20090407
Fotos de novidades en Ribadeo
Comezo cunha intranscendente, que da a clasificación ó mediodía dos torneos de fútbol 3 que teñen lugar no Cantón, tal como estaban este mediodía. Non vin publicados os resultados en ningún sitio, por iso aí quedan.
A segunda é do cable que onte parou o desenvolvemento da procesión, na rúa Reinante. A súa misión aínda está por determinar, pero non é o único que está a colgar por aí.
A terceira e cuarta foto son dúas imaxes do por fin posto en marcha mexadoiro de King Kong, que decepcionou a algún que esperaba que polo menos tivera algún chorro saínte cara enrriba. Non é así, e pola contra, ó non estar repartidos de xeito correcto os chorros de saída de auga, fan que o reparto da columna de auga non sexa demasiado correcto. É o que hai: a fonte, en marcha, vista dende dúas perspectivas, co concello presente en ambas, e o cobertizo de conexións visible á espera de que medren os arbustos que se pretende que o tapen.
En canto ás últimas fotos, dúas vistas, de lonxe e de preto, do aparcadoiro festivaleiro.
Publicado por
agremon
ás
4/07/2009 06:33:00 p.m.
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en TwitterCompartir en FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
Fotos Ribadeo,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario