20110421

Votar onde se vive, vivir onde se vota


Hai xa algún tempo, un pequeno artigo fíxome caer na conta dun principio elemental no que se asenta o voto na democracia dos estados: o principio de territorialidade. É dicir, poderemos votar por internet dende as antípodas, pero podemos facelo pola nosa ligazón a un terruño. É algo de perogrullo que non tería por que ser así, pero que está claro que polo momento non vai cambiar. Así, nas próximas municipais, cadaquén vota no concello no que está empadroado. E ata aquí, a 'raíz' do voto.
Coido que, unha vez sabido que se pode exercer o dereito de voto, é máis importante a segunda parte, que á vista de moitas situacións, parce que se esquece con frecuencia: vívese onde se vota, ou mellor, onde se pode votar, pois a abstención significa o exercicio do dereito de voto dun xeito particular (o significado concreto depende dese se fai por pasotismo, desengaño, resistencia, activismo, ... mesmo lévome plantexando dende hai tempo o activismo pro abstención, pero eso toca outro día, en tal caso). Vivir onde se vota ... depende ben do noso propio exercico de dereitos que sexa un suplicio ou un disfrute, tendo claro que en democracia, non é o noso único dereito, como hai xente que nos quere facer creer.
Por certo, na vista aérea do concello, a mancha branca preto do pobo é o polígono industrial, aínda en construcción.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Hai unha terceira via. Non votar donde se vive, nin vivir donde se vota. E senón, que lle pregunten a Sra. (por chamarlle de algunha maneira) Fernández de la Vega, que vivindo en Madride votou en Valencia.

agremon dixo...

Nas municipais?

agremon dixo...

Sexa nunha ou noutras, hai moita xente que así o fai. Non deixa de ser unha especie de tráfico de votos.