Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta Porta da Auga. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta Porta da Auga. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20120124

Teatro do absurdo

O teatro do absurdo foi ... bo, mellor, na Galipedia. Ó fin, non deixa de ser teatro, e polo tanto, interpretable.
Paso tódalas semanas unhas cantas veces por diante dos edificios que fotografío abaixo. Os dous son públicos, aínda que correspondentes a diferentes administracións. O primeiro ofrece un paso máis nunha seire de atrancos decisións e tonterías que tentarei resumir:
No 1995, o actual Porta da Auga pediu unirse ó actual Gamallo por falta de espazo. A Delegación provincial sacouse o problema de enrriba cunha votación dos claustros. Non me lembro do número total de votos en cada caso pero si das circunstancias. No actual Porta da Auga, todo o claustro votou a favor menos dúas persoas. Xusto o contrario que no actual Gamallo.
Co século, o Porta da Auga adquiriu a condición de Centro Integrado de Formación Profesional. Daquela significaba ser un referente educativo, que entre outras cousas podía facer contratacións externas, coa obriga de ter formación profesional e xeral (ESO e Bac). Xusto o primeiro curso con esa denominación, cambia a normativa e os CIFP foron obrigados a ter só FP. Como resultado, e para non perder a posibilidade que ofrecía o ser CI, o centro dividiuse en IES (para a ESO e Bac) e CI (para FP). Ben, na realidade unha rama de FP quedou no IES porque o considerou así. Para facer a división, instituíronse dous claustros, dúas directivas ... quedando de xeito provisional no mesmo edificio, despois de ver a imposibilidade de facer unha división 'harmónica'. Pero comezou a construírse un edificio de servicios xerais para a emigración das oficinas do CIFP. Quebra a empresa construtora e párase a construcción do novo edificio por anos. A situación, compartindo instalacións, se non insostible, si alomenos non aconsellable. Solución da Delegación? Unir os dous IES de Ribadeo, e facer migrar cara ó edificio do Gamallo persoal e aparataxe do Porta da Auga. Para iso, e dada a vetustez do Gamallo e a necesidade de espazos divididos, obra no edificio do Gamallo coa construcción dunha ala enteira nova sobre os vellos talleres de cando era instituto técnico Rodríguez de Valcárcel. A obra primeiro leva retraso por cuestións burocráticas, logo por tema de cartos e por último, este mesmo curso, no que xa tería que estar funcionando o novo centro resultado da desintegración de Gamallo e Porta da Auga, a empresa construtora quebra. Dende antes de quebrar, o material do antigo laboratorio, mesas robustas, pode verse ocupando unha parte do patio e restando espazo de desfrute ós alumnos do Gamallo... Na foto tamén pode verse un campo de baloncesto inutilizado, á beira esquerda. E un pouco máis á esquerda, non visibles na fotos, os antigos edificios destinados a profesores, agora totalmente abandoados. Por certo, o edificio novo do Porta da Auga está xa case rematado, despois de rebaixárselle alturas (non tiña sentido ningún quedando o CIFP con todas as instalacións dos dous Porta da Auga, dos actuais CIFP e IES). É de supoñer que o próximo curso entre en funcionamento. Continuará.
Novo edificio no IES e material abandoado.
 Falta de tempo ... esta obra álzase cara ó ceo e foi louvada hai pouco polo alcalde en facebook. Aquí habia un pavillón que funcionaba, aínda que se quedara pequeno. Tamén unha beirarúa que levaba construída menos de seis meses e que desapareceu oa obra.
Como nas catedrais, as agullas ó ceo.
 Sempre interpretei mal o teatro do absurdo...

20120318

Unha curiosidade: os gastos de funcionamento dos centros públicos de ensino de Ribadeo para este ano 2012

En Ribadeo, dependentes da Consellería de educación vía orzamentos, hai catro centros de ensino. Un de primaria, o CEIP Gregorio Sanz, e tres de secundaria, o CIFP Porta da Auga e os IES Dionisio Gamalo Fierros e IES Porta da Auga. Nos listados primeiro aparece o código (prov. 27; 01 ensino xeral, 02 formación profesional, e un número de asignación), despois o tipo (CEIP - Colexio de primaria, CIFP - Centro integrado de formación profesional, IES - Instituto de ensino secundario [titularmente, educación secundaria]), logo a poboación e provincia e por último o importe orzamentario previsto para o ano:
27010891 CEIP Gregorio Sanz Ribadeo Lugo 24 322,00
27020793 CIFP Porta da Auga Ribadeo Lugo 122 901,00
27010933 IES Dionisio Gamallo Fierros Ribadeo Lugo 61 059,00
27010945 IES Porta da Auga Ribadeo Lugo 57 147,00
Como nota aclaratoria, o CIFP é a división do Porta da Auga que se encarga de impartir só formación profesional, quedando o o IES Porta da Auga como centro de ensino xeralista (ESO e Bac) máis a rama administrativa. Na unión de centros prevista, os dous IES integraránse nun só no edificio do actual Gamallo Fierros, quedando sen as ramas profesionais que teñen na actualidade, que pasarán a integrarse no CIFP Porta da Auga.

20080514

Novos retos, novas oportunidades: unha entrada fóra de contexto, para a revista do IES Porta da Auga

Cando se estuda ós seres vivos, soe comezarse pola descrición do seu ciclo vital. De xeito básico, nacen, medran, aliméntanse, reprodúcense e morren. O ciclo pode cortarse en calquera momento debido a causas diversas. Estámolo vendo tódolos días coa xente, vendo a incidencia dos accidentes nese ciclo vital, ou mesmo a diferente taxa de desgaste no vivir, que leva a rematar a vida antes a uns que a outros.

Hai pouco vimos como as circunstancias asemellaban máis ó noso IES Porta da Auga a un ser vivo, con tódalas súas propiedades. Un ser vivo do que formamos parte polo momento, a modo de células que constitúen estruturas superiores, órganos, sistemas, ... que conforman a totalidade.

O IES naceu na década dos setenta; aínda non hai tanto que se celebraron os seus primeiros vintecinco anos, e vai morrer a data case fixa máis ou menos coa idade de Xesús, eses incertos 33 que se lle atribúen e que de axustarse á realidade, farían cambiar a data do calendario que usamos.

O caso é que naceu por decreto ministerial, e medrou. Medrou moito dende o primiero grupiño de alumnos e profesores (e alumnas e profesoras), diversificando a formación que se impartia, mutando, e no camiño, tamén perdendo parte das súas posibilidades como as persoas que nos facemos maiores tamén imos perdendo parte das nosas posibilidades no camiño, ou como cando temos un accidente e de pronto nos vemos impedidos de xeito temporal ou definitivo nalgunha das nosas funcións. Así pasou cando de pronto, por imperativo externo o centro quedou sen rama sanitaria, ou cando un pequeno impedimento fixo que os estudantes non poideran acceder a determinadas carreiras como saída. No medio, tamén podemos facer unha comparación con aqueles animais que sufren unha transformación imprevisible, que parece truncar o seu crecemento para pasar á vida adulta a traverso dunha crisálida: o centro sufriu unha transformación algo parella cando se implantou a reforma educativa, pasando a ter unha situación anómala varios cursos ata renacer cunhas ensinanzas diferentes, mesmo cunha estrutura interna diversa da que tiña antes do cambio. Crisálida ou rito de iniciación forzado para a vida adulta? Non sei, pero de calquera xeito, situación nova e desafiante da que o centro saiu fortalecido. Mentras, os diversos nomes que foi tendo foron deixando constancia dese medrar e variar. E a variación do número relativo de actividades ou o tipo das mesmas, ou mesmo a variación de relacións no centro foron asemade deixando constancia do envellecemento de parte das células-profesores ou da renovación contínua doutras, células-alumnos.

En fin, o centro alimentouse continuamente. Non só de novos alumnos, senón tamén profesores. E non só deles, senón tamén asimilou unha parte dos niveis de ensino do colexio público. E, noutras esferas, consumiu grandes cantidades de diferentes materiais. E segue a consumir.

O IES tamén tivo unha especie de reproducción. E non só unha vez. Hai xa tempo que, por exemplo, foi segregado da tutela do IES un novo centro, o da Pontenova. E, nunha segregación diferente, sufriu unha mitose dando lugar a dous centros, un que seguiu co nome anterior, IES Porta da Auga, e outro, co mesmo apelido, da mesma familia, pero que recibiu o nome de CIFP Porta da Auga.

Agora, o ciclo vital dunha desas entidades post-mitose cérrase por mandato desa especie de deus dos centros educativos que é a Consellería de Educación, da mesma estirpe de deuses dese Olimpo particular que o Ministerio de Educación que lle deu vida. O xeito en que está previsto que se remate o IES, a data fixada, parecería máis un axustizamento que unha morte natural. Pero, no universo vital dos centros educativos, non todo pode asemellarse a unha vida humana como a concebimos nós. Por exemplo, parecería que tiveran algo de razón os budistas cunha rolda cósmica particular na que o centro se reenxendraría noutro novo, o IES de Ribadeo, no que tería que convivir nun mesmo corpo o esprito do Porta da Auga con outro dun ser en principio estrano a el (como el o é para o outro), co do IES Dionisio Gamallo.

Ó tempo, aquí é onde entraría o que poderiamos chamar vida despois da morte. O 'máis aló' do IES Porta da Auga, nun limbo/ceo/inferno compartido onde a opción concreta do trío presentado non se coñece previamente, senon que irase construíndo pouquiño a pouco. Coñecer ó outro (ten revista a modo desta que tes nas mans?), ver os novos retos como novas oportunidades, o confiar e construír conxuntamente, poden levar a unha especie de ceo no que haxa abondo espazo para todos, sen verse constrinxidos a aulas minúsculas ó tempo que a non ter necesidade de elixir previamente opcións de formación porque non hai xente para ofertalas todas. Por desgraza, as oportunidades poden converterse en problemas se se actúa de xeito negativo. Os IES teñen experiencia formativa e educativa. Esperemos que a nova vida dentro de dous anos nos sirva a todos para sacar partido das novas circunstancias.

20080417

Elixir colexio libremente favorece a eficiencia educativa e económica

O título corresponde a un artigo, lido por min o mesmo día que coñecín asemade os entresixos da nova estrutura dos centros de ensino medio en Ribadeo, algo que parecería ir en contra da liña marcada no título. En resume:
Desaparecen os IES Porta da Auga e Dionisio Gamallo.
Créase un novo IES, único en Ribadeo, técnicamente, 'integración' dos dous anteriores.
Ocupará os espazo do actual Gamallo, xunto cun novo edificio a construír o próximo ano nos terreos dos actuais talleres. A redacción do proxecto xa está en marcha, e, se se seguen os prazos (redactado para o verán, comezo das obras no outono), estaría disposto para que o curso 2009/2010 comezara a funcionar o novo centro.
O novo centro asumirá o profesorado actual de ambos centros (personal con destino definitivo), dando oportunidade para que se poda desprazar xente interesada en facelo (pechada a entrada, aberta a saída). O catálogo de prazas do novo conxunto será presentado próximamente. O personal non docente do IES Porta da Auga pasará o CIFP. O proceso será guiado polo Decreto 140/2006, DOG de 1/9/2006, esperando que a plantilla se estabilice sen desprazamentos forzosos, e aproveitando as xubilacións, aló polo 2015.
Terá unha soa direción, cesando as dúas anteriores. (Nos centros novos, a direción é nomeada 'de arriba' de xeito provisional para poñer en marcha o centro)
Aglutinará o material didáctico dos centros previos.
Suporá unha optimización de recursos, xa de entrada un aforro en cartos e unha solución á falta de espazo no CIFP Porta da Auga, atenazado entre un edificio a medio construír sen licenza e outro a medio construír por empresa en suspensión de pagos.
O CIFP faráse cargo dos ciclos formativos do IES Porta da Auga (Administrativo) e IES Gamallo Fierros (Infantil), podendo crearse algún máis. O CIFP seguirá a ser o único 'centro integrado' da provincia.
Mentras, o novo IES de Ribadeo aglutinará toda a ESO do ensino público en Ribadeo e os bacharelatos (seguirá a contradición de apostar pola 'optimización' e manter un centro concertado). Terá 3 liñas de ESO (3 grupos por curso).
Espérase que, ó ser un centro dun certo tamaño, teña todas as optativas posibles despois da reforma, así como que poda acceder a programas que necesitan un mínimo de estudantes para poñerse en marcha, como as aulas europeas.
Lóxicamente, haberá necesidade dunha adaptación mutua entre plantillas, por exemplo, pero en xeral xa hai un certo coñecemento previo entre departamentos análogos dos dous IES. Non hai un protocolo de actuación (a Xunta non o ten) para estes casos.
Parece unha cousa lóxica, que xa comentei que fora suxerida polo Instituto Porta da Auga aló polo ano 1993 (e rexeitada polo por aquel entón Instituto Rodríguez de Valcarcel), se ben dende aquel momento opino que se tomaron diversas solucións erráticas e desencamiñadas, con perda de tempo, cartos, recursos e paciencia, a parte de rendemento educativo. Pola contra, parecería lóxico que, aínda que se dera un cambio político, se manteña a decisión actual por diversas razóns.
De calquera xeito, non houbo consulta ós implicados nin comunicación informativa ata ter tomada a decisión ó detalle por aprte da administración.

20080416

Movida

Despois da visita a Lugo onte das direccións completas dos dous IES de Ribadeo, o Porta da Auga e o Dionisio Gamallo, hai espectación sobre que o que pasou (e, sobre todo, o que pasará). É a primeira volta que lembre alomenos dende o ano 1982 na que se presentan en Lugo as direccións completas de dous centros educativos públicos de Ribadeo. As noticias pertinentes saberanse pronto, pois hoxe os dous centros teñen convocado reunións onde a dirección comunicará informes. Algo tamén inusualmente rápido, se temos en conta de que os claustros hai que convocalos por escrito e cun periodo mínimo de tempo.
Mentras, en Ribadeo estamos aínda coa resaca da división do CEI Porta da Auga (que pasou por Centro de FP de 1º grao, Centro de FP de 1º e 2º grao, IFP, IES e CIFP), en IES Porta da Auga (estudos de ESO, Bacharelato e FP Administrativa) e CIFP Porta da Auga (estudos de FP de Automocón, Construcción e Electricidade), nun espazo que xa antes era limitante para un só centro educativo. Asemade, aínda que o PXOM non o recoñeza, hai un edificio parado por razóns de licenza e outro comezado a construír e tamén parado por razóns empresariais, e o pretendido muro entre os dous novos centros aínda non comezou a construírse. Asemade, aí está xa para o próximo curso a reforma do bacharelato, que comezará no 2008/2009 co 1º para finalizar o curso seguinte completando o ciclo bienal. E, en canto a reformas, tampouco está de máis citar que a Escola Oficial de Idiomas, EOI, xa comezou este curso a notar unha reforma que non permite ós alumnos de inglés como primeira lingua estranxeira na ESO estar matriculados de inglés na EOI, desbaratando unha duplicidade que en moitos casos era sinxelamente unha complementareidade da que se beneficiarán os centros de ensino privado de inglés (en Ribadeo non hai alumnos que en medias teñan como primeira lingua estranxeira outro idioma).
Por outra banda, o actual IES Dionisio Gamallo Fierros só pasou de Instituto de Ribadeo a Instituto Laboral, Instituto e a IES, cambiando mentras o nome de 'Rodríguez de Valcárcel' polo actual, sen transicion que eu lembre sen nome.
En total, moitos cambios enpouco tempo, tendo ademáis que ter en vista que o Porta da Auga acolleu a reforma como experimental, que variou de ensinanzas diversas ó longo do tempo (por exemplo, a década pasada perdeu FP de Sanitaria a pesares de ser apreciada e ter cantidade de alumnado), e que hai quince anos iniciou un movemento para tentar unir os dous centros de medias da localidade de entón, algo ó que o outro centro se opuxo.
En fin, a nova está servida hoxe.

20120717

Máis historia en Ribadeo

Onte, no DOG, proclamábase o "DECRETO 153/2012, do 5 de xullo, polo que se transforma o centro público integrado Celso Emilio Ferreiro de Vigo en centro público de educación primaria, se fusionan os institutos da localidade de Ribadeo e se trasladan ensinanzas."
É dicir, xa é oficial que o próximo curso haberá o Instituto de Educación Secundaria de Ribadeo, polo momento sen máis nome e sendo de esperar que aínda se lle tarde en asignar un un certo tempo. Facelo doutro xeito sería ben esquecer unha parte da historia de Ribadeo, por un nome novo, ben dar preeminencia a un dos nomes anteriores, cousas ambas que coido desaconsellables.
Primeiro, corto e pego a historia do de vida máis longa dos que se fusionan, o IES Dionisio Gamallo Fierros:
Anos 20
Créase en Ribadeo o primeiro Instituto de Ensino Secundario. Pechou ó rematar a guerra.
1955
Inicia a súa actividade o actual Instituto, sendo Dionisio Gamallo Fierros o primeiro director. En principio as clases eran na casa do óptico, por non contar con edificio propio.
1958
 Inaugurouse o actual edificio. Ó acto asistiu Francisco Franco, como quedou recollido na prensa da época.

"El Jefe del Estado, con su esposa y demás miembros de la comitiva, fue recibido en el Instituto Laboral por el Director del mismo, D. Dionisio Gamallo Fierros, y el Claustro de Profesores.

"En el vestíbulo del nuevo edificio se había levantado un altar, en el cual se revistió con los ornamentos litúrgicos el Prelado de la Diócesis, Dr. Argaya Goicoechea, que procedió a la bendición del Instituto.

"A continuación, el Caudillo, acompañado de su esposa, del Ministro de Educación Nacional y del Director del Centro, visitó las dependencias de éste, interesándose por su funcionamiento y examinando detenidamente el material pedagógico y científico de que dispone, y escuchando las explicaciones dadas por el Ministro.
"Terminada la visita, el Jefe del Estado expresó su complacencia por las nuevas instalaciones del Instituto Laboral, trasladándose luego, con la misma solemnidad que a la llegada, al Parador de Turismo.
"Las características del nuevo edificio del Instituto de Enseñanza Media Profesional de Ribadeo, son las siguientes:
"Ha sido construído a la salida de la villa, en la margen izquierda de la carretera de Asturias a Galicia. Sencillo de líneas y armonioso en el conjunto, el proyecto se ha debido al Arquitecto del Ministerio de Educación Nacional, D. Francisco Navarro Borrás.
"Consta la edificación de cuatro plantas. La baja mide 1.400 metros cuadrados, destinados a salón de actos, patio cubierto para recreo, oficinas, talleres de diversas actividades, etc. La planta primera mide 820 metros cuadrados, y en ella están el vestíbulo, el anfiteatro, la capilla y cinco aulas, de 60 metros cuadrados cada una.
"La segunda planta mide 680 metros cuadrados, y en la que se han instalado el local del Frente de Juventudes, bar, cocina, salas de dibujo y laboratorios. La última planta se destina a almacenes y una torreta, donde se han colocado aparatos para observaciones meteorológicas.
"El edificio tiene capacidad para dar en él enseñanza a numerosos alumnos, y todas las instalaciones y servicios han sido adecuados a la función a que se destinan, no sólo para su utilización en la actualidad, sino para que en el Instituto puedan recibir enseñanzas numerosos alumnos en años futuros".
Revista Lucus, Excma. Deputación Provincial, nº 3, decembro de 1958, páxs. 11-13.

Déuselle o nome de "Instituto Laboral Carlos Mª Rodríguez de Valcárcel"
1963
O Instituto pasa a ser mixto. Ata esa data só asistía alumnado masculino.
Curso 1966-67:
 Implántase o Bacharelato Superior.
1967:
 Créase un Colexio Menor. Os alumnos residían nas vivendas anexas ó centro.
 Implántase o Bacharelato Elemental nocturno.
Curso 1975-76
Extinguido o vello plan de Bacharelato, comeza a impartirse o BUP.
Curso 1998-99:

 Pasa a impartirse un Ciclo Superior de Animación Sociocultural.
 Intégrase o Centro Dámaso Alonso, ata entón independente, e dedicado á educación permanente de adultos.
 Empeza a impartirse a ESO
2000:
 O IES nº 1 pasa a denominarse IES Dionisio Gamallo Fierros.
Curso 2001-02:
Empeza a impartirse un Ciclo Superior de Educación Infantil e un Programa de Garantía social de Auxiliar de Puericultura.
E logo, a do Porta da Auga:
A historia do centro comezou o 23 de agosto de 1975 cando polo decreto 2490/1975 se creou o Centro de Formación Profesional de 1º e 2º grao de Ribadeo. Isto aparece publicado no B.O.E nº 254 con data do 23 de outubro de 1975 asinado aínda por Francisco Franco e sendo ministro de Educación e Ciencia Cruz Martínez Esteruelas.
No B.O.E. do 31 de decembro de 1975 por Orde do 9 de decembro dese mesmo ano faise público que o seu funcionamento comeza en novembro de 1975.
Impartiranse as ensinanzas da:
  • Rama Administrativa e Comercial, profesión Administrativa.
  • Rama Electricidade e Electrónica, profesión Electricidade.
  • Rama do Metal, profesión Mecánica
Segundo esta mesma Orde o cadro de persoal do centro será o seguinte:
  • Un profesor da Área Formativa Común.
  • Un profesor da Área de Ciencias Aplicadas.
  • Un profesor de Expresión Gráfica.
  • Un profesor de Idiomas.
  • Un Profesor de Tecnoloxía para cada profesión concedida.
  • Un profesor de Relixión.
  • Un profesor de Formación Cívico-Social e Política.
  • Un profesor de Educación Físico –Deportiva.
  • Un mestre de Taller ou profesor de Prácticas por cada profesión concedida.
O cadro de persoal administrativo conforme o B.O.E. anteriormente citado estaría composto por:
  • Un oficial e un auxiliar.
E o de persoal subalterno por:
  • Tres ordenanzas
  • Tres serventes de limpeza.
Por orde do 2 de decembro de 1975 adscríbese provisionalmente ó Instituto de Formación Profesional de Ribadeo o seguinte profesorado docente con efectos do comezo do curso escolar 75-76, aínda que moitos deles non chegaron a impartir clase no centro:
  • D. Alberto Mediavilla Martínez
  • D. José Benito Santana Gutiérrez
  • D. Jesús Fermín Rodríguez Pérez
  • D. Mario López Durá
  • D. Leonardo Díaz Sedano
  • D. José González de Sela Torres
O 16 de febreiro de 1976, e co obxecto de non demorar o comezo das clases como Instituto de Formación Profesional, o Delegado do Ministerio de Educación decide que, provisionalmente, José Benito Santana Gutiérrez , organice a iniciación das actividades docentes. O 31 de marzo de 1976 o director en funcións comunica ó Delegado provincial de Educación e Ciencia o horario semanal dalgúns dos profesores do centro:
  • Formación do Espírito Nacional
      Dª Antonia Lazurtegui Cuervo.............................4h.
  • Ensinanzas do Fogar.
      Dª Fernanda González de Sela Torres................2h.
  • Educación Física.
      DªCarmen Gómez Montero...................................3h.
  • Educación Fisica
      D. Francisco López Castro ..................................3h.
  • Relixión
      D. José Yáñez Basanta.........................................4h.
O 19 de abril de 1976 autorizase a contratación do seguinte persoal docente para o curso 76-77: Juana Mª Guzmán Suárez , Mª del Pilar Moro Fernández e Jesús Eugenio García García , aínda que xa desde febreiro impartiron clase neste Instituto.
O 6 de outubro de 1976 comunícase ó director do centro que durante o curso académico 76-77 Juan Ignacio García Cernuda , impartirá as ensinanzas de Educación Física e Deportiva que, anecdoticamente, naquel momento tivo que compartir coas de Formación Cívico-Social e Política.
O 8 de febreiro de 1977 asígnase en Madrid o primeiro director ó Instituto de Formación Profesional de Ribadeo, Jesús Eugenio García García, proposto para este cargo polo claustro de profesores.
O 23 de marzo de 1977 asínase en Madrid o nomeamento da primeira secretaria do centro, Mª del Pilar Moro Fernández , e ó día seguinte noméase como primeira xefa de estudios do Instituto de Formación Profesional de Ribadeo a Juana Mª Guzmán Suárez . Na actualidade estas dúas profesoras continúan exercendo o seu labor docente no centro.
Con entrada do 6 de maio de 1977 chega ó centro o contrato das serventes de limpeza: Carmen Santos Amor , Antonia Amor López e Elvira Saavedra Peña , aínda que tamén se aclara nun documento anterior que deben constar con este cargo desde o 1 de outubro de 1976.
O 1 de maio de 1977 é asinado o contrato da primeira auxiliar da rama administrativa que traballa no centro, Mª Victoria García Reigada , que aínda hoxe continúa realizando os labores administrativos e que despois seguiu a súa formación neste mesmo instituto.
A entrada no rexistro do centro data do 20 de setembro xunto co primeiro contrato de persoal subalterno no que figura para este cargo Manuela Cancio Díaz, que realizou labores de administrativa ata a incorporación de Victoria.
Polo que respecta a solicitudes de axuda ó estudio, as primeiras do centro foron as presentadas no curso 76/77 por Elva Fernández Rodriguez e Mª Victoria García Reigada, actual administrativa do centro.
En canto ó material escolar a primeira orde de distribución rexistrada no arquivo do Instituto é do 31 de maio de 1976 e nela adxudícanse ó centro:
  • 1 armario A-1
  • 40 cadeiras xiratorias.
  • 40 máquinas de escribir.
  • 40 mesas de máquina de escribir.
  • 1 calculadora.
  • 1 fotocopiadora.
Na orde do 3 de novembro de 1976 asígnase ó centro unha mesa de profesor e un sillón.
O 2 de xullo de 1977 realizouse o primeiro inventario de material do centro, que estaba composto polo citado nas dúas ordes de districución anteriores e polo seguinte prestado polo I.N.E.M:
  • 70 pupitres.
  • 70 cadeiras.
  • 3 mesas de profesor
  • 2 sillóns .
  • 2 mesas de oficina.
  • 2 cadeiras de oficina.
  • 1 máquina de carro grande.
  • 1 percha.
Posteriormente chegaría ó centro por orde de distribución do 1 de xullo de 1977 o seguinte material:
  • 1 xogo de ciceis e burís.
  • 4 tesoiras para cortar chapa de 8”.
  • 1 armario con peche de persianas e equipo de ferramentas para electricista.
  • 40 equipos de ferramentas mecánicas para alumno.
Cómpre destaca-lo orzamento co que o centro contaba para o primeiro , segundo e terceiro trimestre de 1976 que ascendeu a un total de 192.000 pts .
O 15 de novembro de 1977 o director do centro comunica ó delegado privincial de Educación e Ciencia de Lugo que o terreo onde está ubicado o centro ten unha superficie de 2.800m2 dos cales 286 corresponden ó inmoble, 500 ó patio frontal e quedan libres 1961m2 de superficie libre edificable e solicita a construcción dun taller de electricidade, de talleres de mecánica, a colocación de calefacción central(pois só se contaba con catro estufas de butano do instituto de ensino medio que tiveran que ser devoltas por necesidades do I.N.E.M) e o cambio da instalación eléctrica que era moi antiga e bifásica, Naquel curso aínda se impartían as clases na antiga Casa do Óptico con enderezo no Xardín, en Ribadeo.
O centro foi medrando e construíuse o novo edificio no que está ubicado desde o curso académico  1981-82.
Nestas dúas fotos pódese observar o aspecto das partes anterior e posterior do novo edificio no mesmo ano da súa inauguración (bueno, a verdade é que non houbo ningún acto oficial de inauguración).
No terreo baldío que vemos nesta foto actualmente atópase o polideportivo e o edificio que alberga os talleres de electricidade e aula do Bacharelato de Tecnoloxía.
O mesmo tempo tamén se foi incrementando a oferta de especialidades de Formación Profesional, empezouse a impartir a ESO de forma anticipada, sendo un dos primeiros centros de Galicia en incorporar estas ensinanzas, e a continuación chegaron os Bacharelatos, tamén de forma anticipada.
Na seguinte táboa móstrase a evolución da implantación de ensinanzas ata o curso 2002-03:
Ano
Ensinanzas implantadas
1975-76
FP1 Administrativo
1977-78
FP2 Administrativo
FP1 Electricidade
1979-80
FP2 Electricidade
1981-82
FP1 Automoción
1983-84
FP2 Automoción
1984-85
FP1 Sanitaria
1987-88
FP2 Anatomía Patolóxica
1992-93
3º E.S.O.
1994-95
Bacharelatode Humanidades e Ciencias Sociais
Bacharelato de Tecnoloxía
1995-96
CFGM Electromecánica de Vehículos
CGFM Equipos e Instalacións Electrotécnicas
1996-97
CFGS Administración
CFGS Automoción
1997-98
CFGM Coidados Auxiliares de Enfermería
CFGM Xestión Administrativa
1998-99
Prog. Gar. Social: Axudante de Operacións de Carrocería do Vehículo
1999-00
Último ano de Anatomía Patolóxica e do
CFGM Coidados Auxiliares de Enfermería
2000-01
Prog. Gar. Social: Dependente de comercio
2001-02
CFGM Acabados de construcción
(réxime nocturno)
2002-03
CFGM Carrocería (réxime nocturno)
2003-04
Condición de Centro Integrado de Formación Profesional
2007-08
Primerio curso que funcionan desdobrados o IES e o Cento Integrado de Formación Profesional Porta da Auga
Con todas estas especialidades e ciclos formativos o espacio dedicado a estas actividades tivo que ser aumentado e foi en marzo de 1999 cando o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria inaugurou novas instalacións. Completáronse con dous novos bloques destinados a Electricidade e Electrónica e aula do Bacharelato de Tecnoloxía - o primeiro- e a taller de Automoción -o segundo-. As novas aulas contan cunha superficie de 605 metros cadrados e a nave taller de 405m2. 0 investimento foi de 122.509.661 pesetas.
As novas especialidades e reformas fixeron preciso a modificación da propia denominación do centro xa que pasou de Instituto de Formación Profesional a Instituto de Educación Secundaria e o 10 de febreiro de 1998 foi aprobado no Consello Escolar o seu nome actual Porta da Auga.
As instalacións seguiron aumentando e construiuse un pavillón de deportes cunha superficie de 1000 metros cadrados destinado a aula de Educación Física e patio de recreo; no verán de 2001 fixéronse unha serie de reformas quedando novos locais para Conserxería, Orientación, Secretaría, Recepción de pais, Biblioteca, Salón de actos, así como un despacho independente para cada membro do equipo directivo; durante o curso 2001/02 construiuse unha nave para impartir as ensinanzas de Acabados de Construcción, de 240 metros cadrados, e no 2002/03 unha aula de Informática de 27 metros cadrados e un despacho para o responsable de calidade.
No curso 2003-04 o IES Porta da Auga pasou a ser o primeiro centro da provincia de Lugo en adquirir a denominación de Centro Integrado de Formación Profesional, pasando a impartir, ademais da ESO e Bacharelatos, tódalas modalidades da Formación Profesional: reglada (Ciclos Formativos), ocupacional e continua.
En setembro do 2006, mediante o Decreto 154/2006, do 7 de setembro (DOG do 18 de setembro e corrección de erros no DOG do 22 de setembro), o centro desdóbrase en dous, por un lado o propio IES Porta da Auga e por outro o Centro Integrado de Formación Profesional Porta da Auga. A orde do 30 de novembro de 2006 (DOG do 2 de xaneiro) autoriza a oferta educativa dos dous centros, quedando o IES Porta da Auga coa ESO, Bacharelatos (modalidades de Tecnoloxía e Humanidades e Ciencias Sociais), os ciclos formativos da familia profesional de Administración (ciclo medio de Xestión Administrativa e ciclos superior de Administración e Finanzas) e os programas de garantía social (Axudante de operacións de carrozaría do vehículo, dependente de comercio, operario de albanelería e instalador electricista).
Ó longo destes anos de implantación de novos estudios e reformas cómpre salientar aos máximos responsables: os nosos directores, que co seu traballo e coa axuda dos distintos equipos directivos e profesorado fixeron posible isto. Xa mencionamos ao director que provisionalmente se encargou de comezar a nosa andaina: José Benito Santana Gutiérrez. Logo dirixiu o centro Jesús Eugenio García García e os seguintes foron:
  • Flor Núñez Sánchez
  • Antonio Gregorio Montes
  • Xose Antón Méndez López
  • Luis Manuel Álvarez Martínez
  • Álvaro Doural Leiras
  • Alfonso Piñeiro Funcasta
Coa nova oferta tamén aumentou considerablemente o número doutros dos protagonistas desta historia, os alumnos e alumnas, que chegaron a ser mais de 600 no curso 1996-97, como se aprecia no seguinte gráfico:

20090303

Efectos en Ribadeo

Notaranse pouco a pouco, pero hánse de notar. As eleccións, cos seus resultados, implican que cambian un montón de relacións con entidades das que dependen moitas cousas e cartos. E pásase, no caso de Ribadeo, de entidades 'amigas' a entidades 'enemigas'. Non se deberan usar eses termos, pero a realidade coido que é así. E, nunha situación na que o concello é detentado por unha forza minoritaria que saída de partida cun forte déficit e polo tanto, unha forte necesidade de apoio externo, esa mesma situación vóltase máis complicada para o equipo de goberno. Mesmo cousas ya conseguidas ou en vía de lograrse poden voltarse atrás ou retrasarse de xeito indefinido.
Mesmo as relacións internas entre os grupos que ocupan os asentos na Casa de Ibáñez pode cambiar, voltándose máis turbias ó sere o principal grupo da oposición o que agora ocupa a titularidade da Xunta.
E situacións como a unión avisada entre centros de medias IES Porta da Auga e Gamallo Fierros despois da segregación do CIFP Porta da Auga poden ser adiadas ou canceladas, despois de deixar nunha situación deplorable ó conxunto deo 'Porta da auga' na actualidade. Ou mesmo a subvención obtida por determinados colectivos a partires da Xunta pode facer rexurdir a algúns e afundir a outros.
Mentras, un xornal destaca hoxe un incremento do 50% dos votos en branco na comarca mariñá (nas '3' mariñas) a pesares do descenso da bopobación, e seguen caendo na prensa explicacións do máis diverso, unificadas abondo nalgúns puntos sobre as causas da derrota e diversificadas sobre a textura, participación, consecuencias, posibilidades de rexeración dos partidos afectados, rexeración sofrida polo PP, etc... e sobre as dimisións xa postas sobre da mesa e as que coidan se deberan poñer.

20120616

Da cidade da xustiza á cidade xusta

No fin de semana, de xeito máis repousado, sobresaen máis algunhas novas chamativas ou de máis calado ou duración.
Así, destaca que a inmobibliaria do Banco Santander venda pisos en Barreiros de 19 900 € a 31 500 (de pouco máis de 3 a pouco máis de 5 millóns de pesetas). É certo que parecen ser pequenos, pero levantou en armas ós construtores ... ó tempo que amosa outro aspecto da crise e sobre todo, fai máis visible o que representou a orxía construtora de hai uns anos.
E manténse que o Porta da Auga (o CIFP, o único dos dous institutos Porta da auga que sobrevivirá despois da unificación IES Porta da Auga-Gamallo Fierros, para dar lugar ó IES de Ribadeo) incrementará dous novos ciclos formativos, Atención a persoas en situación de dependencia e Xestión administrativa a distancia para adultos, dentro dunha restruturación xeral que abrangue o cambio de denominación (e polo tanto, de programa) doutro ciclo da rama de construcción. O que nos leva a outro momento non tan loxano (25 anos) no que, coa rama Sanitaria, Ribadeo chegou a recibir petición de prazas dende a Rioja...
E, coas novas correspondentes á longa duración, segue a habelas sobre o tema da ditribución xudicial. En Ribadeo, xa sabemos que só O Tesón se move para tentar recuperar o xulgado, pero noutros lugares non é así, e están facendo actividades e movementos diversos para tentar que non se lles escape a xustiza das mans. Por exemplo, Mondoñedo estase a mover implicando a toda a sociedade dende o mesmo concello, e xerou onte mesmo a nova "Mondoñedo presentó el estudio para ser «Cidade da Xustiza»". Hai persoas en Ribadeo que creemos que Ribadeo sería a cidade xusta para, dentro desa reunificación de partidos e redistribución de xulgados, dispor de unha sá no pobo que achegara a xustiza a Ribadeo, pasando quizáis a ser unha cidade máis xusta ... Como o alcalde e concelleiros non se manifestaron sobre o tema, non sabemos se en realidade apoian a sinatura de 31 de decembro de 2010 pedindo o retorno do xulgado ou só foi para saír na foto .

20070320

A perda de servizos en Ribadeo


Todos sabemos que Ribadeo ten perdido servizos en favor doutras poboacións da Mariña ou aínda de Lugo. O caso do xulgado é só o máis coñecido, pero o carácter de extremo xeográfico ten levado á vila a outras perdas. No ámbito educativo, dende que o Instituto fóra hai máis de medio século un referente en toda a costa dende unhas a outras grandes vilas, ten pasado moito tempo e moita política. Foi neste ámbito no que, o mesmo ano no que chamaban aínda denda a Rioxa para ver as prazas de Sanitaria que había libres no IES Porta da Auga (daquela aínda non se chamaba así), unha manobra dende a capital fixo que se perdera esa rama polo seu traslado a Burela. Pode considerarse lóxico: alí había hospital para facer prácticas. Pero, por que entón viu poucos anos antes para o centro ribadense, se o hospital xa estaba en Burela, e por que se foi despois se aquí se enviaba a xente para facer prácticas non só a Burela senón tamén a Jarrio? que as prácticas se poieran facer en Burela facía necesario que os estudantes do noso oriente tiveran que ir ás aulas perto do hospital, ó noso occidente? Dende aquela, hai agora máis de dez anos, outras perdas de posibilidades se sumaron á anterior, e aparece no horizonte unha racionalización de servizos de Formación Profesional que ameaza á rama de administrativo no mesmo Porta da Auga. Despois de poñer por política IES ata nas aldeas, despois de variar varias veces as normas sobre FP, causa inmediata da partición do centro Porta da Auga en dous na actualidade, despois de malgastar as axudas da Unión Europea que xa se remataron, agora veñen e din que hai que racionalizar, e Ribadeo queda de novo ameazado. Onte o Departamento de Administrativo do IES pasou unha carta para a súa aprobación a Claustro e Consello Escolar, pero o caso é a sociedade ribadense. Viveiro e Burela, os outros dous centros conxuntamente cos que habería que 'racionalizar', xa levan avantaxe na movida. Veremos en que remata todo este afán racionalizador dos poucos recursos existentes na actualidade, e cales son os criterios que se impoñen para facer algo ben feito. Esperemos que na zona educativa, dibuxada agora entre as tres Mariñas, é dicir, a Mariña que nunca debeu de partirse a ese nivel político, non fagan ir a estudantes de administravio da Pontenova a Viveiro, o que podería ocorrer 'legalmente' pero sería inviable e impensable na práctica, elixindo Lugo con toda naturalidade. Máis argumentos sairán mañá na prensa, a raíz da carta que se enviará hoxe ós medios, pero todos sabemos que a decisión, aínda que se poda dicir o contrario, é política por unha tradición que non se cambia dun día para outro, polo que a resposta, ademáis de ser racional, ten que ser tamén política.
A notar que hoxe hai outra entrada anterior cun artigo xa vello sobre educación e o seu sentido...
A imaxe, dun abandono menor: unha grúa que leva moito tempo en Obe abandoada perto da vía do ferrocarril (a foto é do 2005 e sigue alí)

20120612

Resolución do claustro de profesores do IES Porta da Auga

A conto de que saíu nos xornais onte algún comentario recollendo partes do acrodo adoitado a pasada semana polo calustro do IES Porta da Auga, fíxenme coa resolución enteira, que reproduzo:

Resolución Claustro de Profesores/as
A Secretaría do ÍES Porta da Auga, concello de Ribadeo, informa que o Claustro de Profesores/as, na reunión celebrada o 6 de xuño de 2012, aprobou con 20 votos a favor, O en contra e 5 abstencións, a seguinte resolución:
Asdo,: Moptserrat Villar Riveira

A Educación é un dereito, un dereito de todas e todos, que os gobernos teñen a abriga de garantir ñas mellores condicións posíbeis. So a través do ensino público se poden minorar as diferenzas saciáis e se poden formar as xeradóns do futuro nos valores da liberdade, da ¡gualdade, dos dereitos humanos e da democracia. O ensino non é unha mercadería. Nunca pode ser medido con criterios de rendibilidade económica. A súa oferta e calidade debe estar garantida para todas e para todos, independentemente da procedencia socioeconómica ou xeográfica de cadaquén, aplicando as medidas compensatorias necesarias para garantir a igualdade de oportunidades. Por ¡so mesmo, nun momento de crise económica é cando compre fortalecer os servizos públicos e manter as dotacións necesarias para que non perdón calidade e para que o conxunto da cidadanía, esa que está a sufrir a crise, non se vexa privada dos seus dereitos.
Mais iso non é o que sucede hoxe. O actual gobernó galega veu aplicando sucesivos recortes ao ensino público e reduciu en 425 millóns os orzamentos en relación aos do ano 2009, o que provocou a perda de máis de 2000 docentes e a conseguinte falta de dotación necesaria para facer fronte á atención á diversidade, ao reforzó educativo e as necesidades educativas especiáis, é dicir, a todas as necesidades que ten o sistema educativo galega. Xunto a isto, a Administración galega eliminou a gratuidade dos libros de texto e non cobre as baixas do profesorado inferiores a quince días. Gastáronse millóns de euros en tirar con libros por estaren en galega e en facer propaganda da eliminación da gratuidade dos libros, mentres se mantiñan e se incrementaban as axudas aos centros privados concertados, mesmo cando segregan o alumnado por sexo.
A sociedade galega non merece que o ensino, medio onde deben medrar e formarse as xeradóns do futuro, sexa tido en tan pouca consideración polo gobernó galega. Co pretexto da crise, golpéase, de maneira grave, o ensino público, pondo en cuestión o dereito á educación da das clases populares. Por iso, pedímoslle que rectifique e que, como primeira medida, se posidone en contra dos recortes que agora nos quere aplicar o gobernó do Estado.
As medidas que se proponen buscan reducir o profesorado dos centros (despedindo miles de docentes), incrementar o número de alumnado por aula (masificando as aulas), reagrupar alumnado de diferentes niveis educativos nunha mesma aula e reducir a oferta educativa. Todas estas medidas dificultan o acceso á educación das clases sociais máis desfavorecidas, van contra a calidade do ensino e significan maior fracaso escolar.
Os recortes propostos, de levárense a cabo, superan:
Incrementar as ratios a 30 alumnos/as en Infantil e Primaria, 36 en Secundaria e 42 en Bacharelato. Esta medida provocará a masificación das aulas, impedirá unha atención personalizado do alumnado e atender as necesidades educativas específicas, e suporá menor calidade do ensino e maior fracaso escolar.
Impar unha xornada lectiva semanal mínima para o profesorado de 25 horas en Primaria e 20 en Secundaría. Isto traducirase, entre outras consecuencias, en que o profesorado terá que impartir materias das que non é especialista, completar horario neutros centros, incrementando as itinerancias, e dificultará a realización doutras funcións necesarias para o funcionamento do centro e para a mellara da calidade do ensino. Non substituir o profesorado de baixa. Será un prexuízo para o centro e para o alumnado que as baixas non se cubran até que pasen catorce días (dez días lectivos). Os centros verán alterado o seu plan de traballo cada vez que se produza unha baixa e o alumnado terá que ser atendido por profesorado de diferentes especialidades á do substituido/a, conculcando o dereito á educación do propio alumnado.
Eliminar o requisito de ofertar dúos modalidades de bacharelato. Isto ten graves consecuencias na formación do alumando que deberá desprazarse cando non conté na súa localidade coa modalidade de bacharelato que quere cursar. Esta medida afasta os servizos dos ámbitos non urbanos, detraendo aínda máis poboación ao rural, e reduce o acceso ao ensino superior, pois non todo o alumnado estará en condicións de custearse os desprazamentos, o que incrementará o abandono escolar e dificultará que cursen os estudos desexados.
Adiar a implantación de ciclos de formación profesional. O atraso da posta en marcha destes ciclos prexudica gravemente as persoas que, precisamente nun momento de crise económica, buscan unha mellar e máis actualizada formación, entre e/os moitas persoas paradas.
Incrementar as taxas universitarias. Trátase dunha suba desorbitada, que pode superar o 50% e que se fixará en función do cusió dos titulacións. Isto achegará o prezo das matrículas ao que hai ñas universidades privadas e impedirá que as universidades públicas continúen a cumprir o papel de inclusión e igualdade social.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público rexeita estes recortes, denuncia que con e/es se ataca gravemente o ensino público e a súa calidade, así como o dereito de igualdade de oportunidades do alumnado, que aumentará o fracaso escolar e despedirá máis de 2000 profesores/as.
Por todo isto, esiximos que o gobernó galego actúe como tal e non se someta a decisións que van en contra do ensino galego, que se negué, rotunda e publicamente, a aplicar calquera das medidas coñudas no RD Leí 14/2012 e que presente recurso por invasión de competencias.

20060401

Mantemento, para que?

Para que o mantemento se somos afeizoados ás novidades? Se algo se fastidia, algo novo. O vello, non serve.
Un pouco de ironía como a que amosei xa algunha vez sobre temas semellantes: cáese o vial ó faro e, tras tardar tres meses en determinar a quen corresponte (entre portos e concello anda o tema, portos propietario, concello mantemento) como é complicado o amaño, pensase nun novo vial, con expropiacións posiblemente. As filtracións de auga pola pendente inadeucada do vial e a cuneta sen desaugue, deso non se fala, Será que non interveñen en nada para o derrumbe? Será. Con cousas así, xa case resulta extrano que se pense en pintar o mirador do cargadeiro, despois de anos de necesidade.
(...) continuará (...)
--
Como a feira da ciencia xa vai estando preparada, un artigo vello relacionado con ela (22 e 23/1/98):
A ciencia, na casa

En toda sociedade hai cousas que se fan ``na casa´´ de xeito exclusivo ou preponderante. Son eses feitos os que teñen funcións máis íntimas, e, nese senso, máis vitais no propio transcurrir das persoas. É evidente que a ciencia non ocupa un lugar nese mundo máis interno, ó menos en xeral: non se realiza de xeito preponderante, nin está presente na maioría dos casos no fogar.

Nembargantes, de continuo pode aludirse a ela dende aparellos ou accións que alí se realizan. Algo que nos parece tan lonxano da vida diaria como a noción física de campo ou a relatividade do movemento son elementos presentes nesa nosa cotidianeidade. De feito, en Ribadeo estase a preparar a IV edición da Feira da Ciencia e Tecnoloxía, que estará volcada de xeito preferente a aplicacións da ciencia no fogar, ou, correlativamente, ó estudio cunha visión científica de compoñentes elementais ou accidentais das nosas vivendas. Neste, como noutros moitos casos, trátase de achegar a ciencia que nos atopamos por dondequeira que miremos á realidade de tódolos días, esta vez meténdose polos resquicios que deixa a nosa propia porta. ¿Como?. Na ciencia, nos seus diversos aspectos, case todo é posible. Entremos mentalmente nunha casa; podemos comprobalo.

Ó empuxar a porta notaremos que tendemos a empuxala pola pechadura, que queda na beira oposta ás bisagras. A razón é que nos resulta moito máis sinxelo porque así o momento da forza exercida, digamos o rendemento dese esforzo que facemos para abrir, é maior. Pola mesma razón a pechadura se coloca dese lado e non do outro. Non creo que faga falla experimentar moito para comprobar que da beira do eixe de xiro sería inútil...

Se entramos na casa, atoparemos con abonda probabilidade cun corredor sen luz natural. É a luz proporcionada por cargas eléctricas ó pasar un fiamento fino ou polo interior dun tubo con gas o que fai posible ese milagre que foi domesticado no pasado século. ¡Anda que non lles deu traballo á xente de ciencia, enxeñeiros e demais chegar ó estado actual de desenvolvemento das fontes de luz artificiais!.

Sen abandoa-lo corredor, é posible que podamos ver algún radiador da calefacción, un elemento visible no fogar que manifesta todo un sistema de aproveitamento térmico no que poden intervir dende reaccións químicas co queimado do combustible ata xogos de densidades, pasando por diversas formas dos tres xeitos de trasmiti-la calor que se estudian na escola.

Se entramos na cociña, observaremos un completo laboratorio. Aí prodúcense reaccións químicas varias veces ó día, que eso é o cociñado dos alimentos. ¡Anda que non da que explicar o sinxelo fritido dun ovo!. Tamén aí podemos amosar a rotación da terra vendo como desauga o fregadeiro, a partir dunha consecuencia das leis da mecánica cun nome tan raro como efecto Coriolis. Naturalmente, ese mesmo efecto no desaugue tamén se pode ver no baño, por exemplo.

Non se esgota así, nin moito menos, o que se pode observa na cociña. O frigorífico aporta no seu haber todo un catálogo para o estudio das leis que rexen a materia, así como para o intercambio da calor. O funcionamento deste aparello tamén conta coa dinámica dos cambios químicos, aproveitando o principio coñecido polos estudiantes de medias de que a velocidade dunha reacción depende en xeral da temperatura; neste caso, o enfriamento dos alimentos ralentiza a súa descomposición.

No mesmo recinto podemos ver cambios de estado, como de líquido a sólido (de igual xeito no conxelador) ou de líquido a gas (cando ferve a auga), e viceversa. Tamén é na cociña onde se manifestan os diferentes calores específicos para distintas sustancias (mira por exemplo o que tardan en quencer o aceite e a auga), ou a posibilidade de estudia-las correntes de convección no interior dun recipiente con auga a ferver. Ou descubrir, pola condensación, os puntos por onde se pode fuga-la calor da casa. Todos sentimos tamén como se transmite a calor a través dos cubertos cando temos comida quente no prato. E observamos a relación entre temperatura de fervenza e presión, o que aproveitamos para facer máis rápido a comida co uso das olas a presión.

Se hai algún pequeno ou pequena na casa, haberá unha cadeira especial para que coma. A mesiña particular que incorpora aproveita a gravidade para asegurar unha boa base para posa-lo recipiente e, ó tempo, manter á meniña ou meniño sentados sen problemas de vixiancia.

Imos deixa-la cociña. Eso, aínda que faltan moitas cousas de reseñar nela, como a extendida moda do uso de imáns para suxeitar notas no frigo ou a manía da nosa época de querer domina-lo tempo medíndoo, que a bó seguro terá a súa correspondencia co reloxio na parede, o aparello de medida máis integrado nunha vivenda.

A cociña comparte a posibilidade de albergar diversos elementos tecnolóxicos con outros ocos da casa, como o servicio ou o comedor e a sá de estar. Por exemplo, os fluídos e as súas leis están ó alcance de calquera nun grifo do baño. Alí podemos comprobar a ecuación de continuidade, observando que chorro de auga que sae da chave diminúe o seu grosor a medida que vai baixando e aumentando a velocidade. Cando unha cousa caia o chan, ou mediante o mesmo chorro de auga, podemos observa-la aceleración que produce a gravidade, e en xeral os efectos desta. ¿O tiro parabólico?. Iste coñecido e estudiado tipo de movemento lévao a auga que cae cando nos estamos a duchar, por exemplo.

O baño é tamén un lugar apropiado para a óptica. Alí podemos ve-la nosa imaxe reflexada no espello, e con ela, iniciarnos nas leis da reflexión. É curioso, se se ten un armario con porta espellada, ver como ó move-la porta un ángulo determinado e nós seguir a mirar cara a mesma dirección, observamos un movemento de cousas que abarca un ángulo doble do que fai o espello. O outro gran fenómeno que se estudia en relación á luz nas aulas no ensino medio é a refracción. Un pouco de auga nun vaso de vidro e o mirar a través das superficies do mesmo poden dar para todo un curso de óptica.

No baño está tamén moitas veces a lavadora. Nela pódense estudiar dende as forzas de inercia (¡cántas voltas hai que darlle á forza centrífuga nas aulas!) ás reaccións químicas de intercambio relacionadas coa limpeza por medio de xabón e deterxentes.

Tódolos fenómenos anteriores, e moitos máis, poden ampliarse a outros elementos correntes nos fogares, que non caiba a menor dúbida, ou aínda sinxelamente ós nosos propios movementos e xeitos de face-las cousas. O balanceo dun cabalo de xoguete da idea da actuación da gravide nun tipo de péndulo nada sinxelo, e, !a cantidade de elementos como parafusos que se poden observar e que constitúen (neste caso) exemplos de planos inclinados, unha máquina elemental!. Todo elo, sen recurrir a complicadas montaxes como o televisor. Ou a pequenos adornos e xogos de base científica que pululan polas casas, como o conxunto de péndulos que Baltasar me deixou a noite do pasado día cinco de xaneiro e que, ó tempo que adornan, teñen moitas, moitas, variacións para xogar con eles mentras se estudian as leis dos choques e o propio funcionamento do péndulo.

20080410

... e chove


Hoxe volta a ser nova a choiva. Inundacións e ... os Grumir actuando, eses que Ribadeo tiña e quedaron reducidos, repartidos por outros concellos limítrofes, e aínda así, diminuídos. Medran as novas relacionadas co 'mal tempo' por riba das críticas do PSOE en relación a que non se atende a súa proposta de alianza, botadas de lado ó insinuar que o alcalde ten falado coa policía municipal no sentido de que non culpe ós coches mal aparcados (a lembrar o que pasou no seu momento, con alcaldía do PSOE, cunha forte presión sobre as multas que se 'descomprimiu' tal como chegou). E xa non digamos, medran as novas do temporal sobre outras menores como a composición da nova diretiva da ACIA (provisional por dous anos, segundo dí Gervasio Cao), o próximo fin do plan LEADER ou o resultado da Olimpíada matemática convocada polo IES Porta da Auga. De calquera xeito, de forma colateral, o tempo fai xurdir non só novas diversas de inundacións e cousas polo estilo, senón tamén críticas onde se misturan cousas tan diversas como que agora a autovía non deixa desaugue abondo ou que os ríos están sen limpar. É dicir, queixas sobre infrastruturas como esas que deben ser previstas no PXOM. PXOM que por certo, a falta de tempo para un estudo en profundidade, ségueme a sorprender: adxunto unha vista do plano 1007 do núcleo urbano de Ribadeo. Nel non vexo de xeito adecuado dúas construccións agora mesmo paradas no CIFP Porta da Auga: unha non aparece (e non está parada por cuestóns de urbanismo, que eu saiba), e a outra si está, pero resulta que está parada por cuestións de urbanismo... (algo que se non se soluciona terá secuelas en certo xeito parellas ó das cumbreiras) nin o camiño que conduce dende a piscina ó polideportivo semipúblico do IES Porta da Auga. Nin a 'U' (coido que agora se lles chama algo así como 'skate parking') á beira do vello polideportivo.

20191222

Una noticia sobre o ensino en Ribadeo e no mundo

Hoxe por fin logrei poñerme ó día lendo unha nova de ensino na revista Eduga. Trata da internacionalización de proxectos europeos en Ribadeo, en concreto neste caso no CIFP Porta da Auga.

Continúa por este medio unha internacionalización á que contribuín no seu día cos primeiros proxectos, baixo a dirección de Álvaro Doural no IES Porta da Auga. O primeiro deles, que no centro versou sobre as festas populares no entorno ribadense, daría lugar a un libro (que pódese atopar aquí -As Festas populares no entorno ribadense-, aquí -segunda parte-, e aquí -terceira- con outra parte tratando doutras festas do entorno. Tamén o segundo proxecto, liderado xa polo centro, versando neste caso para tódolos participantes sobre as feiras de ciencia,a máis de contribuír  internacionalizar a feira de ciencia ribadense, daría lugar a outro libro sobre a realización de proxectos, Science Fairs Throughout Europe (ou aquí, en partes en pdf: SFTE 1, SFTE 2, SFTE 3, SFTE 4).
A eles, proxectos Erasmus Comenius, seguirían outros, proxectos Leonardo, accións de mobilidade, etc, diversificando asemade os promotores (tanto APAGA, con Álvaro Doural, como sucesor directo, como O IES Dionisio Gamallo Fierros, e logo o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, ou o CIFP Porta da Auga. Estes deron lugar asemade a diversas publicacións, como "DALLA DIDATTICA ALLA E-DIDACTICS" en italiano, ou en versión en inglés "FROM DIDACTICS TO E-DIDACTICS", con dous capítulos con orixe en Ribadeo (non dispoñible na rede, mais subministrable a petición), vídeos, CD formativos, ponencias en congresos, etc, a máis de sobrepasar varios centeares de mobilidades de persoas en formación ó largo de Europa. Unha historia que está dispoñible a retazos e que é de esperar que se vaia completando.

20070605

Un novo 'site' de Ribadeo

O sitio das xornadas técnicas de automoción é un novo sitio ribadense para difundir as que este ano parece que se van chamar 'Jornadas Técnicas de Automoción', organizadas no Centro Integrado de Formación Profesional 'Porta da Auga'. E é que hai que especificar, pois agora hai dous centros no que antes era un: o 'IES Porta da Auga' e o 'Centro Integrado de Formación Profesional Porta da Auga'.

20120906

De agora mesmo: 3 de setembro (II)

Só unha actualización tardía para completar o xa posto no seu momento A dirección do novo Instituto de Educación Secundaria de Ribadeo, creado no DOG de 16 de xullo de 2012 queda:
Director: Alfonso Piñeiro Funcasta (que foi director do IES Porta da Auga)
Subdirectora: Sonia Bergantiños Grandío (que foi secretaria do IES Dionisio Gamallo Fierros)
Xefe de Estudos Diurno: Ramón Vázquez Lorenzo (que foi XE do IES Porta da Auga)
Xefe de Estudos Adultos:  Xesús Fernández Acevedo (que foi XE do IES Gamallo Fierros)
Secretaria: Montserrat Villar Riveira (que foi secretaria do IES Porta da Auga)

20071109

Novas internas



Hoxe as novas teñen para min certo aire de 'internas'. Unha delas, o paseo organizado polo Tesón ó Castro das Grobas, xa ten post. Outra é a da presentación da Feira da Ciencia deste ano, segunda parte, que terá lugar o 14 e o 15 deste mes, e que corresponde á seguinte nota de prensa:

Resume de datos sobre a feira de ciencia:

Organizan:

IES Porta da Auga + Asociación Cultural Xerfa

Subvencionan:

Semana da Ciencia + Ano da ciencia 2007 + Dir. Xeral de investigación, desenvolvemento e innovación Xunta Galicia (prog. Diverciencia)

Data, lugar e hora:

IES Porta da Auga, Ribadeo

14 e 15 de novembro

16-20h.

Traballos previstos:

Cogomelos (exposición previa, 7-9 nov.)

Convección

Aceleracións inerciais

Timbre salgado

Variables dos tornados

Depósitos fluviais

Tensión superficial

O motor eléctrico máis sinxelo

O punto cego

Flota ou mergúllese?

Estudo da dilatación dos metais

Experiencias con nitróxeno

Mesa de billar trucada

Dermatoglifos

Modelos xeolóxicos

A idade dos peixes

Diafragma: músculo respiratorio

O baile dos confites

O globo faquir

Participantes:

Diversos alumnos do centro

Obxectivos:

Extender a comprensión e o interese pola ciencia

--
Claro que non son as únicas noticias: O concello ten preparados os orzamentos, que representan un 18% máis de gasto de persoal, que representan máis do 42%. A distribución orzamentaria sempre é interesante.
Asemade, vai a haber reformas no Parque de san Francisco, que en relación a outras, diría que son 'de lavado de cara', aínda que se notarán por parte de quenes camiñamos por el, pois vai dirixido en parte á calzada destrozada da antiga estrada. Por certo, inclúen a retirada dun monumento da época de Franco.

20071115

Prezos e comisións. Pleno ó 13 (V)

    Onte houbo un atropello en Vicente Pérez Martínez, case no extremo da Orden terceira, sen consecuencias graves polo que parece.
    A nivel un pouco máis extenso, Lugo foi a provincia española de maior alza nos prezos en outubro. Toda unha distinción, vaia. E mentras, en Madrid fan unha redada entre persoal do concello por cobro de comisións. De prezos e comisións tratou o 5º punto do outro día. Diversas taxas (non sei se quedaría algunha sen subir) fixérono relativamente ó IPC, sendo aprobadas en conxutno e por unanimidade. O lixo aumentou un 25% cons votos do BNG, UPRi e PSOE, a auga, un 5,15% cos do BNG, PSOE e PP, e as escolas municipais, un 25% co voto negativo do PP. estas últimas supoñen 10€/ano máis. A discusión centrouse no lixo, pois parece que esa subida non sería abonda, pero ó tempo, mercarase un camión, o que facilitará facer economías en reparacións... Ou sexa, que xa veremos.
    Os puntos 2º e 4º foron resolucións sobre varias partidas e facturas e o recoñecemento extraxudicial de créditos para facturas 'extraviadas', algunhas do ano 1995, que se aprobou coa abstención da UPRi. Pregúntome que cara se lles haberá quedado a algún subminsitradores do concello sabendo que por fin van cobrar unhas facturas que andaban mareadas por aí. Parace ser que non é a priveira vez que 'aparecen' facturas así. Non é estrano que o concello teña fama de mal pagador.
    E queda do pleno só o tema do orzamento, que merece un artigo a parte. Coido que o pleno estame a saír tan longo como foi.
    Mentres, seguen a ocorrer novas en Ribadeo: onte foi a inauguración da feira no Porta da Auga. A ela corresponde o folleto que se adxunta. Ademáis, quen acuda poderá observar na entrada a valla de división entre IES (ensino xeral + administrativo) e CIFP (Automoción, electricidade, construcción) que os políticos mandaron levantar entre o que xan son dous centro que se chaman ambos 'Porta da Auga'.

--

O pleno foi tratado en Ribadeando en varias entradas consecutivas:

Pleno ó 13 (primeira parte) 

Pleno ó 13 (segunda parte)

Pleno ó 13 (III)

Pleno ó 13 (IV)

Pleno ó 13 (V)

Pleno ó 13 (... e fin)

 

20230910

En relación á Casa da Ría

En relación á Casa da Ría

Árbores na terraza da Casa da Ría

    Días atrás o concello emitía unha nota de prensa na que mencionaba a casa da ría. A conta diso, e dos comentarios que se fixeron nos xornais, decidín facer unha relación de puntos salientables na historia da casa da ría, que non chegou a ser 'Casa da ría de Ribadeo'. Polo camiño, a nova de non ter localizados dous telescopios.

    A Casa da ría tivo un custe de 55 millóns de pesetas, a prezos actualizados cousa de medio millón de euros de hoxe. A planta baixa conta cun distribuidor que dá á sala de charlas e actividades múltiples, na que hai tamén un mostrador para recepción. O outro grande espazo da planta baixa, a sala de exposicións, ten unha montaxe sobre a ría arredor da columna soporte do telescopio. Dispón tamén a parte baixa de varias divisións interiores que inclúen almacén e servizos. A planta superior, con acceso diferente, está ocupada pola terraza, a dúas alturas, cun observatorio astronómico para acoller o telescopio.

    Foi inaugurada o Día Mundial do Medio Ambiente, en xuño de 2001, con asistencia de Manuel Fraga Iribarne. 

    No 2002 a protección da maquinaria de arrastre para apertura da cúpula do observatorio quedou danada nun temporal, e sen reparación, no 2003 a maquinaria que protexía estaba tocada impedindo a correcta apertura e cerre da cúpula.

    Anos despois quedou de manifesto un problema estrutural que se facía visible nas filtracións de agua. O encharcamento na parte superior por baixo do terrazo e sobre a estrutura deu, e segue a dar, lugar ó nacemento de árbores nas terrazas, tendo eu mesmo arrincado algúns abondo máis altos ca min hai cousa dunha ducia de anos.

    Ente outros avatares, o concello propúxoa como sede da Reserva da Biosfera Eo, Oscos e Terras de Burón, pero non foi aceptada. Encheuse de pintadas, ten habido algún niño de avespas nas súas contras... e cada vez menos uso e máis necesidade de mantemento.

    En canto ó funcionamento, a casa da ría depende do concello. Por iso, a A.C. Xerfa asinou un convenio co concello no 2001, ampliado no 2003 xa con outro alcalde para instalar alí o telescopio que viña usando de xeito itinerante anos antes da súa construción. O telescopio é un reflector de tipo Newton de focal 1500 mm e diámetro 255 mm, sobre unha montura ecuatorial. Nun episodio que me segue a desconcertar, a instalación levou consigo o pé do telescopio, impedindo o seu uso fóra dela. 

    Conforme á degradación das instalacións foi progresando, fíxose máis difícil o uso, e así, mentres nalgún caso chovía por riba do aparello (o que motivou que comezara a cubrirse cunha lona a pesar de estar baixo cuberto), oxidándose o espello, aínda que para observacións xeralistas seguía a ter un bo aproveitamento, cambiouse a pechadura máis dunha vez sen ter chaves Xerfa, e a larma pasou a mellor vida. Francisco Rivas, xa clave no seu momento para a consecución do telescopio principal, engadiu un telescopio pequeno que gañara un equipo no que participaba a súa filla.

    Nos anos 2000 fixéronse diversas observacións e cursiños de astronomía, a carón doutras actividades máis dispersas e puntuais. Mais, nun momento, o concello optou por un convenio coa Universidade de Santiago polo que, a cambio dun monto económico que só no primeiro ano superou de longo o gastado no tema con anterioridade en Ribadeo, se deron un par de cursiños de verán e realizaron varias observacións astronómicas, sempre no verán, xa no mesmo pobo en condicións de luminosidade máis precarias. O que non se fixera con Xerfa, fíxose cunhas actividades que logo decaeron para pasar a ser sinxela propaganda para uso turístico. Así, Xerfa, que nacera no 1991 para axudar a dinamizar as actividades culturais do daquela Instituto de Formación Profesional de Ribadeo e a inserilo no pobo, quedou pouco a pouco reducida ó nome dunha revista que aínda se segue editando no actual CIFP Porta da Auga, sen conexión xa coa A. C. A Casa da Ría, sen mantemento, sen actividade, pasou a ser unha carga na que tan pronto medraban árbores na súa terraza como servía para acubillo de transgresores humanos ou animais, a pesar dos sucesivos avisos (pódese ver aquí un en particular, e en xeral a historia en Ribadeando ou entre outras actividades en FQRibadeo).

    Polo medio, tentouse amañar a situación, como cando, tendo xa observado que a óptica dos telescopios pouco a pouco ía deteriorándose, e vendo conveniente darlle un repaso e motorizalo, foi pedida unha subvención á Asoc. Puente de los Santos, comandada no 50% polos concellos de Castropol e Ribadeo. Foi denegada porque pretendíase que tiveramos alí alguén de xeito permanente para atender o local (a Casa da Ría, do concello, non só as observacións).

    Ata chegar a hai uns días, cando primeiro se anuncia dende o concello que se vai poñer orde no caos e recuperar a casa e logo se difunde a 'non localización' de dous telescopios. Un suma e segue que non sei onde rematará e que tampouco sei se se reverterá. Un suma e segue no que aparecen testemuñas que aseveran que o dia seguinte á xira, o 7 de agosto, a porta de acceso á terraza estaba aberta e a do observatorio forzada, pero co telescopio dentro, o que puxo en coñecemento da Policía Local por teléfono e da Garda Civil de xeito presencial, levando alí a máis a outra persoa que pode actuar tamén de testemuña.

20240109

ESCUDOS NA CAPELA DA INMACULADA (Castropol). Pancho Campos Dorado

ESCUDOS NA CAPELA DA INMACULADA

Pancho Campos Dorado

Na Igrexa parroquial de Santiago Apóstolo de Castropol, hai un retablo dedicado á devoción da Virxe Inmaculada coa súa imaxe central flanqueada pola súa destra por outra de San Luís de Gonzaga e a súa sinistra por San Xosé co Neno Xesús en brazos.

Na parte baixa a ambos os dous lados do Sagrario, dous medallóns describen nunha lenda que foi mandado facer por D. JOAQUÍN VIOR Y VIOR e a súa esposa D.ª JULITA PENZOL Y CONDE. Ano 1886.

Na parede lateral sinistra desta capela, atópanse dous Escudos de Armas. O máis próximo ó retablo presenta as seguintes características:

Perfilado do Escudo de Castropol


Escudo dos MIRANDA de Ribadeo

Escudo de armas partido cuxa forma non se cingue as normas heráldicas, e adopta a forma caprichosa dos escudos carlistas do Renacemento(1), período cultural dos séculos XV e XVI transición entre a Idade Media e a Idade Moderna.

Na partición dereita: en xefe, as cinco doncelas en aspa dos MIRANDA, reducidas a soamente as súas cabezas. Na aparte baixa, un castelo sobre ondas dos CASTRILLÓN. Son Armas do pai, liña agnaticia ou paterna.

Na partición esquerda: en xefe, unha árbore con dúas cabras empinadas coméndolle as follas. Son armas dos SOTELO. Na parte baixa, dúas barras cargadas con dúas lises cada unha, mirando cara a sinistra. Son armas ranversadas (inversas) dos QUEIPO DE LLANO. Partición coas Armas da nai, liña cognaticia ou materna.

Todas estas armas están representadas no cuartel 1 e 2 do escudo dereito segundo se mira a fachada da Casa dos MIRANDA ou dos DEL PINO, situada na Rúa Amando Pérez de Ribadeo, fronte a Fonte dos Catro Caños(2). Por isto cremos que estes escudos e brasóns falan da consanguinidade dos seus donos, e por outra banda a silueta de ambos os dous é esteticamente tamén igual. Vexamos.

O escudo de Ribadeo está cuartelado en cruz, e aparecen as armas colocadas en diferente forma ás de Castropol. No primeiro cuartel -medio cortado e partido- na parte alta unha árbore e dúas cabras empinadas dos SOTELO. Abaixo un castelo dos CASTRILLÓN (?) (faltan as ondas). E na partición esquerda dúas bandas cargadas de dúas lises cada unha, dos QUEIPO DE LLANO. No segundo cuartel, as cinco doncelas en aspa ou sotuer (3) dos MIRANDA con cabeza y corpo. Terceiro cuartel as armas dos VILLAAMIL. Cuarto cuartel armas dos LUACES(4).

Por estas descricións e a súa colocación vemos que o escudo de Castropol fala dunha liña paterna dos MIRANDA CASTRILLÓN e dunha liña materna SOTELO e QUEIPO DE LLANO. Mentres que o escudo de Ribadeo fala dunha liña paterna de SOTELO CASTRILLÓN e QUEIPO DE LLANO, mentres a liña materna é dos MIRANDA. Parece como si casaran irmán e irmá con irmá e irmán, ou primos e primas dunha e outra rama.

A antigüidade deste Escudo de Armas de Castropol é moi anterior ao ano 1886 que reflicte a construción do retablo da Inmaculada, posto que as armas dos MIRANDA e VILLAAMIL do de Ribadeo datan ó menos do ano 1675 como acredita a data do escudo de armas dos VILLAAMIL da Rúa Antonio Otero, reflectido tamén no terceiro cuartel dos MIRANDA. E si miramos a obra da súa colocación, vemos que está asentado na propia parede da Igrexa, posiblemente por estar os seus donos vinculados ou ser patrocinadores da súa construción e mantemento, tal como ocorre con varios dos escudos da Igrexa parroquial de Ribadeo, hoxe de Santa María do Campo, e que xa pertencían ao antigo Convento de San Francisco. En canto ao seu estado de conservación, aínda estando abeirado dentro da igrexa, presenta desgaste dos mobles e unha pátina ennegrecida debida ao tempo e á cantidade de velas e cirios ardidos que deben ter pasado baixo el durante séculos.

Un segundo Escudo de Armas nesta parede lateral e algo máis lonxe do retablo da Virxe da Inmaculada, presenta Armas que se poden interpretar de dúas maneiras, pois non se ven ben claramente as súas particións debido a negrura da pátina:

Foto do escudo


Debuxo perfilado

Interpretación A) Como un escudo partido.

Primeira partición. Unha ponte de tres arcos sostida por ondas de auga, defendida por unha torre sobre baluarte ameado e sinistrada dunha árbore. Serían armas dos PIÑEIRO (en campo de azur, un castelo de prata adestrado dunha árbore de sinople) e armas dos PONTE (en campo de azur, unha ponte de pedra de tres arcos, sostida de ondas de prata e azur, defendida por un torre de ouro [sen árbore])

Segunda partición. Armas dos VILLAAMIL (ver abaixo)

Interpretación B) Como escudo medio cortado e partido.

Primeiro cuartel. Unha árbore arrincada (coas raíces á vista) sinistrada dunha torre de pedra. Poidan ser Armas dos CASTRILLÓN (En campo de prata, unha torre de azur aclarada de gules, sostida dun penedo de sinople, e adestrada dun loureiro de sinople)

Segundo cuartel. Tres penas postas en faixa sobre ondas de auga. Parecen ser armas dos GALLEGO ou dos VIVERO (En campo de ouro, tres penas da súa cor postas en faixa -faltan tres ramos de ortigas sumadas- e sostidas de ondas de azur e prata)(5)

Terceiro cuartel. Armas dos VILLAAMIL. Dividido en dúas particións por unha espada baixa surmontada dunha gran cruz trebolada. No flanco destro unha aguia de ás baixas, superando tres faixas sobre ondas de auga. No flanco sinistro, unha torre de planta circular de seis ameas, con porta e catro saeteiras en dúas faixas, dúas e dúas, surmontando unha aguia de voo baixo.

Nesta partición sinistra, presenta as mesmas armas principais que no terceiro cuartel da casa dos MIRANDA ou dos DEL PINO de Ribadeo visto arriba, pero coas armas de consanguinidade colocadas de forma distinta. Cuartel partido por un espada baixa -punta abaixo- acompañada de dúas vieiras en xefe. Na partición destra unha aguia de voo baixo, superando ondas de auga. Na partición sinistra, tres faixas surmontando unha aguia de ás baixas.

Igualmente distintas ás do escudo do ano 1675 dos VILLAAMIL da rúa Antonio Otero de Ribadeo2 que presenta o brasón partido pola folla dunha espada, cuxo puño está fora do campo, acostado de dúas vieiras unha a cada flanco do puño. A folla da espada forma unha cruz en xefe, e na parte destra, catro faixas superando unha aguia de ás baixas mirando á destra. Na partición sinistra unha aguia mirando a destra surmontando ondas de auga.

As diferenzas nas armas de consanguinidade, corresponde a matrimonios de distintos irmáns dos VILLAAMIL, así, conservan as aguias e ondas de auga, alternadas coas armas de matrimonio, sempre acomodadas ás particións coa espada e a cruz, que fan honor ao seu lema “VILLAAMIL AVANTE CON ESTA CRUZ DELANTE”.

Si xuntamos os dous escudos de Castropol parecen dar a entender que son dun matrimonio, por un lado da Casa dos MIRANDA e SOTELO e polo outro da Casa dos CASTRILLÓN VIVERO e VILLAAMIL. Algo que se corrobora o brasonado da xuntanza familiar que representa o escudo dos MIRANDA de Ribadeo.

Despois disto podemos concluír que as Casas dos dous Escudos de Armas desta Capela da Inmaculada, están emparentados cos da Casa dos MIRANDA de Ribadeo. Non temos documentación algunha de tales consideracións, pero cando a poidamos ver, cremos que confirmará as nosas pescudas, sen dúbida.

Os lazos de consanguinidade a ambos lados da Ría de Ribadeo (ou de Ribadeo), son patentes entre as familias do antigo Reino da Galiza e do Condado de Ribadeo, por tanto, nobreza galega das súas xentes, algo que estamos vendo se foi perdendo coa educación castelanizante e cos modais modernos edulcorados de aparencia paternalista absurda que desenrolan algúns dos seus descendentes.

--

1 Luis.F Mesía de la Cerda y Pita. El diseño heráldico, Aldaba Ediciones, 1990, p.29.

2 Escudos de Armas do Concello de Ribadeo, p.120

3 Ibídem.

4 Escudos de Armas do Concello de Ribadeo, p.80 e 128.

5 O Libro da Heráldica Galega, Luciano Fariña Couto. Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1982-2001.

4 Escudos de Armas do Concello de Ribadeo, Francisco J. Campos Dorado, 2019, p. 80