20070509
De improperios e patadas a sorrisos
Tanto a fin de semana como a noite de luns a martes sucederon casos de agresións á Guardia Civil; no primeiro, no mesmo cuartel; no segundo, no centro. Non deixan de ser curiosos ambos, pois parece que nos dous casos reinaba a calma na veciñaza.
En contra de accións como as anteriores, a Paco Lanza, con motivo das Letras Galegas (e a colaboración do Centro Comercial Aberto) lanza a campaña 'un pobo con humor', con viñetas de Castelao. Paréceme boa idea, pero o humor de Castelao é moi particular, ó mellor non resulta un sorriso aberto senón irónico.
A outros niveis, a prevista asfaltera de Barres vai a ter problemas xudiciais, váillos poñer 'ecoloxistas de Asturies', e é que a teima polo progreso sen control é grande e cada vez se nota máis nun mundo agredido de moitos xeitos.
Hoxe fan folga no ensino privado; en Ribadeo, no colexio das monxas. Non teño claro de todo, pero parece que a patronal ten algo que ver co tema, aínda que aparezan os profesores como 'titulares'. O motivo, a oposición á xornada completa en xuño e setembro. Postura persoal ante esa xornada: coido que se a tiveran planteado cun escalón menor (unha semana) en troques de todo o mes ou nada, sería idóneo par que os rapaces pequenos non tiveran un salto brusco que terán deste xeito.
E hoxe tamén teño entendido que é a presentación do ascensor da Atalaia no salón de plenos. Evidentemente, esa 'grande obra' non podía esperar a despois das eleccións.
Para compensar o do ascensor, tres imaxes da ría: As Figueiras vista dende o paseo marítimo, o Edda Fram, buque de apoio a plataformas petrolíferas con destino Noruega, e a Santa Clara, o transporte do prático do porto ata os buques en tránsito. Á súa beira, unha estrutura en construcción para o Edda Fram no último recheo.
Publicado por
Agremon
ás
5/09/2007 07:43:00 a.m.
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en TwitterCompartir en FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
cultura,
educación,
Fotos ría de Ribadeo,
política,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario