20210324

Ribadeo natural: praia dos bloques

   Coido que da praia dos bloques hai moito que dicir, mesmo dende antes do seu nacemento a finais do século pasado como lugar barato de acumulacion do dragado de area da ría. E é que xa abondos anos antes, Isidoro Asensio Amor advertira que a creación dunha praia no lugar xeraría lama e dificultades.

   De calquera xeito, as imaxe de hoxe van máis ben por outro sentido: o recoller o estado actual despois do desbroce da ladeira, que quedou 'limpa':

  

A chegada pola tradicional entrada de peóns cara ós bloques xa ofrece unha visión diferente, destcando os raffitti das instalacións de servizo e a peladura da vbeira.
Dende abaixo, nesta primeira parte, a visión é máis sosegada, aínda coa acumulación do refugallo vexetal ou a inclinación da plartaforma de servizo a media altura.
A madeira e restos sen recoller son omnipresentes neste momento

Cos recortes na ladeira, as pintadas son máis impactantes.
Virase a ladeira en avalancha antes de que volva estar protexida?
O lixo non só é vexetal.
Esta cova, no seu momento, tivo que ser moi atractiva. Hoxe está cegada por area e lixo.
... de diversos tipos, como pode verse dende o alto do 'muro' de area que fai de cierre.
Hai moitas visións dos bloques. Non todas agradables.
--
Ribadeo Natural

Ningún comentario: