20230225

CONCENTRACION POLA PAZ MUNDIAL

    Fágome eco dun chamamento para unha concentración este domingo 26 de febreiro diante do concello de Ribadeo:

 CONCENTRACION POLA PAZ MUNDIAL E CONTRA A INVASION E A GUERRA EN UCRANIA QUE CUMPRE UN ANO

    Un grupo de amigos dos que convocamos as concentracións contra a invasión de Ucranía e pola Paz Mundial o ano pasado puxémonos de acordo para convocar unha nova concentración cando se cumpre o ano do comezo da invasión. A concentración será o domingo, dia 26 as 12:30 do mediodia diante do concello de Ribadeo.

    Por se hai algunha dúbida convén suliñar que esto non é nengunha organización estable ou política e que o acto está notificado á Subdelegación do Goberno de Lugo via email e fax.

Ningún comentario: