Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta Emilio Piñeiroa. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta Emilio Piñeiroa. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20210504

Emilio Piñeiroa Lozano, en Ribadeando

Emilio Piñeiroa, na Casa das Letras presentando un libro (foto collida da web do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo)

 

   Emilio ten enviado para a súa publicación no blog diversos artigos, libros, dípticos... que deixo a continuación por orde cronolóxica, a máis das dúas notas necrolóxicas publicadas a pasada semana. No blog, ademáis, é citado en diversos artigos.

Nota: entre os citados a continuación, os artigos ou libros non ligados estivérono e voltarán a estalo en pouco tempo. 

Megalitismo en Trabada

Pregón da Festa das cruces da Ponte

As fádegas, pisadas do encanto

Pegadas da prehistoria en Ribadeo 

Libro de A Nosa Señora das Virtudes de A Ponte

O camiño norte por Barreiros. Breve historia: Capela do Carme (Vilamartín Grande), Capela do Pilar (Gondán, S. Xiao de Cabarcos), Igrexa parroquial (S. Xusto de Cabarcos)

Fervenza. Pozo Lexoso

Capela da Atalaia

Capela de San Roque. Ribadeo

Capela de San Lázro, Ribadeo

A Roda, Barreiros

Igrexa de San Xoán de Ove

Capela das Anzas

Santo Estevo do Ermo

Díptico da capela de Santa Lucía de Frieira Nova, Ove, Ribadeo

Marco da Pena verde

Cranios humanos en tres igrexas da conca do Eo

Igrexa de S. Xoán de Ove. Ribadeo

Capela de S. Isidro en Marelle (Covelas)

Os muiños de vento de Ribadeo

A mámoa das Pallaregas. Trabada

A morena de Vilapena. Trabada (Lugo)

O bítere é típico das praias de Barreiros. Astrea rugosa

Vilafrail e Vilausende no Museo de arte sacro de Vilanova de Lourenzá

O mirador de Comado. Santiago de Reinante. Barreiros (Lugo)

A Ponte de Arante: pintura mural do naufraxio

Na costa de Barreiros: rochas que retan a imaxinación

A fervenza do pozo Lexoso

Báculo e calzado do bispo D.Pelaio II de Cebeira

Pinturas murais da Ponte de Arante (II)

Emilio (nota miña)

Lembranza a Emilio Piñeiroa Lozano. Pancho Campos

20200310

RECUNCHOS DE RIBADEO. Pancho Campos Dorado

Fai uns días co historiador Emilio Piñeiroa Lozano fun a ver uns cantos paraxes do Concello de Ribadeo que eu coñecía por oídas pero que nunca visitara. Paraxes realmente descoñecidos pola maioría dos ribadenses e que están esquecidos por este marabilloso concello. O primeiro sitio onde paramos, foi na fervenza do rego Lexoso en Remourelle (mapa), segundo tramo do río que ó chegar á Ponte de Arante se transforma no río Grande (mapa).
É unha fervenza situada sobre unha pequeniña lagoa, abondo extensa e profunda como para darse un refrescante mergullo no verán, pois nesta época de inverno a auga do río baixa demasiado fría como para sentir a necesidade de tal satisfacción. O lugar está formado por un acuruxado paraxe envolto por ladeiras non moi inclinadas, onde afloran grandes pedras con grandura proporcionada á unha vexetación tan verde e autóctona que conforma un escenario ideal para facer unha “performance” de fadas, elfos, meigas e bruxos acompañados dunha melódica música de frauta máxica que se elevara cun bel canto nunha xuntanza de lecer e soñar con seres feiticeiros, e se se dera o caso atopar ese ou esa marabillosa druída capaz de dirixir cerimonias de iniciación á maxia ancestral.
Supoño que habería que probar a acústica do lugar facendo soar un violín, cantando un coro, soando unha frauta, unha zanfona, unha gaita...

Fervenza do Lexoso. Foto: Emilio Piñeiroa Lozano

Despois fomos á finca de As Fadegas na zona das Anzas, que xa coñecía por ir buscar coa miña muller crisantemos para Santos e que é propiedade de Elia e Vicente, que se dedicaron a producir froitas e hortalizas ecolóxicas durante máis de corenta anos e que venderon no mercado e comercio de Ribadeo. Hoxe o cultivo e produción daqueles pementos, xudías, tomates, leitugas, porros, fabas, remolachas de mesa, cabazos, cabaciñas, chícharos, tirabeques, apios, acelgas e espinacas corren a cargo da súa filla Marta Méndez e de Montse Laya. Tamén teñen árbores froiteiras de figos, ameixas, mazás, peras, noces, kiwis e abelás, e froitos de arandeiras e framboesas. Agora no inverno tamén plantan coliflores, repolos e verduras.
Nesta finca de As Fádegas (mapa), ademais da magnífica produción de horta ecolóxica que contemplamos en parte, atópanse ao longo da marxe esquerda do río Grande os petróglifos máis antigos do Concello de Ribadeo dos que eu sabía pero que nunca vira. Consisten nunha serie de once pisadas dun humano e catro ocos case redondos cunhas auñadas laterais, que parece como se se fixeran nunha lameira branda e que se endureceron co paso de a saber os miles de anos que pasaron.
Segundo nos relata nun artigo Pablo Villapol, en El Progreso 08-marzo-2013, parece que tres expertos nestas cousas, explican que son once pisadas humanas e catro pisadas de oso, e que a súa presencia de estar xuntas responde a un rito ancestral vinculado o Sol e o Solsticio de Verán (21-22 xuño). O feito de que representen pegadas de oso en Ribadeo, é un dato fundamental que as vincula a un ritual similar detectado en países nórdicos como Suecia.

Pegada dunOSO














Pegadas dun HOMO (O ENCANTO)

Fotos: Emilio Piñeiroa Lozano

Por último, estivemos ao pé das ruínas da Capela do Buen Jesús, localizada á esquerda da estrada que vai desde a Igrexa de Ove ás Aceñas. Está abandonada do culto desde fai moitos anos e o seu estado é de ruína total. Sen teito e as paredes de pedra pizarrosa están recubertas de hedras e silvas. Presenta unha planta cadrada con sete columnas embebidas: tres ao Leste ou fachada Levante, unha o Norte, outra o Sur ou Mediodía e dúas laterais na fachada Oeste ou de Poñente onde se atopa unha sinxela porta de entrada.
Chama a atención a súa forma pois máis parece un torreón solitario dedicado a atalaia de vixilancia dunha zona costeira da Ría de Ribadeo, que a igrexa ou a capela. Pero parece que segundo rezan os papeis do bispado é a Capela do Buen Jesus. Así que mentres non atopemos máis documentos ao respecto haberá que admitir tales escritos.
A min paréceme que para ser unha capela debería ter ao menos unha pequena lucerna pola parte Leste que é o lugar da alba ou do nacemento de Sol, pois por criterio ritual debería de haber, ou quizais tamén debería haber algunha aspilleira pequena por algún lado para dar luz o interior, cousa que nós non vimos, e que pode habela pois os muros están moi tapados polas silvas e hedras. Tamén puidese ser unha torre albarrana que estivese acaroada (adosada) a unha muralla, para servir de baluarte ou de atalaia a unha construción moito máis grande, pois a parede da parte leste non é lisa como as outras, senón que mostra pedras sen recebar como si fosen parte dun muro derruído.

E logo de recorrer este roteiro pregunto eu, non haberá no Concello de Ribadeo un pequeniño presuposto para desbrozar e limpar estes tan fermosos lugares, e poñelos en valor a carón dun paseo turístico a pé ou en autobús polo Camiño do Encanto? Creo que si hai cartos dabondo para limpar e poñer este roteiro en valor. Entón a que tantos anos se leva esperando?

20210505

Megalitismo en Trabada. Emilio Piñeiroa Lozano

   Deixo a continuación os pdf (jpg), ampliables, do libro 'O megalitismo en Trabada', de Emilio Piñeiroa Lozano. Tamén se pode ver como pdf onxunto e descargar en https://www.slideshare.net/AntonioGregorioMonte/o-megalitismo-en-trabada.













Obras de Emilio Piñeiroa en Ribadeando.

20210925

En memoria de Emilio Piñeiroa Lozano

   Hoxe, na Ponte de Arante tivo lugar un acto de recoñecemento de Emilio Piñeiroa. Primeiro falaron Azucena González, da asociación de veciños o Formigueiro, promotora do acto, logo o parlamentario galego Daniel Vega e logo o alcalde Fernando Suárez, rematando a filla de Emilio. Antes tivo lugar unha misa de campaña, e despois, a actuación da coral polifónica de Ribadeo, para rematar coa descuberta dun monolito conmemorativo. En baixo deixo o cartel de chamada ó acto, varias fotos, un vídeo comprendendo dende as últimas verbas de Azucena á terceira obra da actuación da coral, e outro moito máis curto, co sinxelo acto de destapar o monolito. Remata a entrada coa copia da nota de prensa que en 2019 emitiu o concello para dar noticia do recoñecemento de interese da festa das Cruces.

Dunha foto de Pancho Campos

Durante o acto previo




RIBADEO CONTA ASÍ CON 2 FESTAS CON ESTE RECOÑECEMENTO

Festa das Cruces

Festa Romaxe das Cruces

29/03/2019

A Mesa de Traballo constituída para acadar a declaración de Festa de Interese Turístico Galego para a Festa Romaxe das Cruces recibiu con agrado a distinción.

A Mesa de Traballo constituída, en maio de 2017, para acadar a declaración de Festa de Interese Turístico Galego para a Festa Romaxe das Cruces, formada por representantes da Asociación de Veciños/as o Formigueiro, o presidente, Javier González López, a secretaria, Azucena González Loredo, o párroco Carlos Miranda Trevín, o historiador especialista na Romaxe Emilio López Piñeiroa, a técnica municipal de turismo, Begoña García López, e os/as voceiros/as dos grupos con representación na Corporación Municipal Ana María Martínez Fernández, Jesús López Penabad, Aurora González Ginzo e Marta María Saiz García, e coordinada pola Delegación Municipal de Turismo do Concello de Ribadeo, recibiu con agrado a declaración institucional por parte da Xunta de Galicia desta distinción.

E lembran que "así, tras o traballo de investigación elaborado por dita mesa, foi presentada unha moción para ser tratada no pleno municipal do 1 de xuño do 2017, adoptando o acordo unánime de iniciar o procedemento de solicitude por parte do Concello de Ribadeo á Xunta de Galicia para a declaración de Festa de Interese Turístico Galego".

Ademais subliñan que "é unha festa capaz de xuntar 7 parroquias de dous Concellos diferentes (Ribadeo e Trabada), reflexo da forza e unión da veciñanza na defensa da colectividade, con máis de 200 anos de antigüidade se ven celebrando de maneira ininterrompida grazas aos veciños e veciñas, abandeirados pola Asociación de Veciños O Formigueiro e a Comisión de Festas, verdadeiros artífices deste evento, e da que poderemos disfrutar novamente o 10 de xuño (luns de Pentecostes)".

Con esta declaración o Concello de Ribadeo conta xa con dúas Festas de Interese Turístico Galego: a Xira de Santa Cruz e a Festa Romaxe das Cruces da Ponte de Arante.

20180507

Presentación do libro Nosa Señora das Virtudes

Onte domingo tivo lugar a presentación do libro de Emilio Piñeiroa sobre o Santuario da Virxe das Virtudes de A Ponte. Comezou o acto despois da misa (é dicir, sobre as 11:30), desenvolvéndose cunha presentación previa, as palabras de Emilio e a actuación da Coral Polifónica de Ribadeo. A obra, 'Nosa Señora das Virtudes', é unha monografía editada pola Secretaría de Política Lingüística.
Adxunto fotos tomadas por Pancho Campos e a invitación ó acto.
Emilio Piñeiroa, no acto.

Actuación da Coral

Presentador

20171110

A Ponte, revisitada

A Ponte de Arante ten renome pola festa das cruces, que se pretende sexa declarada de interese turístico, mais a capela das Virtudes que alí se atopa ten importancia artística e abondo máis fidedigna que a festa en si.
Este ano téñense organizado  visitas á capela, e o próximo día 26, ás 11:30 será a próxima. A diferencia das anteriores, en época máis turística, nesta non hai que apuntarse de xeito previo. Guiará a visita Emilio Piñeiroa Lozano, Deixo embaixo o cartel anunciador, e máis abaixo, o libro de Emilio Piñeiroa sobre a Nosa Señora das Virtudes da Ponte.
Do mesmo autor: Os muíños de vento de Ribadeo.

20200724

O BÍTERE É TÍPICO DAS PRAIAS DE BARREIROS. ASTREA RUGOSA. Emilio Piñeiroa

O BÍTERE É TÍPICO DAS PRAIAS DE BARREIROS
ASTREA RUGOSA
Cuncha duns 5 cm de altura e de anchura similar; grosa e pesada con ata 7 voltas en espiral que forman saíntes na superficie superior e que posúen aos lados liñas espirais puntiagudas; o pé do caracol presenta un opérculo calcario con marcas espirais (obturando a abertura). Cor xeralmente vermello-pardo. Habita sobre rochas dende a franxa infralitoral cara abaixo. Esta especie atópase no Mediterráneo e na costa atlántica da Península Ibérica.

O BÍTERE ou OLLOMAO
Opérculo calizo de forma oval do gasterópodo Astrea rugosa, tamén coñecido como Ollomao (embigo de Venus, cuncha de caracol marino que ten forma de embigo), en Barreiros coñecido como “Bítere”.
Atópase nas praias batidas da costa galega a onde é arrastrado polos temporais dende o fondo do mar. O opérculo, denominado en castelán “haba marina", "ombligo marino" e "ojo marino” emprégagase como amuleto contra o mal de ollo e como remedio para diferentes doenzas, usos que se documentan xa no antigo mundo.
O bítere foi antano moi cobizado, pois decíase que quen o atopase disfrutaría dun ano de sorte, de amor, de paz e de felicidade.
Na actualidade tamén se busca e non é estraño velo como abelorio en colares e pulseiras. O seu cor é pardo-alaranxado polo anverso e branco, con perfectas espirais, polo reverso. O seu tamaño pode acadar os dous cm e medio.
Non o busque nunha praia calquera, nin sequera en tódalas de Barreiros, probábelmente perda o tempo; onde mellor se pode atopar o bítere, cando baixa a marea, é nos areais de Remior, Coto e Valea-Fontela.
Emilio Piñeiroa Lozano

20200727

VILAFRAMIL E VILAUSENDE NO MUSEO DE ARTE SACRO DE VILANOVA DE LOURENZÁ. EMILIO PIÑEIROA LOZANO

VILAFRAMIL E VILAUSENDE NO MUSEO DE ARTE SACRO DE VILANOVA DE LOURENZÁ.
EMILIO PIÑEIROA LOZANO

Na igrexa benedictina do Mosteiro de Vilanova de Lourenzá, hoxe igrexa parroquial, atópase o museo que conta cunha importante colección de arte sacro, incluíndo ourivería, escultura, pintura, mobiliario e indumentaria.
Desta colección de obras convén destacar o relicario barroco do s. XVII situado na sacristía da igrexa, o sepulcro do Conde Santo, do s. V de mármol paleocristián, a capela de Nsa. Sra. Valbanera, do s. XVII e o retablo da igrexa, do s. XVIII, diseño de Ventura Rodríguez e obra de Bernardo del Río.
No museo podemos ver imaxes das igrexas de S. Lourenzo de Vilaframil e de Santalla de Vilausende, así como a cruz parroquial e custodia desta última.

Igrexa de Vilaframil:

S. Ildefonso: imposición da casulla. Talla popular

Virxe sedente. Talla popular


Igrexa de Vilausende
S. Ildefonso. Século XVIII

 S. Roque. Século XVII

Cruz parroquial. Século XVII 

 Custodia

20200910

NA COSTA DE BARREIROS: Rochas que retan a imaxinación. Emilio Piñeiroa

A imaxinación non ten barreiras: o zoo pétreo da costa barreirense é auténtico. Os senderistas que camiñan dende a praia de Arealonga en Reinante ata a de Fontela en Benquerencia, recoñecen todo tipo de figuras, rochas labradas durante millóns de anos. Custa velas, pero están aí.


A primeira rocha entre Arealonga e a Punta do Castro, coñecida como a Pena da rá ou do sapo.

Despois da praia das Pasadas e antes de chegar á de Lóngara, outra rocha coñecida como O Elefante.

Entre as praias de Lóngara e Fontela, na parroquia de Benquerencia, podemos ver como a erosión ocasionou unha entrada (cova) coñecida como A Campá.

Seguindo, a poucos metros, podemos observar un suposto mono, bautizado por algún veciño como O homo sapiens.

Emilio Piñeiroa Lozano