20230204

Foros de Debate de Sargadelos no Voar. Antonio Garamendi

    Onte foi o último encontro dos Foros de Debate do Grupo Sargadelos no Voar. Non puiden ir. Así que só podo falar a través da visión que ofrecen comentarios amigos e a prensa.

    Chama a atención que sexa Antonio Garamendi, presidende da patroal empresarial CEOE, o único conferenciante que tivo dúas presentacións. A primeira, por parte do patrón do Grupo Sargadelos, Segismundo García, na súa única intervención nos foros 2023. A outra, a 'regramentria', a cargo de Carlos Delclaux, empresario millonario e xenro de Leopoldo Calvo Sotelo.

    Pode que, por esa sorte de compañeirismo introdutorio, a que foi longa presentación incluíra a máis de louvanzas diversas, argumentos de concesión de autoridade e sabiduría por ter cursado Garamendi estudos nos Xesuítas ou lindezas sobre a beleza da súa muller (de Garamendi). Pode que, tamén por iso, para o louvado, na súa intervención, o xustificar soldos millonarios fose cousa de pouco, non tendo que ver que na actualidade gane ao menos unhas 35 veces o salario mínimo que dende a súa posición, rexeitou subir como a inflación.

    Como dixen, non teño unha gravación que escoitar, e as referencias, aínda que sexan da prensa ou de xente fiable, non deixan de ser segundas fontes para un escrito coma este, polo que deixo aquí as onsideracións; de querer retomalas, faríao non como referencia a unha intervención nos foros de debate, senón por outras vías introdutorias.

A. Garamendi. Diario de Madrid, Lic. CC BY 4.0
 

Ningún comentario: