
Despois da entrada anterior sobre o tema da memoria dos oficios, e co previo do pasado ano de Memoria de muller, algunha foto da presentación onte do vídeo resultante.A primeira, do cartel que se puido ver polo pobo, dúas sinxelas follas impresas, das que unha era unha atractiva imaxe sobre os oficios presentados.

Outra, unha imaxe xeral do auditorio cheo a 1/3 nas verbas previas, nas que participaron o alcalde, o representante provincial de cultura (JC Rodríguez Andina) e quen levou o tema no día a día no telecentro, Maika. Igualmente houbo unhas verbas ó final para rematar o acto e unha entrega do DVD ós participantes. Unha delas, Mª Antonia Rodríguez, subiu para ter unha lembranza doutra compañeira fenecida e unhas palabras de agradecemento.
En canto ó vídeo, sobre un fondo de fotografías familiares ou xerais sobre o tema (de onde están tomadas o resto das presentadas nesta entrada), fóronse desgranando as catro historias persoais, historias que sempre dan idea doutro tipo de vida e dun pasado que hoxe se ve como moi distante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario