20101108

Sons de Ribadeo. Comeza a semana con música.

Ribadeo ten moitos aspectos. Por suposto, visuais de beleza sobre a ría ou en relación cos seus edificios de indianos, pero tamén sonoros. O zoar do vento nalgunhas esquinas, os coches ambulantes con altofalantes, ricos en matices, en zonas recorridas, en temas, en horarios, ... Iso pode servir para outro día. Para un luns, rara vez. Máis extendido no tempo, e moi curioso, por exemplo, escoitar o son das rodas sobre algunhas rúas. Collamos dúas das máis céntricas, Rodríguez Murias e Reinante, ambas saíndo das catro rúas. Son peonís, ou semi peonís, que non é doado distinguir ás veces, e polo tanto pode que non se oia o recorrer un coche ou unha bici por elas nalgún tempo. Pero tarde ou cedo, caerá, e xa teremos o son correspondente á rúa. E verse que, como nalgunhas películas, só polo son do empedrado lograremos identificar a rúa. Rodríguez Murias, un son xenérico, pouco matizado, onde case non se distingue que o pavimento non é liso. Reinante, un taca-taca-taca craro, cadencioso, onde se distingue a velocidade do vehículo con facilidade polo ritmo...
Quizáis haxa que atribuír a diferencia de son, a melodía entre unha e outra a un director de orquestra pavimental. Quizáis sexa un ensaio xeral para dotar a cada rúa de Ribadeo dun son particular. Quizáis sexa un caso de estudo para o acabado de rúas. Quizáis...

Ningún comentario: