20220830

Nota de prensa de #eólicosasínon

    As plataformas para tentar un aproveitamento sustentábel da enerxía eólica seguen o seu curso, neste caso, na procura de apoios:

Eólicos no monte Pindo. Lic. CCBYSA3.0 de Lmbuga en https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Enerx%C3%ADa_e%C3%B3lica_-_O_Pindo_-_Galicia.jpg

Tres plataformas vecais piden posicionamento á Asociación InterEo, Concellos e xestores da Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón”.

A potencial implantación masiva de complexos eólicos na Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón”, coloca en alto risco a declaración da Reserva da Biosfera, debido á degradación ambiental e social causada polo impacto acumulado desta proposta de invasión.

Conxuntamente, as plataformas veciñais Xente de Oscos-Eo, Stop Eólicos Negueira e Eólicos na Mariña, Así Non promoveron e apoiaron a campaña estatal promovida por ALIENTE (Alianza Energía y Territorio) pola cal se solicita unha moratoria científica en tódalas Reservas de la Biosfera ata que se realice o “estudo sobre a viabilidade de instalacións eólicas, fotovoltaicas e termo solares, incluída a repotenciación, e infraestructuras asociadas en territorios declarados Reserva da Biosfera en España”.

Esta solicitude foi presentada ó Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITERD) o pasado mes de xullo, sendo apoiada por 447 colectivos vinculados a 35 Reservas da Biosfera de toda España. Cabe resaltar que la Reserva de la Biosfera o Eo, Oscos e Terras de Burón” é a que máis apoios tivo con 134 colectivos de diferente índole (Concellos, asociacións veciñais e culturais, montes veciñais de man común, empresas de diversos sectores, etc), mostrando o crecente rexeitamento social á invasión eólica que se está pretendendo impoñer na nosa Reserva da Biosfera.

As Plataformas lamentan que ante a gravidade da situación, non haxa un claro posicionamento para defende-la Reserva da Biosfera nin por parte dos Concellos, nin por parte dos xestores, xa que ata o momento apenas dous Concellos, o de Negueira de Muñiz e o de Santalla de Oscos, se adheriron á campaña (que segue aberta para novas adhesións).

As Plataformas denuncian que a ameaza de invasión é real (ver Táboa 1) e que a proposta de macroproxectos centralizados non é a solución por presentar graves problemas tales como: (I) o seu potencial é limitado e menor do actual consumo enerxético, (II) depende de materiais escasos, (III) tén unha gran dependencia fósil (para a extracción de materiais, fabricación e instalación) e (IV) está centrado na electrificación (que supón o 20% do consumo actual).

Táboa 1. Número de aeroxeneradores e potencia en funcionamento e en tramitación dentro da Reserva da Biosfera e na área de influencia de 10km


En funcionamento

En tramitación


Nº aeroxeneradores

Potencia (MW)

Nº aeroxeneradores

Potencia (MW)

Dentro da Reserva da Biosfera

286

318,06

333

1082,705

Na área de influencia de 10km

150

200,33

264

1031,86

Ademáis, as Plataformas apuntan que existen alternativas. Tomando como base la filosofía das Reservas da Biosfera de ser un instrumento para “exemplificar un novo modelo de relación do ser humano coa Natureza”, as Plataformas apuntan que a Reserva da Biosfera é un escenario fantástico para propoñer unha transición enerxética xusta, baseada nun modelo de enerxía renovable distribuído, promovendo o aforro enerxético, o autoconsumo e a eficiencia enerxética. Unha transición que poña ás persoas e tódalas formas de vida no centro.

Por fin, as Plataformas novamente solicitan ó Concellos e Órgano Xestor posicionamento, adhesión á campaña e unha reunión para discuti-la problemática eólica e o posicionamiento ante a mesma.

Máis información da campaña en: https://aliente.org/moratoria-cientifica-reservas-de-la-biosfera


Ningún comentario: