20231028

CREATIVIDADE VALENTE. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

“CREATIVIDADE VALENTE”

Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    Así se definiu o estilo singular do deseñador da Cañiza José Castro, finado recentemente dun cancro de pulmón aos 52 anos. Os seus deseños captivaron a Paz Vega ou a Sarah Jessica Parker e, segundo os que o coñeceron, era un creador incansable cun senso do humor do máis peculiar.

    Estudou en Londres, onde se adicou á alta costura colaborando con Alexander McQueen para a casa francesa Givenchy, foi o terceiro membro español da Fédération Française de la Coûture (despois de Balenciaga e Paco Rabanne) e traballou para a marca Desigual. Tamén pertencía á Asociación Española do Curtido. De feito, uns dos seus vestidos máis icónicos son os dos estampados con plumas de galiña (co permiso dos animalistas ao estilo Catherine Deneuve).

    Comezou profesionalmente en Vigo para se trasladar logo a Barcelona. Ultimamente, regresara á súa casa familiar na que acondicionou un obradoiro de costura. Alí entrou en contacto de novo coa lingua galega e coa cociña, outra das súas grandes paixóns. Había pouco que obtivera o carné de conducir (unha das súas últimas teimas) e estaba a traballar no deseño dun banco-vieira para a Xunta de Galicia, obra póstuma.

Captura de pantalla de http://www.castroestudio.com/about.html

 

Ningún comentario: