20160606

A visita deste martes

A estas alturas, 400 ou 500 persoas de visita en Ribadeo xa non se notan tanto. O paso contínuo de peregrinos, os visitantes ás catedrais, a xente que ven de compras, a que ven a pasear... son unha morea contínua. Aínda así, será unha cantidade semellante a esa, en torno ás 500 persoas, a que recalará mañá martes pola tarde en Ribadeo para celebrar un encontro social de empregados da zona noroeste (Galicia e Asturias) da entidade financieira máis grande de España, o Banco Santander. Irán ó seu, que non se trata de visitar Ribadeo, mais seguro que algún se deixa ver polo pobo coa súa familia.

Ningún comentario: