20090422
Se a educación te parece cara, proba coa iñorancia
Collo como título unha cita atribuída a A. Einstein para deixar no blog unha pequena síntese de onte. Para min o que encheu o día foi a inauguración da XV Feira de ciencia de Ribadeo, polo que pouco máis podo dicir doutras novas. Aistitiu á inauguración o alcalde, a concelleira de cultura e o concelleiro de medio ambiente, a parte de a inspectora e directores dos centros de Ribadeo, profesores e familiares de alumnos, e, por suposto, a maioría dos propios alumnos. Reseñar que sae na prensa (por exemplo, aquí).
A parte, xa está en marcha a inscrición para a realización este verán das actividades de pequenos en Ribadeo, mentras que a lancha de aduanas 'Alcaraván II' segue mal, despois de ser reparada tras levar 6 meses 'de baixa'. A reseñar que tamén o Castro das Grobas está nos seus últimos días ó descuberto, pois o venres será tapado despois de coincidir todo o mundo en que este castro de dilatada ocupaciòn temporal, incluíndo a época romana e anterior, será tapado de novo para evitar o seu expolio.
De ilustración final a traseira dunha casa ribadense.
Publicado por
agremon
ás
4/22/2009 07:39:00 a.m.
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en TwitterCompartir en FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
castro das Grobas,
Fotos Ribadeo,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
Boas señor, deixei no meu blog (algo tarde que andiven pachucho) un post sobre a Feira... xa sabes, se me equivoquei nalgo, ou cres que lle falta algo, avisa que se cambia nun plis.
Saúdos.
Publicar un comentario