20200710

Mentres os últimos raios de Sol van abandoando os Bloques


   Mentres os últimos raios de Sol van abandoando os Bloques cara á auga, as últimas persoas fanse as remolonas antes de partir e abandoar o espazo de novo á liberdade total. Sentementos agradables fan de freo para a marcha, dende a temperatura do aire ó pracer da tranquilidade.
   As augas, frías, quedan tranquilas. Pero antes, xunto antes, neses momentos de desfrute, todos esos pensamentos destrutores tiñan desaparecido da faz da terra para aquela xente. Xente que xa gardaba as distancias de mera baixa densidade, sen preocupación. A distancia, e a tranquilidade. Como se non existira un motivo para manter a primeira e procurar a segunda.
   Polo fondo, as augas tranquilas da ría, marchando cara ó Cantábrico, o tesón por baixo, o ceo por riba.
   Verán raro. Mais, nalgúns momentos, ese mesmo raro verán pode ser, sinxelamente, marabilloso.

Ningún comentario: