20080714

Dunha semana a outra

Rematou onte a semana coa interpretación do concerto da Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares para dar remate coa entrega de galardóns o I Certame de intérpretes mozos Hernán Naval. A falta de Suso, tivo unha presentadora substituta de excepción: M. Luz Álvarez, concellala de cultura. Gostariame conseguir as verbas da súa primeira intervención para dispoñer delas para o arquivo dixital Hernán Naval.
Estivo ben a alternancia de directores, entre o titular e o da BMMR como invitado. Parece que a segunda obra foi rescatada dos arquivos e interpretada por primeira vez neste concerto, do mesmo xeito que a segunda foi premio no certame deste ano de GZCrea, En xeral a actuación foi aplaudida longamente, sorprendendo unha curta intervención de despedida fóra de programa. En Celtia non aparece no programa o nome do clarinete solista, Daniel, que comezou os seus pasos en Ribadeo.
A prensa recolle hoxe a campaña contra a nave na ría, a partir sobre todo do comunicado. Á beira, o texto da sinatura.
Tamén onte se deu nova dunha partida de cartos para o castro das Grobas; parece que a cousa vai encamiñada para a 'posta en valor' (estudo e logo desenvolvemento do terreo) do castro.
E hoxe comezan as xornadas medioambientais (ver programa en post anterior). Algunha referencia haberá no blog ó longo da semana.

Ningún comentario: