Amosando mensaxes organizadas por data para a consulta praia dos bloques. Ordenar por relevancia Amosar todas as mensaxes
Amosando mensaxes organizadas por data para a consulta praia dos bloques. Ordenar por relevancia Amosar todas as mensaxes

20220803

Manolo bañouse nos Bloques con casco, e Eva María paseou en bicicleta

Manolo bañouse nos Bloques con casco, e Eva María paseou en bicicleta

    Si, as noticias do verán (e do resto do tempo) son así, teñen moito aquel (e aqueloutro). E xa sabemos que Ribadeo non é Palma aínda que teña palmeiras, que chamarse Eva María non é o mesmo que dicirse Victoria F. (F polo de se é segredo, a modo de Victoria's Secret, xuntar o de Victoria a Federica nunha publicación calquera) e que ter un irmán tamén F, nome común ó tempo que propio por moi segundo, secundario ou segundón que sexa, non é o mesmo que ter un Manolo por moito que sexa o único nome que leve o portador, a máis de o máis abundante e usado na pel de toro ou boi.

    A nova podería ser redactada algo así: "A popular praia de Ribadeo recibiu a visita de Manolo coma un visitante máis que é. Non houbo ringleira de apretóns de mans no sinxelo acontecer diario veraneante. Tampouco houbo burla sacando a lingua ou semellante, como din as publicacións doutros ambientes. A xente común é así, común. E mesmo será raro ver outra reportaxe que transmita feitos semellantes a este. Aquí, exclusiva, exclusiva! O glamour dos Bloques non se veu alterado pola chegada de Manolo. Todo o máis, algún amigo fíxolle un sitio arredor do corro do grupo sobre a herba. Iso si, preto da moza do momento. Podemos dicir 'a moza dos seus ollos'? Sería moito dicir, como ten dous ó mellor non están de acordo. Manolo, tan simpático coma sempre, despois pegouse un chapuzón. Por suposto, acompañando algo que nos sorprendeu e deu que falar: fíxoo con casco! Preguntado sobre o tema, preguntou á súa vez que que tiña de anormal, que un casco é un gorro, ou, ao menos, parécense moito! Que ocorrencias máis cuquiñas ten este Manolo! 

    Tamén apareceu estes días por Ribadeo Eva María. A lombos da súa bicicleta xa vintage por iso de que é vella pero querida, lucía os seus sinxelos traxes. Non se sabe moi ben -dependerá de quen, é de supoñerse-  se o vestido chama a atención sobre ela ou ela sobre o vestido, como nas revistas do corazón. En todo caso, pode ter algo que ver co seu nome, emparentado co da antiga canción. Eva María pode tomar o Sol na praia, pero iso é o de menos. Como se non houbera Sol, ela pode iluminar as noticias e ser o punto de atención, vaia en bicicleta vestida ou non (é de preguntarse como iría se non).

    Si, os pais de Manolo e Eva María tamén chegaron e andan por aí. Son máis esquivos, xa non se deixan ver tanto como no pasado, sobre todo dende a división do matrimonio. E sobre todo o pai, máis apartado do mundanal ruído, anda desaparecido. En canto á nai, leva a súa renovada solteiría fóra dos focos maledicentes, e non se pode engadir moito máis. Iso si, parece que a monxa non se meteu, e por Ribadeo pode verse."

- Nota: as historias froito da imaxinación non teñen por que parecerse a realidade, nin tampouco por que non parecerse: a realidade ten moita máis imaxinación. Asemade, esas historias tenden a ser exclusivas (e venderse como tal), pero tamén poden ser inclusivas. Tómese en consideración estes feitos e déixese voar a mente como se se estivera nas este verán sobrequecidas augas do Mediterráneo, pois estas letras están mancas sen continuación nas vosas cabezas.

20211214

Que os chinos teñen unha nova arma? E que?

    Onte un coñecido pasoume a ligazón dunha nova que viña a dicir no seu título que os chinos desenvolveran un mísil con cabeza nuclear que, actuando dende o espazo, sería imparable. Como se non houbera xa alarmas abondo coas crises que están a ameazar a nosa supervivencia no planeta (e que estamos a labrar nós mesmos). A nova 'fíxome graza', e obtivo unha resposta rápida: non lles fai falta lanzar un ataque así, nin lles convén, por moito que sempre pode haber un tolo ó mando, como noutras ocasións da historia.

    Vaiamos por partes. A tecnoloxía de misís permite dende hai décadas abondo que o lanzamento de bombas nucleares dende submarinos sexa imparable na práctica. Iso para os EEUU, que para Europa a protección equivalente, polo momento, é impensable. A máis da 'deformación mental' que, de xeito inmediato, ó ver unha noticia tal, nos fai pensar na 'defensa do mundo occidental e non, por exemplo, da Arxentina ou da propia China. Iso, aínda deixando aparte o que a potencia económica china estease a amosar avasaladora, xunto coa súa tecnoloxía punteira (lembras cando o 'produto chino' só significaba barateiro e morralleiro feito a partir de 'traballo de chinos'?). Que os EEUU decidiran facer un escudo de protección na atmosfera, xa tamén hai décadas, escapa da miña comprensión máis aló da ostentación xeopolítica e o tentar a salvagarda da hexemonía dun bloque nun mundo no que os bloques cada vez son menos nidios, cada vez máis multipolar.

    O caso é que o titular estaba aí para crear medo, para realimentalo. O medo paraliza e fai ver visións. O medo vende e véndenos. Mercamos medo (ou mesmo agasállannolo ou fan que nos fagamos con el a prezo de saldo) e convertémonos en medodependentes. Un negocio que ademais, por medio da axitación dos medos, impide que nos movamos de xeito meditado e libre para pasar a movernos cara ó acubillo que nos venden como paso seguinte na cadea da dependencia. 

    Despois de ter recibido o titular, ocórreseme que en particular nas cidades, onde moita xente considera o cambio climático como o inconveniente que lles impulsa a cambiar o lugar de vacacións de esquí no inverno ou de praia no verán, e poñer máis aire acondicionado, esa xente pode ser alimentada de xeito máis doado con medos prefabricados. Que a biodiversidade está a diminuír? Ca! A biodiversidade está a aumentar coa proliferación de cores nas caras e na roupa da xente, que cada vez é máis rara, e como se pode comprobar con algunha foto dun raposo no río preto do centro madrileño. Esgotamento de recursos? Iso non existe, o que existe é unha dicotomía, "podo ou non podo pagar os produtos?", sen importar que a tendencia sexa a poder pagar cada vez menos artefactos innecesarios, nunha dirección na que se confunden o esgotamento de recursos e o afogamento polo capital. E, se esas cousas non importan porque impiden as vendas, distraiamos a atención con outras cousas que non impidan vender, que potencien as compras, e sigamos acumulando...

20211130

LA PLAYA DE "O CARGADOIRO". José María Rodríguez Díaz (2007)

    Fala aquí José María da praia do cargadoiro. casualmente, a praia volve esta tempada a ser noticia polo seu deterioro.

A zona do cargadoiro, en vista do Sigpac.

Sábado, 21 de julio de 2007

LA PLAYA DE "O CARGADOIRO"

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 9:38

Entre los concejos costeros que forman la mariña lucense Ribadeo no figura como el más destacado por el número y la calidad de sus playas. Es superado con creces por Barreiros y Foz, que gozan de las mejores de la costa lucense. La fama que hoy tiene la de As Catedrais no le viene dada por su condición de playa sino por un fenómeno de marketing debido a sus formaciones rocosas. Una playa, por otra parte, más visitada por gente foránea que por los ribadenses.

Las playas del concejo de Ribadeo quedan, pues, reducidas a la de Os Castros y As Illas y a unas pequeñas calas como la de Esteiro o Rocas Blancas. Todas ellas muy buenas y muy visitadas por quienes disponen de medios de locomoción para poder desplazarse hasta ellas.

Pero, hoy como ayer, un importante sector de la población que vive en la villa de Ribadeo, por las razones que sean, carece de medios de locomoción y si quiere desplazarse para disfrutar de la playa ha de hacerlo acudiendo a las calas situadas en la proximidad de esta villa, que son la playa de Os Bloques y la de O Cargadoiro. Dos playas cercanas a las que la gente puede llegar caminando, en muy poco tiempo.

La primera de ellas, la de Os Bloques, que estaba situada al lado del puerto de Mirasol, fue destruida torpemente por la ignorante acción reformadora del hombre que, intentando enmendarle la plana a la naturaleza, acabó suprimiéndola. Y fue así como Ribadeo perdió la única playa que tenía dentro de su propio casco urbano.

En cuanto a la de O Cargadoiro (que este es su nombre oficial, pese a no haberse enterado el alcalde anterior ni, tampoco, su flamante técnico de Dinamización Turística) es la única que hoy les queda a aquellos ribadenses que no disponen de medios de desplazamiento. De hecho, hoy como ayer, sigue siendo muy visitada por mucha gente que, o no disponen de coche o no disponen de tiempo para desplazarse a otras más alejadas.

Tanto los accesos que conducen a esta cercana playa, de aguas siempre tranquilas, como todo el entorno que la rodea, han sido muy mejorados en estos últimos tiempos con la formación del área recreativa de O Cargadoiro, ejecutada por Costas. Pero este año se han levantado fuertes protestas entre la gente que acude a bañarse a esta playa. Se queja la gente del abandono y la dejación a que está sometida. El último tramo de la escalera que da acceso a esta playa está deteriorado y constituye una verdadera incomodidad y peligro para los usuarios. Fueron frecuentes, según me cuentan algunos de sus visitantes asiduos, las caídas de algunas personas producidas por la mala situación en que se encuentran los últimos peldaños de la escalera. Y para ello piden a la autoridad local, y lo hacen masivamente, que este defecto sea debidamente reparado en función de una mayor seguridad. Piden, también, que se limpie la playa de las algas y de los maderos que depositan allí las mareas. En una palabra, piden un mayor cuidado y dedicación a esta playa, que es la única que tienen y utilizan muchos vecinos de Ribadeo.

El área recreativa en que se enmarca esta playa padece, también, los efectos del abandono municipal, desde que fue inaugurada, hace ya varios años. El Plan de Dinamización Turística no hizo nada en este pasado gobierno municipal para su auténtica puesta en valor. Hay una fuente, estratégicamente situada frente al puente-mirador, para dar servicio de agua a la gente, que nunca llegó a funcionar. El eucaliptal adjunto al Castillo San Damián está esperando la dotación de mesas y bancos, de piedra o de madera, para acoger a las muchas meriendas que se acercan allí para cobijarse a su sombra. Un espacio único por su belleza que está totalmente desaprovechado. Y la causa es, como siempre, la desidia de los responsables municipales, nunca la inversión necesaria que, en todo caso, sería mínima.

Espero poder servir de portavoz de aquellos que ruegan mi intervención en su favor para que estos defectos se subsanen en beneficio de los ribadenses y no tengan que seguir siendo ellos mismos los que tengan que ocuparse de un servicio que corresponde hacer a su concejo.-

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.

Comentarios

• Fecha: Domingo, 22 de julio de 2007

• Hora: 15:02

Autor: a333

Penso que bancos e mesas sobran. Como ben di a praia dos bloques foi destruida pola man do home e éste altera o seu entorno "humanizandolo". Sobra cemento neste pobo. Sobran mesas, bancos e demais. A natureza debe ser respetada.

20211014

O próximo verán, no Cargadoiro

   Hai tempo, antes da creación do estado de Israel, os xudeus celebraban a súa festa principal rematado cunhas verbas que viñan a significar máis ou menos, 'o próximo ano, en Xerusalén', referíndose ás ansias de retorno a unha terra que consideraban a súa ancestral por dereito propio.

   Non me vou meter nos dereitos dos xudeus ou en como deviu o actual estado de Israel en expropiador de terras palestinas e discriminador das súas xentes. Sinxelamente o dito do final do Yom Kippur ('Día do perdón') víuseme á cabeza días atrás co comentario que me fixo unha das usuarias asiduas sobre como estaba a situación na praia do Cargadoiro. En resume, e coa aportación non só da usuaria, senón tamén da prensa (e a través dela, das autoridades), a situación sería a seguinte:

   O acceso á praia do Cargadoiro deteriórase ó ir socavando o mar pola beira e por baixo das escaleiras de acceso, ata o punto de que caeu parte da baixada e é un perigo o tentar chegar, de xeito que se impide a entrada á praia antes de chegar ás escaleiras. Despois dun tempo prudencial, os principais afectados, usuarios asiduos, falan co alcalde para solucionar o amaño. Boas palabras, pero conflito de xurisdicións. Costas e concello teñen atribucións en parte, e unha institución di que o ten que amañar a outra, que estaría na parte das súas atribucións.

   O tempo pasou, e levou o verán, pero non trouxo o amaño. E así está a cousa, unha pedra máis botada nunha ría que vai acusando todas as pedriñas e pedróns de todo tipo que lle van tirando, dende os Bloques á illa Pancha, pasando pola ampliación de Gondán ou o recheo dos noventa 'para terreo industrial'.

   Unha vez pasada a época turística, xa queda só a xente de Ribadeo, e así parece que o problema non é tanto problema. Xa non afecta de xeito directo á economía, que se pode medir en cartos, aínda que poda afectar ó benestar dun grupo, que non se sabe ben como se pode medir.

   Mentres, a baixada á praia do Cargadoiro corre perigo de chegar a ser un deses temas que se enquistan, ó que nos poderiamos referir ó modo de como en tempos o facían os xudeus ano tras ano en relación á Xerusalén: O próximo verán, no Cargadoiro.

20210614

En bici, un pouco máis Ribadeo

   Hai un par de días que o concello presentou, e emitu unha nota de prensa sobre o tema da circulación das bicis, unha actuación para facer unha vía ciclable que pretende influír nas costumes, saúde e medio ambiente ribadense. Como se pode ver en baixo, na nota do concello, a presentación non foi con esas mesma verbas, pero así o interpreto eu: non se trata de incrementar os carrís bici que non hai, senón de facilitar o tránsito das bicis por determinados lugares. E a influenza pretendida, mentres non se consolide, non deixa de ser unha declaración de intencións.

   Outra cousa é que no tema de circulación ciclista en Ribadeo pouco ou nada se teña avanzado dende hai máis de dez anos, cunha participación cidadá que despois non se considerou (ou apuntes meus do 2007, ou nota de O Tesón), e unha proposta de eixes ciclistas no núcleo urbano para facilitar o movemento en bici que aínda esperan mellores tempos, aínda sendo considerados daquela unha prioridade no tema ciclista. Daquela, e algo que se podería considerar hoxe de igual xeito, para facilitar a ida e vida ós centros de ensino, atendendo a un segmento de poboación con máis uso natural da bici e a unha educación cara ó uso futuro. Iso seguirá, e coido que tería máis rendemento que a habilitación do tráfico xa de por si con menor fluxo en todo tipo de vehículos, e máis centrado no lecer que no día a día en canto a bicis.

   Adxunto as fotos que aparecen no Facebook do alcalde (unha delas tamén na nota de prensa), e un complemento ó que se refire o texto, pero que non aparece nos planos:

O INVESTIMENTO ASCENDERÁ A 320 000 EUROS

Actuación principal en relación ás bicis (non sae na nota de prensa)

 
Foto de propaganda

A unión coa LU-P-5202, que non entra no plano anterior. Imaxe de OSM modificada.

Carril-bici

12/06/2021

O Concello de Ribadeo creará un carrill-bici entre o centro urbano da vila e o Faro de Illa Pancha. Este proxecto, encadrado nunha actuación mais ampla, consiste na adaptación como vía ciclista dun traxecto de catro quilómetros entre a praia dos Bloques e a zona do faro, bordeando a costa e discorrendo por lugares emblemáticos como O Cargadeiro e o Forte de San Damián. Incluirase tamén o aglomerado do tramo comprendido entre a praia de Rocas e o encontro coa estrada provincial LU-P-5202.

O alcalde, Fernando Suárez Barcia, e a deputada provincial de Mocidade e concelleira de Servizos Sociais e Obras, Mónica Freire Rancaño, xunto co resto de edís do goberno, deron conta este sábado do proxecto no que os servizos técnicos municipais traballaron nos últimos meses a fin de definir as actuacións necesarias para converter a vía existente nunha senda ciclable.

Segundo se recolle na memoria inicial, entre o Faro de Illa Pancha e o Forte de San Damián, habilitarase un carril-bici bidireccional de 2,50 metros de ancho mentres que no resto do traxecto se optará por harmonizar o paso de vehículos e bicicletas nunha vía de sección única de prioridade ciclista e limitada a 30 quilómetros  por hora. O traxecto tamén será transitable a pé, por beirarrúas e pasos peonís.

No resto do traxecto, realizarase un aglomerado ata o encontro coa Avenida Calvo Sotelo coa creación dunha senda peonil, e habilitarase como bicirrúa ata a praia dos Bloques, ao longo do cal as bicicletas circularán xunto cos vehículos, pero con preferencia. 

O proxecto mellorará as condicións de uso e seguridade dun espazo xa empregado pola veciñanza e en especial pola mocidade de Ribadeo para o paseo a pé e outras actividades físicas. Ademais, facilitará o uso da bicicleta para os desprazamentos entre as vivendas e o centro da vila, contribuíndo a unha mobilidade máis sostible desde o punto de vista ambiental e económico.

Fernando Suárez explicou que "a pandemia acentuou a sensibilidade social cara a esta forma de usar os espazos públicos, máis sostible, ecolóxica e saudable. Dende as institucións, temos a responsabilidade de crear as condicións e infraestruturas adecuadas para que estes novos hábitos e valores se consoliden". Ademais sinalou que "a senda ciclable será un reclamo turístico máis para Ribadeo nun momento de auxe do turismo activo".

O alcalde ribadense vinculou o proxecto "con outras actuacións que se están a levar a cabo desde o Concello para a mellora de espazos públicos, como as tarefas de limpeza e mantemento realizadas na Senda da Costa ou o acondicionamento da zona da antiga estación do tren mineiro de Vilaoudriz a Ribadeo, no corazón do centro urbano da vila". 

Mónica Freire sinalou, pola súa banda, que "os modelos de cidades e de espazos nas vilas en harmonía coas persoas e coa veciñanza constitúen un obxectivo estratéxico de primeira magnitude no ámbito da mocidade xa que debemos ser capaces de inculcar uns valores de respecto na seguranza viaria entre peóns e condutores. Asinaremos un convenio inter administrativo, entre Deputación e Concello, para poder executar este investimento tan necesario canto antes".

A deputada de Mocidade engadiu tamén que "a través desta axuda da Área de Mocidade da Deputación queremos colaborar para que o Concello de Ribadeo siga avanzando no desenrolo do proxecto Ribadeo, Vila amiga das bicicletas, incrementando os quilómetros de sendas ciclables que conten cos estándares de seguridade para os ciclistas, dándolles prioridade fronte aos vehículos de motor, e ao mesmo tempo que fomentamos os hábitos de vida saudables, entendendo a saúde como benestar físico, moral e intelectual das persoas, incidindo no aproveitamento óptimo dos recursos públicos destinados á mocidade". 

Pola súa parte, o edil de Medio Ambiente, Jorge Díaz, declarou que "este tipo de actuacións supoñen un acerto pleno, xa que dinamizan o emprazamento natural e idílico deste enclave e á súa vez da resposta a unha demanda da cidadanía para contar cun espazo onde ir en bicicleta, camiñar, pasear ou correr".

O Concello traballa no deseño do proxecto, que valora en 320 000 euros, co obxectivo de licitar as obras durante este ano e para o que contará coa axuda da Área de Mocidade da Deputación Provincial de Lugo, que comprometeu unha axuda de 250 000 euros, co que a institución provincial financiaría o 78% do custe e o Concello o 22% restante.

20210514

Half triatlón e cia.

   I Half Triatlón. Non comprendo o seu nome, co primeiro signo en números romanos (logo, latín),a primeira parte do nome en inglés, e a segunda, en castelán (non en galego). A nota de prensa de hoxe non o aclara. Os voluntarios son 'máis de cen' (pedían 150), e os participantes aproximaranse ós 500. O desenvolvemento, a mañá do sábado, e os puntos para ver a competición estenderanse ó longo de 100 km, polo que, se queres vela, tes espazo! (ver o recorrido en baixo)

O tríatlon (non está mal escrito, é outra lingua, a galega) ten efectos secundarios. Non só para os atletas e o público, de xeito directo, senón tamén para a hostalería de Ribadeo, e ata para os veciños da zona da Pega.

Imos primeiro polas notas de prensa do concello. Ista primeira é de hoxe mesmo:

A SAÍDA SERÁ DESDE A PRAIA DOS BLOQUES

I Half Triatlón Ribadeo

14/05/2021

O Concello ultima os preparativos para o I Half Triatlón Ribadeo, que se celebrará na localidade mañá, sábado. Preto de 500 participantes federados se darán cita nesta proba, que contará coa colaboración de máis dun cento de voluntarios “para axudar e sinalizar durante o percorrido”, segundo explica o edil de Deportes, Jorge Díaz Freije.

E subliña que "toda a proba está verificada co protocolo covid19. Agardamos que supoña un apoio importante esta fin de semana para os hoteis e restaurantes de Ribadeo".

O alcalde, Fernando Suárez, agradeceu "o apoio necesario e impagable dos Concellos de Barreiros e Trabada. Con todo, e aínda que é importante para o deporte, para Ribadeo e para a economía local, seguro que algunha molestia se pode ocasionar durante o sábado á mañá. Desde a organización, os colaboradores e mais o Concello de Ribadeo queremos pedir desculpas por anticipado ao tempo que solicitamos comprensión pola importancia do evento".

O Half Triatlón Ribadeo realizarase en dúas modalidades: Short e Half. Os participantes na Short nadarán 1000 metros, percorrerán 42 quilómetros en bicicleta e farán 10 quilómetros de carreira a pé. E na Half serán 2000 metros a nado, 81 quilómetros en bicicleta e 19,2 quilómetros de atletismo.

A saída da Short está prevista para as nove da mañá e a da Half para as 9:30 horas.

 A nota anterior é complementaria da nota de prensa de antonte. A notar que os cortes (poño ligazóns na nota para que se saiba a situación das estradas referidas) vai sar en máis lugares que os referidos, pois se non, volverían a Ribadeo polo mesmo lugar que van, e non é así:


DESDE AS 8:45 ÁS 14:30 HORAS

Cortes de tráfico

12/05/2021

O I Half Triatlón Ribadeo, que se celebrará este sábado 15 de maio, reunirá a 470 participantes. A proba ocasionará cortes de tráfico nas estradas LU-P-5207, LU 133 e LU-P-6103 polo que desde o Concello piden desculpas polas molestias que se poidan ocasionar. O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, sinala que haberá desvíos sinalizados.

O edil anunciou que "hai 470 participantes, para as dúas modalidades desta proba. Nunha das especialidades hai 330 e na outra hai 140, que é a máis longa".

Jorge Díaz subliñou que "vai haber varios cortes de estradas, sobre todo na LU-P-5207, que vai desde o colexio público ata o cruce de Vilela, onde hai un cruce coa LU-133, que é a que vai de Reme a Vilamar e chegará tamén o corte á LU-P-6103, que é onde está Vilamartín Grande e que limita con Trabada. Toda esa franxa estaría cortada ao tráfico, salvo excepción ou emerxencia, de nove menos cuarto da mañá e dúas e media da tarde".

O concelleiro de Deportes dixo que "queremos informar a toda a xente que normalmente faga uso desas vías, a esas horas, que van estar cortadas. Teñen outras alternativas tanto os que veñen a Ribadeo desa zona como os que viven neses lugares. Pedimos desculpas porque esta proba é moi importante, pero todo ten as súas trabas de organización".

Díaz Freije engadiu: "volver dar as grazas aos máis de cen voluntarios que fan posible esta proba, homes e mulleres que colaboran para levar a cabo esta importante competición de ámbito nacional, a través da Federación. Volvemos recalcar a boa colaboración cos dous concellos afectados, ademais de Ribadeo, como son Trabada e Barreiros, que colaboran incluso co seu voluntariado no seu ámbito. É de agradecer porque é necesario todo o apoio. Reiteramos que se manteñan todas as precaucións sanitarias".

O edil ribadense espera que "isto sexa un empuxe para o sector turístico, que algo lle poida aportar e que con esta iniciativa empecemos a fortalecer esta rede na que nos servimos todos. Esperamos que vaia ben todo na proba e que para o ano que ven se poida volver facer".

 A do día 6, polo contrario das anteriores, parece dar unha indicación do nome: a proba é nacional, logo ten certa lóxica que se se identifica nación = España, apareza o castelán no nome.

HABERÁ CORTES DE TRÁFICO E DESVÍOS ALTERNATIVOS

I Half Triatlón Ribadeo

06/05/2021

O Concello ultima os preparativos do I Half Triatlón Ribadeo que se celebrará o vindeiro 15 de maio. O edil de Deportes, Jorge Díaz, salienta a importancia desta proba nacional e o impacto económico que pode ter dado o alto nivel de participación.

O concelleiro ribadense lembrou que "o vindeiro 15 de maio se fará, por primeira vez, un triatlón de carácter nacional, a través tanto da Federación Galega como da Federación Nacional. O Concello colabora intensamente coa organización. É un percorrido moi transversal no senso de que toca o ámbito tanto urbano como practicamente todas as parroquias polas que pasa ou ten influencia, incluso ten bastante influencia noutros concellos como Barreiros e Trabada".

O edil de Deportes explicou que "a proba sae dos Bloques, ese entorno tan característico da ría de Ribadeo, aí faise a proba de natación e despois o percorrido en bicicleta pasa por Vilamartín Grande, sube toda a estrada que vai a Santa Cruz, dá a volta e regresa á praia dos Bloques. A continuación sairán cara ao faro, percorrendo unha distancia de 10 ou 15 quilómetros, dependendo das dúas modalidades que se corren dentro da mesma proba e rematará na praza onde está o Concello".

Jorge Díaz sinalou que "é transversal tamén tanto nas administracións como nestes tres concellos que toca, onde temos que dar as grazas aos máis de cen voluntarios que están apoiando a proba, ás distintas institucións e aos distintos Concellos. Queremos agradecer tanto a Barreiros como a Trabada toda a súa colaboración, desde o primeiro momento con voluntarios, ás dúas alcaldesas neste caso. Esperamos que vaia todo ben". 

Para Díaz Freije "loxicamente unha proba tan longa algún trastorno trae entón, desde ás nove menos cuarto da mañá ata as dúas e media da tarde, vai estar cortada a circulación nesa estrada. Queremos advertir que hai alternativas en calquera punto para que a xente se desprace sen ningún tipo de inconveniente. Estes días vaise poñer a sinalización e se hai algunha dúbida que chamen ao Concello para tratar de arranxalo o antes posible".

O concelleiro de Deportes subliñou que "é unha proba importante en todos os sentidos, tamén para o sector hostaleiro que nestas datas que estamos a sufrir os inconvenientes da pandemia tamén se viu afectado. É un pequeno impulso para empezar esta nova etapa que esperemos que vaia todo ben".

 A nota máis vella pedía voluntarios (150):

É PRECISO ANOTARSE NA ÁREA DE DEPORTES DO CONCELLO

Voluntariado para o Half Triatlón Ribadeo

20/04/2021

A organización do I Half Triatlón Ribadeo precida da colaboración de 150 voluntarios para o desenvolvemento da proba o vindeiro 15 de maio.

Desde a Área de Deportes do Concello solicitan "a colaboración de todas as entidades deportivas, clubs e asociacións ou voluntariado en xeral...posto que serán necesarios 150 voluntarios para os diversos cruces de carreira, e ao ser tan longa tentaremos incluso facer varias quendas para que non teñan que estar os voluntarios tanto tempo".

E engaden que "precisamos que os voluntarios estean ás nove da mañá no punto do percorrido que se lles indicará previamente. Algúns poderán estar un pouco máis tarde. E rematarían entre as dúas do mediodía e as cinco da tarde".

As persoas que estean dispostas a colaborar como voluntarios poden anotarse na Área de Deportes do Concello indicando nome e apelidos, DNI, data de nacemento, dirección de correo electrónico, dirección, número de teléfono móbil, talla de camiseta, club ou asociación á que pertencen, carné de conducir (os que o teñan) e dispoñibilidade de conducir. Desde a Concellaría de Deportes explican que “todos eses datos poden remitilos por correo electrónico a Área de Deportes do Concello. A inscrición tamén se pode facer chamando por teléfono á Casa da Xuventude ao 982 129 889".

A Área de Deportes mantivo un encontro cos presidentes das asociacións de veciños das parroquias polas que discorrerá esta proba. Con eles estiveron o concelleiro e o técnico de Deportes, Jorge Díaz e Iván López. 

O Concello ribadense colabora na organización do I Half Triatlón Ribadeo que se vai celebrar o 15 de maio. A proba é puntuable para o Ranking Nacional de Triatlón de Media e Larga Distancia e contará coa participación de máis de 500 atletas. 

   Por último, a explicación do que poñía ó comezo sobre a Pega. Resulta que hai un movemento veciñal reclamando amaños nas vías desa zona, rtendo recibido promesas, pero non feitos. Amañaron o camiño do cemiterio, pero non o resto. Pois onte mesmo estaban botando un pouco de alquitrán e grixo, insuficiente, pero un amaño, ó fin, e ante a pregunta dun veciño, a resposta foi clara: o tríatlon. Deixo algunha das fotos que me pasaron, onde non se observa o nome da rúa, pois por alí son algo escasos:





20210324

Ribadeo natural: praia dos bloques

   Coido que da praia dos bloques hai moito que dicir, mesmo dende antes do seu nacemento a finais do século pasado como lugar barato de acumulacion do dragado de area da ría. E é que xa abondos anos antes, Isidoro Asensio Amor advertira que a creación dunha praia no lugar xeraría lama e dificultades.

   De calquera xeito, as imaxe de hoxe van máis ben por outro sentido: o recoller o estado actual despois do desbroce da ladeira, que quedou 'limpa':

  

A chegada pola tradicional entrada de peóns cara ós bloques xa ofrece unha visión diferente, destcando os raffitti das instalacións de servizo e a peladura da beira.
Dende abaixo, nesta primeira parte, a visión é máis sosegada, aínda coa acumulación do refugallo vexetal ou a inclinación da plartaforma de servizo a media altura.
A madeira e restos sen recoller son omnipresentes neste momento

Cos recortes na ladeira, as pintadas son máis impactantes.
Virase a ladeira en avalancha antes de que volva estar protexida?
O lixo non só é vexetal.
Esta cova, no seu momento, tivo que ser moi atractiva. Hoxe está cegada por area e lixo.
... de diversos tipos, como pode verse dende o alto do 'muro' de area que fai de cierre.
Hai moitas visións dos bloques. Non todas agradables.
--
Ribadeo Natural

20190806

Crónica dende os bloques

Este verán, a praia dos bloques parece estar especialmente concorrida. As novas duchas, que polo momento evitan a lama que xa se formaba arredor das antigas, supoñen un paso adiante, que acompaña ás boas temperaturas e a un auga que cada vez está máis quente. Hai veces que o campo está cheo, aínda que nunca como para dicir que non cabe un alfinete.
A instalación inchable segue a ocupar unha parte considerable da zona que antes era máis usada para baño. A cambio, as embarcacións parece que pasan máis lento, máis lonxe, pode que para non interferir nun negocio tan visible, mentres que os bañistas na auga pasaban tan desapercibidos que é un 'milagre' que unha motora con esquís detrás ou unha moto acuática non se teñan levado algunha cabeza por diante. De calquera xeito, xa me teñen comentado ocupantes dos apartamentos próximos que os vixiantes correspondentes do 'tráfico marítimo' só viu que se pasaran por alí unha vez, para dar cuns vellos que estaban fondeados pescando fóra da rada.
Chamoume a comezos de verán a atención que suprimiran as ostras dos chanzos da praia, como se pode ver na imaxe. Algo diferente ó que pasa coas ostras das aceas. E algo que era necesario para o uso da zona, aínda que non sei quen o fixo (nin os permisos para actuar alí)
A rapazada segue a andar polo peirao, aínda que despois dos sucesivos reforzos da separación entre praia e peirao, abondo menos. Claro que tamén hai quen, en marea chea e a última hora, baixa dunha barca tradicional (iso si, coa vela recollida, que é máis cómodo o motor) e pasa de peirao a praia por terra, que por auga hai que nadar.
A última hora a ocupación gratuíta dos inchables vai vento en popa, a pouco que a marea e o tempo acompañen, xa co edificio de servizo limpo e pechado. Sen vixiancia, pregúntome que pasará se hai un accidente, algo que non me preguntaría se ocorrera un accidente de alguén nadando (ententendo por accidente non un atropello motorizado)
A última hora, o baleirado progresivo vai deixando a zona en calma, o que é aprezado por algúns ocupantes que prolongan a estancia e por outros que van disfrutar dese momento.

20190717

A RÍA DE RIBADEO DOS NEANDERTAIS AO NEOLÍTICO Pancho Campos Dorado

Hoxe é o día da Festa do Carme e gustaríame contarvos algo que parece relevante, case como unha lenda que narra un feito real, que aloumiñado de argumentadas conxecturas nos conducen a unha historia inédita sobre os primeiros habitantes da Ría de Ribadeo.
Comentaba Isidoro Asensio Amor, en varios artigos publicados en La Comarca do ano 1963, a labor xeolóxica de formación da Ría, que había exposto o Enxeñeiro Guillerme Schulz no século XIX, e tamén comentaba noutros artigos publicados en La Comarca do ano 1964, sobre a Xeoloxía de Charles Barrois e de Hernández Sampelayo, cuxos estudos estratigráficos mostran alturas do mar que varían entre cotas de máis de setenta metros entre o nivel máis baixo e o máis alto, respecto do nivel medio actual.
Estas baixadas e subidas do nivel do mar, en alturas que resultan tan esaxeradas no tempo, son producidas polas glaciacións cuxos períodos duran decenas de miles de anos. A bocana da Ría de Ribadeo estaba afundida 40 metros por debaixo do nivel actual do mar durante a glaciación Würm. Chámase Würm, ao último período glacial do Plistoceno ou Cuaternario, coñecido popularmente como a Idade do Xeo, que inicia fai 110 000 anos e termina fai 10 000 anos no Holoceno ou período posglacial no que nos atopamos actualmente.
O xacemento de Louselas, identificado no Paleolítico Inferior, dátase cunha antigüidade de catrocentos mil anos. Louselas estaba habitado por homes, que facían ferramentas, cuxos restos líticos se identifican na citada monografía Nº6. Pero no período do Plistoceno medio, o xacemento de Louselas estaba completamente somerxido baixo o nivel do mar, e máis recentemente, fai 200 000 anos, o nivel do mar estaba 38 metros por debaixo da cota actual.
Nestes períodos, cando os océanos estaban máis baixos, o litoral estaba centos de metros máis retirado do que hoxe o contemplamos. Na nosa bisbarra temos o exemplo, de que na praia da Arealonga de San Miguel de Reinante fai ao menos 9000 anos, había un bosque de árbores que foi sepultado por estes movementos do mar, e que debido o influxo das galernas de inverno dos últimos anos, quedaron ao descuberto os seus vestixios ó levar o mar a area da praia. Alí puidemos contemplar que os tocóns, raíces, madeira das árbores e restos vexetais, convertéronse nunha “turbeira”, ou zona de pegadas de carbón fósil de pouca densidade.
Na época do Plistoceno, os glaciares ocupaban unha cuarta parte da superficie terrestre, e os Neandertais eran aqueles homes que viviron durante un período de tempo de cen mil anos e cuxa extinción remóntase a fai uns 35 000 anos. Viviron en períodos xeolóxicos de glaciación intensa e refuxiábanse en covas máis menos profundas para abeirarse do frío, por isto son coñecidos popularmente como os “homes das cavernas” ou “cavernícolas”. Nas covas de terras do interior da Europa occidental atopáronse numerosos fósiles humanos do Homo sapiens neanderthalensis.
Pero ¿que ocorría coa vida humana nos litorais da costa nestes períodos de tempo, e particularmente, que pasaba cos homes que habitaban nos arredores da Ría de Ribadeo?. Pois ben. Tanto os homes como os animais, vanse adaptando ás circunstancias climatolóxicas para poder vivir como mellor poden, e as baixadas e subidas do nivel do mar, deixaron ao longo das costas, covas, grutas e escavacións medianamente profundas que o mar foi facendo cos embates da marusía, e ó quedar a descuberto, aqueles homes da costa as aproveitaron como vivendas. Aqueles homes foron os “pescadores, mariscadores e mariñeiros das cavernas” dos que ninguén fala pero que, por suposto, existiron exactamente igual que os cavernícolas das montañas.
Nas marxes da Ría de Ribadeo hai máis dunha vintena de covas que seguramente algunhas delas foron aproveitadas para vivir as familias humanas que por aquí se atopaban. Hai restos líticos nas praias, moi desgastados, pero similares aos que se atopan no xacemento de Louselas, polo que parecen anteriores ós homes de Neanderthal. Pero este tipo de restos suxírenlle a este afeccionado a historia, que aquela tecnoloxía dos homes de Louselas, usada para facer ferramentas lascando as pedras, seguíase practicando chegados aos homes do Neolítico de fai sete mil anos.
Recordar que o Neolítico foi definido como o período da prehistoria comprendido entre o Mesolítico e a Idade dos Metais, aproximadamente entre o quinto e o terceiro milenio antes de Cristo. O termo Neolítico, acuñado por John Lubbock en 1865, obedecía a criterios exclusivamente tecnolóxicos, en relación coa aparición da pedra pulimentada. Pero máis recentemente, aquela definición resultou demasiado simplista, posto que nesa idade prehistórica había evidencias de innovacións máis complexas: a cerámica, a gandeiría e sobre todo a agricultura. Así o Neolítico converteuse nunha división cronolóxica esencial dentro da Historia das Civilizacións.
Na ribeira da Ría de Ribadeo, na parte ribadense coñecemos dúas covas con nome propio: a Cova dos Sete Encantos, e a Cova da Vella. Hai outra practicamente enterrada entre a praia dos Bloques e a Vilavella, e outras tres ou catro próximas ó Cargadeiro, protexidas do Vendaval, e que para este relator, foron vivendas cavernícolas que pouco a pouco foron abandonadas a medida que subía o nivel do mar e ían desaparecendo cos recheos de area, xógaras e sedimentos.
Na hoxe ribeira asturiana da Ría de Ribadeo, no litoral de Figueiras, hai máis dunha ducia destas covas, que están semienterradas e a vista, moi ben asocairadas do vento Nordeste que tanto frío trae canda el, polo que non sería de estrañar que por aquel tempo inmemorial, foran un bo refuxio e tamén estivesen habitadas.
No debuxo móstrase o perfil do leito da Ría de Ribadeo a altura da Ponte dos Santos. Vemos que hai unha enorme colmatación de area cunha profundidade superior os 40 metros. O canal ten aproximadamente unha media de seis metros en marea chea, pola que se rexe a regulamentación do calado dos barcos mercantes que atracan no Porto Comercial de Ribadeo. Non sabemos canto haberá escarvado o mar os cantís da costa ao longo dos miles de anos de traballo das mareas e das galernas, as covas están cheas de area e xógaras, e non sabemos a que profundidade chegan. Segundo unha “lenda urbana”, escoitei que cando se buscaba firme para a cimentación da primeira zapata da Ponte dos Santos, no cantil de Ribadeo, parece ser que despois de perforar uns poucos metros en profundidade, atopouse un oco profundo, e que se fixo o seu recheo con formigón, para consolidar a zapata. Podería ser que fora unha desas covas das que falabamos, e que por casualidade se lle furou o teito ao facer a zapata da primeira pilastra.
Por outra banda, ¿todas as covas do litoral de Figueiras foron feitas polo mar? ¿estarán algunhas delas refeitas pola man do home, ou rematadas por el? ¿como é que hai tantas covas en sitios nos que realmente non bate o mar con bravura?. Preguntas, preguntas, soamente preguntas!
Segundo o número de covas que vemos, a poboación de mariñeiros e familias tiña que ser bastante grande, ¿sobre cantos?, ¿douscentos... trescentos?
Sería cousa de que patrimonio ou autoridade competente fixera algunhas catas estratigráficas de materiais das partes profundas das covas e dos sedimentos frontais destas covas que temos á vista, pois poderían sorprendernos os achádegos que atopáramos, posto que no Neolítico da península ibérica as cerámicas con decoración impresa, atópanse fundamentalmente en covas situadas nos arredores da costa, e esta é unha costa privilexiada para todo tipo de descubrimentos históricos e prehistóricos, e non está practicamente nada estudiado. Pero xa os estou oíndo: ¡Pancho, non hai presuposto asignado para estas cousas!. ¡Pois iso... xa mo parecía, pero algo haberá que facer!
Feliz día do Carme a tódolos mariñeiros e familias, así como, a todos aqueles que se sinten marineros atraídos por ese inmenso mar océano que tantos secretos nos garda.
--
1.Hernández Pacheco, Isidoro Asensio, 1963
2.Monografía Nº6, Louselas, Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba, 2014.
3.Ibidem, p.13
4.Nueva Larousse P 45, volume 29, páx. 8897.
5.Debuxo a man alzada, máis menos a escala, sacado do magnífico traballo: “Desdobramento da Ponte dos Santos”, feito por Martín González Vilaseca e Katia Goyos Alonso, para a Feira da Ciencia do IES Porta da Auga de Ribadeo, Abril 2009.

20170823

Os bloques, invadidos

Á praia dos bloques parece que lle botaran o mal de ollo. Non só se se ve invadida polo limo (algo do que xa avisara no seu momento Isidoro Asensio) e as algas que o colonizan, ou invadida e dificultado o movemento no seu espazo por lanchas, motos ou espectáculos, a máis do defecto de creación (deixarían agora costas e Medio Ambiente facer o recheo?) cando as escaleiras e as rochas que conforman a suxección de area se ven invadidas. A cousa comezou sen consecuencias hai algún tempo cos mexillóns, lapas e caracois. Pero este ano as larvas de mexillón, se non se varren, en pouco tempo será moi dificultoso o sacalas, tanto como baixar polas escaleiras cara á auga. E peor, pola perigosidade, as ostras que se afianzan xa de xeito duradeiro no tramo baixo das escaleiras. Moluscos que hai días a prensa traía a nova de que produciran algún corte nas praias de Barreiros, e dos que non trascendeu que tamén nos bloques produciran cortes que levaron a puntos de aproximación in situ e logo no hospital.
Claro que hai que ir un pouco máis aló e preguntarse por que agora si hai ostras nos bloques e antes non as había.
Unha mostra do que había ata o de agora



Larvas de mexillón nas escaleiras


Ostras nos chanzos inferiores dos bloques.
--
Nota posterior no mesmo día:
Sobre o mesmo tema da invasión de ostras 'Cassostrea gigas' (diferente da ostra común, a orixinaria da ría), imprescindible botarlle unha ollada a http://ria-de-ribadeo.blogspot.com.es/2017/01/invasion-de-ostra-rizada-na-ria-de.html
E este artigo citado no post anterior: http://www.smdu.org.uy/93/dosSantos_Fiori_245-252_CSMU93.pdf

20170727

De novo, a ría (2b)

Despois de ter publicado onte a posición dun parque acuático na praia dos bloques, preguntoume algunha xente sobre a restricción que afecta ó terreo que ocupa. Nunha primeira procura, no pxom do concello, segundo aparece nas capturas de planos en baixo, está nun área de interese natural e ecolóxico (Ría de Ribadeo, con afección de Rede 2000 e demais, primeiro plano) e estaría parcialmente en zona portuaria de Ribadeo (polo que parece, 25 m dende o peirao, dependente de Portos de Galicia, segundo plano), pero sobre todo en zona non afectada polo porto (na que de feito leva moito tempo acumulándose limo sen ser retirado e dificultando a zona de baño entendo que por esa circunstancia).
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RIBADEO/documents/27886pi022.JPG
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RIBADEO/documents/27886ot118.JPG
Para ver algo máis sobre a protección da ría:
http://ribadeando.blogspot.com.es/2016/04/zepa-ria-de-ribadeo-unha-lembranza.html
http://ribadeando.blogspot.com.es/2016/04/zec-ria-de-ribadeo-unha-lembranza.html



20170527

31 fotos da ría e algún comentario

Coido que a ría de Ribadeo debe ser tamén beneficiaria (estou seguro de que si o é) de toda a propaganda que está xerando o traballo de 'Por Nuestro Faro'. A notar unha diferencia: sen un peso, o tirón é grande, mentras que Faros de España tirou de chequeira para promoción dun establecemento, non dunha zona ou unha illa.
Voltando ó tema, hoxe facía un día que algúns cualificarían de avesío. bo para aprezar outras facetas da ría, e máis en marea baixa. As fotos a continuación foron tomadas comezando a subir a marea (a marea non comeza a subir ó tempo en tódolos lugares da ría, senón que comeza pola boca e vai progresando cara ó interior, ó mesmo que ó baixar) dende o miradoiro de aves (km 376 da N-642) ata a curva sobre a praia dos bloques.

 Dende o observatorio de aves, cara Asturias. Marea ben baixa.
 Cara á embocadura da ría.
 Banco labrado na pedra en As Aceas.
 A enseada das Aceas, coa remodelación e canle do muíño de auga doce en primeiro plano.
 a canle para levar auga do rego.
 Os edificios dos dous muíños, branco, do rego, e en pedra, de mareas. Entre eles, a barreira para embalsar a auga á dereita da imaxe.
 Aspecto da enseada das Aceas. No centro dereita, a árbore usada moitas veces por Suso Peña. Cara a esquerda estaría o vello recheo.

 Charca en marea baixa no encoro de As Aceas.
 Vida á saída da auga do encoro: cangrexos entre as pedras.
 O foxo que deixa a auga na procura da ría.
 E a vida, tamén dentro da barreira: mexilóns.
 Vista xeral da parte interna da enseada.
 Acehgándonos a Ribadeo, Castropol e As Figueiras ó fondo, e a corta de eucaliptus para replantación de autóctonas, presente.
 Unha ría? Si, lonxe da beira... Vista cara ó interior da ría.
 En pouco tempo, isto non estará así: a replantación está en marcha.
 Ribadeo e as Figueiras, sen árbores no medio polo momento.
 O tesón da Vilavella.
 Un detalle cara a Ribadeo.
 Outra vista do tesón da Vilavella entre peiraos.
 A beira, limpa de vexetación.
 Tesón, enseada da Vilavella, Bloques coa escollera dos '90, Mirasol...
 Mirando un pouco ara arriba, tamén no Costal están amañando a terra.

 O fondo da enseada da Vilavella, co paseo de hai poucos anos.
 Enseada, paseo, Costal...
 Madeira a carón da auga (en chea!)
 Detalle: o embarcadoiro para as embarcacións que se agochan na antiga fábrica de alxinatos, saíndo do recheo efectuado hai décadas.
 Cara á saída da enseada.
 Saída da enseada da Vilavella cara á beira asturiana.
 Bloques e tesón da Vilavella.
Dende os Bloques á Veiga. Xa é patente que comezou a subir a marea.