20090626

Nota de prensa: Informe da Dir. Xeral de Patrimonio sobre o PXOM

INFORME DA DIRECCION XERAL DE PATRIMONIO SOBRE O PXOM
O día 28 de Agosto de 2.008 entrou no rexistro do concello o Informe da Dirección Xeral de Patrimonio, da Consellería de Cultura sobre o PXOM de Ribadeo.
O devandito informe foi secuestrado ate hai poucas semanas. A primeiros de Xuño foi remitido aos concellais da oposición e nestes ultimos días saiu publicado nos medios de comunicación.
O tema, dende o meu modesto punto de vista, ten unha gravedade extraordinaria. Representa a ocultación, durante nove meses dun documento de enorme trascendencia actual e futura sobre moitas actividades e proxectos do concello de Ribadeo, por un alcalde que teoricamente foi elexido para defender os intereses dos veciños.
O informe ten 31 páxinas con propostas alternativas vinculantes para o PXOM que afectan a múltiples aspectos do casco vello, casco novo, elementos arqueolóxicos, nucleos rurais, Camiño de Santiago, etc. e está asinado polo Director Xeral de Patrimonio Cultural, Felipe Arias Vilas, con data 28,8,08.
En xeral o documento mantén un tono crítico co PXOM, o que se resume no penúltimo párrafo do texto final que di así : “ En consecuencia ... a D.X. de Patrimonio Cultural ... informa desfavorablemente o PXOM de Ribadeo, polo que, unha vez incorporadas as correccions que se derivan do presente informe, deberá remitirse novamente o documento...”.
Os primeiros comentarios que se nos ocurren son os seguintes:
a) O secuestro do documento ten unha serie de impactos sobre distintos proxectos (PXOM, Polígono Industrial, Tendido de Alta tensión, etc) provocando retrasos en cadea que o Sr. Alcalde coñece perfectamente.
b) A ocultación deste informe debe perseguir algún fin político ou cecais económico que ate agora non foi explicado polo responsable desta decisión, de onde pode supoñerse que ten algo de inconfesable.
c) O Sr. Alcalde ten declarado que está moi molesto porque este documento, de caracter confidencial, saise aos medios de comunicación. Debe entenderse que o seu desexo sería que os veciños de Ribadeo seguisen sen coñecelo ata que se aprobase o PXOM.
Nas vindeiras semanas seguirei tratando algúns aspectos concretos deste asunto, que repito, paréceme dunha gravedade extraordinaria. En primeiro lugar porque afecta a unha cuestión básica de calquer sistema democrático, como é o manexo da información, tema no que polo demais, chove sobre mollado. Cada vez é mais evidente que este alcalde considera que a información que manexa, polo seu cargo, é propiedade privada, eis o caso do tendido de alta tensión e a subestación de BEGASA, o caso das macrourbanizacions que intentou plantar no medio do casco vello e agora este informe que compromete e retrasa moitos proxectos de Ribadeo. En segundo lugar porque o documento que comentamos afecta a moitos aspectos do patrimonio cultural ribadense e a sua ocultación está na linea de destruir aqueles elementos que puidesen ser molestos para obras e proxectos particulares.
Evaristo Lombardero Rico

Ningún comentario: