20101101

Tódolos Santos non é Defuntos ...

Se nos cinguimos á tradición católica do día de tódolos santos, ou polo contario, se nos quedamos co Samaín / Halloween, teremos una concepción da celebración de hoxe ben diferente, aínda que emparentada en ambos casos. De calquera xeito, diferente da celebración de mañá, Defuntos.
Non creo que Zapataero estivera pensando nestas cousas cando nomeou novo goberno hai uns días, nin que a caída dun goberno lle dera a oposición un pesnamento semellante, a partires do 'goberno morto'. Pero ocórreseme que a reestruturación gubernamental pode mirarse tamén dende diversos puntos de vista, como cando tomamos como referencia para interpretar este día unha ou outra tradición, que por certo, conviven con maior ou menor ímpetu a traverso da historia.
Aínda así, quedaríame en relación ó cambio de goberno non tanto cos pensamentos direitos ou aqueles que deberan ser primarios, como con aqueles outros que subxacen ás expresións que se coñecen en relación ó cambio. Pode que non teñan tanta relación coas liñas doctrinais ou metodolóxicas que adoitará os próximos meses o órgano rector do estado español, pero quizáis indiquen algo a máis longo prazo, máis difícil de cambiar que unha sinxela lei. Trátase, por exemplo, da expresión que se atribuía a Zapatero por un diario hai uns cantos días (por poñer un exemplo, podería servir o que puxeron outros diarios sobre a 'cachada' dos populares opinando en petit comité sobre o novo goberno): "Viendo las caras del PP, acertamos con el Gobierno"
Por que me quedaría con expresións deste cariz e non con outras máis ó xeito do que representaría un goberno? Porque manifestan algo que é difícil de variar no actual estado de cousas chamado democrático, que a política nestes tempos non se fai para a gobernanza da polis, do estado, dos cidadáns, senón seguindo segundas ou terceiras impresións ou influenzas, para o mantemento do grupo e non do conxunto, para manexar as impresións dos demáis máis que para administrar, etc. Mentras Zapatero ve 'as caras do PP', os cidadáns quedamos á marxe, porque se trataría dunha loita entre dous partidos (o resto só contarían de comparsa, como apoio a un ou a outro) na que os cidadáns só serían as tropas máis ou menos forzadas ou convencidas dun ou outro, sen moita posibilidade de actuar de xeito independente, defendendo os propios intereses de todos: ó fin, está demostrado nas eleccións que un 'soldado' destes partidos vale por sete de IU, por exemplo. Ou que os partidos localistas só se teñen en conta se poden servir de bisagra, se se quere un exemplo a outro nivel. E poderiamos seguir.
Mentras, a política segue significando que nos están gobernando, téñannos ou non en conta.
Menos mal que Tódolos Santos non é aínda defuntos. Temos, como indica o calendario, un día de gracia para reflexionar como cidadáns antes de caer na irrelevancia. Na realidade, sempre teremos algo semellante, pero con tendencia a que sexa cada vez máis difícil de aproveitar esa reflexión.

Ningún comentario: