20200417

Imbéciles

Dunha foto de Castelao. Foto no dominio público, collida da Galipedia.

Desta, saímos máis imbéciles como sociedade. O que aglutina e vertebra a sociedade é a confianza. E está a distraerse de xeito intencionado. Cada vez, a maior velocidade. Polos bulos, fakes, falacias, mentiras misturadas con medias verdades, comentarios de citas parciais, descontextualización, e outras formas que mutan tan rápido ou máis que os virus orgánicos que nos teñen en estado de alarma.
... Por se xa fora pouco a constancia dos erros típicos de funcionamento social, porque ninguén e perfecto, e a sociedade tamén acumula imperfeccións. Moitas.
Si, ben, eu, claro... pensamos todos, en moitos momentos, que nos achegamos moito á perfección. E ata temos algo de razón: sinxelamente para que poidamos funcionar a natureza tivo que poñer moito tempo e tentativas, somos un 'produto moi avanzado'. Para un sorriso mobilizamos deceas de músculos. Millóns e millóns de células. Si, avanzados. Por iso tamén podemos ser ilusos, ou peor, imbéciles.
A quén senón se lle ocorrería ir en contra dos demáis para logar unha pequena avantaxe particular?

Unha pequena disgresión final e dúas referencias: 
- Ocorréuseme como alternativa ó título 'mal educados'. Si, de mala educación. Pero non callou: non é non tela, ou tela deficiente. É outro tipo de mala, é ter unha educación insana. E iso daba un título complicado.
- Hai tempo que teño recomendados dous libros (artigo 'Preocúpanme esas calumnias que se transforman en verdades') que parece que cada vez están máis de actualidade a peasr de que o primeiro ten varios séculos a costas. Deixo aquí as referencias nas que os lin, aínda que o primeiro fixo que non se atopa nas librerías nesa edición, e o segundo, difícil atopalo. Pero prucardo atópanse, e é unha lembranza de que procurar a verdade soe costar:
* El arte de la mentira política. / Es conveniente engañar al pueblo?. Jonathan Swift / Nicolás de Condorcet.D.L:B-1708-2010, en Público.
* Dos rumores, Cass Sunstein, ISBN978-972-20-4030-3, en Publicações D. Quixote.

Ningún comentario: