Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta José Carlos Rodríguez Andina. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta José Carlos Rodríguez Andina. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20060215

En barco a Ribadeo.

Vai moito tempo que as relacións con Alemaña dende Ribadeo establecíanse en barco. En tempo de Ibáñez, o liño ou o cúmel era así como se traían. Hoxe os tempos cambian en os alemáns veñen a establecerse comercialmente, pois Lidl remata de pedir licenza apra facelo, cabo da vía, á saída de Ribadeo no lugar onde xa se atopa un centro comercial. O comercio flúe fóra do pobo. En fin, o vello barco en maqueta da oficina de turismo pode ser empregado como insignia deste novo desembarco, en pro dos vellos tempos. 

Hoxe estou pouco imaxinativo. Segue o de Santiago vs Azucena, en plan culebrón. Hoxe tamén comecei a distribuír unha presentación sobre as casas en mal estado do vello Ribadeo, e supoño que sairei na radio sobre o tema, aínda que non son máis que unhas cantas fotos (30) cun moi breve comentario cada unha. Xa digo que se alguén a quere, que a pida. 

Pero, en Ribadeo, hoxe, chámame a atención a cara. Si, a cara de xente que quere declarar Ribadeo 'Municipio turístico sostible'. A cara que se me quedou ó leelo no xornal. E se lle sumamos que se organiza unha cata de viños do país no Parador, ou que se presentou o material preparado para a web, e queda a parte 'virtual', a cargo todo do PAGUS (xa lle vai o nome) o mesmo que o ascensor panorámico a Porcillán ou a fonte electrónica da entrada de Ribadeo... ou que na actualidade o concello está en fase de obtención do certificado de calidade para o servizo de limpeza e a xestión de residuos... ou o lixo só está por onde eu ando e os residuos son mal xestionados nos contedores de aquí á beira ou todo é unha grande farsa. Eu a verdade inclínome polo segundo. -- 

Continuando o que comecei en decembro, de Hernán Naval, en espera de ser colgado no sitio web de Hernán:

Data: 28/11/96

Fonte: El Progreso

Título: Naval sigue en la escuela de música por compromiso

Autor: Ribadeo Pablo Villapol/ reseña prensa

Descrición: Transcripción de P. Villapol do comunicado feito por Hernán sobre a súa continuidade na Escola de Música.

Comentarios: Sen ficheiro de comentarios

NAVAL SIGUE EN LA ESCUELA DE MÚSICA POR COMPROMISO

El director de la escuela municipal de música de Ribadeo, Hernán Naval, anunció que el fallo del juez en el que se le obliga a continuar al frente de dicha escuela no pone fin a este asunto, ya que él no quiere continuar al frente de una escuela “que foi despreciada repetidamente polo alcalde, que non atendeu o ano pasado a ningunha das peticións que se lle fixeron”.

Hernán Naval asegura sentirse humillado por el alcalde, José Carlos Rodríguez Andina, y añade que continúa al frente de la escuela “xa que a resolución do xulgado non me permite actuar en consecuencia coa indefensión na que fico fronte á alcaldía.

Dirigiéndose a los padres, alumnos y restantes profesores de la escuela de música ribadense, Naval asegura que si continúa es “por un compromiso cultural coa xente coa que traballo. Agora está ás portas o concerto de Nadal da Banda Municipal. Aprazo pois algunhas decisións”.

Estas decisiones que comenta las aclara señalando que “non existen afortunadamente ataduras económicas que me fagan soportar indefinidamente a persecución e o desprecio do actual goberno municipal”.

Refiriéndose a la actuación de José Carlos Rodríguez Andina, Hernán Naval asegura que mintió repetidamente ne varios asuntos relacionados con la escuela. Recuerda que fijo a la corporación municipal el 9 de septiembre que no tenía tomada ninguna decisión con respecto a su dimisión, “cando catro días antes asinara o decreto que me obrigaba a seguir na dirección”.

También afirma que Andina mintió en verano “ós pais cando lles dixo que as xestións para que a Escola comezase ordeadamente ían por bon camiño e logo dixo á prensa que non fixera contactos para substituirme, ou sexa que ou lles mentiu ós pais ou á opinión pública”.

Naval acusa al alcalde de no haber hecho “nen un ademán de diálogo” para tratar de solucinar el problema que planteaba su dimisión. Recuerda que “Andina no nfixo absolutamente nada para establecer contacto conmigo para, a través do diálogo, procurar unha saída negociada ó problema”.

Por otra parte, acusa también al concejal de cultura, Manuel Valín, de haberle mentido. Explica que “na apertura do ano académico dixo que prescindira de catro profesores do curso pasado porque a estes non lles interesaba imparti-las clases, e agora sábese que nen falaron con ningún”.

20230902

O pregón das festas da patroa 2023

 

O pregón das festas da patroa 2023

    Ribadeo está en festas. O programa das festas patronais de Ribadeo 2023 está na rúa. Onte foi o pregón. Nun cine-teatro ateigado unha mesa no escenario ocupada polo pregoeiro, José Carlos Rodríguez Andina, exalcalde, exdirector de instituto, exdeputado provincial, flanqueado polo novo alcalde e o presidente da comisión de festas, entrou en escena introducida polo televisivo e noso presentador Fabián Pérez., que sabe de que vai o tema, a máis de por instinto e profesión, por ter dado el mesmo o pregón no 2019. Todo é mentira, di o título do programa de televisión que Fabián dinamiza, mais a ocupación do salón e o comezo das festas non foi un engano visual. Coido que nas redes do mesmo Fabián (Instagram, Facebook, LinkedIn...) ou nas doutras persoas hai material abondo para ilustrar o acto de onte, polo que me limitarei a algún detalle. De segunda man, pois non estiven presente no acto. A foto que deixo é de Celia Castro.

    A imaxe parece contradicir que o cine-teatro estivera cheo. Todo é mentira. É pois unha homenaxe á persoa de Fabián, que fai de prestidixitador coas súas verbas. A mesa, pequeniña, ocupando o centro detrás de Ribadeo, é 'dirixida' por Fabián, de pé, lixeiramente a unha beira. Mentres, Ribadeo non se ve, mais síntese a súa presencia nunha escea na que pola súa vacuidade, pode acoller calquera cousa, calquera cousa pode pasar. Mais para lembrarnos que a escena idílica, perfecta, está encadrada na realidade, as manchas do teito do teatro devólvennos a un día a día máis prosaico.
    O pregón de José Carlos lembrou as vellas festas con nostalxia dunha xuventude compartida con boa parte do público asistente. A intervención de Fabián na súa presentación do pregoeiro introduciuno poñendo na mente dos asistentes un feito do período de José Carlos como alcalde, do que hai lembranza nos xornais en papel: a petición dos cativos (Fabián entre eles) para que lles deixaran xogar no recuncho cementado ó pé da igrexa, que deu lugar a unha recollida de sinaturas e, na súa presentación na alcaldía, a unha foto cun novísimo Fabián sentado ó carón do daquela alcalde.
    O acto rematou con música: A Tuna (de fóra) e a Coral Polifónica de Ribadeo.

20210202

Corporación municipal 2007


Despois das eleccións e a investidura do alcalde, a corporación municipal queda:
Fernando Suárez Barcia (Alcalde, BNG)
Mari Luz Álvarez Lastra (BNG, 1ª Teniente de alcalde, Delegacións de Cultura, Muller e Educación)
Vicente Castro Reigosa (BNG, 2ª Teniente de alcalde, Delegacións de Xuventude e Deportes, Economía e Facenda)
Horacio Cupeiro Rodríguez (BNG, 3ª Teniente de alcalde, Delegacións de Medio Ambiente, Medio Rural e Desenvolvemento Sostible)
José Carlos Rodríguez Andina (PP)
Jośe Duarte Díaz (PP)
Begoña Sanjurjo Santar (PP)
Jesús López (PP)
Balbino E. Pérez Vacas (PSOE)
Carlos Pérez Méndez (PSOE)
Mª José Rodríguez Arca (PSOE)
Francisco Rivas Álvarez (UPRi)
Agustín Reimóndez Gancedo (UPRi)
(No esquema aparecen na mesma orde citada, orde dentro das listas de cada partido)

20230618

A idade dos alcaldes de Ribadeo na democracia: Alcaldía de Ribadeo e idade

    A idade dos alcaldes non pasa a ser un dato máis, por moito que poda ser indicativo sobre o entorno no que se move e algún xeito de como fai as cousas. Non é a primeira vez que deixo no blog un gráfico sobre as idades dos alcaldes de Ribadeo. Aquí vai a actualización dos datos que teño (que non son os de todos os alcaldes) con previsión ata o fin do mandato que remata de comezar.

    Os once alcaldes de Ribadeo na época democrática están ordenados por data de acceso ó cargo, aínda que os hai que estiveron só uns poucos días (a maioría dos que teñen datos sen cubrir).
    O gráfico é indicativo: a xente, evidente, aumenta de idade co tempo, pero polo que parece, a idade media dos alcaldes españois non cesa de aumentar dende a chegada da etapa democrática. E en Ribadeo, aínda despois de ter o alcalde máis novo no 2007 e ter un novo alcalde tamén novo, parece que se vai incorporando á tendencia xeral.
    A ter en conta que houbo un tempo -a primeira tempada- no que a alcaldía foi abondo menos continuista que na actualidade; de feito, o mandato que recén remata completou 16 anos co mesmo alcalde en Ribadeo, máis dun tercio do período dende os tempos da ditadura.
    Unha nota: os anos están calculados restando ó ano da táboa o ano de nacemento (excepto o actual), polo que pode haber nalgún momento un ano de variación, o mesmo que pasa cando dicimos que alguén ten, poñamos por caso, 45 anos, cando lle falta un día para cumprir os 46.
    E unha lista ata a actualidade:
    1979 - Mario Meira, substituído uns meses en 1981 por José Fojo, de Cubelas, e rematando o mandato a partir de 1981 Antonio Martínez
    1983 - Jaime Vidaurrázaga uns meses mentres non se resolveu unha disputa de votos impugnados en Vilaframil. Logo, José Ramón Cociña, que tivo que deixalo por incompatibilidade coa Deputación Provincial, rematando o mandato José Luis Trashorras Méndez.
    1987 e 1991 - Eduardo Gutiérrez Fernández
    1995 e 1999 - José Carlos Rodríguez Andina
    2003 - Balbino Eugenio Pérez Vacas.
    2007, 2011, 2015, 2019 - Fernando Suárez Barcia
    2023 - Daniel Vega Pérez

--

Versión anterior (2019)

Eleccións municipais en Ribadeo:

Eleccións municipais 1979

Eleccións municipais 2003

Eleccións municipais 2007

Eleccións municipais 2011

Eleccións municipais 2015

Eleccións municipais 2019

Eleccións municipais 2023

Eleccións municipais en Ribadeo (na Galipedia)

20230106

Ribadenses destacados: Daniel Cortezón Álvarez. Santiago Sanjurjo Díaz

    Unha nova biografía de 'Ribadenses destacados', Daniel Cortezón por Santiago Sanjurjo.

DANIEL CORTEZÓN ÁLVAREZ

(Ribadeo, 1927 – Lugo, 2009)

Ensaísta, novelista, dramaturgo e senlleiro expoñente do teatro histórico galego

Daniel Cortezón (Foto de Matilde González)

    Daniel Cortezón nace en Ribadeo o 6 de febreiro de 1927, fillo de Amalia e Daniel. Por mor dos sucesivos traslados do pai, membro do Corpo de Carabineiros, pasa a súa nenez en diferentes vilas de Andalucía e Asturias. Atópanse nesta última rexión cando estoupa a Guerra Civil. O seu pai, que permanece fiel á República, combate en diversas frontes, ata que, ferido, cae prisioneiro en Castellón. Despois de ser xulgado nun Consello de Guerra e recibir unha condena a morte, posteriormente conmutada por unha pena de cadea perpetua, o pai bota cinco anos preso no cárcere de Xixón. Namentres, Cortezón e a súa nai retornan a Ribadeo, onde, a finais de 1939, o futuro escritor comeza a traballar nunha carpintaría, ata que, ao ano seguinte, entra como aprendiz na Farmacia Sarmiento, da que será empregado durante case cinco lustros.

    Cómpre sinalar que as vivencias e as lembranzas da guerra, na que faleceu en combate o seu tío Ramón Crespo Rodas (a quen inmortalizará e renderá unha emotiva homenaxe na obra Os irmandiños), sumadas ás conviccións esquerdistas do pai e á propia condición de proletario de Cortezón, contribúen sen dúbida a sentar as bases do seu futuro compromiso intelectual, artístico e político de clara filiación marxista. Esta postura consolídase sobre unha vasta e sólida formación de carácter autodidacta, cuxos comezos poden datarse nese mesmo ano de 1940, cando enceta a lectura case íntegra dos fondos da Biblioteca Municipal de Ribadeo, que el mesmo califica como a súa verdadeira universidade. Pouco despois escribe os seus primeiros textos, ensaios de carácter filosófico, político e estético, algúns dos cales publica en revistas como Rumbo, Estudios e Auxiliares de farmacia, da que co tempo chegará a ser redactor xefe. A súa traxectoria literaria iníciase en 1951 coa novela, escrita durante un periodo de enfermidade, As covas do Rei Cintolo (Galaxia, 1956) e ao pouco comeza a recibir os primeiros dos seus abondosos premios: o Manuel Cao Turnes do Centro Gallego de Bos Aires, pola aínda inédita novela Ribanzo, e o Otero Pedrayo do Lar Gallego de Caracas, co ensaio Os esprito da Galiza, ambos en 1956, así como o Premio da Casa de Galicia en Nova York, por De la saudade y sus formas, en 1959, por citar só algúns.

    Xa nesta etapa inicial resulta posible definir certas características que serán constantes na traxectoria posterior de Cortezón: primeiramente, ten lugar o descubrimento do galego e o seu emprego como lingua literaria, en alternancia co castelán, o que fai del un autor bilingüe pertencente a dous sistemas literarios diferentes. En segundo lugar, a historia, a cultura e a identidade galegas pasan a ocupar un lugar preferente no seu proxecto intelectual e artístico, ben como tema literario, ben como obxecto de reflexión, tal e como testemuñan os importantes ensaios O esprito da Galiza (1955), Pantocrítica galiciana (1956), Aspeitos sociolóxicos do ser de Europa, Consideracións encol do senso e posibilidade da crítica e Ouservacións para unha crítica en col do avidalismo na poesía galega actual, estes tres últimos galardoados co premio Padre Feijoo do Centro Gallego de Bos Aires en 1963. Por último, o xénero dramático, no que se inicia con títulos como Nicolás Flamel, O renarte Ciprián (ambas de 1960) e, singularmente, Prisciliano (pola que recibiu o Premio Villar Ponte de Teatro en 1962 e que sería publicada en 1970 por Galaxia) convértese no seu principal medio de expresión e na cerna da súa produción.

    En 1960 casa con Mercedes del Monte, Merchi, e dous anos máis tarde trasládase a León en calidade de apoderado de Empresas Barreiros, S.A. En 1965 instálase en Madrid, onde dirixirá Financiación y Crédito, S.A., e a partir de 1970 e ata a súa xubilación en 1987, traballará na sucursal de Refrey. Na capital madrileña entrará en contacto con importantes persoeiros das culturas española e galega (ao longo da súa vida cultivará unha fonda amizade con Celso Emilio Ferreiro, Ramón Piñeiro, Borobó, Dionisio Gamallo, Ramón de Valenzuela, Isaac Alonso Estraviz, Luz Pozo Garza, Xosé Luís Franco Grande, Carlos Díaz, Suso Peña, Delfín Mariño, Carlos Álvarez Lebredo, Toni Deaño, Chemi Lombardero, Manuel F. López, Manuel Valín e Roberto Rodríguez, entre moitos outros).

Daniel Cortezón e Dionisio Gamallo Fierros (Foto de Matilde González)

    As décadas dos 60 e 70 son verdadeiramente prolíficas e están cheas de éxitos: as obras en castelán El Rey de Harlem e Semáforo inauguran o III e IV Premio Sitges de Teatro en, respectivamente, 1969 e 1970. En 1972 a versión castelá de Os irmandiños queda finalista no Premio Ciudad de Alcoi (o orixinal galego obterá o premio Santiago Rusiñol no X Festival de Sigtes de 1977). Esta localidade alicantina será particularmente xenerosa co ribadense, pois tan só un ano máis tarde voltará a quedar finalista con El mástil (gañadora do Premio Aguilar de Teatro en 1977) e en 1974 resultará gañador coa obra sobre Salvador Allende e o golpe de Estado en Chile Compañero Presidente, compañero, cuxo estreo será prohibido pola censura. En 1974, Xelmírez ou a gloria de Compostela, coa que acada o Premio Ciudad de Barcelona de Teatro, estréase en castelán no Teatre Grec de Montjuic e a Editorial Nós de Bos Aires publica o orixinal galego. Ao ano seguinte Cortezón resulta finalista do prestixioso Premio Lope de Vega con Crónica del rey don Pedro, que verá a luz anos máis tarde, en 1998, nunha colección teatral da Universidade de Murcia. Nos anos seguintes saen do prelo importantes títulos dramáticos como A diáspora (1976), Crónica de Enrique IV (1977), Os irmandiños (1978), Pedro Madruga (1981) e Danza, contradanza y metamorfosis de moros y cristianos (1982), Soñando a Goethe en primavera (1986) e as sucesivas entregas da súa monumental tetraloxía Castelao ou a paixón de Galiza: O animador de ilusións (1986), As árbores e os xuncos (1988), Intermezzo bufo (1996), coa que un ano máis tarde queda finalista do Premio Nacional de Literatura Dramática, e O pudor e a angustia (1997). No eido da narrativa cómpre destacar a publicación de A vila sulagada (1981), gañadora do prestixioso Premio de novela Eduardo Blanco Amor na súa primeira edición.

Carlos Álvarez Lebredo, Daniel Cortezón e Suso Peña (Foto de Matilde González)

    Despois da súa xubilación, Cortezón retorna a Galicia e aséntase no seu Ribadeo natal, onde prosegue coa súa intensa labor literaria e intelectual. No prazo duns poucos anos sofre importantes perdas persoais coa falecemento da súa nai e da súa dona, Merchi, que o somen nunha depresión. Así e todo, non deixa de participar na vida cultural: escribe, pronuncia conferencias, traduce obras de autores como os seus amigos Jerónimo López Mozo e Lauro Olmo, recibe premios e homenaxes, e ve como se poñen en escea algúns dos seus textos dramáticos. Neste último eido destacan as representacións de Os irmandiños e de Pedro Madruga a cargo do colectivo «O Castelo» e baixo a dirección de Roberto Casteleiro, durante o Festival Irmandiño de Moeche (nas súas edicións, respectivamente, de 1996 e 1997), así como a estrea, en 1999, da montaxe de Xelmírez ou a gloria de Compostela que realizou o Centro Dramático Galego, dirixida por Roberto Vidal Bolaño. Só un ano máis tarde prodúcese o pasamento do seu íntimo amigo, o intelectual ribadense Dionisio Gamallo, cuxa monumental biografía Dionisio Gamallo Fierros. Varón de Porcillán. La sinfonía incompleta (2005) pode ser considerada a derradeira gran obra de Cortezón.

    En abril de 2002 casa con Matilde González, Mati, con quen compartirá a tutela de Beatriz Mohedano, e uns meses máis tarde recibe unha homenaxe na súa vila natal, que culmina coa dedicatoria dunha rúa ribadense. Tras uns últimos anos nos que, entre Vigo e Ribadeo, prosegue escribindo, falece en Lugo o 4 de outubro de 2009.

Fila superior: Olivia Tudela, Gonzalo Vázquez Pozo, familiar de Josefina Martínez, Verónica Lorenzo, Josefina Martínez, José Carlos Rodríguez Andina, Saulo Cuesta, Veva Sordo, Rosa Fernández, Toni Deaño, Manuel Valín, José Luis Echevarría.
Fila inferior: Tomás Sanjurjo, Matilde González, Daniel Cortezón, Marita Gamallo, José Luis Pensado, Elena Diego, Luz Pozo, Emilio Lorenzo, Rafael Alvarado, Rosa Cobo, Enriqueta Ruiz, Chus Maseda e Roberto Rodríguez.
Diante de Luz Pozo: Fidel (fillo de Olivia Tudela) e Santiago Sanjurjo.
Centenario de Dámaso Alonso. Ribadeo, xullo de 1998.

(Foto de Jaime F. Pola)

    A inxente obra de Cortezón permanece en gran medida aínda inédita e, por desgraza, a meirande parte dos seus libros están esgotados e só se poden atopar en bibliotecas ou librarías de segunda man. A súa dilatada produción abrangue practicamente tódolos xéneros literarios, entre os que destacan o ensaio, a novela e, de xeito sobranceiro, o teatro. Así, atopamos desde pezas teatrais para nenos (Alí Ben Mangato e mailo seu cabalo branco chamado Beliador, de 1995) ata ponencias sobre temas diversos como La moral de los estoicos (1946) ou Sobor das condicións do asalto á razón (1990), pasando por guións para televisión sobre Prisciliano, como o escrito para a TVG con Mariano Tudela en 1985.

    Porén, dentro desta heteroxeneidade resulta posible identificar un fío en común que dá sentido ao proxecto literario e intelectual de Cortezón. Dous son os piares sobre os que se asenta: por unha banda, unha perspectiva política de carácter marxista (relativamente heterodoxo) e, por outra, un nacionalismo galego sui generis. É precisamente na produtiva e, en ocasións, conflitiva dialética entre ambas fasquías onde xorde a xenuína e orixinal aportación do dramaturgo ribadense. Nun primeiro momento, as obras ensaísticas —xa mencionadas— que escribe ao longo dos anos 50 e 60 sentan as bases dunha severa e argumentada crítica do que el considera as causas do fracaso do «proxecto histórico do ser de Galicia como nacionalidade» e que constitúen un demoledor cuestionamento do que, seguindo a Helena Miguélez-Carballeira, podería considerarse unha identidade sentimental de Galicia. A continuación, partindo desas premisas teóricas Cortezón decide traballar na creación dun teatro histórico (e político, sería preciso engadir) do que, segundo el, carece o sistema literario galego. A súa misión sería a de «afondar na memoria histórica do pobo galego, sobre todo na súa vertente de rebelión dos oprimidos e dominación dos opresores», para o que crea unha serie de obras protagonizadas por axentes individuais e colectivos «cruciais na eclosión e ulterior frustración da galeguidade». Así, as pezas adicadas ás loitas irmandiñas, Xelmírez, Pedro Madruga ou Castelao buscan atopar e expoñer as razóns do fracaso histórico de Galicia que, para Cortezón, en moitas ocasións levan os nomes e apelidos daqueles que, como sinala Iolanda Ogando, «tendo nas súas mans os instrumentos» para mudar a historia, «non souberon asumir as súas responsabilidades». Finalmente, a orixinalidade da proposta de Cortezón, atravesada de pola mencionada relación dialéctica entre marxismo e nacionalismo, reside en que «trascende a mitificación do pobo e a desmitificación dos estamentos poderosos» para remover conciencias e facer do teatro unha ferramenta de crítica revolucionaria e de construción nacional.

Bibliografía

Abuín, A., «A traxectoria teatral de Daniel Cortezón: cara unha poética do drama histórico galego», en: Cortezón, D., Xelmírez ou a gloria de Compostela. Santiago de Compostela (1998), pp. 77-120.

Cortezón, D., «Los años de la destrucción», en: Pörtl, K. (ed.), Reflexiones sobre el Nuevo Teatro Español. Tübingen (1986), pp. 74-82.

González Gómez, M., «Cronología», en: González Gómez M. y M. Valín Valdés (coords.), Daniel Cortezón. Viveiro (2011), pp. 19-31.

Ogando, I., Teatro histórico: construción dramática e construción teatral. A Coruña (2004).

Pascual, R., «Daniel Cortezón. Lembranzas dunha vida autodidacta», en Madrygal, 11 (2008), pp. 199-205.

SANTIAGO SANJURJO DÍAZ

--

Sobre D. Cortezón no blog

20191215

A idade dos alcaldes de Ribadeo: Alcaldía de Ribadeo e idade

    No seu momento, esquecín poñer ó día un gráfico curioso: o das idades dos alcaldes de Ribadeo. Aproveito agora para actualizalo de xeito parcial.

    Os dez alcaldes de Ribadeo na época democrática están ordeados por data de acceso ó cargo, aínda que os hai que estiveron só uns poucos días (a maioría dos tos sen cubrir).
    O gráfico é indicativo: a xente, evidente, aumenta de idade co tempo, pero polo que parece, a idade media dos alcaldes españois non cesa de aumentar dende o advenimento da etapa democrática. E en Ribadeo, despois de ter o alcalde máis novo no 2007, vaise incorporando á tendencia xeral.
    A ter en conta que houbo un tempo -a primeira tempada- no que a alcaldía foi abondo menos continuísta que na actualidade; de feito, o actual mandato completará 16 anos co mesmo alcalde en Ribadeo, máis dun tercio do período dende os tempos da ditadura.
    Unha nota: os anos están calculados restando ó ano da táboa o ano de nacemento, polo que pode haber nalgún momento un ano de variación, o mesmo que pasa cando dicimos que alguén ten, poñamos por caso, 45 anos, cando lle falta un día para cumprir os 46.
    E unha lista ata a actualidade:
    1979 - Mario Meira, substituído uns meses por M. Fojo, de Cubelas, e rematando o mandato Antonio Martínez
    1983 - Jaime Vidaurrázaga uns meses mentras non se resolveu unha disputa de votos impugnados en Vilaframil. Logo, José Ramón Cociña, que tivo que deixalo por incompatibilidade coa Deputación Provincial, rematando o mandato José Luis Trashorras Méndez.
    1987 e 1991 - Eduardo Gutiérrez Fernández
    1995 e 1999 - José Carlos Rodríguez Andina
    2003 - Balbino Eugenio Pérez Vacas.
    2007, 2011, 2015, 2019 - Fernando Suárez Barcia 

--

Versión anterior (2017)

20230512

As imaxes dos alcaldes de Ribadeo baixo a nova Constitución

    A xa non tan nova Constitución en España, cos seus remendos (poucos, interesados, pero existentes e aprobados sen referendo) devolveu a verba democracia como característica do funcionamento do estado en España. E dende aquela, no 1978, hai eleccións para alcaldes, tendo pasado uns cantos polo mando no concello de Ribadeo.

    Hai unhas semanas (o 21 de abril), instaláronse no corredor do primeiro piso da casa do concello os cadros dos dez alcaldes do concello de Ribadeo deste período, realizados e agasallados por Concepción Millán. Despois de comprobar a pouca difusión que están tendo, decidín postealos aquí. E aquí quedan, xunto cos comentarios da nota de prensa. Tentei facer a foto cos menores reflexos posibles, e o resultado non é moi bo, pero o que pretendo é que se coñezan, e se alguén quere ver mellor, que se pase pola Casa do Concello para miralos:

Mario Meira González (1979-1980)

Foi o primeiro do período democrático. Un verdadeiro Relacións Publicas, moi sinxelo e sen presuncións; seguramente encabezou a candidatura de UCD por un requirimento de amizade, e cumprido este, dimitiu. 

José Fojo Barcia (1980-1981)

Coma outros compañeiros viuse sorprendido ao resultar elixido Alcalde, as augas calmas até o momento anterior transformáronse nun avespeiro que, coas boas intencións como argumento, non foi dabondo para calmar. 

Antonio Martínez López (1981-1983)

Fora cabeza da Candidatura Progresista Independente que empatara en concelleiros con UCD. Tocoulle facerse cargo do concello democrático e administrar a colaboración de Leopoldo Calvo-Sotelo e fíxoo con habilidade e man esquerda. 

Xaime Vidaurrázaga Urbieta (1983)

No seu curto mandato iniciáronse actividades inéditas e un pacto de goberno tripartito que sementou novas alianzas no futuro. 

José Ramón Cociña García (1983-1985)

Permaneceu pouco tempo porque a súa vocación política levouno ao Parlamento Autonómico. O seu ribadensismo levouno a colaborar coa administración local que o sucedeu. 


Xosé Luís Trashorras Méndez (1985-1987)

Mesmo gobernando con maioría absoluta, foi quen de darlle delegacións da alcaldía á oposición e trenzar colaboracións e acordos. 


Eduardo Gutiérrez Fernández (1987-1995)

Aínda que a súa época xa foi ben entrada a democracia, tivo que impulsar cambios e melloras de aspectos estancados coma o urbanismo, a recuperación e restauración da Granxa Pedro Murias. A mesma ansia empeñou na restauración coa cultura galega e no impulso cultural, musical e deportivo. 


José Carlos Rodríguez Andina (1995-2003)

Dous seus precedentes políticos e profesionais soubo tirar temperanza, e da vinculación coa institución provincial e autonómica intentou procurar investimentos e melloras de posición para a vila. 

Balbino Pérez Vacas (2003-2007)

Puxo en contacto inversor o Goberno central en obras como o ascensor panorámico e promocionou iniciativas turísticas na vila e nas parroquias. 

Fernando Suárez Barcia (2007-2023)

    Fernando non ten comentario na nota de prensa, senón unha, como di el, 'despedida'. O estar aínda no cargo é o que ten. De calquera xeito, no blog está abondo referido para calquera información que se quera.

Foto retrato alcaldes
Imaxe do acto de recepción dos cadros.

20070601

Alcaldes de Ribadeo. Un pouco de historia

Por algo que non ven a conto púxenme a saber os alcaldes dende a época democrática en Ribadeo. Faltábame algún, pero coido que agora xa están todos.
1979 - Mario Meira, substituído uns meses por Fojo, de Cubelas, e rematando o mandato Antonio Martínez
1983 - Jaime Vidaurrázaga uns meses mentras non se resolveu unha disputa de votos impugandos en Vilaframil. Logo, José Ramón Cociña, que tivo que deixalo polo que parece por incompatibilidade coa Deputación Provincial e rematou o mandato José Luis Trashorras.
1987 e 1991 - Eduardo Gutiérrez Fernández
1995 e 1999 - José Carlos Rodríguez Andina
2003 - Balbino Eugenio Pérez Vacas.
Anotación posterior: 2007 - Fernando Suárez Barcia
Pois esa é unha parte da historia democrática de Ribadeo. Hai moitas máis. Por exemplo, se contamos as asociacións de veciños.
Nota moi posterior: homenaxe ós alcaldes democráticos de Ribadeo no 40 aniversario das corporacións democráticas (2019)

20091105

Táctica política no PP de Ribadeo

É instrutivo ver o devir político cunha pouca de análise. Non tanto os casos de corrupción como a propia vida normal dos partidos, que é a que manifesta mellor o ser social que son (a corrupción é máis unha enfirmidade das persoas, aínda que se poda rematar transmitindo ó corpo social, á estrutura na que están inmersas, se non se actúa a tempo). Neste caso, o PP ribadense, que leva xerando no pobo dimes e diretes sobre a sucesión ó ata agora xefe partidario en Ribadeo, José Carlos Rodríguez Andina, abriu a caza do candidato, proclamando onte a súa apertura ó facer público o anuncio de precandidaturas (5 polo momento, Azucena - Xerente da Funcación comarcal da Mariña Oriental, José Luis López Braña identificable pola xestoráiq eu leva os seus apelidos, Jesús López Penabad e Begoña Sanjurjo, ambos concellais, máis M. Valín - Xerente da Funcación comarcal da Mariña Central), tornando así un ruxeruxe que coido que estaba facéndolle mal ás espectativas futuras do partido, nunha espectativa que o promociona e que promociona os nomes dos precandidatos, facilitando un primeiro paso para a candidatura de quen sexa á alcaldía: o coñecemento polo público.
Ben é certo que a proclamada apertura non o é tanto (parece que onte por algunha cadea radiofónica invitouse a que se presentara calquera, o que me fixo pensar que pasaría se se presentara alguén sen ser do partido e non levando na súa existencia moitos votos da súa parte), pois non vai ser elixido polos asociados, senón pola executiva, o comité diretivo local, dezaoito persoas ó que parece.
Ben, en resume, un sinxelo anuncio ben calculado pode virar as tornas dunha división partidaria nun proceso de unión baixo un único paraugas no que alomenos pareza que todos contribúen.

20070824

Aquí se duerme fenomenal...

    ... dixo Zapatero tras a súa primeira noite nos Oscos, unha noite normal, de semana, na que nalgunhas zonas de Ribadeo non se durmiu tan ben...
    Deixando a Zapatero durmir, a Comisión de Goberno de Ribadeo non tratou o tema da licenza de Acuinor. Ó que parece, o tema segue proposto como estaba antes e parece máis claro de quen foi a 'culpa' de que pasaran os prazos e agora se reclame por silencio administrativo: falar da piscifactoría non figuraba na orde do día e foi reclamado por Balbino Pérez Vacas - PSOE. O alcalde, Fernando Suárez Barcia, polo momento, actúa con precaución, xa que os informes non son todos positivos. E xa houbo información privilexiada, segundo as verbas do PP (José Carlos Rodríguez Andina), que adianta tamén que o concello podería ter que indemnizar a Acuinor...
    O que nos leva a algo xa tratado algunha volta no blog: a responsabilidade dos alcaldes. Que eu saiba, en época de Balbino ditouse unha sentencia que aínda está sen executar para tirar unha certa altura do edificio de entrada a Consum. Entrou nos xulgados outro edificio na Lodeira por temas semellantes, está o tema de Acuinor, con 'piscina' xa incluída na paisaxe, foi concedida licenza de apertura ilegal (segundo o xulgado) a un local implicado no RAMINP, ... e que responsabilidade ten o alcalde? Pode dicir algo así como 'eso xa pasou'? Dubídoo.
    En canto á postura do actual alcalde de pedir informes, máis informes, a diversas instancias da Xunta, mentres di 'que se aclaren', sen emitir xuízo propio, déixame pensando se o que pretende é ganar tempo para saír no atolladeiro que se atopou (o que espero que sexa así non só por el, senón pola xente que ten no seu equipo de goberno, aínda que coido que tería outros recursos) ou perdelo para que mentres vaia pasando máis do tempo que argumenta Acuinor que xa pasou (en consoancia coa postura que mantivo con anterioridade, pro-piscifactoría 'tal cal'..

20090323

O declive educativo


"O relativo declive da educación ... non se pode manter para nosa economía, inadmisible para nosa democracia e inaceptable para os nosos nenos. Non podemos deixar que siga como está. O que está en xogo é o soño ...". Natural, a educación vai cada vez peor; un chiste de onte mesmo no 'El Mundo' deixábao claro: dous estudantes representaban unha viñeta na que un dicía ó outro, 'fíxate se seremos pesimistas que cremos que e educación pode ir aínda peor'... Certo, a educación está relacionada coa economía, da que é un piar básico. Está relacionada co exercicio da democracia, pois quen ten os ollo abertos pode desfrutar dela, e quen non, maltratala (en ambos casos, en termos de probabilidade, que a natureza humana e outras cousas tamén contan). E, como dereito, o non ter unha boa educación conculca os dereitos dos nenos. A cita está sacada de un 'El País' deste mes. E Obama, quen fala, refírese ós EEUU, faltando nos puntos suspensivos as verbas 'estadounidense' e 'americano', respectivamente. Mágoa que zapatero non se dirixira do mesmo xeito ante a Cámara de Comercio americana en España, espello do lugar onde se expresou obama nos EEUU.



Mentras, en Ribadeo estamos esperando a ver que pasa coa unificación de centros (para a que terían que ter comezado hai cousa dun ano obras que aínda non comezaron), obras paradas (que teñen empantanada a vida diaria doutro centro), ...E a ver que pasa porque un vaivén político pode dar ó traste cos planes que había e debuxar o mapa educativo de Ribadeo, en teoría en pleno tránsito, doutro xeito completamente diferente. E as consecuencias vénse: Barreiros, zona educativa de Ribadeo, ó fin e ó cabo, non garante a auga para o parque de bombeiros no verán, ... se o parque se chega a poñer en marcha. Por se hai algún dewspiste, isto ten que ver coa construcción anárquica desta última tempada. Quizáis cunha mellor educación as esperanzas de progreso se puxeran noutros lugares en troques de nos cartos doados vía ladrillo incontrolado, e en troques de inútis discusións políticas partidarias tiveramos parque de bombeiros hai anos a traverso de transparentes e calmadas xuntanzas de representantes elixidos. Porque, con todo, o parque de bombeiros tivo que ser remozado xa e aínda non entrou en funcionamento, co que ó mellor no verán non hai ise problema anunciado...

As fotos, de Ribadeo,tres casos de construcción nada graves: o primeiro, a torre do antigo cuartel, na rúa San Miguel, máis derruída que cando foi manifestado o seu mal estado en 'Ribadeo Falls', agora xa coa barandilla caída. Unha porta antiga tapiada, nunha foto tomada a pocos metros da anterior. A dicir que neste caso, xa non lembro porta aí, e deixaron o dintel como decoración, quedando abondo aparente. A terceira, para comentar un detalle desta casa recén remozada (pódense ver aínda as pegatinas nas ventás). Resulta que, se nos fixamos nos cables da parte superior, dunha beira e doutra, observamos que baixaban; non se aprecia que o tellado xeral estaba mesmo por baixo do dintel actual das fiestras de agora, verdade?
... estánseme acumulando fotos sen comentar.
Nota posterior: Entérome de que a última foto pertence a unha casa de José Carlos Rodríguez Andina a conto de que me chamou a atención por publicala, pretendendo que a retirara.

20110715

Un exemplo claro do que alguén, no seu día o promotor, nunca debeu ter feito e do que o alcalde naquel momento, José Carlos Rodríguez Andina, nunca debeu ter permitido

O título está tomado das declaracións do alcalde, onte, por mor do replantexamento do faiado dun edificio que leva saído varias veces no blog. 'Agora si', iso parece.
A 'solución', por chamala dalgún xeito, non debe ocultar varias cousas, entre elas:
1.Permitiuse cando está dado por válido xudicialmente que non se debera permitir.
2.Quen o permitiu sae do tema como se non tivera responsabilidade.
3.Polo momento, os cartos para reparar o desaguisado saen dunhas arcas públicas que enchemos entre todos. Logo, recuperaranse ou non.
Respecto da primeira, poderíase dicir 'un erro téno calquera', se non concurriran detalles como que existen técnicos no concello para asesorar, e que houbo máis casos, segundo outras sentenzas dos tribunais posteriores.
Respecto do segundo punto, é un mal (tal como o considero eu) do ordeamento xurídico que os mandamaises dos concellos non teñan asignada unha responsabilidade directa. É certo que teñen asesores, pero tamén que son eles quenes toman as decisións, e que entre o que corresponde a uns e a outros queda todo diluído, esquencendo aquelo de que 'a Deus o que é de Deus e ó César o que é do César' e permitindo consecuentemente facer desaguisados pola cara dos pobos.
En canto ó terceiro punto, os cartos gastados, podemos pensar que é precisamente agora, nun momento de reducción obrigada de gastos cando hai que facer un desembolso para tentar recuperalo despois. O caso é que o hai que facer (en realidade a sentenza ven de antes da crise) con cartos públicos.
Deixo á beira toda a problemática cos veciños e de resolución técnica de detalles, cousas que levan atrasado anos a solución.
Contratado o estudo
O derribo, para antes de catro meses (2009)
Embrollos: o concello, construtor a tempo parcial

20091120

Rocambole

Rocambole é a base que deu nacemento a rocambolesco. E é unha ficción. Do mesmo xeito poderiamos tirar da imaxinación e comezar a poñer palabras a cousas que están a suceder en Ribadeo e na zona (algunha, aínda que tratada para Ribadeo, en realidade abrangue moito máis aló). Hai moitas, e como mostra, algunhas:
O corredor norte. Estrada moderna que vai unir o entronque da autovía con Ferrol pola mariña enteira, argumentada dende o momento no que a autovía quedou fixada por Vilalba, ía entrar en servizo, segundo as previsións iniciais, en 2007. Agora prevese que sexa en 2017. E é craro que aínda pode variar... sempre para máis aló. É dicir, coido que podería ter suprimido o de moderna ó comezo.
Case tantos electores como elixibles. Ía ser aberta a presentación e aberta a elección. Tiven para o sistema un pequeno eloxio no blog, pero dende antes xa se fora complicando e despois aparecen novidades. Total, seis precandidatos. Está craro que ou o PP ten exceso de xente adecuada ou sobra xente. Pero, pola outra banda, a elección redúcese da base de afiliados (por unha entrevista de M. Valín parece que xa foron consultados e non gustou o candidato que saíra) á executiva local, ó sistema que decidira, e agora, parece que decidiu que o sistema sería mediante a votación de 8 superelectores. Segundo a Voz, serán Juan Antonio Edrosa Loureiro (Presidente), José Carlos Rodríguez Andina (secretario), Daniel Vega, Inés Ares, Baldomero Castro Prieto, Ana Docobo, Mari Paz Ramos, Pedro Fernández Dorrego e un máis (ou unha) por NNXX. Algo interno que leva dado xa voltas.
Xa falei algunha vez do novo Plan E e das posibilidades de uso que implica. Moitas, si, incluído o mexadoiro que pide tamén o PP para o parque do campo. Iso si, con wifi no mesmo parque. O resto de propostas vai no sentido de obras diversas, como pronostiquei (algunhas, abondo necesarias). Entendámonos, non é que non quera que uns mexadoiros lle fagan competencia ó mexadoiro de King Kong, nin que non observara nunca mexar polo parque, ou que non se teñan instalados mexadoiros (mesmo hai un par de meses, como se pode ver nunha das imaxes) ...
Pulgas, 30 €, e agora asamblea en contra. Cousas de igrexa. Máis en concreto, da de Covelas, que leva dando que falar aínda que non aparecera no blog, pero unha nova na prensa sobre un ataque de pulgas ó sacerdote na misa e as posteriores declaracións e peche da igrexa, o paso de 60 a 30 € por tocar as campás e agora o inicio de rebelión dos veciños fan da nova un novo tema que encaixa cos anteriores.
"Eles terán todo o dereito, pero nós temos toda a razón" é unha frase do alcalde para un tema non tan rocambolesco pola definición legal, pero plenamente encadrado no concepto por moitas actuacións. E que xa foi tratado máis dunha vez aquí: o pago á SGAE.

20070708

En espera doutra crise


   ... porque a correspondente á paga do alcalde xa finalizou, como se esperaba, no pleno de onte. José Carlos Rodríguez Andina e Balbino Pérez Vacas farán parte da xunta de goberno (60€/xuntanza, como o resto dos participantes excepto o alcalde, que ten a paga integrada no soldo). Terá que cesar un membro do BNG para facer sitio. Mentras, UPRi queda fora.
   Tamén contarán os grupos cun local no concello, novidade deste mandato. Agora falta a asociación de veciños de telo.
   Un pouco máis lonxe da casa do concello, pero tamén relacionado con ela, a xente de Acuinor di que é inviable a construcción da piscifactoría nas novas condicións que se lle exixen (a lembrar que xa non parece un trato preferente, e que se pretende que cumpra a normativa sobre espazos naturais). En contraposición, Os Irmandiños, cooperativa agrícola con trinta anos de historia, segue boiante, aumentando facturación e servizos. Non pode facerse dela un referente para outras actividades no concello e na zona? Véñenseme á cabeza a cooperativa Mondragón, hoxe cabeza de múltiples grupos industriais e comerciais (por exemplo, Eroski) despois dunha historia de medio século de actividade.
   Na foto, unha columna desprazada pola súa base na baixada a Porcillán, na casa do Cubano. É dicir, algo a corrixir antes de que haxa perigo.

20051211

Ribadeo dende o parque


Dende o parque de San Francisco/Pza. de España pode contemplarse parte de Ribadeo. Aquí van catro fotos de mostra. A primeira, una vista da torre da igrexa parroquial de Sta. María do Campo, en vista lateral dende o paseo do Parque de S. Francisco. Pode observarse o tempo invernoso nas árbores peladas de follas tanto como o estilo da torre eclesial.
Outra foto é a da oficina de turismo, nun vello edificio recuperado que adorna o sitio que ocupa. Mágoa de aparcamentos de bicicletas ó aire libre para alquilalas que lle adosaron vai non moito tempo. A outra foto corresponde á beira Casa do concello - Cantón dos Moreno, feita dende o mesmo sitio que a anterior comentada, e onde se ve a degradación que supuxo o novo edificio que remata os soportais do cantón, a parte da cesión de solo público que supuxo por mor dos ditos soportais para continuar os anteriormente existentes no cantón. Completa a mostra unha foto do desmonte da carpa que m antivo o mercado do Nadal, no Parque da Pza. de España.
É que non hai de que falar estes días en Ribadeo? Nada de eso. Despois do Congreso de EnCiGa e a presentación do último (por agora) libro no IES (autores, Antonio Gregorio :-) e Gérard Traineau, que pronto estará dispoñible en Galifontes e nas páxinas do IES), a política segue a dar que falar.
Aínda onte José carlos Rodríguez Andina lle pedía a dimisión ó alcalde por deixarse levar/apoiar decididamente o tema da piscifactoría de Rinlo/Meirengos, e noutro lado, o meu artigo que xa está no blog dende o outro día. Pero hoxe é domingo, e desdramatizo un pouco andando polos cerros de Úbeda: o periódico trae un debate sobre a necesidade da asignatura de educación para a cidadanía (que a mín lémbrame aquelo de 'Educación Cívica' que era asignatura en tempos da dictadura, pero que hoxe en día podería voltar a ser necesaria pola desestruturación da sociedade actual), non aforra cometnarios sobre os 40 enfrontamentos en 48 días a que estivo sometida a brigada española en Iraq, e comenta que a comunidade de Castela e León se rasgue as vestiduras porque galiza quere incorporar no estatuto un punto parello o que ela xa ten: a posibilidade de que concellos veciños sexan integrados na comunidade tras un proceso de adhesión.
Mais? Pois que apareceron unhas cintas secretas que voltan a traer a colación a xestión inicial da crise do Prestige. Parece que non é que sexa 'Ribadeo is different', senón como o vello lema, 'Spain is different'. Por algo era un lema ben traído e que deu rendibilidade turística.
A propósito, cada ano róndame pola cabeza unha idea de xeito máis forte: boicotear a presencia de Ribadeo en FITUR (a comezos de ano ...) por mor do ruído nouturno; este ano, adiantouseme a cousa. Motivo? O Concello anda reclamándolle a outros concellos de A Mariña (das '3 Mariñas') unha cota por gastos, e lembrei que antes presentábase xunta en FITUR toda a Mariña. Que como podo facelo? eso non o direi a menos que o faga.

20051020

Este Concello que temos

Parece cada vez máis difícil falar sobre cousas de Ribadeo sen falar do Concello. É chocante, pois ó ir crecendo, coido que debérase diluir a influencia do Concello no día a día. Nembargantes, entre onte hoxe, é imposible non falar, estando en Ribadeo, do atraso de moitos meses na apertura da piscina, da perda de outro caso máis polo Concello (o último, a absolución de José Carlos Rodríguez Andina polos comentarios sobre a comisión do acoso no Concello, despois que o profesor de música Teixeira tamén o ganara e para despedilo o Concello teña que abonar máis de un millón das antigas pesetas, máis de 6000 euros, vamos), o xuízo de Mondoñedo polo que se xulga a ecoloxistas por parar as obras da piscifactoría que de xeito tan vehemente apoia o Alcalde) ou da expulsión de Valín onte do pleno. Nótase tamén a importancia crecente da xudicatura no Concello, a pesares de non ter xulgados adecuados. E, en consecuencia, fáise que a xente esté pendente de titulares de déixanse cousas como o ter preparada apiscina para non ter que tela pechada un ano, o amaño do observatorio de Sta. Cruz (2 anos), a pintura do mirador do cargadeiro (máis tempo aínda) ... ou sobre cousas que van vir de xeito inmediato, como o PXOM, mentras as obras campan polos seus respetos non importa ónde nin cándo (creo que moitas veces non se sabe nin cándo), a comunicación está cortada e a asesoría está ... boeno, non sei se se pode chamar asesoría ós conselleiros cos que conta o alcalde, porque teño ben claro que unha cousa son informes e outra ben diferente asesoramento.
Por certo, a foto (como pode verse) é recente, pero só serve para dar unha nota de cor, pois a beirarúa que se observa levantada estaba en abondo mal estado, e coido que é preferible facela agora que no verán, do mesmo xeito que sería bó outras moitas obras semellantes que parece que terán que esperar. En canto ós carteis do muro, cabe lembrar que vai non oito tempo, había espazos habilitados para poñelos. Na actualidade, non hai espazo para sinalizalo: as sinais quedaron baixo o engrudo. A todo esto, de mirar as viaxes realizadas polo alcalde, hai que pensar que Ribadeo está moi ben relacionado: a última polo momento, foi á entrega dos Príncipe de Asturias. Non sei se foi unha viaxe de placer ou de representación, pero a ben seguro alí se poden facer moitos contactos... posiblemente, o alcalde os ten, pero, e Ribadeo? ten 'contactos' Ribadeo?
Pode que teñamos que esperar a que os chinos teñan satélites de fotografía con máis definición dos actuais para podelo saber, pero todo chegará despois do segundo vóo espacial tripulado chino que retornou onte.
E, para rematar, unha entrada das vellas.
--
Outra entrada
Dicía un anuncio "tódolos días un plátano". Dicía Sta. Teresa de Xesús "a paciencia todo o pode". E digo eu, que se esas citas e outras polo estilo son certas, débese de insistir tódolos días. por eso, un antidipo en borrador dun artigo que espero apareza pronto en "pensamentos": Febreiro dende a Atalaia Nun ano, os meses van detras uns dos outros sen discontinuidade. Continuando en Ribadeo, despois de Xaneiro, ven Febreiro, que comeza como se de Maio se tratara (temperatura, ceo, frores...), co que dar unha volta pola Atalaia permite disfrutar á vez dun bó tempo, unha vista magnífica e o progreso das obras no porto deportivo, chamémoslle de Porcillán. Lentas pero continuadas (as obras...), como este mes parece pedirlle ó corpo en medio dun inverno normal, que non neste con temperaturas de xullo e de Siberia, alternadas de xeito rápido. O tempo inestable tamén parece unha sinal, algo que fixo marcar unha diferencia con Xaneiro: saíu á rúa un boletín do PP onde se fai queixa de exactamente catro cousas, pero que significa algo que o mes anterior non quedaba claro e que abre a porta ás eleccións xa próximas para Congreso e Senado: o dereito da oposición ó pataleo, sexa co base ou feito nas nubes. E parece que cara a esa cita electoral pasaron moitas cousas no mes: dende o antroido, onde a penetrou moi debilmente en comparación coa boda real, pasando polo Sergas, que anuncia na prensa a disposición do posto de pediatra, ó comezo de campaña, con dous mítins xusto ó comezo da da movida campañera. Aí tamén estivo presente o fracaso de fitur (segundo algúns) aireado na prensa do mes. E fóra do mes, unha primeira pedra política polémica, da que haberá que falar en Marzo. Rematou febreiro cun derrubio por sorpresa que a algún deixou branco para todo o día: o do edificio onde se atopaba a Farmacia de Nieto, que para evitar males maiores rematouse a golpes retrasando o mítin do BNG e cortando a rúa que din as malas linguas que fora cortada xa con anterioridade na viciñanza, pode que para evitar o derrubio do propio mítin. Noutra orde de cousas, xa se puxeron en marcha as escolas municipais e estase a desenvolver a “Oferta Cultural” do Concello, con curtos, actividades para nenos, ensino deportivo... ¿Marcha Ribadeo? É preferibe iso a Marchar de Ribadeo, e tamén á Marcha en Ribadeo. De calquera xeito, andan as augas movidas pola avaliación preelectoral. Traase de voltar ó revés aquello de que en augas movidas péscase ben: neste caso, axítase a auga para pescar, e, ás veces, péscanse... botas ou calquera lixo. A curiosidade de observar as correntes no remate da obra do Porto Deportivo sería unha alternativa ó tedio en contra do progreso da vila. E non é ironía: contemplación de obras como matar o tempo por falta de expectativas. E rematamos sen música máis que electoral, a pesares que precisamente co gallo desas eleccións fora lembrado Hernán Naval como antigo candidato. A banda ténnos desasistidos despois do concerto de reis, e o turismo un pouco esquecidos despois de Fitur, pero a continuidade dos días e os meses nótase. Marzo e as eleccións dan un certo formiguillo ó ambiente. Verase.
(publicado no vello blog a comezos de marzo do 04)
--

20060309

Ribadeo transitable


Parece que en poucos días desbrozáronse e están transitables varios quilómetros da antiga vía do ferrocarril no termo municipal de Ribadeo. Santirso de Abres e a Pontenova xa o fixeron vai moito, e entre ambos, é transitable de xeito completo. Aquí tamén se podería seguir, se ben é certo que hai tramos que están cortados pola actual estrada e é máis dificultoso, pois lévase falando do tema un decenio alomenos. Da gusto pasear polos tramos recuperados por alí arriba; é unha invitación ó sifrute da calma na natureza.
Potenciar rotas como a do tren viría ben nun momento no que os hostaleiros se teñen reunido (martes) interpreto para algo así como 'recuperar credibilidade', voltando a mencionar os positivos (segundo eles) aspectos económicos que trae a movida. De outros aspectos, é necesario unha sentencia para que se recoñezan, e de outros máis, aínda falla o recoñecemento. Dos beneficios veño oíndo falar vai moito. Se alguén non os coñece, podo explicarllos.
A mimosa caída o pasado fin de semana, parece máis bonita así, pero en poucos días, caso de non ser retirada, morrerá.
--
Unha de Hernán:
Data: 14/11/98 Fonte: la comarca del eo
Título: APRACEN A VERBENA: QUÉDOME
Autor: Hernán Naval
Descrición: artigo escrito como reacción a decisión de non concederlle a compatibilidade laboral para que poidera simultanear a subdirección da escola de música da Coruña, no que se manifesta a voluntade de continuidade da súa labor pola música en Ribadeo.
Comentarios:
APRACEN A VERBENA: QUÉDOME
Hernán Naval
1º Na tarde do pasado martes comuniquei aos responsabeis do Consórcio para a Promoción da Música (Orquestra Sinfónica de Galiza) e do Concello da Coruña, promotores da Escola Municipal de Música da Coruña, a miña decisión de non me incorporar ao centro como docente e Sub-Director, como me tiñan proposto. A Escola coruñesa, un magno proxecto educativo e de divulgación musical de orzamento millonario, entrará en funcionamento inmediamente, en canto rematen as probas públicas de seleición de profesorado e máis a s importantes obras de remodelación dun grande edificio ubicado no casco vello da Coruña. Coñezo de perto todo, tanto o proxecto educativo, plasmación prática do discurso que nos últimos anos veño defendendo sobre ensinanza musical e promoción da música, como os pormenores práticos da súa realización: mantiña conversas cos responsabeis do Concello coruñes e da O.S.G. desde hai semanas. Debo agradecer públicamente a comprensión amosada polos representantes municipais coruñeses e do ente sinfónico ao coñecer a miña decisión final de non ocupar finalmente a Sub-Dirección da Escola Municipal de Música da Coruña, toda vez que o Pleno da Corporación Municipal de Ribadeo, mercede aos votos dos membros do Partido Popular e do concellal “independente”, e a inintelixíbel abstención dun concelleiro do PSOE, non me concedeu a compatibilidade do meu posto de traballo que solicitaba, pois tal era a miña pretensión: continuar á fronte da Banda Municipal de Ribadeo e da Escola Municipal de Música, a tempo parcial, e aceitar a proposta coruñesa. Naturalmente, renunciando a unha redución salarial en Ribadeo de case o cincuenta por cento (renuncia ao plus de incompatibilidade, pérdida de varios niveis no plus de dedicación, redución salarial global proporcional á redución de xornada laboral, etc), e contando co informe de Secretaria avaliando a legalidade e a viabilidade da miña pretensión. Folga mostrar a miña gratitude aos concellais do BNG, os únicos que votaron a prol da compatibilidade laboral que solicitaba.
2º Non podo obviar unha reflexión pública, sequer breve, sobre o dito no Pleno do pasado luns, 9 de novembro, por parte do alcalde de Ribadeo, don José Carlos Rodriguez Andina, e sobre a atitude dos concelleiros do seu partido. Lamento non poder conter a afirmación vehemente pola miña parte de que o Alcalde comportouse cinicamente. Primeiro aludiu á posta en funcionamento da Escola no anterior mandato municipal, mesmo querendo expresar unha certa conformidade coa súa criación, cando o certo é que el e os membros do seu partido combateron na sombra a posta en marcha do centro; Andina, daquela na oposición (outono do 93), mesmo realizou comentarios despectivos de cara a Escola en médios de comunicación. Máis logo falou da actual Relación de Postos de Traballo municipais e das consideracións obxectivas que deben primar na descripción dos mesmos; faltoulle lembrar que a descripción do posto 0601, de Director da Banda, foi o instrumento seu, hai dous anos, para me obrigar autoritariamente a permanecer na Dirección da Escola Municipal de Música, cando eu tiña apresentada a dimisión polo desinterese, a desatención e mesmo o desprécio á Escola amosado polo actual Alcalde. En definitiva, cando quixo mostrar recoñecimento á miña dedicación á Escola e á Banda, ás “moitas horas que fai Naval, máis das que debe”, e cando dixo con ironía chulesca que se eu era “un luxo” mellor non prescindir de min nen por unhas horas, trataba de rirse de min; non importa.
3º. O grave é que o señor alcalde, no Pleno do pasado luns, ríuse de todo Ribadeo cando afirmou que el, como Director do Instituto de Bacharelato, a pesar de Alcalde, estaba no centro todos os días. O martes, entre as dez e as once da mañan, chamei ao Instituto coa intención de felicitalo por ter o sangue tan frio: non estaba. Que o Alcalde me desprecie e se ria de min non ten a maior importáncia, que se ria de todos é cuestión máis séria.
4º. Teño dito que o Alcalde non ten a menor confianza en min. Por suposto, nengunha no ámbito personal, pero tampouco no plano profisional. Díxeno até esgotarme cando en xuño do 96 apresenteille a dimisión como Director da Escola, perante o seu deseinterese pola mesma, e o Alcalde botou case tres meses sen abrir a boca ao respeito, até que por decreto, sen mediar diálogo, me obrigou a seguer dirixindo a Escola dos seus tormentos. Segue igoal. En nengún intre, no transcurso do debate plenário, estimou as consideracións profisionais por min argúidas –contidas no documento aportado como argumentación miña para obter a compatibilidade-, moitas delas apresentadas pensando no mantenimento e mesmo mellora dos servizos da Escola, e desde logo no benefício da Banda. Se así for, non tería acusado ao portavoz da oposición, e xa que logo a min, pois o portavoz do BNG apoiou os meus argumentos, de subxectivo, apresentándose el, Andina, como o defensor do interese público. O interese público, señor Alcalde, no referido á Escola Municipal de Música, tería pasado por que as xestións mínimas para un normal comezo do curso que lles prantexei en agosto e que a vostés correspondían, estivesen realizadas en tempo e forma antes de outubro, cousa que non ocorriu; en atención ao interese público, a estas alturas os profesores da Escola terian que ter asinado o correspondente contrato para comezaren a perceber as súas remuneracións, sobre todo despois de teren feito vostés, no seu día, bandeira da regularización da situación deste personal, por non falar das constantes mostras de incompetencia, xa non desinterese, que, verbo da Escola e da Banda, mostra de cotío o concelleiro que ten para istos menesteres menores; se o interese fose de vostés, e non só meu e do público, quizáis eu non tivese que escreber este comunicado.
5º. En todo o tempo que, en virtude do meu posto de Director musical, me tiven que relacionar con Rodríguez Andina como Alcalde e con Valín Valdés como concelleiro de Educación e de Cultura, mantiven sempre unha atitude de escrupuloso respeito institucional, antepoñendo a isto únicamente, cando foi necesário, a dignidade da Banda e da Escola como entidades públicas, por min promovidas, ao servizo dos cidadáns. Ninguén poderá dicer que politicei nunca o meu traballo. Serei un profisional regular ou mesmamente malo, pero son un profisional íntegro. Nen Andina nen Valín poderán negar que, pola miña parte, sempre houbo entrega, colaboración, xenerosidade. Habíaa, institucionalmente, cando eles eran oposición; hóuboa cando foron governo. Observadas as súas mans e as dos concelleiros do PP no Pleno do pasado luns, votando en contra de que pudera compatibilizar un traballo artístico en Ribadeo con outro semellante na Coruña deixando de perceber unha parte moi sustancial do meu sálario en Ribadeo, non podo dicer que, por parte deles, houbese nengunha correspondéncia. Pola contra, actuaron con critérios políticos...contra min, coñecida e nunca ocultada a miña militáncia política na beira contrária a súa. Non votaron en beneficio do interese público, non: votaron para agredirme políticamente.
6º. Como dixen, quédome. Pésie a Andina. Teño un labor que rematar aquí. Coa Banda, á que teño ilusionado con novos e máis importantes proxectos. E coa Escola, para facer dela a mellor Escola de Galiza despois da da Coruña. Así pois, señor Alcalde, señores do PP, garden en seco os foguetes e apracen a verbena. “Ao enemigo que fuxe, ponte de prata”, pensaron. Pero non vai desta. Terei, seguramente, outras oportunidades de promoción profisional na miña carreira.
E se non, vostés non bailan no meu enterro.

20220612

UN PLENO HISTÓRICO PARA RIBADEO. José María Rodríguez Díaz (2008)

     O de histórico vai polo plan xeral, que aínda non sería tan histórico... Un comentario anterior a este en data, no blog, está en https://www.ribadeando.com/2008/03/hora-da-poltica-local.html

Martes, 11 de marzo de 2008

UN PLENO HISTÓRICO PARA RIBADEO

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 11:21

De trascendental puede ser calificado el pleno municipal celebrado en el Palacio de Ibáñez de Ribadeo el día 10 de marzo del año actual. De su importancia da cuenta el numeroso público asistente que rondaba las cincuenta personas, cuando la asistencia habitual a los plenos no sobrepasa las diez.

Su interés se derivaba de la importancia de uno de los puntos que se iban a tratar en la sesión: la aprobación inicial del Plan General de Ordenación Municipal. Después de varias fracasadas tentativas habidas en años pasados y aun en el mandato anterior de dotar a Ribadeo de uno nuevo, seguía en vigor el viejo plan del año 1977. Un plan anacrónico y caduco que no podía dar una respuesta a los actuales problemas de desarrollo de nuestro concejo y que exigía su relevo por uno actualizado, capaz de dar respuesta a las necesidades de la sociedad actual.

Pero vayamos por partes parándonos a analizar algunos de los más importantes puntos tratados en ese pleno. Después de la aprobación del acta anterior la sesión dio comienzo dando posesión de su cargo al nuevo concejal del PSOE, Ramón López Pérez que sustituye al cesante Carlos Pérez Méndez.

Seguidamente el Sr. Rivas, del grupo independiente UPRI, hizo alarde una vez más de un exhaustivo seguimiento de los gastos que implican para el concejo las diversas resoluciones adoptadas por la alcaldía y que él considera excesivos. Su minucioso control sobre los gastos realizados por la concejalía de cultura logra poner nerviosa a la titular de esta concejalía que contesta a sus requerimientos con evidentes muestras de enfado y nerviosismo.

Los dos puntos siguientes referidos al programa “Xantar sobre rodas”, creado por este gobierno para atender a personas necesitadas y que ya había sido puesto en marcha a título experimental el año pasado por el espacio de un mes, fueron aprobados por unanimidad, no sin que algunos portavoces hicieran alguna crítica relativa a su funcionamiento y financiación a través del plan concertado, del concejo y de los afectados.

Otro punto caliente que se trató seguidamente, arrastrado ya de anteriores sesiones, fue el relativo a la adjudicación del contrato de concesión de servicios de recogida de envases y explotación del Punto Limpio. Y aquí, el Sr. Rivas, como ya hiciera en anteriores sesiones, se empeñó una vez más en defender el aplazamiento de esta adjudicación hasta que la Comisión Consultiva de la Xunta respondiera a la cuestión que le había sido planteada sobre la valoración del expediente. Apoyaba sus argumentos en los defectos del expediente relativos a la empresa Urbaser, primera clasificada, así como en la falta de urgencia de esta adjudicación que no veía justificada. El PP exige el cumplimiento del mandato del pleno anterior que había acordado la adjudicación a Urbaser si la comisión de la Xunta no contestaba en el plazo de un mes a las dudas planteadas por UPRI, cosa que no ocurrió. El contrato quedó, pues, adjudicado a Urbaser con los siete votos del PP y del BNG a favor, la abstención del PSOE y los votos negativos de UPRI.

Y después de otros puntos de menor importancia aprobados por unanimidad, se pasó al punto estrella de este pleno: la aprobación inicial del Plan de Urbanismo. Tema verdaderamente trascendental y sobre el que hubo acuerdo por unanimidad. No sin que antes el Sr. Rodríguez Andina, portavoz del PP, evocando tiempos pasados, les recordara a los actuales portavoces sus deslealtades pasadas cuando el PP había tratado de sacarlo adelante en el año 2001. El alcalde agradeció finalmente la generosa actitud de los portavoces de la oposición y prometió todo el apoyo para que el nuevo plan, que quedará expuesto durante dos meses, pueda ser visto por todos los interesados y puedan ser asesorados a la hora de presentar sus posibles alegaciones. Hacemos votos por su pronta aprobación definitiva que se intuye como probable dada su adaptación a la normativa vigente, algo de lo que carecía el anterior elaborado por Pérez Vacas y que la Xunta desestimó. Y mientras tanto no se produce la aprobación definitiva, quedarán suspendidas las licencias de obras.

Después de la aprobación de otros puntos menores, como una actuación integral en la calle Calvo Sotelo, se cerró la sesión con el punto de Ruegos y Preguntas en el que se sucedieron varias intervenciones presentadas por los distintos portavoces de la oposición y las respuestas del alcalde que las aceptó en su mayoría.

Un pleno conducido por su presidente con talante e inteligencia que, a diferencia de los del pasado mandato en los que la crispación era constante, discurren ahora con orden y armonía como si fuera una reunión del cabildo catedralicio de Mondoñedo. Y un día histórico para Ribadeo que va a ver superado por fin este obstáculo que condicionaba su desarrollo social, urbanístico y medio ambiental.-

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.