20070306
As cousas pequenas fan a vida grande
Había un refrán sobre as cousas pequenas, pero esquecime del. Coido que o título pode remedalo. E é que hoxe vai de cousas pequenas, despois do segundo post de onte sobre a ordenanza de ruídos en Vigo.
A Casa da Xuventude xa abriu co tema de informática. Polo momento, a resposta é pequena, pero é de supoñer que medrará, así como que os equipos pasarán a linux, a Open Office, etc, seguindo o que parece criterio da administración da implantación de software libre; polo momento van co Firefox en Windows e están vacíos, pero aínda non foron descubertos pola xente nova. Por certo que subir ata o segundo andar dunha casa vacía produce un pouco de desasosego pensando nos froitos que se lle pode sacar a ese edifcio ata agora abandoado cando a xente nova está literalmente mendigando sitio. A ver se antes das eleccións se completa.
De cultura vai tamén esta semana: hoxe o 'Merlo Branco', teatro, e pasado mañá 'Corpos disidentes', ,no día da muller. Día que se pode aproveitar para botar unha ollada en internet á exposición (xa vista en Ribadeo pero pouco visitada) 'A ciencia ten nome de muller'
De cultura e de xeito de facer as cousas: onte comezou o curso de protocolo. Craro que ó protocolo hai que enchelo de contido e de verdade para poder exercitalo dun xeito adecuado, senón, todo é fume.
A banda debera estar de volta de La Sénia, do concurso de bandas, pero con este vento... e non se sabe nada en internet do resultado...e por outra banda, con outra música, parece que a oposición no concello vai exercer nestes dous meses que quedan en vista da posible minoría do goberno a falta de Reinante. Xa veremos os plenos (luns debera haber un, e hai varias preguntas de O Tesón sen contestar)
En fin, o título serve asemade para remedar un pouco este batiburrillo de mistura no que se pode ampliar a visión sobre o Ribadeo de hoxe.
A foto, do río de Vilaselán, sen auga en pleno inverno (a foto está tomada cara á ponte máis achegada á igrexa), pero con vertedoiro de augas.
Publicado por
agremon
ás
3/06/2007 07:41:00 a.m.
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en TwitterCompartir en FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
Fotos Ribadeo,
Música,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario