20231013

A extensión do incendio

    O incendio comezado na zona baixa de Vidal, en Trabada, onte cara ó mediodía, tense axigantado e parece que segue sen control, con altas temperaturas e moito vento, esperando unha chuvia que esta mañá só mollou o chan.

    Coas informacións que me foron chegando e fun procurando, aínda que a área afectada polo fume é abondo maior, a afectada directamente polo fogo ata este mediodía, unhas 24 h despois do comezo, sería a que deixo en baixo, superposta a un mapa de Openstreetmap. A ter en conta que os límites reais poden variar abondo mesmo agora, e seguirán a variar. O desprazamento da fronte é duns 10 km (algo menos)

    O incendio foi desprazándose cara ó norte (arriba)

Ningún comentario: