social. Consignamos, por primeira vez, unha partida de 25 000 euros de axuda directa ao Hospital Asilo, máis aló dos servizos e subministros dos que o Concello xa se viña facendo cargo ao longo da historia. Todo isto facémolo con ánimo de seguir mellorando o servizo integral nesa residencia tan importante para Ribadeo e que, xunto coa nova, dan un servizo indispensable a moitas persoas". 

Suárez Barcia indicou que "incrementamos tamén notablemente o capítulo de inversión, que supera o millón e medio de euros, e que é financiado na gran maioría ben con fondos propios ou ben con fondos da Deputación de Lugo. Aquí desde logo, outro ano máis, botamos moito de menos os fondos da Xunta, e como isto é precisamente un presuposto confiemos que ao longo do ano se lle vaia vendo o envés das maos da Xunta. En todo caso, recollemos partidas para actuacións que consideramos moi importantes como é este vieiro paralelo á estación de Feve, diversas actuacións en espazos públicos e en rúas, tamén un plan de camiños de titularidade municipal nas diferentes parroquias, así como reposición de tramos da rede de abasto de auga, instalacións deportivas e sociais nas parroquias, mellora en eficiencia enerxética de alumeados e mellora na praza de abastos. Todo este forte incremento de inversións tamén se enmarca no proceso de reactivación económica que toca diferentes áreas". 

O alcalde dixo: "en canto ás críticas que recibimos, especialmente do PP, que se os presupostos son tan malos non sei porqué non votaron en contra, lles explicamos os datos, por voz do meu compañeiro o concelleiro de Economía e Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, que durante o ano 2020 o Concello viu incrementados os custos en medidas de prevención contra o covid en máis de 200 000 euros para atender a limpezas, a desinfeccións e outras accións semellantes, nun contexto ademais de redución de ingresos que cuantificamos en máis de 300 000 euros, dos que a Xunta gobernada polo PP, e recibindo fondos estatais e fondos europeos, tan só aportou ao Concello a pírrica cantidade de 9500 euros. Iso esqueceuse de dicilo o concelleiro Vega como tamén esqueceu as importantísimas achegas que o Concello fai ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF), cando é unha competencia autonómica e que no SAF básico, o de primeira atención, ademais de custealo nós e máis a Deputación, resulta que en numerosas ocasións tamén nos temos que acabar ocupando da atención ás persoas que requirirían o SAF da dependencia, que é autonómico, pero que como non os dan valorado, logo de meses e meses de espera pola falta de acción da Xunta, tense que acabar ocupando o Concello de Ribadeo, como outros Concellos".

Suárez Barcia engadiu que "no contexto social e económico no que vivimos, e dentro do ámbito das nosas competencias, tentamos facer un presuposto serio e solvente, coa intención de que dea a mellor resposta posible aos retos que temos por diante neste ano. E se logo outras administracións tan linguateiras pero logo tan parcas economicamente, como a Xunta, van aportando algo máis do escasamente previsto benvido será desde logo". 

-- Nota de prensa do PP:

ORZAMENTOS MUNICIPAIS 2021

❌ Os orzamentos municipais de Ribadeo para o ano 2021 aprobados polo goberno local do BNG non están pensados para combater a crise derivada da covid-19. Non teñen en conta a realidade actual: non pensan nas familias máis vulnerables nin recollen partida orzamentaria concreta para a reactivación económica de Ribadeo.

👉🏼 Tamén puxemos de manifesto no pleno deste martes que estes orzamentos son malos para Ribadeo. E sinalamos que dos 9,8 millóns de euros de orzamento municipal destinaranse 1,5 a inversión; pero que destes o Concello aporta única e exclusivamente 60.000 euros porque o resto son achegas doutras administracións.

👉🏼 O goberno local elevará a débeda do Concello no 2022 a 1,6 millóns de euros porque, despois de pedir un crédito de 550.000 euros o ano pasado e deixar sen investir 335.000 euros, volve pedir un novo crédito de 610.000 euros que tampouco aclara onde o vai investir.

👉🏼 Dende o Grupo Municipal Popular defendemos que nestes momentos de gran crise, os orzamentos deberían ser consensuados cos distintos grupos da Corporación municipal e co tecido económico do municipio e, polo tanto, lamentamos que non fora así. Con todo, comprometémonos a seguir traballando por Ribadeo e os ribadenses.

Outros asuntos do pleno 👇🏼

🔹 Tamén preguntamos ao goberno local polo número de xuízos perdidos e o diñeiro que nos costarán a tódolos ribadenses.

🔹 Elena Sierra preguntou polo horario e a periodicidade dos traballos de limpeza e desinfección dos parques, rúas e puntos concorridos, pero como resposta só recibiu divagacións e continuamos sen saber se existe unha planificación para estes traballos.

🔹 Elisa Rodríguez interesouse por coñecer cal é a empresa que xestiona actualmente a residencia de maiores de Ribadeo.

🔹 En relación á ordenanza reguladora das axudas para a conciliación da vida laboral e familiar en Ribadeo, Begoña Sanjurjo Santar lembrou que presentamos dúas veces alegacións para mellorar a súa redacción para beneficiar a tódolas familias que precisen empregar as ludotecas ou os programas de calquera dos centros educativos do municipio.

🔹 Tamén apoiamos a solicitude dunha axuda ao IDAE para a renovación das instalacións de iluminación, pero lembramos ao alcalde que as deficiencias no alumeado público da vila e das parroquias deben ser subsanadas con subvención ou sen ela.

🔹 O Grupo Municipal Popular apoiou tamén un proxecto de mellora medioambiental para a costa do noso concello.

20210113

Covid 19 no Hospital-Asilo de Ribadeo (II) . Evaristo Lombardero

 


BROTE DE CORONAVIRUS NO HOSPITAL ASILO DE RIBADEO (II) 

        Pasados vinteun días dende que se declarou oficialmente o brote de Covid-19 no Hospital Asilo de Ribadeo, trala notificación de 26 casos de infección vs enfermedade e dúas persoas presuntamente falecidas por esta causa (entre outras)  o concello de Ribadeo segue sen darse por enterado das diversas liñas informativas que apuntan a un fallo nos accesos ao hospital por persoas non autorizadas, que puideron transmitir a infección, e reduce á “rumoroloxía” calquer pista que non concorde ca sua versión dos feitos. 

        O tema é preocupante porque se non se recoñecen os feitos, tal como foron, e non se adoptan a medidas pertinentes para evitar contactos de outo risco, poderemos atoparnos con situacións similares nos próximos meses. 

        Pasemos revista brevemente aos antecedentes deste brote: 

        1.- O día 17 de setembro de 2020 a Consellería de Sanidade e mais a de Servizos Sociais da Xunta de Galicia asinaron un protocolo, publicado en forma de resolución, para a prevención da infección e control da mesma nos centros da terceira idade. 

       Neste protocolo queda perfectamente especificado que persoas poden acceder aos centros da terceira idade en Galicia e que medidas deben adoptarse para previr os contaxios. Inclúese polo tanto aos usuarios, familiares, persoal asistencial, persoal sanitario, etc. 

        2.- O dia 21 ou 22 de decembro declarouse un caso de infección dunha persoa que tiña acceso reiterado ao hospital asilo sen formar parte de ningún deses grupos incluídos no protocolo devandito. Presuntamente esta persoa, de ampla movilidade, puido ser o caso índice ou transmisor do brote que comentamos. Xa dixemos que non se trata de culpabilizar nin sinalar co dedo a ninguén, simplemente explicar as cousas como foron para corrixir os erros e que non se repitan.  

        3.- Os informes do Concello de Ribadeo, publicados repetidamente na páxina web non recoñecen a existencia deste caso inicial e polo tanto ocultan que no Hospital Asilo non se estaba cumplindo a resolución das consellerías anteriormente comentada. Dito de outro xeito: O concello de Ribadeo, único responsable da xestión do Hospital Asilo, non levaba un control estrito de entradas e salidas neste centro.  De ahí que os feitos coñecidos  por todo Ribadeo, a través de varios testigos presenciais, sexan tildados polo Sr. Alcalde de “rumoroloxía”   

        4.- Como xa temos dito, do que se trata, dende o punto de vista práctico, é de conseguir que se apliquen tódalas medidas preventivas posibeis, e no caso concreto das residencias da terceira idade que se cumpla rigorosamente o protocolo establecido pola Xunta de Galicia para estes casos,  que o concello de Ribadeo esqueceu dando pé a este brote que comentamos. Para eso, dado que a información oficial non funciona ou é tendenciosa é imprescindible que os veciños tomemos a dianteira e nos organicemos co gallo de conquerir o mellor futuro para todos. 

       Outro exemplo é o caso da nova residencia da terceira idade, onde a empresa CLECE  (de Florentino Pérez) foi substituída o día 31 de decembro por  outra empresa descoñecida en Ribadeo, operación comercial que o concello tamén oculta aos usuarios, familiares e veciños. Como non sabemos cales son as causas desa operación, nin as condicións dese novo contrato, nin quen negociou ese convenio e o concello non no lo quere dicir, temos que organizarnos, preocuparnos por conseguir información e esixir a garantía de que esa nova empresa estea capacitada para cumprir a misión e o vaia facer ca máxima seguridade para todos e todas. Iso é o que entendemos por información e participación democrática. 

Evaristo Lombardero Rico

 

Acceso á 1ª parte.

20210112

Progresión do coronavirus en Ribadeo (III)

   Cando parecía que as cousas retornaban á súa canle, despois dunha semana da entrada anterior sobre o tema, veu a nova: dous mortos. E é que (ver o gráfico) tal parece que o brote está controlado, así o indica a liña de tendencia, coa ralentización da aparición de novos casos. Segue sen dicirse nada de xeito oficial sobre a orixe do brote ou o seu esparcemento. Deixo as dúas últimas notas de prensa do concello abaixo.

Datos coa liña de tendencia.

 

O RESTO DO ENFERMOS EVOLUCIONAN CON NORMALIDADE

Volta ao Hospital Asilo

09/01/2021

Volven ao Hospital Asilo, despois de superar o covid-19, catro dos usuarios que foran trasladados ao Cegadi en Santiago de Compostela, segundo deu a coñecer este sábado o alcalde, Fernando Suárez.  Estas persoas superaron a doenza, deron negativo nos controis de PCRs e teñen inmunidade xerada contra o coronavirus.

O rexedor dixo que "tal e como se veu indicando nestes últimos días, queremos sinalar con toda a precaución e prudencia necesarias que o tempo está a xogar a favor de ir recuperando a normalidade. Camiño das 3 semanas desde que se detectaron os primeiros casos de positivos en coronavirus a situación é a seguinte: entre antonte e hoxe 4 persoas que estaban desprazadas no Cegadi (Centro Galego de Desenvolvemento Integral) volven para o Hospital Asilo de San Sebastián e San Lázaro, unha vez que superaran a doenza e deran negativo nos controis de PCRs e que nos tests de anticorpos revelasen que teñen inmunidade xerada contra o covid19".

Suárez Barcia comentou que "o resto de persoas usuarias, tanto as que continúan no Cegadi como as que sempre permaneceron no Hospital Asilo, evolucionan con normalidade e manteñen, en termos xerais, uns niveis aceptables de sintomatoloxía, a pesares de que moitas delas teñen unha idade moi avanzada e presentaban xa patoloxías previas. En canto ao persoal e á relixiosa, tamén se atopan en proceso de recuperación".

O alcalde contou que "ademais, segundo nos manifestan responsables do Cegadi, outras persoas están superando tamén esta doenza aínda que seguirán alí uns días máis dado que a súa recuperación física xeral recoméndao. Así temos que: os  4 traballadores afectados están nos seus domicilios gardando a corentena necesaria e cos protocolos pertinentes. En canto aos usuarios, e ao longo deste gromo producido hai días,19 deles foron trasladados ao Cegadi. 4 deles superaron a doenza e xa foron trasladados a Ribadeo polo que o número actual que aínda segue alí é de 15 persoas. Outros 3 usuarios diagnosticados como positivos, e de acordo cos criterios das autoridades sanitarias, permanecen no Hospital Asilo debido ao seu elevado nivel de dependencia previo ao contaxio vírico. Tamén se atopa nesta situación, desde o primeiro día detectado, a relixiosa afectada de covid19. Para todas estas persoas están habilitados igualmente os protocolos de atención, coidado e protección indicados polos servizos sanitarios e sociais".

Fernando Suárez seguiu a relatar que "tamén se atopa 1 persoa usuaria no Hospital da Costa en Burela, indicándose que cando supere a situación hospitalaria será derivada segundo o seu grao de dependencia ben ao Cegadi ou  ben ao Hospital Asilo de Ribadeo". 

O rexedor insistiu en que "se segue valorando como moi positiva a actuación coordinada na aplicación dos Protocolos e Planes de Continxencia por parte da  dirección do centro e do seu persoal, así como a actitude dos residentes á hora de enfocar esta crise sanitaria. Igualmente se continúa a valorar moi positivamente a actuación coordinada das autoridades sanitarias do Hospital da Costa e das do Cegadi por ir desprazando a Santiago a estas persoas afectadas, logrando así dous obxectivos estratéxicos neste momento: o primeiro é que os afectados estean nas mellores condicións de atención residencial e hospitalaria posible. E o segundo é que o Hospital Asilo de Ribadeo vexa diminuído de xeito moi importante o risco de transmisión vírica para o resto de persoas que viñeron dando negativo en todo este tempo e que actualmente suman 22 entre usuarios y persoal, aos que agora hai que sumar as 4 persoas que retornan por estar curadas facendo un total de 26". 

E engadiu que "como sempre indicamos, manteremos informada á cidadanía sexa cal sexa a situación á que nos teñamos que enfrontar, coa confianza de que ter pasado xa polo pico de madurez deste gromo que se iniciou hai unhas tres semanas. Seguirémolo a facer a medida que vaiamos obtendo información, ben por nós mesmos ou ben proporcionada polas autoridades sanitarias autonómicas en canto nola vaian facilitando, sempre co mellor ánimo informativo e para dar a confianza necesaria que evite rumoroloxías ou situacións de confusión".

ESTE MÉRCORES FARASE UN NOVO CRIBADO XERAL NO CENTRO

Situación no Hospital Asilo

11/01/2021

Dous residentes do Hospital Asilo, que foron trasladados a Santiago hai días, faleceron nas últimas horas. Trátase de persoas de  avanzada idade (99 e 91 anos), que se atopan nun estado moi fráxil e con patoloxías previas ao coronavirus, segundo ven de informar o alcalde, Fernando Suárez. Tres usuarios mais retornan a Ribadeo despois de superar o covid e de ter xerado inmunidade contra este virus.

O rexedor sinalou que "segundo puidemos ir sabendo, temos dous tipos de noticias que fan que esta nota de prensa teña un carácter agridoce. Dúas das persoas que levaban xa días trasladadas ao Cegadi (Centro Galego de Desenvolvemento Integral) faleceron nestas últimas horas. En ambos os dous casos trátase de persoas de moi avanzada idade, unha de 99 e outra de 91 anos, que se atopaban nun estado moi fráxil e con patoloxías xa previas ao contaxio por Covid19. Como estaban nun estado de atención delicado, non se lles chegou a facer as PCR para saber se xa chegaran a superar a doenza do coronavirus, (tal e como se lles fixo a outras persoas que ingresaron ao mesmo tempo no Cegadi). Con todo, é de supoñer que nas estatísticas oficiais aparecerán como falecemento por coronavirus".

Fernando Suárez subliñou que "por outra banda, e segundo nos indican os responsables do Cegadi, nas vindeiras horas serán trasladadas ao Hospital Asilo de San Sebastián e San Lázaro 3 persoas máis, unha vez que superaran a doenza e deran negativo nos controis de PCRs e que nos tests de anticorpos revelasen que teñen inmunidade xerada contra o Covid19. Igualmente soubemos que, segundo as autoridades sanitarias do Hospital da Costa, prevese que este mércores se faga un novo cribado xeral no Hospital Asilo para comprobar de novo a progresión ou estabilización deste gromo".

O alcalde dixo que "o resto de persoas usuarias, tanto as que continúan no Cegadi como as que sempre permaneceron no Hospital Asilo, evolucionan con normalidade e manteñen, en termos xerais, uns niveis aceptables de sintomatoloxía, a pesares de que moitas delas teñen unha idade moi avanzada e presentaban xa patoloxías previas.En canto ao persoal e á relixiosa, tamén se atopan en proceso de recuperación. Así temos que: os 4 traballadores afectados están nos seus domicilios gardando a corentena necesaria e cos protocolos pertinentes; en canto aos usuarios, e ao longo deste gromo producido hai días, dos 19 que foron trasladados ao Cegadi, 7 deles superaron a doenza e xa foron ou van ser trasladados a Ribadeo polo que o número de persoas que alí seguirá vese reducido a 10; outros 3 usuarios diagnosticados como positivos, e de acordo cos criterios das autoridades sanitarias, permanecen no Hospital Asilo debido ao seu elevado nivel de dependencia previo ao contaxio vírico. Tamén se atopa nesta situación, desde o primeiro día detectado, a relixiosa afectada de covid19. Para todas estas persoas están habilitados igualmente os protocolos de atención, coidado e protección indicados polos servizos sanitarios e sociais. A día de hoxe tamén se atopa 1 persoa usuaria no Hospital da Costa en Burela, indicándose que cando supere a situación hospitalaria será derivada segundo o seu grao de dependencia ben ao Cegadi ou  ben ao Hospital Asilo de Ribadeo".

Suárez Barcia engadiu que "se segue valorando como moi positiva a actuación coordinada na aplicación dos Protocolos e Plans de Continxencia por parte da  dirección do centro e do seu persoal, así como a actitude dos residentes á hora de enfocar esta crise sanitaria. Igualmente se continúa a valorar moi positivamente a actuación coordinada das autoridades sanitarias do Hospital da Costa e das do Cegadi por ir desprazando a Santiago a estas persoas afectadas, logrando así dous obxectivos estratéxicos neste momento: o primeiro é que os afectados estean nas mellores condicións de atención residencial e hospitalaria posible. E o segundo é que o Hospital Asilo de Ribadeo vexa diminuído de xeito moi importante o risco de transmisión vírica para o resto de persoas que viñeron dando negativo en todo este tempo e que actualmente sumando os que sempre deron negativo e os que viñeron do Cegadi coa doenza superada ascenden 29 persoas entre usuarios e persoal. Como sempre indicamos, manteremos informada á cidadanía sexa cal sexa a situación á que nos teñamos que enfrontar, coa confianza de que ter pasado xa polo pico de madurez deste gromo que se iniciou hai máis de tres semanas. Seguirémolo a facer a medida que vaiamos obtendo información, ben por nós mesmos ou ben proporcionada polas autoridades sanitarias autonómicas en canto nola vaian facilitando, sempre co mellor ánimo informativo e para dar a confianza necesaria que evite rumoroloxías ou situacións de confusión".

--

 Anteriores sobre Coronavirus e Ribadeo:

Covid 19 no Hospital-Asilo de Ribadeo (1) . Evaristo Lombardero 

Progresión do coronavirus en Ribadeo (II) 

Nota de prensa con ledicia: vacina 

Progresión do coronavirus en Ribadeo

20210104

Covid 19 no Hospital-Asilo de Ribadeo (1) . Evaristo Lombardero

 

Hospital asilo de San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo

Covid 19 no Hospital-Asilo de Ribadeo (1)  

        A primeira noticia en medios oficiais sobre o brote de covid-19 no Hospital Asilo de Ribadeo coñeceuse o día 23 de decembro de 2020. Nesa data a paxina web do concello decía o seguinte: 

Tres residentes do Hospital Asilo de San Sebastián e San Lázaro, de Ribadeo, deron positivo por covid-19, segundo informou esta mañá o alcalde, Fernando Suárez. A detección produciuse dentro dos cribados periódicos que o Sergas realiza nas distintas residencias e centros de maiores…” 

       Nos días seguintes saíron novas notas na mesma páxina web onde se daba conta da progresión do brote que xa chegou a 24 ou 25 persoas incluíndo usuarios e varios empregados do centro devandito. 

       Como podemos observar nas notas da páxina web do concello  “… a detección produciuse dentro dos cribados periódicos que o Sergas realiza…”. O cal quer dicer que según estas notas oficiais non se detectou nengún caso anterior que puidese ter relación con este brote xa que os casos do Asilo foron detectados a traveso dos “cribados periódicos”. 

       No intre de escribir esta nota (4 de xaneiro) xa está corrida por todo Ribadeo outra versión dos feitos segundo a cal unha persoa que cumpria unha laboura de tipo espiritual no Hospital Asilo resultou positiva arredor do dia 21 ou 22 de decembro. De ahí despréndese que as probabilidades de que este primeiro caso tivese algunha relación cos seguintes son bastante evidentes.  

        Debemos suliñar que non pretendemos personalizar nen moito menos culpabilizar a nengún dos actores de este proceso, senón crarexar os posibeis pontos oscuros para poñerlles solución e que non se repitan no sucesivo. Asemade estes días tivemos contactos teléfonicos ou personais co Servizo de M. Preventiva do Hospital da Costa, ca Delegación Provincial da Consellería de Saúde en Lugo, con persoal sanitario que exerce no Centro de Saúde de Ribadeo e con persoas moi próximas a todo este proceso por motivos familiares, profesionais, de vecindade etc. 

       Despois de esta introducción podemos afirmar que hai abondas evidencias e coincidencias para supoñer que os feitos aconteceron dun xeito bastante diferente a como os conta a páxina web do concello de Ribadeo, porque houbo un caso anterior de outa movilidade e risco e non autorizado para entrar no hospital segundo a normativa vixente. E da aquí xurden unha serie de preguntas: 

      ¿Descoñece o concello a versión extraoficial e que non ten nada que ver ca rumoroloxía ? ¿Non ten nengunha pista, mesmo entre o persoal do Hospital-Asilo e a congregación de Marta e María? ¿Non se fixo o rastrexo dos contactos do caso inicial supostamente descoñecido? 

       Calquera pode seguir ca cadea de inquéritos ate agora inexplicados pola versión oficial pero imos ver outra serie de dúbidas: 

       O ”Protocolo conxunto da Consellería de Sanidade e da Consellería de Política Social para o manexo da crise do COVID-19 nas Residencias de Maiores” (17,11,2020) establece as normas de tipo preventivo e para o control da infección mesmo entre usuarios, persoal, familiares, profisionais sanitarios, perruquería etc. Enténdese que aquelas actividades que non están autorizadas deben considerarse desautorizadas, como poderían ser as clases de piano ou os xogos florais, tendo en conta o outo risco de infección e a especial vulnerabilidade dos usuarios deste tipo de centros. Dito doutro xeito, está perfectamente regulado quen pode entrar e quen non nas residencias da terceira edade. E aquí ven outra serie de inquéritos: 

        ¿Sabía o concello de Ribadeo que persoas que non están incluidas no listaxe de autorizadas entraban e saían no Hospital-Asilo? ¿Sabía con qué periodicidade se daban estas visitas e cales eran as actividades e que riscos de infección poderían traguer? ¿Non é moita causalidade que o primeiro caso de infección neste brote esteña borrado da páxina web do concello cando é do dominio publico?         

       Non nos nos imos extender, cada un debe pensar pola sua conta. A nosa idea é que esta experiencia debera servir para avanzar na participación da veciñanza nas medidas de control de riscos diante da pandemia do Covid-19 e  nos servizos sociais de Ribadeo. Sería custión de crear unha asociación de usuarios, familiares e  persoas voluntarias que defenda uns servizos públicos e participados democráticamente, como xa existen en outras zonas de Galicia. A participación implica requerir información, analizar as diferentes actividades dos responsables políticos e de xestión,  propoñer solucións e alternativas aos distintos problemas e a fin de contas non tragar con rodas de muíño. 

   En Ribadeo existen duas residencias da terceira edade: o antigo Hospital-Asilo de San Sebastián e San Lázaro, de titularidade municipal, xestionado pola Congregación relixiosa de Marta e María, que conta con 47 prazas das cales están ocupadas actualmente unhas 38. Asemade existe outro centro residencial da terceira edade inaugurado en xunio de 2019 e xestionado polo Concello e a Deputación de Lugo anque  unha gran parte das actividades foron contratadas a CLECE, empresa de Florentino Pérez que o 31 de decembro de 2020 cedeu ou subcontratou a unha empresa asturiana, se ben de esta operación non hai información oficial ata o día de hoxe. Neste escrito referímonos á primeira, o Hospital Asilo de San Sebastían e San Lázaro. Da segunda non hai noticias de infectados a dia de hoxe.

Evaristo Lombardero Rico, 4 de Xaneiro de 2021

20201229

Progresión do coronavirus en Ribadeo

   Nunha semana, o alcalde leva difundido tres notas de prensa sobre o coronavirus en Ribadeo. En concreto, sobre o brote que afecta ó hospital asilo (non á nova residencia de maiores). Aínda que sobre a orixe circula un rumor insistente, non está recollido nelas, polo que queda como iso, como rumor.

Coa liña de tendencia engadida.

   Á espera de máis novas (é de supoñer que mañá día 30 apareza outra), deixo as novas que recollo na web do concello por orde cronolóxica, tal cal. É dicir, recollendo única e exclusivamente a versión do concello (mesmo sen corrixir posibles erratas):

1.-

Foto Hospital Asilo

POLO MEMENTO QUEDAN SUSPENDIDAS AS VISITAS AO CENTRO

Hospital Asilo de Ribadeo

23/12/2020

Tres residentes do Hospital Asilo de San Sebastián e San Lázaro, de Ribadeo, deron positivo por covid-19, segundo informou esta mañá o alcalde, Fernando Suárez. A detección produciuse dentro dos cribados periódicos que o Sergas realiza nas distintas residencias e centros de maiores. Estas tres persoas atópanse con sintomatoloxía leve e foron trasladadas a unha residencia médica que a Consellería de Sanidade ten habilitada para estes casos en Santiago de Compostela.

O rexedor contou que "tivemos no día de hoxe coñecemento verbal por parte dos responsables do Hospital da Costa de Burela, que dentro dos cribados periódicos que o Servizo Galego de Saúde está facer nas distintas residencias e centros de maiores, producíronse tres positivos de persoas residentes no Hospital Asilo de San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo".

Suárez Barcia dixo que "estas tres persoas, segundo nos indican os responsables da Consellaría de Sanidade, atópanse cunha sintomatoloxía leve e xa foron trasladadas a unha residencia médica que a Consellería de Sanidade ten habilitada para estes casos en Santiago de Compostela. Por outra banda, infórmasenos de que a totalidade de traballadoras e traballadores do centro están sendo chamados para facer unha nova proba de diagnóstico para estar completamente seguros da situación á que nos temos que enfrontar".

O alcalde subliñou que "entrementres, por parte da dirección do Hospital Asilo xa se activaron de xeito inmediato os plans de continxencia e protocolos previamente establecidos para este tipo de situacións coa fin de controlar esta situación para que non vaia a máis. O funcionamento desta residencia en toda a xestión desta pandemia estivo sendo impecable tanto pola dirección como pola do persoal traballador, usuarios e familiares destes. Sempre se cumpriron todos os estándares fixados polas autoridades Sanitarias competentes, así como tamén neste Centro se foron implementando desde o inicio da crise sanitaria todas as melloras posibles de limpeza e desinfección". 

Fernando Suárez engadiu que "tamén se foi, e se é moi estrito, cos contactos dos residentes cos familiares ou achegados e todos estes posibles contactos nas visitas se fan cumprindo os mais estritos protocolos. E igualmente, o persoal traballador estivo cumprindo cos protocolos establecidos para a correcta actuación. Con todo, e a partires deste mesmo momento, e en tanto a situación non sexa normalizada, suspéndense as visitas aos usuarios e  usuarias do Hospital Asilo por parte de familiares".

Para o alcalde ribadense "débese ser consciente de que nesta situación de crise sanitaria por mor do Covid19 non existe risco cero, aínda que o centro está preparado para afrontar esta situación, tanto a nivel de persoal como de medios".

O rexedor engadiu que "ofrecemos toda a transparencia coa información que poidamos saber por nós mesmos ou pola información que as autoridades sanitarias autonómicas nos vaian dando nas vindeiras horas, ao tempo que queremos pedir cautela en comentarios ou rumoroloxía, a fin de evitar situacións de confusión ou malos entendidos. Todo parece indicar que a esta emerxencia sanitaria que dura mais de nove meses, estase traballando arreo con todos os medios e por todas as administracións e nos vindeiros días, previsiblemente na semana que vén,  as vacinas chegarán, empezando precisamente por estes centros residenciais como é o caso do Hospital Asilo de San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo".

2.-

Foto hospital asilo

ESTA MAÑÁ FOI REALIZADO UN NOVO CRIBADO NO CENTRO

Novos positivos no hospital asilo

26/12/2020

Rexistrados tres novos positivos por covid19 no Hospital Asilo de Ribadeo. Trátase de dúas usuarias e unha relixiosa. Todas presentan sintomatoloxía leve, segundo o alcalde, Fernando Suárez.

O rexedor explicou que "tivemos coñecemento de que ás tres persoas que deron positivas como contaxiadas de Covid19 temos que engadir tres persoas máis nestas últimas horas. Neste caso, dúas usuarias e unha relixiosa. Unha delas foi traslada onte á residencia médica que a Consellaría de Sanidade ten habilitada para estes casos en Santiago de Compostela. Outra presentou síntomas hoxe á mañá e foi trasladada ao Hospital da Costa para analizar o seu estado. En canto á relixiosa, está mantendo o confinamento total preceptivo para estes casos". 

Suárez Barcia dixo: "cabe destacar que a totalidade das seis persoas positivas, as tres do primeiro día e estas tres últimas, atópanse polo momento con sintomatoloxías leves".

O alcalde contou que "segundo nos manifestan os responsables do Hospital da Costa de Burela, na mañá de hoxe procedeuse a facer un novo cribado xeral para determinar se pode haber algún contaxio máis ou se pola contra a situación permanece estable. Agardan ter os resultados en breve".

Fernando Suárez indicou que "desde o Hospital-Asilo de San Sebastián e San Lázaro, mantéñense os protocolos e plans de continxencia establecidos para estas situacións e con limpezas e precaucións reforzadas para tentar controlar a situación. Reitérase que nesta crise sanitaria por mor da pandemia que estamos a vivir non existe risco cero, aínda que o centro está preparado para afrontar esta situación, tanto a nivel de persoal como de medios".

O rexedor ribadense engadiu que "manteremos informada á cidadanía a medida que vaiamos tendo información, ben sabida por nós mesmos ou ben proporcionada polas autoridades sanitarias autonómicas en canto nola vaian facilitando, sempre co mellor ánimo informativo e para dar a confianza necesaria que evite rumoroloxías e situacións de confusión ou malentendidos".

3.-

Foto alcalde Ribadeo

OS USUARIOS PRESENTAN SINTOMATOLOXÍA LEVE

Situación no Hospital Asilo

28/12/2020

Confirmados 8 novos positivos por covid19 no Hospital Asilo de Ribadeo, segundo deu a coñecer esta mañá o alcalde, Fernando Suárez. En total son 14 as persoas afectadas polo gromo detectado a pasada semana, 13 usuarios que foron trasladados á residencia do Cegadi en Santiago e unha relixiosa que segue en estrito confinamento en Ribadeo.

O rexedor contou que "este sábado pasado, despois de detectarse novos casos de positivos en Covid19, as autoridades sanitarias fixeron un novo cribado xeral. Os resultados recibidos indican que hai 8 novos casos de positivos confirmados. Trátase de persoas residentes. En canto aos do persoal traballador, todos eles deron negativo. Polo tanto, e aplicando o criterio dos días anteriores, a totalidade dos residentes diagnosticados como positivos xa foron trasladados á Residencia do Cegadi (Centro Galego de Desenvolvemento Integral) que a Xunta de Galicia ten habilitada para estes casos en Santiago de Compostela, onde tamén se encontran as persoas que xa deron positivo nos días anteriores, facendo un total de 13 persoas alí desprazadas. A esta cifra débeselle sumar a da relixiosa que se mantén en estrito confinamento".

Suárez Barcia dixo: "segundo nos confirman nas últimas horas os responsables do Cegadi, todas as persoas manteñen uns niveis leves de sintomatoloxía. Esta residencia habilitada posúe as características de residencia de maiores co engadido de que dispón de funcionalidades hospitalarias, que o resto de residencias non teñen. Estas mesmas autoridades, tanto as sanitarias do Hospital da Costa como as de Política Social do Cegadi, indican que esta situación actual deriva dunha previa que vai desencadeando un gromo, por canto unha grande parte dos afectados son compañeiros de cuarto de persoas previamente contaxiadas".

O alcalde seguiu a relatar que "tamén nos indican os responsables sanitarios do Hospital da Costa que de cara a mediados de semana farase un novo cribado xeral para comprobar se o gromo se estabiliza ou se pola contra hai novos contaxiados, sen prexuízo de que se poidan realizar novos test de antíxenos de xeito inmediato se algún outro residente mostra síntomas de contaxio antes dese cribado".

Fernando Suárez fixo unha valoración positiva das medidas adoptadas: "valórase polo tanto como moi positiva a actuación coordinada na aplicación dos Protocolos e Planes de Continxencia por parte da  dirección do centro e do seu persoal, así como a actitude dos residentes á hora de enfocar esta crise sanitaria. Igualmente se valora moi positivamente a actuación coordinada das autoridades sanitarias do Hospital da Costa e das do Centro Galego de Desenvolvemento Integral por ir desprazando a Santiago a estas persoas afectadas, logrando así dous obxectivos estratéxicos neste momento: o primeiro é que os afectados estean nas mellores condicións de atención residencial e hospitalaria posible. E o segundo é que o Hospital Asilo de Ribadeo vexa diminuído de xeito moi importante o risco de transmisión vírica para o resto de usuarios, que viñeron dando negativo en todo este tempo e que actualmente suman 24 persoas".

O rexedor engadiu: "como sempre indicamos, manteremos informada á cidadanía sexa cal sexa a situación á que nos teñamos que enfrontar, coa confianza de que en poucos días estaremos no pico de madurez deste gromo que se iniciou a principios da semana pasada. Farémolo a medida que vaiamos obtendo información, ben por nós mesmos ou ben proporcionada polas autoridades sanitarias autonómicas en canto nola vaian facilitando, sempre co mellor ánimo informativo e para dar a confianza necesaria que evite rumoroloxías ou situacións de confusión".