20120629

En que quedamos? De luz, crise e taquígrafos

Os paxariños cantas nunha mañá con nubes sen frío nin calor. España xa ten rival nunha final de europa á que se aproximan os perdedores na economía, como naquel conto de 'agraciado en el juego, desgraciado en amores', contra unha Italia que derrotou claramente a Alemaña mentras Paña tivo que aquilatar penaltis contra Portugal. Coñecemos que no polígono industrial ribadense xa hai luz, e esperamos que, como se dicía antes, haxa tamén taquígrafos que, entre outras cousas, nos expliquen o tema da subestación elétrica se xa hai luz abonda para o polígono, e a outros niveis, parece estarse a reducir o consumo eléctrico, ou o retraso na concesión de luz.
Mentras, a nivel estatal, hai quen nos explica que a crise está a punto de finalizar para nós, pero non para os banqueiros. Alomenos iso debera deducirse das verbas do presidente da patronal bancaria, Miguel Marín (ver remarque na ligazón), cando anuncia que os soldos teñen que baixar durante 5 ou 10 anos para superar a crise. Coido que levan baixando alomenos 5 anos para a maioría da xente (un caso particular que coñezo moi ben: aprox. 25% reais do 2007 ata hoxe), mentras para algúns, como os mesmos banqueiros, non se aprecia unha diminución, cando por ser de maiores cantidade deberan ser os que baixaran máis tempo ...
Pero hai máis. Aí estáun grupiño gobernante dicindo que hai demasiados funcionarios, e reducíndoos dende educación a sanidade, pasando por prisións, e resulta que agora hai poucos funcionarios de prisións e por iso, 'para aforrar', 'contémplase' o emprego de axentes privados para 'certas funcións'. Ou sexa, cara ó sistema americano, demostrado máis caro e peor, pero iso si, privado, dando beneficio público a bolsillos particulares.
Mentras tanto, a raíz (parece ser) dun bloqueo de España en Italia en Bruxelas, o fondo de rescate convírtese en axuda direta á banca. De non haber letra pequena, é unha noticia que alivia a España. Unha gran noticia. Ocórreseme, de calquera xeito, que, por exemplo, se Bankia está xa nacionalizado (ou NGB), o estado é propietario, logo subsidiariamente seguirá a ser o estado quen corra co seguro de devolución e pago do correspondente préstamo, que por outra banda, haberá que devolver, a pesares do que dicía hai non moito o presidente de Bankia no sentido de que a intervención do estado faćiase en capital do banco e polo tanto non habería que devolvelo.
Así pois, en que quedamos?

1 comentario:

Anónimo dixo...

Mentres non vaian para a cárcere tódolos "mandamases" das Caixas de Aforros, particularmente tódolos los directores da Caixa de Aforros de Galicia, desde 1975 ata hoxe, e tódolos "goberneiros" do Banco de España, que como institución do Estado Español velan polas cuestións bancarias... mentras non esten a lo menos 100 destes mangantes na cárcere non haberá Xusticia Social. Pero claro, como mangar o diñeiro público, non é pecado, e deixa coa conciencia tranquila os señores de"conciencia div(ar)ina" como o presidente do Poder Xudicial... que coño podemos esperar de todos estes farsantes...
¡memeces, só memeces...!!