Deixo a comunicación dunha exposición e actos relacionados, impulsada pola A.C. Francisco Lanza que pode ser interesante: 
De
 novo imos poñer en marcha outra exposición. Desta volta vai tratar 
sobre as persoas da Mariña luguesa que foron deportadas a campos de 
concentración nazis. Tamén lembraremos a xentes do Occidente de Astruias
 que sofriron a mesma penalidade e acabaron deportados en campos de 
concentración durante a IIª Guerra Mundial.
A exposición vai ser na 
Sala de Exposicións da Oficina de Turismo de Ribadeo desde o xoves 26 de
 outubro até o domingo 12 de novembro, en horario de apertura da Oficina
 de Turismo.
Para reforzar os contidos da exposición imos organizar 
dúas charlas divulgativas sobre a materia. A primeira será o xoves 26 de
 outubro, ás 20,30 na Casa do Viejo Pancho, de Ribadeo. Impartirana 
Antonio Muñoz Sánchez, Xosé Miguel Suárez Fernández e Miguel Freire.
Posteriormente,
 xa cara ao remate da exposición, de novo Miguel Freire impartirá outra 
charla sobre o tema coa charla "Memoria do 23 de xullo do1936: Asalto de 
Ribadeo polos golpistas. Xustiza e Reparación das Vitimas." 

Ningún comentario:
Publicar un comentario