20200405

Apartándonos de zona de máximos



   Domingo de Pascua en Ribadeo. Nubrado, temperatura suave, sen vento... As noticias melloran dentro da gravidade: onte volveu baixar o número de novos contaxios detectados, de xeito que as cifras de novas infeccións sitúanse tan só no décimo posto da tempada. Sabemos que as novas deteccións dependen do número de test pasados, e non se están a pasar moitos. Ademáis, parece que a xente tende a enfermar menos en fins de semana... Mellor fixarse noutro indicador. 
   O de mortes diarias, aínda que indique un certo retraso fronte ó anterior, está moito máis axustado e tamén da mostras positivas: baixou ó oitavo lugar. En ambos indicadores, o día anterior tamén representara unha baixada. 
Segue a aumentar o número de infectados contabilizados, pero estamos apartándonos da zona de máximos.
   Hai nubes sobre Ribadeo, pero o día parece máis despexado.

Ningún comentario: