20100115
A petición de algo que xa é
Parece (a nova está sen confirmar) que empresarios dun pub pediron ó concello a declaración da zona de Pasarón y Lastra zona de baixa sensibilidade acústica. Como nunca deixou de selo (nunca se lle deu unha clasificación), a petición é cando menos, curiosa. Precisamente está pedido dende hai tempo que o concello a cambie. E, dende aquela, un local novo na zona tivo que retirar, por orde xudicial, a música amplificada que tiña, pero non por ter cambiada a cualificación da zona, senón por concesión mal feita por parte do concello no mandato anterior. Agora estase a plantexar a renovación doutro local próximo, e o anuncio coincide o día despois da saída en prensa da causa contra Balbino, relacionada co tratamento do ruído no concello.
Publicado por
agremon
ás
1/15/2010 08:01:00 a.m.
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en TwitterCompartir en FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
ruído
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
Dinme mediante un comentario que o local que eu digo que é unha renovación, efectivamente é unha renovación dun local xa vello. Asemade, din que é de apertura diurna, como estaba ata agora (de novo, renovación) e que a min non me vai molestar, como ata agora. Asemade fai alusión ás verbas de Balbino sobre a falta de apoio ás miñas protestas sobre o ruído (algo xa respondido no blog).
Unha nota que coido abondo sensata como para publicar no blog se non se empregara para meterse comigo, motivo polo que fago a súa mención.
Publicar un comentario