Vexo hoxe unha nova á que sinxelamente, redirixo. Trátase de "Portos de Galicia rebaixará taxas a Ence en Ribadeo ata 2024 e dragará todos os anos para facilitar as súas operacións", titular que sigue a incidir no xa dito varias veces no blog: o favorecemento de operacións dunha empresa de xeito incomprensible, pois se é o lóxico, debera ser feito antes e sen necesidade de argumentos de chantaxes, co prexuízo sobrevido para o porto e Ribadeo por non telo feito, e se non, é un trato de favor discriminatorio que pagamos todos. Que é?
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhxgAHsbugQSFToC4W2LsA_OXbJvt0vwYYU8FvfriDBaxFU8hH061vj6OGTdI54rrXX5pDlI4LkCJ1coVs4wCMrjEjzOr99XIhOCSVeh8G7xXXUWJg-9g3oOnlhCKAzOINhIfh3Uv-NxkpJimVhQgoDX4AG8G4npylcZmrU2VBrFbI-bJtPSvc/w640-h376/ribadeo-bccaeb7.jpeg) |
Peirao de Mirasol, no porto de Ribadeo, empregado pola fábrica de Ence en Navia. CC-BY-SA Xunta de Galicia |
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiuIX5J2I4lN5wFNUmAa5jUquxVFSv9GObh33bI7Bx-vRddLfD-1bmOsDKXDt8sDrmBvKix13k_Y671VjYCD30mluXz1jQ8IsP4K12P3qJTzLmo7219qnkA8_fji-1LqC-C51ZK-oDMSa5gx1bDsIjBqoOU-p0juNO10ZlnNruKe25pTKL7_zo/w640-h316/boe-af554f2.jpeg) |
O Tribunal de Cuentas desmontou a operación asturiana coa que Ence
logrou que a Xunta lle baixase taxas en Ribadeo e certificou o seu custo
para as arcas públicas CC-BY-SA Praza Pública |
Ningún comentario:
Publicar un comentario