20070304
Ribadeo tóxico
Hai que recoñecer que Ribadeo é pequeno. Que necesitamos mirar ás voltas para fóra para non caer na abulia desesperada polo sumidoiro de cousas que se fan mal. Tampouco hai que pensar que é o único sitio do mundo no que pasa: sería un ribadeocentrismo redutor. Pode que por eso o alcalde viaxe: non para coñecer cousas, senón sinxelamente para airearse fóra de Ribadeo.
Eu nótoo cando saio, aínda que sexa a estar unha tarde noutro pobo. E por eso cheguei á conclusión de que ó blog tamén lle virá ben o adicar de xeito consciente entradas a cousas de fóra, por exemplo, para revitalizarse despois dalgúns post pesimistas. É dicir, para sacar a toxicidade que se pode ir acumulando.
Kasado expón en Sargadelos. En Ribadeo coñéceo quen o coñece, pero é un bó fotógrafo (ó menos, parécemo). Por certo, vai con K porque teño idea de telo visto asinar así, pero non estou seguro: hai tempo que non vexo as súas obras expostas, e pode que sexa un motivo máis para ir cara Sargadelos.
Un bo e soleado día para comentar a explosión de paseos / rutas de montaña de diversos clubes nos xornais. Por certo, onte non din visto a eclipse polas nubes. Non sei se entre 1 e 4 que durmín houbo o tempo despexado.
E onte tamén, un novo grupo (eu polo menos sabía da súa existencia antes de velo anunciado para a actuación) de hip-hop tivo o seu primeiro concerto no auditorio Hernán Naval. Non teño novas de como saíu a cousa, pero de seguro que ben: estes concertos son para 'consagrarse'
Volta saír hoxe nun periódico (onte foi no outro) que Ribadeo postúlase como sé dunha nova axencia urbanística, ó que hai que aclarar que a sé é comarcal e que a nova axencia aínda non existe, e pode que tamén haxa que lembrar que estamos antes as eleccións. E sae tamén que a nova depuradora custará 7 millóns... a aclarar o mesmo que no caso anterior, e ademáis que é unha esixencia da UE: cando foi feita xa tiña unha categoría inferior ó que lle correspondía, e inferior a outras da zona. Asemade, di de xeito claro que se está a vulnerar a lei de calidade as augas na ría. Pregúntome como será a cousa, se se está a vulnerar a lei hoxe, condo se faiga algunha piscifactoría (a das Grobas, se se chega a facer) cun emisario próximo relativamente ó emisario actual da EDAR (Estación de augas residuais).
E unha nova lista eleitoral: a do BNG.
A foto, unha das rúas peonís en Ribadeo. E, falando de fotos, coido que nunca puxen esta ligazón a fotos de Ribadeo
Publicado por
Agremon
ás
3/04/2007 10:32:00 a.m.
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en TwitterCompartir en FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
blog,
Fotos Ribadeo,
política,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario