20170502

Os goles do Ribadeo FC

Despois de "A puntuación do Ribadeo FC (actualización)", e ó ver que o Ribadeo FC está cubrindo a última parte da liga con bo pé, deixo unha última entrada coa evolución dos goles do equipo na tempada, que está relacionada abondo ben coa clasificación na táboa.
Na primeira gráfica, os goles marcados acumulados (en azul) e acumulados encaixados (en vermello), e a diferenza entre ambos, que da un balance netamente negativo ata a xornada 23 (cun mínimo na 6ª), e positivo dende a 29, coa maior diferenza a favor esta última xornada, conforme de xeito aproximado coa clasificación.
 O outro gráfico son os goles a favor e en contra en cada xornada, onde se ve o predominio de goles encaixados nas primeiras sesións e marcados nas últimas.


Ningún comentario: