20240330

Recuncho da lectura: Unha educación

 

Recuncho da lectura: Unha educación

    Unha educación. Tara Westover. Hércules de Ediciones. ISBN 9788412321173. A Coruña 2021

    Non sei se pasará á historia; a xulgar pola tradución, dubídoo. Mais volvería lelo. Non ten unha prosa 10, pero sóbralle para a expresión do que quere, a historia dunha familia vista por unha ovella negra non tan negra, dunha muller dende a anulación como persoa á liberación, por defectuosa que sexa. A transformación posible efecto da educación, con todas as eivas que pode significar. E unha ventá aberta ó estrito relixioso que dende Galicia pode que non se comprenda nunha sociedade como a estadounidense.

1 comentario:

Lucía Ferro dixo...

É unha das miñas lecturas favoritas. Para min o tema do libro non é o relixioso como tal se non como de restritivas poden ser algunha familias ou comunidades. De feito creo que por desgraza hai moita xente que se pode identificar con estas vivencias aquí mesmo en Galicia, aínda que por falta desa educación da que fala o libro, seguramente sexan as persoas menos proclives a coller esta lectura.