Amosando mensaxes organizadas por data para a consulta Lexoso. Ordenar por relevancia Amosar todas as mensaxes
Amosando mensaxes organizadas por data para a consulta Lexoso. Ordenar por relevancia Amosar todas as mensaxes

20241205

Un novo Chío!

    A revista Chío do mes de decembro está xa á túa disposición. A máis da portada (enriba) e a miña colaboración (embaixo), deixo a ligazón á revista por se queres baixala ou vela en liña. Que a desfrutes! Pode ser a última nun tempo...





Un chío encantado










Hai tempo, nunha conversa intranscendente, dixen algo como que calquera das nosas aldeas tiña lugares encantadores por descubrir. Algúns, auténticas xoias; outros, lugares agradables a desfrutar. En calquera caso, a desfrutar para o seu aproveitamento humano, polos poboadores próximos, aínda que tamén se puidera aproveitar para o desenvolvemento da zona. Despois de dicilo, quedei pensando se coñecería -eu- no entorno da vila, ou no termo do concello, lugares abondo para facer unha tal guía. E non, seguro que non coñezo todo o que hai, pero si abondo como para facer non unha guía turística, que non é a miña idea, senón un mapa de desfrute posible, un poñer no punto de mira algúns lugares agradables.

Pouco despois da conversa, quedou o rural de Ribadeo sementado de sinais e direccións indicando ‘Camiño do Encanto’. Tantas, que ás veces nun cruce atopas para a esquerda e para dereita a sinal repetida, a máis d que indica o sentido do que vés. Polo que parece a cousa foi froito dunha subvención na que houbo algún tipo de desaxuste entre a petición e a realización. De calquera xeito, deume azos para tentar poñer nunha lista curiosidades, lugares ou edificios a ver, de xeito de que quedaran salientados. E xa digo, non como unha guía turística tradicional, senón máis ben como mapa de sentimentos posibles, xerador de lembranzas agradables. Aínda que sexa incompleto, que non me cabe dúbida de que o será, por espazo, por descoñecemento e por folganza.

En Ribadeo, o mesmo que noutras poboacións, o ‘turismo’ concéntrase na vila principal, coa Torre dos Moreno como emblema, as terrazas vivas que invaden o terreo dos cidadáns, os miradoiros sobre a ría amosando unha beleza compartida, que non deixasalientar a vila dos comerciantes na que se debulla unha historia xa pasada, as casas dos indianos que unen un presente migratorio diferente, a ruta das pedras da memoria que nos ensinan nomes e lugares que non debemos esquecer, a sorpresiva Fonte Cavada... ou os seus arredores próximos, miradoiro de Santa Cruz xa na parroquia de Ove ou illa Pancha, na de Vilaselán. E claro, no caso concreto de Ribadeo, as moi famosas Catedrais, na Devesa, que para este caso, non contan como descoñecidas, e cuxo nome eclipsa (aínda que non a súa realidade) á zona de Os castros, Illas ou Esteiro, na mesma parroquia.

E fóra diso? Por onde comezamos?

Uf! Sinxelamente, por algures. Por exemplo, polas varias rutas que se poden aproveitar para recorrer dando un paseo ou facendo unha marcha. A que vai pola costa, ligando as Aceas ó porto e paseo marítimo e logo, costa da ría ata illa Pancha e seguindo pola beira do mar -Catedrais incluídas- camiño de Barreiros, o ‘concello seguinte’ nese ‘Camiño do Cantábrico’. Ou a ‘Ruta da ría’ que saíndo e retornando a Ove nos permite diferentes visións do entorno natural da ría de Ribadeo. Ou a ruta do monte, saíndo tamén de Ove cara a Remourelle (A Devesa), desviación ó Mondigo incluído, e que permite asomarnos, xusto pasando a Barreiros, ás mellores vistas das que coñezo sobre o Cantábrico. Ou prefires rutas máis inexploradas? Proba seguir a antiga ruta do ferrocarril mineiro dende que sae á ría nos Guildeiros (Ove) ata pasado Porto (Vilausende). Iso si, vai preparado: non está sinalizada nin coidada.

Es máis de ver, a secas? Ó antedito, o Val de Noceda na Devesa enche o espírito ó tempo que pode ser posto de exemplo de cunca fluvial e vista ampla cos seus campos. Ou, dende diversos puntos, Mondigo incluído (Covelas), o val do Río Grande e a súa variedade dende a veciña Fórnea en Trabada ata a súa desembocadura entre Ove e Vilausende.

Pode que sexas máis de lugares recollidos. Só baixarte do coche permíteche estar nun pouco antes da desembocadura do río Grande, contemplando os meandros ós que se une o río Pequeno. Claro que tamén podes recollerte nas casetas dos varios miradoiros sobre a ría -en Vilaselán, Ove, Vilausende... algún, a estas alturas, novo do paquete- e illarte. Ou recorrer un par de centos de metros dende a estrada para que sexa a propia natureza a que che ille no Pozo Mouro, vendo correr as augas do rego de Lexoso antes de ser Río Grande, e o seu accidentado descenso na propia fervenza.

Santuarios? Pásate por Vilaselán a contemplar os seus exvotos de paso que entras no ambiente dunha igrexa que con moita probabilidade te resultará diferente, sinxelamente. Ó fío do anterior, pode que sexa máis do teu gusto o contemplar ou mergullarte en arquitectura. San Juan de Ove, tan diferente e ó tempo parella á anterior. A igrexa Santalla da Devesa, fermosa. O sinxelo adro do templo de San Vicente de Covelas, a igrexa da Nosa Señora das Virtudes na Ponte de Arante e os seus murais de hai máis de medio milenio... Por certo, que non só de igrexas se compón a arquitectura do rural. Preto do adro está o Pazo de Cedofeita, con lugares abondo no seu interior para sentirse en diferentes ambientes e épocas, desfrutando en todo caso.

Para min, a arquitectura funeraria ten marcado lugares aparte. O cemiterio da vila está xa en terras de Ove, dende antes que o vello fora substituído no seu lugar polo Parador de Turismo, e ten particularidades como as vidreiras da súa capela ou o espazo para autopsias, que cando menos son curiosidades. E o cemiterio da Devesa? Preto da igrexa, coido que pode cualificarse de ‘cemiterio indiano’...

Es de castros? Achégate ás Grobas (Vilaselán) e verás foxos e catas na natureza do entorno actual dun antigo castro de costa. Por suposto, hai uns cantos máis. Só os estudados a modo de exemplo no libro sobre os castros de José Mª Rodríguez son sete!

E quedan ... Rinlo (aínda non coñeces as súas cetáreas?), Vilaframil e Piñeira (a costa agreste de Ribadeo) ou Couxela (onde a ría de Ribadeo aínda é meandro), das que non dixen nada antes, a máis doutras cousas que desfrutar nas parroquias xa citadas. E é que, cen quilómetros cadrados de concello nunha terra querida dá para moito!

20230814

Ribadeo e a auga neste verán

    Levo varias entradas nos últimos días relacionadas coa auga, ou máis ben, coa falta de auga, mesmo con algún apunte como o de Evaristo Lombardero na entrada anterior. Hoxe fágome eco dun bando da alcaldía, que deixo en baixo xunto coa nota de prensa correspondente.

    Nota de prensa

A EMPRESA CONCESIONARIA FACILITA CONSELLOS Á POBOACIÓN

Consumo responsable da auga

11/08/2023

O alcalde, Dani Vega, a través dun Bando pide á veciñanza e aos visitantes que fagan un uso responsable da auga.

No Bando asinado no día de hoxe sinala que "todos somos coñecedores da problemática que estamos a atravesar en canto á escaseza de auga para o consumo humano no noso entorno, que derivou en que concellos veciños se visen na obriga de establecer restricións en canto ao consumo".

O rexedor indica que "analizando a situación concreta do Concello de Ribadeo, en base ao plan de emerxencia ante situacións de seca municipal, a día de hoxe pode afirmarse que nos encontramos nun escenario de escaseza do recurso na captación de Lexoso, mentres que no caso da captación de Vilarbetote, o escenario actual sería de normalidade, pero cun serio risco de entrar nun escenario de prealerta".

Dani Vega subliña: "é por iso que, chegados a este punto, prégase aos nosos veciños e visitantes facer un uso responsable da auga, limitando na medida do posible os consumos municipais non esenciais, como poden ser regos, baldeos e enchido de piscinas. Trátase de establecer medidas preventivas para adiantarse a unha posible escaseza de recursos para abastecer á poboación".

E engade: "evidentemente, de empeorar a situación, o Concello de Ribadeo verase na obriga de establecer medidas restritivas en canto ao uso da auga para consumo humano, máis aló das presentes recomendacións".

O Bando da Alcaldía acompáñase cunha serie de consellos sobre consumo responsable, facilitados pola empresa concesionaria do servizo de augas municipal, que é Viaqua.

    Información:


    Bando:



20230813

A seca

A seca

    Ribadeo non ten polo momento restrición de uso da auga da traída, aínda que mira con atención os fortes problemas doutros concellos, como o veciño Barreiros, sobrepasado ano tras ano no verán por un urbanismo descontrolado e unha falta de previsión asociada tamén sen control. 

    Non, en Ribadeo non temos os mesmos problemas. Temos outros. É raro xa pasar un ano enteiro sen avarías na canalización dende o depósito de Vilarbetote, no concello de Trabada, a uns 17 km de canalización do depósito xeral para Ribadeo, nas aforas da vila, na ladeira de Santa Cruz.

     Hoxe fixen un paseo pola zona do encoro de Lexoso. Un lugar do que se colle auga para subministrar Ribadeo. Non o principal, pero alimenta a rede das parroquias do interior, aliviando a presión sobre a toma principal e evitando ter que bombear a máis altura a auga recollida do Eo en Vilarbetote. Vin que os regos que o enchen teñen só un fío de auga. Antes e despois do encoro. No encoro, o seu aspecto medio baleiro con nivel baixo, a máis de colmatado daba a impresión dunha pequena piscina descoidada. O descoido viría de que ó estar o seu vaso cheo de terra/area/lama, a súa capacidade máxima vese moi minguada. En calquera caso, o estanque reforza a súa imaxe co verde das árbores das súas beiras e pode inducir a pensar que aquí non fai falta auga. Ó fin, non estamos na terra dos mil ríos?

    A máis do aviso de hai xa moitos anos de que moitas fontes por Galicia adiante estaban contaminadas, das perdas de auga en canalizacións vellas, ou do consumo rampante sen consciencia de que a auga é un ben escaso (a terra dos mil ríos, lembramos) e que necesitamos compartir coa natureza, súmase o cambio climático: o aumento de temperaturas e a moitas veces desapercibida evaporación, e a diminución da chuvia en moitos lugares, xunto co aumento da irregularidade na caída. Contaminación que tende a aumentar pola presión humana. Perdas de auga que non diminúen se non hai un plan de mantemento inexistente en moitos lugares. Aumento do consumo que só se ve limitado ou de xeito cosmético ou pola falta cada vez máis evidente. E cambio climático planetario que está acelerarse xunto coas súas consecuencias, sexan diminución de chuvia ou variación de réxime de pluviosidade.

    Hoxe a seca non é só un ocasional dito dos labregos para os que non chovía a gusto de todos e enfrontados ó falar dos cidadáns e veraneantes que escapaban da choiva vivificante. É unha realidade que tende a quedarse un ano si e outro tamén, coa que hai que aprender a convivir pero tamén e ó tempo que se dan os pasos para tentar evitala no futuro. O noso impacto sobre o planeta está a sobrepasarnos, e dun planeta salvaxe, tras estragalo, non nos queda outra que coidalo como un xardín: o único salvaxe que queda sobre o planeta somos nós.

Vista do encoro de Lexoso, hoxe.

Baixada ó encoro, dende a LU 133
--

Engado un comentario de Evaristo Lombardero:
Tamén podemos suliñar que dende o comezo da democracia nunca houbo un debate público e aberto sobre o servizo de augas en Ribadeo, as decisións sempre se tomaron no segredo ou semisegredo dos despachos, con mínimos anuncios á veciñanza. No mil novecentos noventa e oito, baixo o goberno do PP aprobouse a privatización do servizo ca oposición de PSOE e BNG. A concesión foi por vinte anos. Xa no 2006 ampliouse por seis anos mais co voto favorable dos tres partidos devanditos. E en febreiro do dous mil vintetrés aprobouse un novo proxecto de privatización por outros vinte anos nos que o concello pagará vintecatro millons de euros á empresa concesionaria, pendente de trámites. Os tres grupos volveron a votar a favor.
Tamén se podería lembrar un traballo que presentamos nas eleccións de dous mil dezanove para reducir o consumo rebaixando o mínimo que agora está en vinte m3, e algúns concellos téñeno en seis. Obviamente está medida podería ser un estímulo para que a xente consumise menos. As familias que chamamos "monoparentais" raramente chegamos aos vinte, senón mirade as vosas facturas.

20220106

Non lle pido ós reis, abogo por xustiza. Evaristo Lombardero

         Esta é unha alegación que presentei a este proxecto xunto co grupo Eólicos na Mariña, así non. A intención era que houbese unha alegación que puxese en primeiro plano os temas relativos á saúde. Esto é un refundido de varios documentos que me chegaron pero gustaríame seguir traballando no tema e se hai persoas interesadas ter un contacto para ver de engadir máis aportacións. Gustaríame suliñar que o proxecto contempla grandes movementos de terras e maquinaria xunto da presa de Lexoso, onde se atopa unha das tomas da auga de bébeda de Ribadeo e mais en un ensanchamento da pista que vai paralela ao rego de Noceda que tamén surte á devandita presa, pero na memoria do proxecto o encoro de Lexoso NON EXISTE. Pola sua banda o Concello de Ribadeo non ten decidido se vai presentar alegacións cando faltan 5 días para que se peche o prazo.

SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA 

Área de industria e Enerxía 

Praza de Ourense, nº 11, A Coruña, C.P. 15003. 

 

Don Evaristo Lombardero Rico, con DNI: Nºxxxxxxxxxx, con domicilio a efectos de notificacións en xxxxxxxxxxxx, Piñeira,  municipio de Ribadeo, provincia de Lugo, teléfono xxxxxxxxx. 

 

EXPÓN: 

Á vista do Anuncio da área de Industria e Enerxía da Delegación do Goberno en Galicia polo que se somete a información pública o Estudo de Impacto Ambiental e a solicitude de Autorización Administrativa Previa do Parque Eólico “FONTE BARREIROS” de 96 MW e a súa infraestrutura de evacuación na provincia de Lugo; BOE de Lugo número 246 de data 14 de outubro de 2021; Código do proxecto: Peol-383; e á vista da corrección de erros publicada no BOE número 282 de data 25 de novembro de 2021, por medio do presente escrito realiza as seguintes alegacións: 

 

1)INSUFICENTE CALIDADE DO E.I.A.

    A execución do Proxecto do Parque Eólico Fonte Barreiros leva aparellado o correspondente “Estudo de Impacto Ambiental”, e tralo seu análise, considérase incompleto e insuficiente. Abonda dicir que adica 69 páxinas a resumir o proxecto avaliado mentres abondan 10 páxinas para todo o inventario do medio natural e socioeconómico: as características climáticas, xeolóxicas, das augas, solos, vexetación, fauna, paisaxe, medio social, actividades económicas. Do mesmo xeito, os inventarios de espazos naturais, especies e bens patrimoniais son meras listas carentes dunha análise alén da propia enumeración. 

    Este deslexo amósase tamén nos apartados adicados a identificación de impactos e a súa avaliación, carente de xustificación algunha nin base científica. Nos seguintes puntos faise unha somera relación dos aspectos nula, insuficiente ou deficientemente tratados no EIA, particularmente no que atinxe á saúde humana, consierándose que DEBERA SER REXEITADO POLA SÚAS DEFICIENCIAS. 
  • 2) ALTO RISCO DE AFECCION A TRAIDA  DE AUGAS DO CONCELLO DE RIBADEO:  

    A traida municipal de augas de Ribadeo ten un punto de abastecemento na PRESA DO LEXOSO, abastecida polo rego do mesmo nome e máis polo rego de Noceda. Obviamente trátase de un punto da máxima sensibilidade localizado nun lugar inmediato a  onde o proxecto ten previsto importantes movementos de terra, pol tanto con presencia e actuación de grandes máquinas excavadoras e de transporte. Sin embargo este punto de alto risco non está identificado no inventario e non se teñen en conta os probabeis verquidos e impactos sobre a auga de bébeda e consumo humano, nen os graves efectos que pode ter sobre a saúde pública que non están avaliados no EIA.

        3) IMPACTO ACÚSTICO  

    O impacto acústico dos parques eólicos, xerado tanto pola mecánica como da aerodinámica da súa actividade, representa un dos principais impactos para as persoas, a fauna e os hábitats, polo que a análise profunda nesta materia resulta imprescindible. Porén, neste caso o Impacto Acústico derivado da actividade do propio parque unha vez iniciada a súa vida útil resulta insuficiente, vago e impreciso. De feito, o estudo non revela os factores tidos en conta no modelado do ruido xerado e a súa trasmisión, aínda que polo resultado obsérvase que non se tivo en conta o vento, e que se empregou un modelo que trata o ruido coma se estivera xerado por unha fonte puntual e omnidireccional, cousa xa superada na actualidade. Pola outra banda, non se fixo unha análise diferenciado por bandas de frecuencia pese ás evidencias científicas da diferente capacidade de trasmisión e efectos entre entre frecuencias altas e baixas. 

        4) RADIACIÓN ELECTROMAGNÉTICA 

    O estudio non recolle o nivel de “RADIACIÓN ELECTROMAGNÉTICA” emitida polos aeroxeneradores ás liñas eléctricas, nin o impacto sobre a saúde dos habitantes da zona nin á fauna. No momento actual xa hai abondos estudos que relacionan as concentracións da hormona melatonina co desenrolo de diversos tipos de cáncer. Existen evidencias científicas de que a melatonina podería suprimir a formación de algús tumores polo que unha radiación que reducise a producción de melatonina en humanos, estaría relacionada con aquelas enfermedades (ver publicacions científicas de Boorman et al., 1999, McCormick et al., 1999, Lagroye et al., 2011, ou a de World Health Organization, 2002, concretamente os Capítulos 4º y 5º). Cada vez hai menos dúbidas no mundo científico de que existe unha relación directa entre a exposición a campos electromagnéticos e diversas afecciones á saúde. Son abondo coñecidos os estudos da Universidade de Oxford (Draper et al., 2005) que relacionan este tipo de contaminación ca leucemia infantil ou co incremento de cancro infantil. Outros autores tamén atoparon risco de contraer leucemia infantil en fogares con nenos a menos de 600 m de líñas de outa tensión (Copes, R., & Barn, P. (2008). A Alianza Internacional de Campos Electromagnéticos (IEMFA) publicou no 2011 un informe e declaración de consenso científico sobre os riscos dos campos electromagnéticos (http://www.iemfa.org/seletun-statement/), incluidos os de frecuencia extremadamente baixa, como os que se xeneran nas líñas de outa tensión ou nas estacions eléctricas transformadoras (v.gr. Sirav et al., 2014).   

         5) OUTROS IMPACTOS SOBRE A SAUDE   

    Ademais do devandito impacto dos ruidos a contaminación lumínica, las ondas sónicas de baixa frecuencia, as ondas electromagnéticas e otros  actúan de maneira individual e sinérgica, con efectos que se potencian en función da proximidade das persoas as instalacions, así como o tempo de exposición. Outos niveis de ruido xenerado polas turbinas eólicas (aeroxeneradores) asocianse ca prescripción de medicamentos para durmir e antidepresivos entre os ancians, o que suxiere que o ruido ao aire libre xenerado polas turbinas eólicas pode estar asociado ca perda de calidade do sono e a saúde mental. (Poulsen et al., 2019).Asemade teñense descrito o impacto de ions na calidade do sono mediante a interrupción obxectiva do mesmo, reflexada por unha maior frecuencia de despertares, proporción reducida de sono en fase mais fonda, ou a reducción do sono na fase N2 (e.g. Smith M.G. et al., 2020).  

         Dos anteriores argumentos desprendese a recomendación de aplicar, nos parques eólicos, maiormente en casos como o actual no que se proxecta a instalación de enormes estructuras escasamente estudadas a nivel mundial e mesmo nas instalacions eléctricas de outa tensión, o Artígo 3 da Ley 33/2011, de 4 de outubro, General de Salud Pública, sobre o principio de precaución, que di “La existencia de indicios fundados de una posible afectación grave de la salud de la población, aun cuando hubiera incertidumbre científica sobre el carácter del riesgo, determinará la cesación, prohibición o limitación de la actividad sobre la que concurran.”   

          Asemade invocaremos aquí o artigo 43 da Constitución Española que di: 

      1. Se reconoce el derecho a la protección de la salud. 

      2. Compete a los poderes públicos organizar y tutelar la salud pública a través de medidas preventivas y de las prestaciones y servicios necesarios. La ley establecerá los derechos y deberes de todos al respecto. 

      3. Los poderes públicos fomentarán la educación sanitaria, la educación física y el deporte. Asimismo, facilitarán la adecuada utilización del ocio. 

     

    SOLICITA: 

    1º.- Que se teñan por presentadas as anteriores alegacións dentro do prazo e forma establecidos, e seguindo o legal transcurso do procedemento se acepten e no momento oportuno se produzan as necesarias modificacións no expediente de referencia. 

    2º.- Que como parte interesada, me realicen tódalas notificacións que procedan, e de acordo co artigo 86.3 da “Ley 30/1992, de 26 de novembro, de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y el Procedimiento Administrativo Común”, solicítase a esta Administración que remita resposta razoada e xustificada a tódalas alegacións presentadas. 
     
    3º.- Que a Declaración de impacto ambiental se considere negativa ou desfavorable, en razón dos datos expostos no presente documento de alegacións, e que non se outorgue a Autorización administrativa previa do parque eólico Fonte Barreiros, e en consecuencia se desestime a execución do proxecto. Que non se outorgue a Autorización administrativa previa. 

     

    Ribadeo, cinco de xaneiro de 2022

     

    Asdo.-Evaristo Lombardero Rico
  • 20210504

    Emilio Piñeiroa Lozano, en Ribadeando

    Emilio Piñeiroa, na Casa das Letras presentando un libro (foto collida da web do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo)

     

       Emilio ten enviado para a súa publicación no blog diversos artigos, libros, dípticos... que deixo a continuación por orde cronolóxica, a máis das dúas notas necrolóxicas publicadas a pasada semana. No blog, ademáis, é citado en diversos artigos.

    Nota: entre os citados a continuación, os artigos ou libros non ligados estivérono e voltarán a estalo en pouco tempo. 

    Megalitismo en Trabada

    Pregón da Festa das cruces da Ponte

    As fádegas, pisadas do encanto

    Pegadas da prehistoria en Ribadeo 

    Libro de A Nosa Señora das Virtudes de A Ponte

    O camiño norte por Barreiros. Breve historia: Capela do Carme (Vilamartín Grande), Capela do Pilar (Gondán, S. Xiao de Cabarcos), Igrexa parroquial (S. Xusto de Cabarcos)

    Fervenza. Pozo Lexoso

    Capela da Atalaia

    Capela de San Roque. Ribadeo

    Capela de San Lázro, Ribadeo

    A Roda, Barreiros

    Igrexa de San Xoán de Ove

    Capela das Anzas

    Santo Estevo do Ermo

    Díptico da capela de Santa Lucía de Frieira Nova, Ove, Ribadeo

    Marco da Pena verde

    Cranios humanos en tres igrexas da conca do Eo

    Igrexa de S. Xoán de Ove. Ribadeo

    Capela de S. Isidro en Marelle (Covelas)

    Os muiños de vento de Ribadeo

    A mámoa das Pallaregas. Trabada

    A morena de Vilapena. Trabada (Lugo)

    O bítere é típico das praias de Barreiros. Astrea rugosa

    Vilafrail e Vilausende no Museo de arte sacro de Vilanova de Lourenzá

    O mirador de Comado. Santiago de Reinante. Barreiros (Lugo)

    A Ponte de Arante: pintura mural do naufraxio

    Na costa de Barreiros: rochas que retan a imaxinación

    A fervenza do pozo Lexoso

    Báculo e calzado do bispo D.Pelaio II de Cebeira

    Pinturas murais da Ponte de Arante (II)

    Emilio (nota miña)

    Lembranza a Emilio Piñeiroa Lozano. Pancho Campos

    20210427

    LEMBRANZA A EMILIO PIÑEROA LOZANO. Pancho Campos Dorado

    LEMBRANZA A EMILIO PIÑEROA LOZANO

     Pancho Campos Dorado

       Quero mandar desde estas liñas un grande e sentido pésame a túa muller Isabel, os teus fillos Rodrigo e Cristina e a toda a túa familia. Non sabes ben o que te vou a botar de menos, o que vou botar en falta a túa presenza os teus coñecementos da Historia con maiúscula.

       Mandabámonos washap todas as semanas para saber de ti desde decembro en que me contaches na habitación daquel hospital da Coruña o que che pasara na túa operación de vesícula. Pasouche ós 68 anos o que a meu pai ós 58 anos, un médico que pide desculpas porque isto pode pasar cada 10 mil casos, e precisamente vosoutros fóstedes ese paciente 10 mil.

        Así é a vida. A familia pérdete e chora, e nós, os teus amigos, tamén choramos por ti, anque de pouco serve.

        Emilio era un profesor de Historia, xubilado fai nada, que estaba empeñado en loitar incansablemente polo patrimonio histórico de Ribadeo, Celeiro, Barreiros, e polo patrimonio de toda a Mariña en xeral. Estudaba e buscaba información documentada debaixo de montóns de papeis e pergamiños antigos de todo tipo, escrituras notariais, foros, testamentos, arrendamentos de terras de carácter privado, no Arquivo da Catedral e no Diocesano de Mondoñedo, revisaba os libros de bautismos, casados e defuncións das igrexas da comarca, as actas dos concellos, particularmente no de Ribadeo, e mergullábase durante horas en bibliotecas privadas e públicas para sacar información fidedigna de calquera tema que considerara interesante para publicar nos seus libros e artigos de prensa. Así, todos eles, son un legado de exquisita fonte documental.

        Estaba acabando de rematar un magnífico estudo sobre os mortos nos enfrontamentos dos veciños contra as tropas napoleónicas, o pé da Igrexa de Nosa Señora das Virtudes da Ponte de Arante. Buscou todos e cada un dos nomes propios daquela inxusta masacre. Estaba entusiasmado por poñer unha placa conmemorativa nun dos frontes desta Igrexa das Virtudes e un pebeteiro que sería prendido cunha chama en memoria dos heroes das vilas e tamén dos mortos franceses o día da celebración da Festa das Cruces (In Memorian...La Comarca del Eo 02-agosto-2020). Traballo que non puido culminar debido o coronavirus. Estaba encantado de ensinar ao mundo a Fervenza de Lexoso, un paraxe incomparable de augas fluviais no entorno dun bosque digno dun conto de fadas. Que tranquilidade se respira alí. Aquel día que mo ensinaches quedei impresionado. Pero non che bastou con ensinarme todo aquelo, fomos ver a senda do Encanto, ver as súas pegadas na pena. Ti eras o mellor guía turístico que se podía atopar na zona, concienciudo profesor que coñecía cada pedra, un experto na súa historia e na que cada palabra túa era unha ensinanza a ter en conta.

        Nós, aquel día acabamos a ruta na derruída igrexa-fortaleza do Bo Xesús de Ove, e desde aquel outeiro, recordo que nos entristecemos o contemplar a Ría de Ribadeo en baixamar e dábanos pena ver tanta beleza en mans de tanta desidia da administración pública.

        Repítoche Emilio, voute botar moito de menos, levabámonos moi ben e o teu último washap do día 17 deste mes de abril dicíasme “vou algo mellor pero moi lento”, logo xa non houbo máis réplica e tiven un mal presentimento.

        Esperaba por ti, para seguir cos traballos de investigación, como aquel que fixemos do henge de A Roda de Reinante (La Comarca del Eo, 10 de marzo de 2020), metíchesme a febre de seguir estudando Historia e documentar sempre cada peza, cada vestixio, cada evidencia.

        Estou seguro que como bo profesor, seguirás explorando todos os recunchos dese sitio para onde te fuches, nese inmenso mundo das estrelas. Espero que unha noite en que mire ó ceo, te decates de que estou mirando e fagas un pequeno pestanexo para indicarme onde estás. Adeus meu amigo, sempre terás un lugar na miña memoria e creo que na de todos os que te coñeciamos. Amén.

    20200911

    A FERVENZA DO POZO LEXOSO. Emilio Piñeiroa Lozano

    O Concello de Ribadeo presenta grandes contrastes que ofrecen ao visitante infinidade de espazos e sensacións diferentes, dende a costa bañada polo Cantábrico (praia das Catedrais, os Castros, Rinlo, Illa Pancha, a ría…) ata os bucólicos vales e montañas do interior.

    Na visita ao interior do Concello, parada obrigatoria é a fervenza do pozo Lexoso, cada vez máis visitada. Atópase na parroquia de Arante, entre Remourelle e Vilamaríz.

    Con vexetación autóctona: salgueiros, loureiros, acivros, piñeiros, fentos…

    Fauna: corzos, xabaríns, raposos, esquíos, corvos, pombos, ras, troitas… pero unha pequena recomendación durante a visita:

    “Se ti calas, os animais falan;

    se ti falas, eles calan”

    COMO CHEGAR: Estrada LU-133 (Vilamar-Reme), km 11.

    Dende Ribadeo: pasamos Covelas, o encoro de Lexoso, á dereita deixamos a estrada de Noceda, á esquerda a pista de Vilamariz, e na subida, antes de chegar a Remourelle (km 11) collemos á dereita un camiño forestal que nos leva (200m aprox.) á Fervenza Pozo Lexoso.

    Dende a rotonda de Barreiros, Vilamar, Trabada, seguimos dirección Ribadeo; pasamos Remourelle e na baixada (km 11) collemos á esquerda o único camiño forestal, a 200 m aprox., atopamos a Fervenza Pozo Lexoso.

    20200310

    RECUNCHOS DE RIBADEO. Pancho Campos Dorado

    Fai uns días co historiador Emilio Piñeiroa Lozano fun a ver uns cantos paraxes do Concello de Ribadeo que eu coñecía por oídas pero que nunca visitara. Paraxes realmente descoñecidos pola maioría dos ribadenses e que están esquecidos por este marabilloso concello. O primeiro sitio onde paramos, foi na fervenza do rego Lexoso en Remourelle (mapa), segundo tramo do río que ó chegar á Ponte de Arante se transforma no río Grande (mapa).
    É unha fervenza situada sobre unha pequeniña lagoa, abondo extensa e profunda como para darse un refrescante mergullo no verán, pois nesta época de inverno a auga do río baixa demasiado fría como para sentir a necesidade de tal satisfacción. O lugar está formado por un acuruxado paraxe envolto por ladeiras non moi inclinadas, onde afloran grandes pedras con grandura proporcionada á unha vexetación tan verde e autóctona que conforma un escenario ideal para facer unha “performance” de fadas, elfos, meigas e bruxos acompañados dunha melódica música de frauta máxica que se elevara cun bel canto nunha xuntanza de lecer e soñar con seres feiticeiros, e se se dera o caso atopar ese ou esa marabillosa druída capaz de dirixir cerimonias de iniciación á maxia ancestral.
    Supoño que habería que probar a acústica do lugar facendo soar un violín, cantando un coro, soando unha frauta, unha zanfona, unha gaita...

    Fervenza do Lexoso. Foto: Emilio Piñeiroa Lozano

    Despois fomos á finca de As Fadegas na zona das Anzas, que xa coñecía por ir buscar coa miña muller crisantemos para Santos e que é propiedade de Elia e Vicente, que se dedicaron a producir froitas e hortalizas ecolóxicas durante máis de corenta anos e que venderon no mercado e comercio de Ribadeo. Hoxe o cultivo e produción daqueles pementos, xudías, tomates, leitugas, porros, fabas, remolachas de mesa, cabazos, cabaciñas, chícharos, tirabeques, apios, acelgas e espinacas corren a cargo da súa filla Marta Méndez e de Montse Laya. Tamén teñen árbores froiteiras de figos, ameixas, mazás, peras, noces, kiwis e abelás, e froitos de arandeiras e framboesas. Agora no inverno tamén plantan coliflores, repolos e verduras.
    Nesta finca de As Fádegas (mapa), ademais da magnífica produción de horta ecolóxica que contemplamos en parte, atópanse ao longo da marxe esquerda do río Grande os petróglifos máis antigos do Concello de Ribadeo dos que eu sabía pero que nunca vira. Consisten nunha serie de once pisadas dun humano e catro ocos case redondos cunhas auñadas laterais, que parece como se se fixeran nunha lameira branda e que se endureceron co paso de a saber os miles de anos que pasaron.
    Segundo nos relata nun artigo Pablo Villapol, en El Progreso 08-marzo-2013, parece que tres expertos nestas cousas, explican que son once pisadas humanas e catro pisadas de oso, e que a súa presencia de estar xuntas responde a un rito ancestral vinculado o Sol e o Solsticio de Verán (21-22 xuño). O feito de que representen pegadas de oso en Ribadeo, é un dato fundamental que as vincula a un ritual similar detectado en países nórdicos como Suecia.

    Pegada dunOSO














    Pegadas dun HOMO (O ENCANTO)

    Fotos: Emilio Piñeiroa Lozano

    Por último, estivemos ao pé das ruínas da Capela do Buen Jesús, localizada á esquerda da estrada que vai desde a Igrexa de Ove ás Aceñas. Está abandonada do culto desde fai moitos anos e o seu estado é de ruína total. Sen teito e as paredes de pedra pizarrosa están recubertas de hedras e silvas. Presenta unha planta cadrada con sete columnas embebidas: tres ao Leste ou fachada Levante, unha o Norte, outra o Sur ou Mediodía e dúas laterais na fachada Oeste ou de Poñente onde se atopa unha sinxela porta de entrada.
    Chama a atención a súa forma pois máis parece un torreón solitario dedicado a atalaia de vixilancia dunha zona costeira da Ría de Ribadeo, que a igrexa ou a capela. Pero parece que segundo rezan os papeis do bispado é a Capela do Buen Jesus. Así que mentres non atopemos máis documentos ao respecto haberá que admitir tales escritos.
    A min paréceme que para ser unha capela debería ter ao menos unha pequena lucerna pola parte Leste que é o lugar da alba ou do nacemento de Sol, pois por criterio ritual debería de haber, ou quizais tamén debería haber algunha aspilleira pequena por algún lado para dar luz o interior, cousa que nós non vimos, e que pode habela pois os muros están moi tapados polas silvas e hedras. Tamén puidese ser unha torre albarrana que estivese acaroada (adosada) a unha muralla, para servir de baluarte ou de atalaia a unha construción moito máis grande, pois a parede da parte leste non é lisa como as outras, senón que mostra pedras sen recebar como si fosen parte dun muro derruído.

    E logo de recorrer este roteiro pregunto eu, non haberá no Concello de Ribadeo un pequeniño presuposto para desbrozar e limpar estes tan fermosos lugares, e poñelos en valor a carón dun paseo turístico a pé ou en autobús polo Camiño do Encanto? Creo que si hai cartos dabondo para limpar e poñer este roteiro en valor. Entón a que tantos anos se leva esperando?

    20200210

    IN MEMORIAM DOS MORTOS NA PONTE DE ARANTE. Pancho Campos Dorado

    Confluencia do rego de Lexoso e o rego de Arante para constituír o Río Grande. Santuario das Virtudes.

      Quixeramos suxerir aos organizadores da Romaría das Cruces, pois despois de asistir algúns anos a tal evento histórico na Capela de Nosa Señora das Virtudes da Ponte de Arante, vemos que logo dos actos da procesión, da cerimoniosa reverencia das cruces e do saúdo dos pendóns totalmente en silencio, notamos que lle falta algo a ese cerimonial cívico relixioso e é a solemnidade grave e formal dunha lembranza esencial aos mortos que alí houbo tanto propios como dos inimigos franceses. Foron moitos mortos polos que podería prenderse un lume nun pebeteiro de pedra labrada ou queimar incenso acompañando o acto cunhas evocadoras palabras ou co rezo dunha simple oración.
      Por outro lado non estaría demais poñer unha placa co nome daqueles verdadeiros patriotas da Guerra da Independencia, aguerridos veciños das parroquias de Arante, Ove, Cedofeita, Covelas, Valboa, Sante e Vidal que foron quen de enfrontarse coas ferramentas do campo, gadaños e gadañas, a paus e a pedradas, aqueles días tres e catro de febreiro de 1809, aos soldados do exército francés perfectamente armados de sable e fusilería e adestrados para o combate ao mando do xeneral Fournier.
      Este xeneral tras as perdas que sofre tan preto de Ribadeo, aumenta as súas forzas até o número de dous mil homes de infantería, cos que acometeu o día cinco polo camiño de Nosa Señora da Ponte, forza a que os nosos paisanos non puideron resistir por falta de armas, polo que abandonaron o cordón e o inimigo entrou en Ribadeo matando os inermes, entre eles unha muller e un home de oitenta anos. Fournier, desconfiando de que os nosos paisanos se volvesen a reunir, evacuou en poucos días o país (Pardo de Andrade, Manuel: Semanario político, histórico y literario de la Coruña (1809-1810) Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1995. Citado por Juan Manuel Osuna Rey: Los Franceses en Galicia, Historia Militar de la Guerra de la Independencia en Galicia -1809-, páx.150-151).
      En Cubelas segundo recoñece o párroco don Esteban Aenlle Rocha no Libro de Defuntos, houbo a perda de catro veciños, os mesmos que nomea o Cura de Piñeira en La Comarca del Eo (2-Xuño-2001). Pero segundo notas de don Juan Ramón Fernández Pacios foron enterrados en Cubelas entre o tres e o cinco de Febreiro de 1809 os sete veciños seguintes: don Juan Díaz del Villar e don Xosé Díaz del Villar (3-Febreiro-1809); don Manuel Rodríguez da Axilde (4-Febreiro-1809) casado en Vidal; don Simón Rodríguez; don Antonio Rodríguez; don Pedro de Palmeiro e don Francisco Villapol (5-Febreiro-1809). Na freguesía de San Pedro de Arante morren dous veciños o día cinco e un que queda ferido morre o día seis, segundo a anteriormente citada obra Los Franceses en Galicia, e segundo investigacións de don Emilio Piñeiroa Lozano e don Juan Ramón Fernández Pacios, foron tres os enterrados en Arante: don José Fernández; don José Rico; don Juan Gutiérrez (6-Febreiro-1809) e tamén don Simón Amor Lastra (8-Febreiro-1809) que foi enterrado no chan da Capela da Ponte de Arante. Na parroquia de Santa María Madalena de Cedofeita segundo revelan as fontes de don Emilio e de don Juan, son tres os mortos dos que dous son mulleres: dona Angela López; don Pedro López e dona Josefa Soto viúva de Manuel A. Lanza (5-Febreiro-1809). Na Parroquia de Sante foron enterrados don Pedro Maseda (5-Febreiro-1809) e don Manuel Soldado(?) (3-Marzo-1809). Segundo notas de don Juan Ramón Fernández Pacios foi enterrado o 16-Febreiro-1809 don Isidro Yañez de Pacios antiga parroquia de Abres hoxe de Trabada. Tamén de Ribadeo hai un defunto “morto dun fusilazo” do que non sabemos o nome. Foron un total de dezaoito veciños mortos.
      Pola banda dos franceses o resultado da batalla non lles foi mellor pois o 29 de Xaneiro de 1809 tiveron a baixa de cinco soldados (e tres cabalos), que don Barreiro Fernández eleva o número a sesenta soldados e vinte e cinco cabalos, cifras que nos parecen esaxeradas, pero que ninguén sabe de certo. O 31 de Xaneiro de 1809 tiveron dezanove mortos e feriron a moitos máis, segundo o historiador Amor Meilán. Tamén morre “de repente” en Ribadeo un sarxento de graduación do exército francés, que se enterra sen recibir os Santos Sacramentos (ibidem, Los Franceses en Galicia, páx.151)
      No ano 2019 despois da celebración da cerimonia das Cruces e dos Pendóns, as Autoridades alí reunidas dixeron algunhas verbas e entregaron uns premios, pero para a nosa forma de ver falta ese acto afectivo que faga fincapé na relevancia do motivo da romaría, pois aínda que sexa un acto festivo, ninguén de nós fai festa polos defuntos propios nin polos estraños. Ter memoria daqueles que loitaron polas nosas liberdades debería ser sempre motivo suficiente para un conmovedor e inesquecible recordo.
      Creo que as Autoridades competentes da Xunta da Galicia e da Corporación Municipal de Ribadeo deberían de traballar a reo para manter vivos momentos tan históricos, así como procurar por todos os medios que non se destruíra tan magnifica xoia do Camiño de Santiago como é a Capela de Nosa Señora das Virtudes da Ponte de Arante que nos ven legada desde o alto medievo. Rogaríalles a ditas Autoridades que non deixasen perder este espléndido patrimonio como tantos outros, e que rompan para sempre con ese destrutivo lado da política con minúscula, politiqueiro e barato, que nos fai partícipes aos cidadáns da incompetencia administrativa, e non hai dereito que teñamos a maioría dos nosos vestixios e bens patrimoniais tan esquecidos, abandonados e arruinados.
      Lemos con incredulidade no diario Nós, Nº22, que Galiza debe máis de 11 mil millóns de euros e que un 14% dos orzamentos da Xunta de Galiza destínase a pagar a débeda. Onde están as melloras para con os cidadáns feitas a cargo da Xunta para ter tamaña débeda?
      Volvemos aos tempos do Gran Capitán que pasaba facturas “por picos, palas y azadones, cien millones”? Triste, moi triste que non haxa máis control do que tan mal se fai.

    20190513

    A humidade corroe

    Vivimos nunha zona húmida. Estamos afeitos á humidade, e a dispor de auga en abundancia. Sabemos que é un privilexio ter á nosa disposición na natureza unha cantidade de auga moi superior á que dispoñen noutros lugares. Pero tamén sabemos que a auga pode ser mala. Non só a maior humidade favorece reuma ou artrite, non só aumenta a posibilidade de inundacións. Non só hai que coidar a contaminación existente na maioría das nosas fontes. Non, ás veces aparece o rastro desa maior cantidade de auga en sitios nos que non se espera. Iso pasa coa humidade observada nas pinturas da capela da Virxe das Virtudes de A Ponte de Arante. Hai anos que Emilio Piñeiroa difunde os frescos que se atoparon alí, e agora, despois de que a festa que dentro de pouco se celebrará no lugar teña sido declarada de interese, ten que dar a voz de alarma sobre o estado das pinturas debido á humidade.
    Na foto, de Emilio, vese como os bancos están retirados, colocados así polo Obradoiro do Camiño para facilitar as visitas. e como a humidade avanza polo muro. A capela está restaurada -obsérvese o coidado do teito- pero viuse claro xa dende pouco despois da restauración que ía ser difícil o mantela. Situada xunto á confluencia do Rego de Lexoso e do Rego de Arante, onde se forma o Río Grande, nunha zona baixa, que no 2010 sufriu o destrozo total da ponte xunto a ela pola riada de xuño daquel ano, a zona... é húmida.
    O barrio de A Ponte, en Arante, coa capela e a ponte actual, á vista no Sigpac
    E como se vai amañar? Polo momento, despois da promesa dunha 'intervención rápida' xa hai tempo, está sen trazas de amaño. Polo tanto, o primeiro paso sería prestarlle máis atención...

    20190226

    A auga de Ribadeo, unha historia

    Hoxe, 26 de febreiro de 2019, repetiuse a historia. De novo a auga da billa en Ribadeo chega ás casas en malas condicións. Embaixo deixo a nota de prensa do concello.
    Mentres, non estaría mal repasar a historia repetida dende o inicio do CAVI. No blog hai abondas referencias; entre elas, as que aparecen nesta entrada.
    Tamén, deixo unha foto dunha Comarca de 1960 (31 de xullo), de cando se pensaba que o servizo de traída de augas estaría listo para o verán seguinte (verán de 1961):

    Nota de prensa do concello de hoxe:
    "
    VIAQUA BALEIRO OS DEPÓSITOS

    Novos vertidos ao río Grande

    26/02/2019
    Nas últimas horas producíase un novo vertido de lixiviados ao río Grande, unha das captacións de auga das que se abastece a poboación ribadense. Ese vertido ocasionou un forte cheiro na auga da traída. O alcalde, Fernando Suárez, ven de enviar requerimentos unha vez máis e advertencias de denuncia á Confederación Hidrográfica do Cantábrico, a Augas de Galicia, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, á Dirección Xeral de Saúde Pública, ao Seprona, ao Concello de Barreiros e á Cooperativa Os Irmandiños. Para Suárez Barcia é intolerable que estes vertidos se produzan cada pouco tempo.
    O rexedor ribadense dixo que "desde o Concello de Ribadeo estamos vendo que nestas últimas horas volveuse producir algún tipo de vertido de lixiviados ao río Grande, que é unha das dúas captacións que ten Ribadeo para abastecemento de auga á poboación. Neste caso todo parece indicar que no veciño concello de Barreiros, ao igual que outras veces, hai varios anos que vimos soportando esta desgraza. Consultada información á empresa concesionaria Viaqua sobre esta circunstancia, sobre todo porque hai moita xente que está preguntando alarmada e preocupada polo olor e polo mal sabor da auga, a concesionaria indícanos que a calidade da auga cumpre a día de hoxe cos parámetros que se establecen no real decreto 140/2003, pero cousa diferente é que o olor e o sabor non sexa adecuado, e evidentemente non o é. De aí que, como sempre, aplicando os protocolos cando nos acontecen estas circunstancias acabamos de enviar de maneira urxente requerimentos e advertencias de denuncia á Confederación Hidrográfica do Cantábrico, a Augas de Galicia, ao Seprona da Garda Civil, ao Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental da Xunta de Galicia, ao Concello de Barreiros, que é onde detectamos que está a orixe dos vertidos, á Cooperativa Os Irmandiños, que é onde nos parece que está a orixe dos vertidos, e á Consellería de Sanidade".
    Fernando Suárez engadiu: "debo dicir, o que nestas circunstancias outras veces pasa, que os Concellos somos os responsables da calidade e da auga que vai pola tubaxe, pero en ningún caso podemos ser responsables, porque nin temos competencias nin está no noso territorio, cando se botan vertidos aos ríos que son utilizados pola poboación para beber. Para iso hai outras administracións a nivel autonómico e estatal que deben velar para que isto non ocorra, e é  o que, outra vez máis e xa van non sei cantas, lles acabamos de pedir. Isto non pode ser, non pode estar unha poboación de 10.000 habitantes sempre cun fío pensando que nalgún momento temos que cortar o subministro de auga porque a calidade, aínda que cumpra os parámetros legais, non é boa. É inxusto que en Ribadeo teñamos que sufrir esta situación".
    O alcalde de Ribadeo explicou que "a empresa concesionaria, para resolver esta incidencia, o que fixo foi baleirar os depósitos, estaos recargando de novo e espérase que nas vindeiras horas volva a normalidade. Espero que sexa dunha vez por todas, pero non quita que dentro duns días por calquera outra circunstancia volvamos ter incidencias deste tipo, e isto, insisto outra vez máis, é intolerable".
    Este é o contido do informe que desde Viaqua lle fixeron chegar esta mañá ao alcalde de Ribadeo vía correo electrónico: "Tras realizar los ensayos de control de calidad habituales (como cada día) en el agua del abastecimiento de Ribadeo, no se detecta ninguna incidencia en estos, es decir el agua cumple los criterios de calidad establecidos en el R.D. 140/2003 y ninguno de los parámetros que analizamos “in situ” presentan desviaciones o incumplimientos.
    A pesar de esto el agua presenta una alteración en el olor que es advertida por la población, trasladada como queja a nuestros servicios de atención comercial y desde Viaqua somos conscientes de ello. Esta alteración en el parámetro “olor” es consecuencia de una reacción del cloro (agente desinfectante utilizado en el tratamiento de potabilización) con la materia orgánica presente en el agua del embalse de Lexoso.

    El cloro cuando reacciona con el agua forma dos tipos de reacciones que son:


    • Cloro libre residual (es el que garantiza la desinfección)



    • Cloro combinado  (combinación de cloro con materia organica presente en el agua)


    El cloro por tanto que tiene el agua almacenada en el depósito y en la red de distribución es la suma de Cloro libre residual + cloro combinado. EL cloro libre residual (se aprecia mínimamente a través del olfato) y el Cloro combinado (se aprecia intensamente a través del olfato)
    Habitualmente en el servicio de abastecimiento sobre el total de cloro existente, el porcentaje de cloro libre es de un 90 % y de cloro combinado 10 %, de este modo la percepción del olor a desinfectante es minima.
    En el día de hoy en el servicio de abastecimiento se han invertido los porcentajes de concentración de cloro, representando el cloro libre un 25-30% y el cloro combinado un 65-70 %, es por ello que como el cloro combinado es altamente percibido a través del olor, los vecinos están percibiendo esta alteración en las características organolépticas del agua. A pesar de esta alteración en la cloración los parámetros están dentro de los límites establecidos en el R.D. 140/2003.
    Como medida correctora y para mejorar las características organolépticas del agua (olor), desde primera hora de la mañana hemos cortado la entrada de agua a la ETAP de Santa Cruz procedente del embalse de Lexoso, hemos vaciado el depósito de Santa Cruz, estamos realizando vaciado de la red de distribución en 5 puntos de manera controlada, midiendo en cloro para garantizar la desinfección del agua en puntos representativos (deposito, avenida de Galicia, parque municipal, calvo Sotelo, oficina, cementerio, etc…)
    La mejora de la calidad del agua será apreciada en las próximas horas y el servicio recuperará la normalidad. De igual modo se ha procedido a abastecer Ribadeo desde el depósito de Loureiro con agua procedente de la ETAP de Vilarbetote.
    Así mismo, se ha denunciado un presunto vertido al embalse de Lexoso cuyo origen presuntamente proviene de la cooperativa os Irmandiños. Esta denuncia se ha cursado con el Seprona y con el área de vertidos de Augas de Galicia. Este último nos ha informado que recientemente esta cuenca deja de ser del ámbito de su demarcación y corresponde a la Confederación hidrográfica del Cantábrico. Hemos procedido por tanto a cursar denuncia a la citada confederación, solicitando que Agentes responsables del Área de Medio Ambiente inspeccionen la zona y conozcan las presuntas malas prácticas de la cooperativa de Os Irmandiños como de las explotaciones ganaderas de la cuenca que son susceptibles de provocar vertidos de purines y lixiviados a afluentes de la cuenca del embalse de Lexoso y ponen en riesgo el agua del abastecimiento del servicio municipal de Ribadeo”.
    "

    20181017

    Ribadeo encanto envolto

    Cartel nun cruce antes de chegar ás Anzas
    Ó longo da semana pasada foron aparecendo en diversos lugares do interior do concello de Ribadeo indicadores semellantes ó da imaxe. Aínda envolto en plástico, é un chanzo máis na chamada 'ruta do encanto' que está sendo sinalizada polo concello (en parte, cunha subvención da Xunta) nunha primeira fase da que a segunda se pretende usar un logotipo xa deseñado e imprimir guías.
    Coido que todos coincidiremos que a parte costeira do concello é moito máis coñecida que o seu interior. Mais en tódalas parroquias hai puntos de interese, e iso é o que pretende amosar esa ruta que se está a debuxar.
    A pesar da ilustración do cartel (imposición normativa da Xunta, ao que parece) a ruta é demasiado longa para recorrela dunha tacada a pé, sendo máis ben apropiada para o automóbil ou para ciclistas en forma. Asemade, a sinalización está nos cruces de estrada, preparada para os coches.
    O seu comezo está en Santa Cruz, indo logo pola estrada de Vilela cara a Remourelle, voltando por Arante, pasando polas Anzas, etc. As indicacións polo momento son ben escasas, como manifestan múltiples exemplos posibles, como que pase á beira do camiño do Pozo Mouro no río Lexoso, a menos de 200 m (por un camiño difícil, iso si) sen enterarse. Pero non deixa de ser un recoñecemento dun interior descoñecido mesmo pola xente da vila.

    20180531

    Fervenza do Pozo Mouro

    Entre outras moitas novas, ás veces é convinte fixarse nalgunha das menos relevantes. Non porque teñan algo oculto destacable, senón por aspectos que non son nova, pero que marcan un contínuo aproveitable, un respiradoiro no medio do fragor das outras novas que marcan o día a día. Ese é o sentido da foto que amoso a continuación, do Pozo Mouro, no río Lexoso, que me chegou por correo electrónico e que non é máis que cunha máis entre as moitas que se poden tomar no lugar. Refrescante  despois das chuvias.
    Pozo Mouro. Río Lexoso. Foto de Manuel Bao (Barreiros)

    20170330

    Cumpreanos da contaminación ó Lexoso

    Cinco cumpreanos. Cinco anos é o que leva denunciándose a contaminación producida polo CAVI (Centro de Alimentación de Vacuno Irmandiños). E seguimos.
    Agora, En Marea preguntará no Congreso a ver que pasa. Mentres, a nota de prensa do alcalde de hai uns poucos días (23 de marzo) manifesta ás claras un problema que vai máis aló da contaminación: en toda a nota, 705 palabras, non sae nin unha soa vez o nome de CAVI ou Os Irmandiños, centro produtor da contaminación e empresa propietaria. Iso si, pide solucións. En nota de prensa. A nota non se acompaña por ningún documento para ver a forza con que se piden esas solucións de xeito oficial.
    A lembrar que xa no 2014 o problema era vello, e foi presentado como tal pola mesa de asociación de veciños ó alcalde.
    E, se no 2014 o problema era vello, no 2017, que? Pois máis vello!
    O CAVI, en Google Street View, imaxe de abril de 2010, comezando a súa andadura.
    Vista do Cavi no Sigpac (a contaminación é perceptible pola zona que corresponde á parte dereita da estrada na imaxe, LU133)

    Máis sobre a contaminación do CAVI:
    Auga 20140421
    E máis auga 20140423
    Non hai risco para a saúde 20140607
    Imaxes do verquido no CAVI 20140804
    Resume da xuntanza entre representantes da mesa de asociacións e o alcalde (20140801)
    Que a auga sabe a raios? A culpa é da auga por saber así! 20141216
    Auga, bando e bando 2 201502
    De aquí bebemos/bebíamos 20150211
    Noticia! dous meses sen verquidos do CAVI 20170216
    Hoxe hai pleno (aínda que a información del estea baleira)