20200413

Cultura en galego para tempos de coronavirus -ou non-

   Reordeando cousas do blog FQ en Ribadeo, atópome con algo que esquecera e que nestes momentos ven ben aquí, en Ribadeando. Trátase do lugar de gravacións vídeo do Consello da Cultura Galega,  Mediateca.
   Aí poden atoparse diversas e interesantes cousas relacionadas coa cultura. Non só en Galicia ou en galego e non só de xeito reduccionista, senón abranguendo tamén a ciencia.
   Un exemplo: a conferencia de Jorge Riechmann "Cara a unha cultura de sustentabilidade (valores, mudanza cultural e ecosocialismo no século da gran proba)", que deixo abaixo:

Ningún comentario: