20150402

Listo para Semana Santa?

Segundo a nota de prensa que onte apareceu na web do concello, si. Polo que parece, non. Un exemplo, preto das Catedrais anunciadas na nota de prensa, o camiño costeiro que serviu para potenciar as catedrais mediante unha media marathon hai pouco máis de medio ano. As dúas foto embaixo da fe dunha das abondas anomalías que levan á vista un par de meses menos que a media marathon, e que aínda hai pouco saíron a relocer nas redes sociais. Un pouco máis abaixo, a lembranza do parque infantil en obras, cun chisco de contradición: ofértanse actividades para cativos mentres non poden usar o parque, pero anúncianse como algo extra... Ou as obras varias preelectorais (véxase a r/Ramón González, III fase), que comezaron hai pouco e non estarán rematadas ata días antes das eleccións.
Nun pobo estase a vivir, e polo tanto, sempre hai cousas destas que non están preparadas. Máis aínda cando se comezan obras varias. É pois desculpable. Pero é difícil de entender que se anuncie que "estamos con todo preparado desde o Concello de Ribadeo esperando a visita ao noso municipio".


Ningún comentario: