20240209

20240208 varios cortes, un moi longo #cortesdeluzRibadeo

    Despois dunha tempada sen cortes destacables, onte (xoves 8F) tiveron lugar diversos cortes de luz que afectaron a todo o concello, dende as dúas da tarde en diante. Primeiro, curtos ou duns poucos minutos, separados por retornos de tensión tamén moi curtos. Logo, un longo, dende cousa das dúas e cuarto ata ás seis menos cuarto (no pobo).

    O culpable parece ser o forte vento desenvolto a raíz de Karlotta, que afectou a cables e postes de alta tensión en Fórnea ó tempo que producía o incendio que se declarou onte na zona de Vidal.

    #cortesdeluzRibadeo

1 comentario:

Anónimo dixo...

Na campaña de publicidade de Begasa Enel para xustificar a subestacion electrica destacabase que non haberia mais cortes de luz. Esta campaña foi apoiada repetidamente cas mesmas declaracions polo alcalde do BNG.