20080707

Dúas reseñas

Venres ás oito da noite tivo lugar o acto de información sobre a ría organizado pola Plataforma para a defensa da ría de Ribadeo e a AVV O Tesón. Unhas 45 persoas acudiron ó salón de actos da Casa do Mar para obter de primeira man información sobre o estado da burocracia sobre nave de Mirasol e en xeral a conservación da ría. En realidade, sobre o que se sabe, que é ó tempo ben pouco e ben inquietante, e iso que dende que saltou a nova ó coñecemento público, pode dicirse que prácticamente non variou ningún dos dous parámetros: a nave segue a tramitación como se tal cousa; estamos a tempo de parala, pero tamén o estamos de que se constrúa. O próximo domingo, petición de sinaturas.
Deixo a continuación a captura en imaxes do libreto correspondente ó I Certame de Intérpretes Mozos Hernán Naval, aclarando o premio, correspondente a Zeltia (ver biografía), sobriña de Hernán, titular do certame, que foi seguida de Carmen María Ferreiro Soto e Rafael Espido. Actuou de presentador Suso López.




1 comentario:

agremon dixo...

Esta entrada foi corrixida por mor de que incialmente estaba mal a relación de galardóns.