Amosando mensaxes organizadas por data para a consulta acta do pleno. Ordenar por relevancia Amosar todas as mensaxes
Amosando mensaxes organizadas por data para a consulta acta do pleno. Ordenar por relevancia Amosar todas as mensaxes

20250202

Martes 4F, actividade no concello

Martes, actividade no concello

     O martes 4 de febreiro está previsto que teña lugar tanto unha Xunta de Goberno Local como un Pleno Extraordinario obrigado, pedido pola oposición.

    O segundo foi obrigado legalmente pola peticiónda oposición, e terá lugar ás oito da tarde no salón de plenos (lugar normal da celebración dos plenos, dianteira do concello) cun único punto na orde do día: "Debate e aclaración sobre o acontencido coas cortas de árbores en diferentes lugares do Concello e a manifestada intención de proxecto de reforma sobre o campo de San Francisco."


Martes 4F, actividade no concello   

    Mentres, a primeira está convocada ás sete da tarde, no salón dos alcaldes (o que ten os retratos dos alcaldes da democracia en Ribadeo, situado na traseira do concello), coa seguinte orde do día, asunto de trámite: 

    Aproveito para deixar a ligazón á última acta que aparece polo momento na Sede electrónica do Concello:

ACTA DO PLENO 2024-0013 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO 20.12.2024]

20250101

Ano novo, escudo novo?


     Aló polo 5 de novembro celebrouse un pleno no Concello de Ribadeo. Nel, entre outras cousas, tratouse do cambio de escudo e asunción de bandeira para o concello. Aló polo 5 de decembro sae o anuncio no DOG para indicar que está en exposición, o que é colgado na sede electrónica do concello. E o 10 aparece o documento de consulta básico na mesma sede (hai outros que estamos a esperar que saian para que se cumpra o requisito, pero...). É dicir, a partir de aí comezaría a contar o prazo de un mes para que, se non hai alegacións, a aprobación sexa definitiva. Se hai alegacións, habería que consideralas outro pleno para variar ou non o aprobado de primeiras. 

    Non é o único a remarcar, que apareza na sede electrónica o documento a consultar poucos días despois da aparición no DOG -por outra parte, como debe ser legalmente-. Resulta que o documento de anuncio de exposición extraído do DOG que se pode consultar no concello é a versión en castelán (como pasa con outros documentos), o que supoño que será debido a que algún ordenador do concello ten a lingua de traballo por defecto o castelán. Algoque estimo sería doado de corrixir, pero que xa levo notando tempo así. Por iso deixo en baixo tres documentos: O anuncio que aparece na web da sede electrónica do concello, en castelán, e o seu 'orixinal' do DOG en galego, e o documento a avaliar, que está en galego, extraído da acta do concello de 5 de novembro. Asemade, deixo a ligazón á nota do concello onde se dá por aprobado pola comisión ó efecto, a proposta que logo pasou ó pleno, e onde aparece a foto final deste artigo.


20240722

Dous plenos de Ribadeo. Actas


     Os plenos en Ribadeo poden non ser moi avisados, mesmo pasar desapercibidos, mais de cando en vez as catas ven a luz de xeito rápido. Así pasou cos cous últimos plenos:

ACTA DO PLENO 2024-0008 [ACTA PLENO ORDINARIO 16.07.2024]

ACTA DO PLENO 2024-0007 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO URXENTE.18 XULLO 2024]

Tamén os tes cargados en:



20240130

Pleno de Sorteo de mesas electorais para eleccións Parlamento Galego. Resultados


    Adxunto deixo a acta do pleno co resultado do sorteo das mesas electorais, aínda que é de supoñer que a estas alturas xa fora comunicada a circunstancia ós afectados:

ACTA DO PLENO 2024-0001 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO 22 DE XANEIRO DE 2024. SORTEO MESAS ELECTORAIS]

 

20231228

4 de decembro de 2023, pleno. Acta e algún comentario

4 de decembro de 2023, pleno. Acta e algún comentario

    Hai un par de días foi publicada a acta do pasado pleno do concello de Ribadeo de 4 de decembro. Deixo a ligazón e algún comentario.

    ACTA DO PLENO 2023-0017 [ACTA PLENO. ORDINARIO 4 DECEMBRO 2023]

     Comeza o tema cunha curiosidade: nunha das actas a aprobar constaba Fernando Suárez Barcia como alcalde, o que foi posto sobre a mesa polo actual alcalde, Daniel Vega Pérez. Naturalmente, foi feita a 'corección' como aparece nesta acta.

    Dous puntos máis adiante aparece outra corrección, pola que se lle devolven taxas mal cobradas, 403,20 €, a Mario Penelo Riva, quen debeu decatarse e pedir a súa devolución.

    Agora resulta que os concellos teñen que ter un 'plan estratéxico de subvencións', que foi aprobado. Aí detállanse os importes do conxunto das subvencións no 2024-2026 en extraescolares (9000 ou 9800 €, segundo o ano), festexos (40500 o próximo ano, máis 4500 en premios) ou en cultura (2000 €/ano para premios, máis para actividades), por exemplo.

    O punto sexto recolle unha nova adicación exclusiva, a de Montse Seijo, concelleira de RRHH, seguridade e atención cidadá, que pasa de ter adicación parcial a completa, e asignación de 1500 €/mes brutos a 2368,65 €/mes. Pouco trae a acta da deliberación que houbo, según a mesma acta.

    Despois de aprobar a variación da RPT (Relación de Postos de Traballo) do concello, pasouse á aprobación do orzamento, que a oposición di que non tivo tempo de mirar. O orzamento, en resume, é este:


[Por se alguén o quere en modo texto, reprodúzoo ó final dese xeito]

    O orzamento foi aprobado, sinalando a oposicion divrsas disconformidades.

    As preguntas finais, que soen ser máis do día a día, foron sobre o alumenado do Nadal, subministro, montaxe e funcionamento, sobre o prezo de subvención das actividades do Nadal, sobre a rehabilitación do Xulgado de Paz, o mantemento dos campos de fútbol, o uso inadecuado do parque móbil de concello, as actividades privadas lucrativas en locais do concello, o cobro por ver Matria e o uso desexable da lingau galega nos orzamentos. Sinala a acta algunha breve resposta, non a todas as preguntas.

    Duración do pleno: entre 20:30 e 23:15.

-- Orzamento:

GASTOS
Cap. Descripción Recursos
A.- OPERACIONES CORRIENTES
1 GASTOS DE PERSONAL 4.845.925,22
2 GASTOS CORRIENTES EN BIENES Y SERVICIOS 4.811.635,53
3 GASTOS FINANCIEROS 82.789,60
4 TRANSFERENCIAS CORRIENTES 371.089,28
5 FONDO DE CONTINGENCIA Y OTROS IMPREVISTOS 318.731,49
Total operaciones Corrientes 10.430.171,12
B.- OPERACIONES DE CAPITAL
6 INVERSIONES REALES 1.720.232,40
7 TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 5.500,00
8 ACTIVOS FINANCIEROS 27.045,54
9 PASIVOS FINANCIEROS 160.612,12
Total operaciones de Capital 1.913.390,06
Total Presupuesto 12.343.561,18

INGRESOS
Artículo Descripción Por artículos
IMPUESTOS DIRECTOS 0,00
11 IMPUESTOS SOBRE EL CAPITAL 2.641.000,00
13
IMPUESTO SOBRE LAS ACTIVIDADES
ECONOMICAS 193.000,00
TOTAL CAPITULO 1 2.834.000,00
IMPUESTOS INDIRECTOS 0,00
29 OTROS IMPUESTOS INDIRECTOS 740.000,00

TOTAL CAPITULO 2 740.000,00
TASAS, PRECIOS PUBLICOS Y OTROS
INGRESOS 0,00
30
TASAS POR PRESTACION DE SERVICIOS
PUBLICOS BASICO 1.959.000,00
32
TASAS POR REALIZACION DE ACTIV.DE
COMPETENCIA LOC 157.000,00
33
TASAS POR UTILIZ. PRIV. O EL
APROVECHAM DOM.PUBLI 409.000,00
34 PRECIOS PUBLICOS 293.500,00
39 OTROS INGRESOS 87.274,06
TOTAL CAPITULO 3 2.905.774,06
TRANSFERENCIA CORRIENTES 0,00
42 DE LA ADMINISTRACION DEL ESTADO 2.513.335,05
45 DE COMUNIDADES AUTONOMAS 1.140.257,51
46 DE ENTIDADES LOCALES 50.000,00
TOTAL CAPITULO 4 3.703.592,56
INGRESOS PATRIMONIALES 0,00
55
PRODUCTOS DE
CONCESIONES,APROVECHAMIENTOS
ESPECIA 512.809,02
TOTAL CAPITULO 5 512.809,02
ENAJENACION DE INVERSIONES REALES 0,00
60 DE TERRENOS 85.000,00
TOTAL CAPITULO 6 85.000,00
TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 0,00
75 DE COMUNIDADES AUTONOMAS 904.340,00
76 DE ENTIDADES LOCALES 331.000,00
TOTAL CAPITULO 7 1.235.340,00
ACTIVOS FINANCIEROS 0,00
83
REINTEGROS PRESTAMOS DE FUERA DEL
SECTOR PUBLICO 27.045,54
TOTAL CAPITULO 8 27.045,54
PASIVOS FINANCIEROS 0,00
91 PRESTAMOS RECIBIDOS EN EUROS 300.000,00
TOTAL CAPITULO 9 300.000,00

TOTAL PRESUPUESTO 12.343.561,18]

20231019

PLENO MUNICIPAL EN RIBADEO. José María Rodríguez Díaz (2009)

    José Mª fala do pleno que foi tratado en ribadeando en dúas entradas, Un pleno no seu día e Un pleno no seu día (II). Debido á toma de partido de José María, queda reducido o meu comentario ó anterior, ó non estar dispoñible a acta en internet, que eu saiba, e a pesar de ser raro que José María non comenta nada sobre a cesión doutro trámite á Deputación, tendo funcionarios o concello, ou da evidencia do incumprimento a futuris da plabra de Feijoo.

Martes, 10 de noviembre de 2009

PLENO MUNICIPAL EN RIBADEO

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 20:19

Las intervenciones dieron comienzo con la intervención del Sr. Rivas, portavoz de UPRI, reivindicando el cumplimiento del acuerdo del pleno anterior sobre la correcta colocación de las banderas. Desde la protesta de los gropos políticos de la oposición en el pleno anterior contra la actuación del alcalde del BNG de colocar la bandera gallega en el centro, desplazando a un lateral la española, el alcalde desplaza ahora las banderas desde el sitio privilegiado que antes tenían para situarlas en una esquina del salón, bajo el pretexto de que ocultan la imagen del rey que preside el salón de actos. Como si antes no la ocultaran o la imagen del rey fuera más importante que las banderas. El Sr. Rivas exigió el cumplimiento del acuerdo plenario anterior. ¿Le hará caso el alcalde?

Los doce puntos que figuraban en el orden del día quedaron reducidos a once por la retirada del punto octavo referido a la ordenanza reguladora de las tasas del cementerio. Aprobada la lectura del acta anterior, se pasó al punto segundo del Orden del Día relativo a las Resoluciones dictadas por la Alcaldía durante los meses de septiembre y octubre. En el se fueron sucediendo varias preguntas formuladas por los diversos grupos de la oposición relativas a gastos y facturas de ese período haciendo el PSOE especial hincapié en la discrepancia entre las facturas y sus albaranes calificando de chapuza la gestión del gobierno. Las licencias de primera ocupación, que constituían el tercer punto a tratar, fueron aprobadas por unanimidad de todos los grupos. Se trató seguidamente el punto siguiente que versaba sobre la Cuenta General del ejercicio de año 2008. Un tema que por su carácter técnico fue siempre aprobado por unanimidad, se convirtió en una fuerte polémica entre el PSOE y UPRI por un lado y el gobierno del BNG por el otro, llegando, incluso, el alcalde, en una lamentable pérdida de papeles, a tachar de mentiroso al Sr. Rivas. Actitudes como estas son las que reflejan que para los políticos que representan a la comunidad es mucho más importante la defensa del modelo partidista que el interés de la comunidad que les eligió. Se resolvió este punto con la aprobación con siete votos a favor, los del PP y BNG, tres en contra del PSOE y dos abstenciones de UPRI. El quinto punto sobre imposición de tasas por telefonía móvil fue aprobado por unanimidad. El sexto punto en el que se trataba del cobro adelantado y por domiciliación bancaria de las tasas de los vendedores del mercado fue también aprobado por solo los cuatro votos a favor del BNG y la abstención de los restantes grupos de la oposición que reclamaban medidas menos gravosas en estos tiempos de crisis. El punto siguiente por el que se delega el cobro del suministro eléctrico del concejo en la Diputación fue aprobado por unanimidad. Y lo mismo el punto noveno sobre la designación del Juez de Paz por el Tribunal Superior de Justicia de Galicia. El décimo punto sobre la aprobación definitiva del Reglamento de Voluntarios de Protección Civil de Ribadeo fue resuelto con la aprobación por siete votos del BNG y PP, con la abstención de UPRI y PSOE.

Y así se llegó al punto decimoprimero que incluía las mociones presentadas por el PP, UPRI y BNG y a las que se les unió otra, por vía de urgencia, del PSOE.

La moción presentada por el PP, en la que se pedía del Gobierno Central la retirada de la subida de impuestos de los Presupuestos Generales del Estado por injustas y antisociales, sobre todo en estos tiempos de crisis, y que mantuvieran las mismas aportaciones a los concejos, fue aprobada por siete votos de los grupos del BNG y del PP, tres votos en contra del PSOE y dos abstenciones de UPRI.

La moción de UPRI, en la que solicitaba el cambio de ubicación del Albergue de Peregrinos y del Centro de Alzheimer, fue rechazada por los siete votos en contra del BNG y PP y los cinco a favor de UPRI y PSOE. Contra las razones de UPRI para pedir este cambio, al alcalde expuso las ventajas de la posición sustentada en los Convenios firmados entre el Obispado y la Xunta. Razones que a mi personalmente por lo que toca al geriátrico en Ove me convencieron, si se llevan a cabo algún día, porque ofrecen la posibilidad de poder construir lo que considero imprescindible para satisfacer las necesidades del colectivo a proteger en Ribadeo y su comarca. Es decir, construir un nuevo edificio en la huerta de la rectoral de Ove, teniendo al lado el Centro de Alzheimer ubicado en la misma rectoral. Pero me surge una duda: ¿es posible levantar un edificio público en una propiedad privada? Es una pena que la oficina de prensa del alcalde no sepa transmitir mejor los mensajes a la población, pues nos habríamos ahorrado ciertas incomprensiones.

Por lo que toca a la moción del BNG, que versaba sobre el mantenimiento del área sanitaria de A Mariña, quedó claro, una vez más, que estamos ante una utilización política de un tema que ya está claramente resuelto, con el único fin de minar la imagen del gobierno de Feijoo. Resulta por demás sospechoso que ninguno de los grupos presentes, incluido el PP, hicieran caso de las palabras de la conselleira, Sra. Farjas, e ignoraran en cambio las rotundas afirmaciones aclaratorias hechas por Feijoo sobre este tema, en el sentido de que el área sanitaria de A Mariña, no sólo no continuaría en donde estaba, sino que se ampliarían y mejorarían los servicios actuales. Una afirmación hecha con toda la solemnidad que supone el pronunciarlas en un acto oficial, con numeroso público y medios de comunicación. Pero, al parecer, esas palabras no tuvieron eco en nuestros grupos políticos, que sin embargo sí conservaban muy claras las de la conselleira, Sra. Farjas. Por lo tanto, el matiz político de esta moción, que sorprendió al PP dormido, era sin duda evidente, como toda la movida realizada por la Plataforma de A Mariña. Resultó aprobada la moción con los siete votos a favor del BNG y PSOE y los cinco en contra de UPRI y del PP, en cuyo grupo estaba ausente del pleno el Sr. Rodríguez Andina.

Y cuando se estaba presentando una moción de urgencia del PSOE reclamando un informe jurídico sobre la legalidad de ciertos pagos efectuados por el gobierno local, tuve que ausentarme del pleno, por lo que no puedo continuar ofreciendo más información sobre su desarrollo.

Ignoro lo tratado en el punto final de Ruegos y Preguntas. Pero la experiencia me dice que la mayoría de lo que en este punto formulan los concejales son cosas que se podrían haber tratado en las oficinas del concejo o en los despachos de los miembros del gobierno, con lo que se lograría que los plenos fueran más ágiles. Intervenciones que se formulan de forma poco concisa, con circunloquios y poca claridad, y repitiendo reiteradamente los conceptos, lo que alarga innecesariamente la duración de los plenos. Creo que deberían ser presentadas con mayor brevedad y claridad, sin repeticiones ni redondeos, para evitar tantas reiteraciones inútiles y cansinas que nada añaden al tema de que se trata. Y, para terminar, una sugerencia al alcalde. Sería deseable, para mejor conocimiento del público, la previa publicación de la convocatoria del pleno en la página Web del concejo.-

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.

20230804

EL PLENO DE LOS PRESUPUESTOS DE RIBADEO. José María Rodríguez Díaz (2009)

    O pleno do que fala en baixo José María (13 de xullo de 2009) foi comentado no blog nunha entrada miña titulada 'Orzamento habemus!', pero tamén en 'Hoxe son nova or orzamentos' (previo), 'Un tema de cartos' (inmediatamente posterior), 'Pleno no pleno' e tamén en '15 de xullo'. A acta correspondente debera estar colgada na web do concello, pero se está, non a teño localizada. Hai notas de prensa aquí (para a aprobación definitiva, posterior) e aquí, para dar nota de prensa do pleno. Nesta última pódese notar que no subtítulo aplica os votos de cada grupo, execeptuando os de UPRI, que votou en contra. O último parágrafo de José María deixa na dúbida de a que (e a quen) se refire, despois de ser uns orzamentos con saldo positivo e facer o comentario sobre a xeración de débeda

Martes, 14 de julio de 2009

EL PLENO DE LOS PRESUPUESTOS DE RIBADEO

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 12:54

De la política suele decirse lo que se dice del agua, que algo tendrá cuando la bendicen. La respuesta a esta pregunta la dejo en manos de la imaginación de los lectores. Pero los beneficios han de ser ciertamente muy grandes para compensar los disgustos, sustos y preocupaciones que esta actividad lleva aparejados, que ni suelen ser pocos ni leves.

Porque preocupación y ansiedad fue lo que vivió el alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, en el último pleno ordinario celebrado en el salón del concejo el lunes pasado. Una preocupación y ansiedad que se hizo patente para el resto de los concejales y para escaso público asistente a la hora de la votación de los Presupuestos. Un público formado por cuatro personas que ponía en evidencia el nulo interés de los vecinos por conocer la situación económica del concejo y el programa de gestión que los políticos diseñan para gobernar la vida de los vecinos. Una apatía generalizada de la que los primeros responsables son los propios políticos que diseñan una gestión ocultista en la que procuran que los ciudadanos no entren para tener ellos las manos más libres.

Y después de aprobar los restantes puntos por mayoría o unanimidad se llegó finalmente al punto principal del orden del día: La aprobación de los Presupuestos para el ejercicio 2008 [José María trabúcase: corresponden ó 2009]. Unos Presupuestos de casi nueve millones de euros y que tienen como principal novedad que contemplan mayores ingresos que gastos. Aquí dieron comienzo las sucesivas intervenciones de los portavoces de los grupos políticos que, uno tras otro y en diversos turnos de intervenciones, fueron exponiendo sus puntos de vista, razonamientos y opiniones ante el alcalde sobre las diversas partidas de los presupuestos.

Empezó el delegado de hacienda, Vicente Castro, con una breve intervención intentando justificarlos y calificándolos de austeros con relación a los anteriores.

El portavoz de UPRI, Sr. Rivas, critica en su intervención que se mantengan ciertas partidas que considera demasiado elevadas en detrimento de las inversiones en gastos sociales, que recomienda potenciar. El punto de la deuda a proveedores origina una fuerte discusión en la que interviene la interventora que discrepa de las afirmaciones del Sr. Rivas y pone en duda un informe de la antecesora en el cargo. Y, finalmente, el Sr. Rivas recomienda al gobierno que se dedique más a trabajar.

El portavoz del PSOE critica la tardanza en presentarlos y protesta contra varias partidas como la recaudación por infracciones urbanísticas o los gastos protocolarios.

La brevedad de este comentario me impide reflejar en toda su extensión la larga y bien trabajada intervención del portavoz del PP, Sr. Rodríguez Andina. Pero cabe decir que insistió en que debe buscarse más financiación externa, reducir más los gastos corrientes, como la propaganda excesiva y, en resumen, trabajar más. Abogó, con acierto, por unos presupuestos más austeros en estos tiempos de crisis, al mismo tiempo que manifestó sus dudas sobre las promesas del alcalde a quien le reprochó falta de voluntad política.

Llegada la hora de la votación el tono áspero en el que se desenvolvieron las actuaciones de los portavoces de la oposición crearon en el alcalde una atmósfera de temor ante el resultado de la votación de unos presupuestos que no venían pactados al pleno. Por eso el alcalde, en unas reflexiones hechas en tono suplicante, admitiendo la complejidad de sacar adelante unos presupuestos desde la minoría, apeló a la responsabilidad de todos los miembros de la corporación para intentar salir airoso de esta situación. Disculpó a su concejal delegado de hacienda por la tardanza en presentarlos, intentó defenderse de las críticas de sus oponentes sobre los gastos en propaganda y otras partidas y se defendió de las acusaciones de falta de dedicación al trabajo. No dudó en justificar los gastos en los llamados talleres culturales, bajo la disculpa de que son inversiones sociales. Defendió, asimismo, con calor, y creo que con acierto, el establecimiento de la nueva Relación de Puestos de Trabajo del concejo para adaptarla a los tiempos modernos y a las necesidades actuales. Y, finalmente, prometió sacar adelante otras actuaciones solicitadas por el PP.

Llegada la hora de la verdad, los presupuestos se aprobaron, aunque con sólo los votos del equipo de gobierno. Los dos concejales de UPRI votaron en contra, los tres del PSOE se abstuvieron y los cuatro del PP los aprobaron con su abstención.

Es evidente que no se pueden incluir en este breve resumen todas las intervenciones de un pleno que duró cuatro horas. Quien quiera conocer más detalles del desarrollo de la sesión, los puede encontrar en la página Web del Concello.

En mi opinión, esos no son los presupuestos que requiere la situación de crisis actual para el concejo de Ribadeo. Seguiremos siempre endeudados y siempre situados en el puesto de pedigüeños. Y las consecuencias de unos Presupuestos derrochadores son dos: Aumentar los impuestos a los ciudadanos y renunciar a subvenciones por no poder aportar la parte que le toca al concejo. Y todo por vivir esclavizados ante la creación de imagen con fines políticos.-

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.

20230709

Catro plenos

    Está comezando o novo mandato muncipal. Para comparación, deixo as ligazóns ós catro primeiros plenos (de cada mandato, plenos de constitución e de organización), e algún comentario.

2019:

  • ACTA PLENO EXTRAORDINARIO CONSTITUCION DA CORPORACION E ELECCIÓN DE ALCALDE - 15 DE XUÑO DE 2019

  • Publicación ANUNCIOS DECRETOS ORGANIZACIÓN
  • Publicación ANUNCIOS ACORDOS ORGANIZACIÓN

  • ACTA DO PLENO EXTRAORDINARIO DE 4 DE XULLO DE 2019

    2023:

    ACTA DO PLENO 2023-0010 [ACTA SESION PLENO. CONSTITUTIVA CORPORACION E ELECCION ALCALDE] (17 de xuño)

     

        Algún dato/comentario:

    - Asignación anual por Grupo Político 400 euros/ano é dicir 100 euros /trimestre.

    - Asignación anual por Concelleiro que o compoña: 300 euros/ano para cada Concelleiro, é dicir 75 euros /trimestre para cada Concelleiro.

    - Alcaldía, réxime de dedicación exclusiva, 45.904,60 euros brutos anuais

    - Concellería delegada de Medio Ambiente e Deportes, réxime de dedicación exclusiva,31.432,94 euros brutos anuais

    - Sesións plenarias, 50,00 euros.

    - Sesións de Comisións Informativas: 30,00 euros.

    - Sesións da Xunta de Goberno Local, 50,00 euros.

    - Reunións da Xunta de Voceiros, 30,00 euros.

    - Outros órganos colexiados locais, 30,00 

    - Aloxamento 102,56 €

    - Manutención 53,34 € (enteira) 26,67 € (media)

    - Axuda de custo enteira 155,90 €

    (inflacción, 14,17 % de 31/5/19 a 31/5/23, segundo https://fxtop.com/es/calculadora-de-inflacion.php)

     

     

     

     

    20230622

    Repartidas as áreas de goberno municipal

        Copio a nova do concello de hoxe, que anuncia tamén ás 20:30 un pleno de organización, ó tempo que deixo a ligazón ás actas do pleno de constitución da nova corporación municipal:

    ACTA DO PLENO 2023-0010 [ACTA SESION PLENO. CONSTITUTIVA CORPORACION E ELECCION ALCALDE]

    Nota de prensa: 

     
    CON VOCACIÓN DE SERVIZO PARA QUE RIBADEO MEDRE

    Áreas de goberno

    22/06/2023

    O alcalde, Dani Vega, ven de dar a coñecer o reparto das áreas do seu equipo de goberno. Esta tarde ás 20:30 horas hai pleno de organización no Concello.

    O rexedor explicou que "convocamos o pleno extraordinario, o pleno de organización, onde aprobaremos o calendario de sesións que celebraremos ao longo do ano, as xuntas de goberno local, as retribucións económicas do equipo de goberno… en definitiva organizaremos o que será o vindeiro mandato".

    O reparto das áreas do novo equipo de goberno queda da seguinte maneira, segundo confirmou o alcalde esta mañá: "Begoña Sanjurjo será a concelleira de Facenda, Cultura, Educación e Igualdade. Marta Saiz levará Promoción Económica, Iniciativa Empresarial, Turismo e Comercio, Montse Seijo será a concelleira de Recursos Humanos, Seguridade e Atención Cidadá. Diego Dos Santos será o responsable de Medio Rural, Medio Ambiente e Infraestruturas, Elena Sierra será a concelleira de Benestar Social, Saúde e Familia e Francisco Silvent levará Deportes e Mocidade".

    Dani Vega subliñou que "somos un goberno que o que pretende con total vocación é escoitar, gobernar para todos, entre todos e tamén contar coa Corporación Municipal, que é algo fundamental para chegar a acordos".

    Para o alcalde ribadense "este será un mandato con moita vocación de servizo, con moita ilusión, con moitas ganas para que Ribadeo avance e medre e creo que entre todos ímolo facer".

    20230619

    Táboa rasa


      Táboa rasa

        Hai diferenzas entre o de ‘borrón e conta nova’ e o ‘facer táboa rasa’. No primeiro caso, reconstrúes dende o comezo, pero coa sabedoría que dá aprender dos erros anteriores. No segundo, tiras con todo e perdes non só o tempo que tardaches en chegar ó punto acadado, senón tamén, dalgún xeito, a sabedoría e os produtos materiais que elaboraches no camiño.

        Arredor da toma de posesión de Daniel Vega como alcalde de Ribadeo, e despois do desastre que supuxeron as eleccións para o BNG, coido que se fixo táboa rasa en varios sentidos.

        En política, que non se fale de algo faille baixar puntos, aínda que moitas veces sería mellor non dar que falar. Non estiven no pleno de toma de posesión, polo que parto das novas que me foron chegando. E nelas non hai referencia ó PSdeG-PSOE: neste caso é algo a resaltar, unha boa nova o que non andara metido polo medio, e por iso deixo o seu nome en cabeza, para que non desapareza e esa desaparición lle faga baixar puntos ó non estar no candeeiro.

        Despois viría o BNG. O máis comentado en relación a esta formación política estes días é a non recollida de nomeamento de varios electos, en protesta contra o partido. Coido que aquí hai un erro de interpretación pola súa parte, máis aló da acusación de traizón á formación (ós ‘cadros’ con poder) por incumprimento de compromiso dun posto na Deputación. Un erro que pode interpretarse como unha traizón dos elixidos ó pobo (que foi quen os votou, non o partido), a quen estimo que deben un recoñecemento que non se dá ó non recoller a acta. Un xeito desafortunado de rematar con catro períodos ó mando en Ribadeo nos que, certamente, Ribadeo cambiou moito. Un cambio que se deixou como fondo dunha entrevista ó xa ex-alcalde na que, por desgraza, se resalta en letras maiores un ‘agora voume rir vendo o que pasa’, unha saída de ton en relación a un conflito, o da Illa Pancha, no que di ‘aguantou paus de todos lados’. Unha entrevista acompañada dunha foto que recolle a manifestación pro residencia sen facer mención que houbo que facela para os políticos se uniran ós reclamantes, arredor da Plataforma pro Residencia de Maiores de Ribadeo. Claro que iso non é culpa (ao menos, non só) do entrevistado, que polo interior das respostas indica que ‘colleron esa bandeira, esa reivindicación’ e a converteron en realidade (o que me consta que, unha vez se puxeron mans á obra, traballo custou).

        Deixo para o final o último dos partidos implicados no cambio de mandato, o PP, agora na cabeza municipal. O abarrote do salón na investidura vai contrastar co deserto de público en moitos plenos. Claro que diso non é culpable este partido (ao menos, non só nin en parte superior a outros) nin ten por que estar relacionado con ningunha táboa rasa. Dentro dese alborozo, ó non ter estado dentro do salón de plenos, pouco máis podo facer que tirar man do discurso para facer unha análise. Lido varias veces, alédome de que teña tantos obxectivos, aínda que lembro que quen moito abrangue, pouco aperta, e polo tanto miro con prevención a dificultade de cumprimento do previsto que leva parella: moita. Mais o de táboa rasa vai neste caso por algo máis sinxelo: a falta de recoñecemento da actividade que o novo goberno xa recibe feita, e mesmo a pesar do agradecemento a ‘Don Fernando Suárez’, o anterior alcalde. Algo que entendo é patente cando manifesta de xeito explícito 'Aportaremos de inmediato os terreos para facer realidade o centro de saúde e comezaremos canto antes a reforma integral do Hospital San Sebastián e San Lázaro’. Aí están as notas de prensa do concello ate o momento, indicando as manobras precisas e xa realizadas -non sen refregas políticas- para que ambas cousas sexan realidade. Así pois, neste caso, non é que se faga táboa rasa das cousas, senón máis ben da memoria.

        Aínda así, e para rematar, só lembrar que unha táboa pode ser unha base para construír sobre dela con equilibrio, comodidade e precisión. Queda un período de catro anos para facelo.

    20230616

    Última sesión do mandato municipal 2019/2023

        Deixo en baixo a nota de prensa do concello correspondente ó último pleno, coa despedida de Fernando Suárez. A acta do pleno pode atoparse aquí: 

     ACTA DO PLENO 2023-0009 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO. APROBACION ACTAS. 14.06.2023]

     Foto corporacion sainte

    CELEBROUSE ONTE, MÉRCORES, Á TARDIÑA

    Último pleno do mandato

    15/06/2023

    O salón de plenos do Pazo de Ibáñez acolleu a última sesión do mandato na que o alcalde, Fernando Suárez, se despediu tras 16 anos no cargo.

    Discurso do rexedor: "agora si, que case chegou o final, toca despedirse de verdade. Despedirme coa aprobación destas derradeiras actas desta casa do pobo e deste cargo que levei con dignidade e con paixón nos últimos dezaseis anos.

    As urnas falaron hai poucos días e non lle deron a oportunidade á nosa candidatura para liderar os vindeiros catro anos. Hai que respectalo e felicitar aos que gañaron. É o cerne da democracia: saber gañar e saber perder. Tempo haberá para que os que gobernarán demostren a súa valía e aos que lle toque facer un lexítimo exercicio de oposición, o fagan para fiscalizar, apoiar cando é bo para o Concello e discrepar cando as situacións o requiran. Todo isto para que Ribadeo siga indo a mais, se cadra, máis do que foi nestes derradeiros anos.

    Non podería resumir toda esta miña vida pública no Concello en catro liñas. Podería aburrirvos contando anécdotas e batallas desde o ano 1999 cando tomei posesión da acta de concelleiro nun día de xuño coma este, hai 24 anos.

    Coma un picariño entrei con 26 anos, da man de xente como Eduardo Gutiérrez, que foi unha das persoas que me inspirou nisto da "arte da guerra", que é a política municipal. Mais aló dos encontros e desencontros que puideramos ter, gárdolle sempre un grato recordo. E isto fágoo extrapolable á relación con outras persoas, de dentro e de fóra do Concello, rivais políticos ou non ao longo destes anos. Ao cabo a vida, non é unha liña recta senón un continuo onde aprendes, trabúcaste, rectificas, etc. Todo isto sempre é bo, sempre que o fagas con honestidade e buscando o mellor para o interese público, ese valor superior que debe transcender incluso á obediencia partidaria.

    E teño que dicir que aprendín, e moito, en toda esta etapa vital. Rodeado de xente impecablemente técnica e boa, como moitísimos funcionarios e funcionarias coas que tratei en todos estes anos. Algúns están hoxe aquí como o admirado Rodil, sempre eficaz e sempre atento, ou como o erudito en cuestións xurídicas, José Antonio Carro. Con esta lealdade mutua fixemos cousas marabillosas e démoslle, sen pretendelo, unha lección a moitas administracións, persoas, colectivos, etc. do que pode chegar a facer un Concello se se plantexa facelo, se non se arredra perante ninguén e se ten a vontade decidida. Porque coa razón vas a todos os sitios, pero coa razón e o dereito, un é imbatible. Ogallá o listón establecido en Ribadeo non quede onde está, senón que se eleve moito máis. Verase.

    E o mesmo digo para o resto de persoal coa que traballamos. A confianza depositada, a non ocultación dos asuntos, o non enredar con cousas turbias, e o tentar tratar a todos por igual foi o que nos leva a irnos con tranquilidade e con satisfacción polo traballo feito.

    Teño que dicirvos que neste periplo, tamén aprendín a poñerme nas botas do outro. Cambiei opinións previas e xeitos entender as cousas, pero tamén me reafirmei noutras. En fin, 20 anos dicía o tango de Gardel non é nada, pero se cadra, é unha vida.

    Voume sen rancores e sen vendetas. Ás veces non fun comprendido noutras "elites orgánicas", quizais porque nunca gobernaron ou simplemente porque non quixeron comprender as posibilidades de facer unha verdadeira "Realpolitik" nun pequeno Concello con alma de grande, e que transcenderon para todo o noso país. 

    Como dícia Frank Sinatra, algún arrepentimento tiven, pero moi poucos para mencionalos. Fixen o que tiña que facer e fíxeno sen excepción. Pero a diferenza da canción, non o fixen ao meu xeito, senón co concurso das compañeiras e compañeiros de goberno que me acompañaron ao longo de todos estes anos, e especialmente, como non, os que están a carón de min neste mandato. Aprendín moito deles, e con eles, e confío en seguir gozando da súa amizade e xenerosidade para sempre. 

    Agora, con discreción pechamos este derradeiro Pleno e ímonos coas mans limpas e baleiras, tal e como entramos, coa soa compaña das nosas familias e dos nosos amigos. 

    Aos que vos ides canda min, da vida política municipal, foi un pracer tratar convosco, e aos que o sábado encetades unha nova etapa, tanto no goberno como na oposición, deséxovos acertos, porque se os tedes serán tamén os dos 10.000 veciños e veciñas que vivimos e seguiremos a vivir neste marabilloso Concello, así como os outros milleiros que nos queren con tolura e que nos visitan arreo.

    Loitade por el e traballade para ser dignos do cargo que ides ocupar. Pensade que na política municipal, como na vida, todo é temporal, e que ao cabo, só vos quedará a satisfacción interior ao marchar de poder dicir ou non: Coido que fun digno do cargo que ocupei e no servizo prestado aos nosos paisanos e paisanas que nos puxeron aquí.

    Confésovos que tanto eu, coma os meus compañeiros, ímonos con ese sentimento de deber cumprido. Mais nada, recibide todos e todas un cordial saúdo. Viva Ribadeo e viva Galiza Ceive. Érguese a sesión”.

    20230525

    Acta do pleno urxente do concello de Ribadeo de 23 de maio

        Os plenos sucédense ó longo do ano de xeito periódico máis ou menos, os ordinarios, e de xeito aleatorio os extraordinarios. O do pasado martes foi obrigado por cuestións menores (substitutos nas mesas electorais e petición de continuación para dous obradoiros para os que remataba o prazo), pero foi.

    ACTA DO PLENO 2023-0007 [ACTA SESION EXTRAORDINARIA URXENTE. 23.05.2023]

    Actas e relacións doutros plenos 

    20230413

    Acta do pleno extraordinario urxente de 20230411


         Martes houbo un pleno extraordinario urxente por mor da anulación da convocatoria da adxudicación do servizo de augas para os próximos anos a raíz da correspondente resolución do Tribunal Administrativo de Contratación de Galicia.        Velaeiquí a acta:

    ACTA DO PLENO 2023-0005 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO URXENTE. 11 ABRIL 2023]

        Otros plenos.

    20230322

    Acta do pleno extraordinario urxente celebrado onte (e máis)


     

        Onte houbo un pleno, extraordinario e urxente, que incumbiu á convocatoria de subministro de auga para os próximos anos. Este non foi retransmitido, que eu saiba, e del xa se colgou a acta, que deixo en baixo. Mentres, as verbas coas que comeza a nota de prensa da alcaldía sobre o tema: "A Corporación Municipal, en pleno extraordinario e urxente celebrado esta tarde, acordou de xeito unánime de todos os grupos subscribir o contido dos informes técnicos que serán remitidos ao Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia diante do que foron presentados tres recursos contra o contrato de concesión de servizos do ciclo integral da auga de Ribadeo. Mentres se resolve esta cuestión queda en suspenso o prazo de presentación de ofertas. "

    ACTA DO PLENO 2023-0004 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO URXENTE 21.03.2023]

    Asemade, nos últimos días foron colgadas outras actas:

    ACTA DO PLENO 2023-0003 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO URXENTE, 2º. DATA 17.03.2023]

    ACTA DO PLENO 2023-0001 [ACTA ORDINARIA DE PLENO. 16 DE FEBREIRO DE 2023]

    ACTA DO PLENO 2023-0002 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO URXENTE, 1º. DATA 17.03.2023] 

    20230305

    EL PLENO DE LA OPOSICIÓN. José María Rodríguez Díaz (2009)

        Comentario do José María do pleno que en Ribadeando apareceu comentado por min de xeito escueto baixo o título de Granizada.

    Martes, 20 de enero de 2009

    EL PLENO DE LA OPOSICIÓN

    • Publicado por jmrd_ribadeo a las 13:31

    Sucedió lo que todos esperaban. Y aunque los temas estrella pendientes, como el tendido eléctrico para la subestación de Reverte, la nueva regulación de los ruidos y el tan manido tema de los vendedores ambulantes no llegaron a figurar en la convocatoria, fue un largo pleno, de tres horas de duración, dominado por la tensión y la polémica sobre el apasionado tema del Plan Sectorial propuesto por la Xunta para la edificación de viviendas en el casco antiguo de la villa de Ribadeo. El magnífico salón de plenos, contra lo que viene siendo habitual, estaba esta vez abarrotado de público. Más de cien vecinos interesados en la aprobación o rechazo del Plan Sectorial. No era, pues, el interés por el bien común lo que había congregado a tanta gente en el consistorio. Era la defensa de sus intereses privados, personificados en la defensa de su huerta particular. Y, superado este peligro, no volverán a pisar el salón de plenos, demostrando así que su desinterés por lo público acaba, y nunca mejor dicho, en la cancilla de su jardín. Un comportamiento más que nos demuestra que, salvo alguna rara excepción, no es la defensa del bien común lo que suele movilizar a la gente, sino el interés personal. Una carencia en nuestra cultura social, de difícil superación.

    Después de comenzar la sesión con la lectura y aprobación unánime del acta anterior, se pasó al segundo punto sobre las resoluciones adoptadas por la alcaldía en el período ínter plenario. Como ya es costumbre en él, el concejal Sr. Rivas dio comienzo una larga serie de preguntas interesándose por el contenido de esas resoluciones, preguntas que fueron contestadas por el alcalde intentando aclararle sus dudas.

    Pasaron a ocuparse seguidamente del tercer punto, sobre la modificación del proyecto del Área de Rehabilitación Integral de Rinlo. Una actuación apoyada por el alcalde, que la Xunta no sólo acepta, sino que pretende modificar con algunas mejoras. Es tal el entorno de este bello y tradicional rincón marinero que todo lo que se haga por la conservación de su tipismo es poco. La propuesta fue aprobada por todos.

    Se dio cuenta en el punto siguiente de unas siete licencias de primera ocupación concedidas, con el beneplácito de todos los grupos.

    El punto cinco del orden del día sobre la aprobación de las cuentas generales del ejercicio de 2007 quedó aprobado por once votos y la abstención de UPRI.

    En el punto seis se trataron las alegaciones y aprobación definitiva de las tasas e impuestos para el ejercicio actual. Punto que, igual que el anterior, quedó aprobado con once votos a favor y la abstención de los dos votos de UPRI.

    El siguiente punto versó sobre las alegaciones, modificación y aprobación definitiva del Reglamento de Régimen Interior del Hospital-Asilo de Ribadeo. Con la aceptación de alguna de las alegaciones presentadas por algunas asociaciones de vecinos quedó el Reglamento aprobado por once votos a favor y la abstención de UPRI. Se regula así la situación legal de este centro y queda así expedito el camino para que la Xunta de Galicia pueda participar en la viabilidad económica de este establecimiento.

    Y así se llegó al punto octavo, la verdadera patata caliente de este pleno: el tan esperado debate sobre el Plan Sectorial de Solo Residencial de Ribadeo, por el que, como ya saben los lectores, la Xunta pretende, mediante expropiación, despojar de sus propiedades a ciertos vecinos del casco antiguo de Ribadeo para construir en sus fincas más de cien viviendas, de protección oficial casi todas. Este era el tema que congregó a tanta gente en el salón de plenos. Y aquí sucedió lo nunca visto hasta ahora: todos los grupos de la oposición se posicionaron unidos contra este proyecto supramunicipal de la Xunta y de la posición mantenida por el alcalde. Y no sin que antes, a través de numerosas intervenciones para justificar su postura, que renuncio a relatar en este comentario por su excesiva extensión, los portavoces de los grupos políticos explicaran las respectivas posiciones mantenidas por ellos ante este proyecto. Fue el Sr. Rodríguez Andina el encargado de defender la moción presentada en contra de este proyecto por los tres portavoces. Y ello en base a la marginación que se somete a los propietarios de las parcelas, al ridículo precio ofrecido por sus propiedades, la discriminación que se somete a otros propietarios a quienes Patrimonio les prohibió ciertas actuaciones y el rechazo al horroroso feísmo que supone la construcción de “bloques” de viviendas en el casco antiguo de esta villa. Acorralado el equipo de gobierno, en minoría, acaba sumándose a las propuestas de los autores de la moción, quienes prometen proponer a la Xunta otros espacios alternativos más apropiados, según ellos, para llevar adelante este Plan Sectorial, sin tener que rechazarlo. Un triunfo del sentido común sobre las actuaciones impositivas de ciertos despachos de la Xunta que, sin tener en cuenta la voluntad de los vecinos tratan de imponerles sus puntos de vista. La oposición que este Plan sufre en Ribadeo no es más que un pequeño grano de arena comparado con las protestas que se levantan en toda Galicia.

    Llegados así al punto final de Ruegos y Preguntas, se dio comienzo a muchas y largas intervenciones sobre pequeños detalles de la vida de nuestro concejo a cargo de varios concejales de la oposición, entre los que, como siempre, el Sr. Rivas destacó por gran número de preguntas y ruegos formulados.

    Levantada ya la sesión, contestó el alcalde a cuatro preguntas formuladas por la Asociación de Vecinos O Tesón. A la primera, muestra su buena disposición y talante para redactar y aprobar un Reglamento de participación ciudadana, algo muy esperado por esta asociación. Contesta a la segunda sobre las obras de los parques manifestando su esperanza en su pronta finalización y apertura. Preguntado sobre la ubicación de las carpas en el parque, se muestra dispuesto a aceptar otra ubicación distinta, siempre que se pueda encontrar una adecuada. Y finalmente, confirma que la ubicación del mercado continuará en su lugar tradicional, sin descartar su posible ampliación por las calles Ramón González y Reinante.

    Y así terminó un Pleno que, contra lo que suele ser habitual, esta vez tuvo por protagonista a la oposición.-

    José Mª Rodríguez

    Outros Artigos de José María.

    20230219

    PLENO EXTRAORDINARIO EN RIBADEO. José María Rodríguez Díaz (2008)

        Retrato dun pleno por José María. Un pleno, dende o seu punto de vista, cuasi monopolizado por unha reclamación do daquela ex-alcalde. Hai a posibilidade de contraste coa referencia que fixen no seu día deste mesmo pleno no blog (I e II)

    Miércoles, 22 de octubre de 2008

    PLENO EXTRAORDINARIO EN RIBADEO

    • Publicado por jmrd_ribadeo a las 12:03

    Después de una obligada ausencia a los últimos plenos celebrados en el consistorio de Ribadeo renuevo, con esta breve reseña sobre los asuntos tratados en el pleno extraordinario celebrado el día 20 de octubre, la acostumbrada reseña informativa que suelo dar sobre ellos. Un pleno este convocado especialmente para pronunciarse sobre las reclamaciones económicas solicitadas por el ex alcalde, Balbino Pérez Vacas.

    De él cabe destacar el tono notablemente tranquilo en el que se desarrollaron las intervenciones de los distintos portavoces de los grupos políticos que propiciaron un ambiente de sosiego, muy alejado de aquellos plenos pasados en los que la crispación, la acritud y los insultos eran constantes. Un cambio de actitudes que tiene como principal explicación el talante conciliador y moderado del alcalde, que sabe transmitir esa sensación de tranquilidad a aquellos concejales que eran tan propensos a las altercados y a las broncas en el pasado.

    Conviene advertir a los interesados en conocer lo que se trata en los plenos que no es en ellos en donde abundan las aclaraciones y explicaciones sobre los puntos que en ellos se tratan. Habiendo sido tratados con suficiente amplitud, y a veces consensuados, en las Comisiones Informativas, previas a los plenos, las explicaciones que en estos se da a los temas suelen pecar de escuetas y breves. A veces hace falta un verdadero alarde de imaginación por parte del público para enterarse del verdadero contenido de los puntos que se someten a votación.

    Pero, vamos al grano. Todos los concejales estuvieron de acuerdo en ratificar la urgencia de esta convocatoria, objeto este del primer punto.

    La admisión a trámite de la petición planteada por el ex regidor, Sr. Pérez Vacas, de revisión de oficio del acuerdo plenario de 24 de abril de 2007, por el que se le suprimía el salario de alcalde, el punto segundo de la convocatoria, fue rechazada por los votos del BNG y del PP, la abstención de UPRI y los votos a favor del PSOE. Sin perder en ningún momento las formas en sus intervenciones fue este el punto más discutido de todos pues en el se fueron desarrollando los distintos puntos de vista de cada uno de los intervinientes.

    El Sr. Pérez Vacas fundamentó su petición en la supuesta nulidad de aquel pleno, por no figurar ese punto en el orden del día de aquella convocatoria. Resulta extraño invocar ahora la nulidad de un pleno en el que el mismo Pérez Vacas era el alcalde convocante y responsable, por lo tanto, del tratamiento de ese punto.

    Por su parte el Sr. Rodríguez Andina manifiesta en su intervención su extrañeza por la inexplicable actitud del Sr. Pérez Vacas en demorar más de un año la presentación de la presente reclamación. Se pregunta el Sr. Rodríguez Andina por qué permitió en aquel pleno la inclusión de un punto que no figuraba en el orden del día y reclama ahora su nulidad. Y le recuerda al solicitante que la mencionada Acta del pleno de referencia fue aprobada en el pleno siguiente sin objeciones por parte de nadie, ni siquiera del Sr. Pérez Vacas.

    Fundamenta UPRI su decisión de abstenerse en el hecho de que ellos no formaban parte del consistorio en aquel entonces.

    Insiste el Sr. Pérez Vacas, para justificar su reclamación, en que su empresa le denegó la incorporación al trabajo por estar con dedicación exclusiva en el concejo. Una versión poco creíble pues es evidente que nadie le obligaba a continuar con la dedicación exclusiva. Para el alcalde actual, que pone en duda esta excusa, fueron razones políticas las que lo retuvieron en la alcaldía: las elecciones que se acercaban, que le permitirían así al alcalde aprovecharse de la ausencia del Sr. Suárez Barcia que, al incorporarse a su trabajo en Vegadeo, le dejaba las manos libres para utilizar su dedicación plena al concejo en su beneficio electoral.

    Finalizado este punto, la amenaza del Sr. Pérez Vacas de continuar con su reclamación contra el concejo por la vía contencioso administrativa quedó flotando en el aire. Y para enredar mas las cosas, solicitó que la votación sobre su petición fuese nominal, un hecho sin precedentes en los plenos anteriores.

    Con relación al tercer punto de la convocatoria, referido a la representación de un titular y un suplente del concejo en el Grupo de Desenvolvemento Rural, fue desestimada la propuesta de la alcaldía de proponer al alcalde y teniente de alcalde para esta representación. Ninguno de los grupos de la oposición la apoyó.

    El punto final sobre la adopción de acuerdos solicitados por la Conselleria de Medio Ambiente, relativo a la cesión de terrenos para la ejecución de la obra de saneamiento en Piñeira, fue aprobado por todos los asistentes. Y con este punto, acta est fabula.-

    José Mª Rodríguez

    Outros Artigos de José María.