20210615

Convocatoria de pleno no concello de Ribadeo para 20210617

   Con data de hoxe aparece na sede electrónica do concello a convocatoria dun pleno urxente (e polo tanto, extraordinario) para pasado mañá, xoves 17 de xuño ás oito da tarde. O motivo alegado da urxencia é 'Expedientes pricipalmente afectos a cuestións económicas que deben coordinarse con traballos do presoal adscrito a Secretaría e Intervención'. Non entendo moi ben a urxencia dalgúns plenos en cuestións que coido deberan estar planificadas con antelación, salvo moi raros casos, pero ó mellor se me escapa algo.

   O mesmo me sucede ó ver unha moción presentada polo Comité de Empresa de Alcoa. Como cousa formal, cría que debían presentarse as mocións por parte dos partidos políticos, cando o regulamento permite ás asociacións só preguntar despois do pleno, como toda participación cidadá, e como se ten tratado no blog moitas veces.



 

Ningún comentario: