O BÍTERE É TÍPICO DAS PRAIAS DE BARREIROS
ASTREA RUGOSA
Cuncha duns 5 cm de altura e de anchura similar; grosa e pesada con ata 7 voltas en espiral que forman saíntes na superficie superior e que posúen aos lados liñas espirais puntiagudas; o pé do caracol presenta un opérculo calcario con marcas espirais (obturando a abertura). Cor xeralmente vermello-pardo. Habita sobre rochas dende a franxa infralitoral cara abaixo. Esta especie atópase no Mediterráneo e na costa atlántica da Península Ibérica.
O BÍTERE ou OLLOMAO
Opérculo calizo de forma oval do gasterópodo Astrea rugosa, tamén coñecido como Ollomao (embigo de Venus, cuncha de caracol marino que ten forma de embigo), en Barreiros coñecido como “Bítere”.
Atópase nas praias batidas da costa galega a onde é arrastrado polos temporais dende o fondo do mar. O opérculo, denominado en castelán “haba marina", "ombligo marino" e "ojo marino” emprégagase como amuleto contra o mal de ollo e como remedio para diferentes doenzas, usos que se documentan xa no antigo mundo.
O bítere foi antano moi cobizado, pois decíase que quen o atopase disfrutaría dun ano de sorte, de amor, de paz e de felicidade.
Na actualidade tamén se busca e non é estraño velo como abelorio en colares e pulseiras. O seu cor é pardo-alaranxado polo anverso e branco, con perfectas espirais, polo reverso. O seu tamaño pode acadar os dous cm e medio.
Non o busque nunha praia calquera, nin sequera en tódalas de Barreiros, probábelmente perda o tempo; onde mellor se pode atopar o bítere, cando baixa a marea, é nos areais de Remior, Coto e Valea-Fontela.
Emilio Piñeiroa Lozano
Ningún comentario:
Publicar un comentario