20101115

Prestige, onde estás? Nunca máis te voltaremos atopar?

A fin de semana foime moi difícil publicar. Iso fixo que pasara o cabodano do Prestige ata o de agora.
Outra razón foi esperar a ver o impacto na prensa. Ata o de agora, moi pequeno, aínda que supoño que cando chegue o equivalente ó momento do afundimento, a cousa irá a máis.
Outra aínda, o ver o pouco que se fixo ata o momento sobre o tema. Refírome a termos legais e a termos técnicos. Mesmo adiantándose a un reverdecemento do tema, anunciaron esta semana pasada un cambio legal para o futuro que permitirá obrigar a meter o barco en porto... anunciaron.
Mentras, só cabe perseverar na idea: Nunca máis.
Algunha ligazón relacionada no blog.

2 comentarios:

J. A. Bolaño dixo...

O futuro, ese tempo indeterminado.

agremon dixo...

Máis ben indeterminado, se se pensa diante dunhas eleccións e empregado por políticos.