20200421

Por primeir vez baixa o número de casos activos en España

Si, iso din as estatísticas, por pouco fiables que sexan, e por coxuntutral que se poda tomar (1 único día de tendencia). Estou collendo números dun sitio de seguemento internacional, worldometers , aínda que iso, fallando as estatísticas literalmente en todos os países, poda indicar pouco.
O caso é que a gráfica así o indica:
E iso é debido á combinación de dous factores: o descenso de novos infectados e o aumento de 'solucionados', que, a D.g. céntrase nos recuperados, baixando de novo o número diario de mortos como indican as dúas gráficas de abaixo.

Tamén, un motivo máis de esperanza -repito, sempre entre as pouco confiables estatísticas a nivel mundial- é a relación entre recuperados e mortos, que segue aumentando en porcentaxe a favor dos recuperados. Aínda que lóxicamente, cada vez a menor velocidade (é un índice acumulativo):
Máis? A consecuencia do anterior, xa hai máis casos cerrados que activos...

Ningún comentario: